Ir o contido principal
O Festival Internacional de Cine Curtocircuíto foi fundado no ano 2003 polo Concello de Santiago de Compostela co obxectivo de potenciar a creación cinematográfica.

O Festival Internacional de Cinema de Santiago celebra a súa 21ª edición do 1 ao 6 de outubro de 2024, cunha modalidade presencial de proxeccións, concertos e actividades formativas en diversas sedes coma o Teatro Principal, Auditorio Abanca e Sala Capitol.

Nos últimos anos, o festival evolucionou para converterse nun evento multidisciplinar que, mantendo o cine como eixe, abrangue na súa programación outras disciplinas tais como a fotografía, a arte sonora, a etnografía, a música ou a literatura.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.09.2024.