Amnistía Internacional desenvolven o seu traballo con absoluta independencia. Non aceptan subvencións de gobernos nacionais nin doazóns de partidos políticos para o seu traballo de investigación e campañas. Deste xeito preservan a súa imparcialidade e liberdade de acción.
En Amnistía Internacional teñen a visión dun mundo en que tódalas persoas gozan dos dereitos proclamados na Declaración Universal de Dereitos Humanos de Nacións Unidas. Paradoxalmente, isto convérteos nunha organización incómoda para os poderosos. Emporiso, a experiencia dilles que é posible cambiar as cousas.
Xestión do activismo
Tarefas de captación de novas e novos activistas para AIG a través de cartas, RRSS, portais de voluntariado etc. e xeración de documentación interna relativa ao activismo.
- Horario: 1 día á semana a elixir (2 horas).
- Prazas: 4.
Educación en Dereitos Humanos
Traballo para levar a escolas e institutos contidos de Dereitos Humanos.
- Horario: 1 día á semana a elixir (2 horas).
- Prazas: 4
Comunicación
Visibilización do traballo de AI en medios de comunicación, RRSS e Blog de AIG.
- Horario: 1 día á semana a elixir (2 horas).
- Prazas: 4
Relacións Institucionais
Traballo de incidencia políticas co goberno e parlamento autonómico.
- Horario: 1 día á semana a elixir (2 horas).
- Prazas: 4
Equipo de traballo coa sociedade civil organizada (Organizacións da mocidade)
Envío das preocupacións, accións e informacións elaboradas por AI a mozas e mozos (Universidade, centros de Ensino Medio e Superior, asociacións da mocidade etc.)
- Horario: 1 día á semana a elixir (2 horas).
- Prazas: 4
Grupo Gaza
Sensibilización sobre cuestións específicas ao redor do conflito Israel-Palestina (en canto a vulneracións dos dereitos humanos).
- Horario: 1 día á semana a elixir (2 horas).
- Prazas: 6
Grupo GEIA
Activismo arredor da sensibilización e educación en temas de xénero, equidade, igualdade e antiracismo.
- Horario: 1 día á semana a elixir (2 horas).
- Prazas: 6
Grupo Xustiza Climática
Activismo arredor da sensibilización sobre xustiza climática, xa que o cambio climático aumenta a desigualdade e a vulnerción dos dereitos humanos.
- Horario: 1 día á semana a elixir (2 horas).
- Prazas: 6