Programa de voluntariado cultural no Museo Etnolóxico de Ribadavia.
O Museo Etnolóxico ocupa un palacete coñecido como Pazo de Baamonde ou Casa da Fundación. As súas coleccións reúnen materiais de interese etnográfico das distintas comarcas ourensáns, cun fondo específico da cultura vitivinícola.
Programa de apoio na área de documentación e catalogación de bens museográficos
Colaboración no inventario e documentación de fondos mobles de carácter etnográficos.
- Horario: de luns a venres, de 10 h a 14 h.
- Prazas: 2.
Programa de apoio na área de documentación e catalogación de bens documentais.
Colaboración no inventario e documentación de carteis, fotografías, tarxetas postais, estampas etc.
- Horario: de luns a venres, de 10 h a 14 h.
- Prazas: 2.
Programa de apoio na área de conservación preventiva
Colaboración nas tarefas de conservación preventiva.
- Horario: de luns a venres, de 10 h a 14 h.
- Prazas: 2.
Programa de apoio na área de catalogación do fondo bibliográfico
Colaboración na catalogación do fondo bibliográfico.
- Horario: de luns a venres, de 10 h a 14 h.
- Prazas: 2.
Programa de apoio na área de didáctica e difusión
Colaboración na asistencia ao visitante, facilitando información sobre as exposicións, actividades e servizos do museo.
- Horario: de luns a venres, de 10 h a 14 h.
- Prazas: 2.