Troya Mentoring, inserción laboral con éxito para persoas con síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual.
Voluntariado Troya Mentoring (VTM)
Troya Mentoring é un proxecto de mellora da empregabilidade liderado pola ATP da Facultade de ADE e a Asociación Down Lugo en colaboración con diferentes empresas da provincia de Lugo.
Este programa de voluntariado está dirixido preferentemente a alumnado da Facultade de Administración e Dirección de Empresas que conten cunha gran capacidade de aprendizaxe, flexibilidade e habilidades para traballar en equipo, así como un nivel alto de empatía.
Como titores e titoras terán a función de acompañar a un alumno ou alumna durante todo o proxecto Troya Mentoring. A través desta experiencia poderase adquirir maiores coñecementos sobre o funcionamento interno das empresas grazas ao seu rol de titor ou titora.
Titorías: na primeira fase as persoas voluntarias realizarán un apoio semanal por vía telemática, todos os mércores de 17:00 a 18:00 horas. Na segunda fase o voluntariado será presencial, variando a dedicación individual do VTM en función das necesidades de apoio de cada persoa.
Prazas: 5
Requisitos: Certificado de carencia de delitos de natureza sexual para actividades con menores.
Inscrición: ata o 29 de febreiro
- Para alumnado que participe por primeira vez no programa de voluntariado deberá enviar a súa solicitude a través do formulario web.
- Para alumnado que xa teña participado no curso 2023/24 noutra actividade voluntaria, deberá contactar directamente co SEPIU no Campus de Lugo, para indicar o teu interese en participar.
Reunión informativa: mércores 21 de febreiro (17:00 - 17:30) por MS Teams.
Solicita o teu acceso á reunión coa túa conta de alumno/a da USC.
Contacto: sepiu.lugo [at] usc.gal (sepiu[dot]lugo[at]usc[dot]gal) | 982 823 594
Prazo de inscrición: ata o 29 de febreiro
Reunión informativa: mércores 21 de febreiro (17:00 -17:30) por MS Teams
Poderase optar ao recoñecemento académico realizando os módulos de formación básica de voluntariado en modalidade non presencial durante o segundo semestre (2023/24) segundo o protocolo establecido para todas as actividades de voluntariado.
No caso de ter realizada formación básica en cursos anteriores unicamente será necesario presentar a memoria da súa colaboración no mes de xuño.
Proxecto Troya 1ª ed. (2022)
Xornal USC Troya, un proxecto de apoio e formación para o emprego
DOWN LUGO Acto de clausura do proxecto Troya
Federación Síndrome de Down Galicia