Programa de voluntariado en APACAF.
A Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista de Centros de Apoio Familiar (APACAF) é una entidade sen ánimo de lucro que ten como misión mellorar a calidade de vida das persoas con autismo cun enfoque centrado no individuo.
Os valores de APACAF son o respecto e a tolerancia, a transparencia informativa, a igualdade e a democracia interna.
Os seus centros son vivendas na zona rural con grupos reducidos sen renunciar á atención profesional e á calidade da xestión.
Teñen unha residencia na Braña (A Estrada) e un centro de día en Penagrande (Moraña).
Aulas no Centro de A Braña
Formación continua. Musicoterapia. Teach. Informática.
- Axudar na adquisición de habilidades comunicativas, manipulativas ou educativas.
- Reducir a fenda dixital realizando tarefas con programas informáticos (PC/tablets).
- Utilización e discriminación visual auditiva de instrumentos musicais.
- Horario: de luns a venres, de 10 a 14 h. e 17 a 20 h.
- Prazas: 1
Aulas no Centro de Día en Penagrande
Ioga. Sendeirismo
- Paseos pola contorna para evitar o sedentarismo e a hipoactividade.
- Exercicios de relaxación que favorezan o ton físico e muscular.
- Horario: de luns a venres, de 10 h a 14 h e 17 h a 20 h.
- Prazas: 1
Voluntariado Dixital
- Busca de recursos.
- Elaboración de cartelaría.
- Xestión das redes sociais (Facebook, twitter etc.)
- Traballo en rede con outras entidades.
- Horario: sen especificar
- Prazas: 2
Campamentos
Os campamentos desenvólvense na Semana Santa ou no verán.
- Actividades lúdicas en períodos de vacacións para axudar ás familias á hora de conciliar a vida familiar, laboral e persoal.
- Apoio en todas as actividades lúdicas.
- Apoio nos desprazamentos.
- Horario: de 16 h a 20 h.
- Prazas: 2
Piscina
Acompañamento
- Horario: martes e xoves, de 12 h a 13 h.
- Prazas: 1
Outros proxectos ou tarefas
- Saídas de integración social (cafetarías, centros comerciais, museos, cines etc.)
- Crear actividades puntuais de artes plásticas, música, danza, drama etc.
- Horario: sen especificar
- Prazas: 2