Voluntariado Hospitalario
Dentro dos seus proxectos de axuda atópanse o proxecto de voluntariado hospitalario mediante o que se realizan actividades lúdicas ou de entretemento todos os fines de semana pola tarde no andar de pediatría do Hospital Clínico Universitario, realizando accións como tardes de cine, xogos de mesa, contacontos, obradoiros, sesións de maxia ou outros actos cos que se pretende facer máis agradable e soportable para todas as nenas e nenos hospitalizados. Estas actividades desenvólvense na Aula Andrea ou no parque de Andrea “Un mar de xogos” (dependendo da climatoloxía) no primeiro andar.
- Horario: sábados e domingos, de 17 a 19 h.
- Prazas: (COMPLETO)
Obtención de recursos
Actividades encamiñadas a recadar fondos destinados aos proxectos da Fundación Andrea para apoio das familias con nenas e nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais.
Accións:
-
Dentro da campaña de Nadal da Fundación Andrea, reforzo de venda de lotaría ou "merchandising" no hall do Hospital Clínico do CHUS.
-
Apoio na realización de actividades a favor da Fundación como mercados, andainas, carreiras, actuacións, Gala de Nadal, etc...
-
Horario: depende de cada actividade.
-
Plazas: s/n