Ir o contido principal
Iniciativa de voluntariado no eido da saúde mental.

A Asociación Itínera naceu en 2005 como resultado de experiencias de voluntariado levadas a cabo desde o ano 1993 no Hospital Psiquiátrico de Conxo. Neses doce anos puxéronse en marcha programas educativos, recreativos e deportivos nos que participaron máis de 400 voluntarios.

O obxectivo da Asociación Itínera é lograr un maior nivel de socialización das persoas con trastornos mentais severos e facilitar a súa integración, participación social e combater o estigma social que se asocia ás enfemidades mentais.

Na actualidade tamén ten dous programas desenvolvidos en colaboración coa Unidade de Traballo Social do Departamento de Servizos Socias do Concello da Estrada na súa vila.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.10.2024.