A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) desenvolve accións diferentes programas de sensibilización e acompañamento de persoas con discapacidade.
COGAMI busca conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos e da reivindicación do cambio social.
Programa de acompañamento a persoas con discapacidade: apoio educativo
Prestar apoio educativo a unha persoa da zona de Santiago de Compostela co fin de mellorar a lecto-escrita básica en castelán.
- Horario: un día á semana en horario de tarde, unha hora entre as 16:30 e as 18 h.
- Prazas: 1
Programa de acompañamento a persoas con discapacidade: apoio educativo en actividade extraescolar
Prestar apoio educativo a unha nena da zona de Santiago de Compostela que cursa primaria en actividade extraescolar.
- Horario: martes, de 16:30 a 17:30 e de 17:30 a 18:30 h.
- Prazas: 2