Ir o contido principal
O Centro Sanitario A. P. Foltra é un centro de referencia nacional e internacional na rehabilitación do paciente con dano neurolóxico.

O Centro busca abrir novos camiños para as persoas que esgotaron as posibilidades de evolución e mellora na súa calidade de vida en centros públicos ou privados.

Trátanse unha serie de patoloxías neurolóxicas (parálise cerebral infantil, lesión medular, traumatismo cranio encefálico, accidente cerebro vascular, lesións nerviosas periféricas, enfermidades dexenerativas…) mediante un tratamento personalizado, integral e multidisciplinar (fisioterapia, psicoloxía, logopedia, terapia ocupacional, hidroterapia, estimulación e integración auditiva, reforzo cognitivo e terapia escolar, terapia de expresión artística…) potenciando ademais a implicación persoal das/os terapeutas, do centro e das familias.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.08.2023.