Programa de voluntariado cultural no Museo do Viño.
O Museo do Viño, localizado na casa reitoral de Santo André de Camporredondo (Ribadavia), ten como finalidade recuperar, documentar, conservar e difundir o patrimonio cultural vitivinícola de Galicia
Programa de apoio na Área de Didáctica e Difusión
Colaboración na asistencia ao visitante, facilitando información sobre as exposicións, actividades e servizos do museo.
- Horario: de xoves a domingo, de 10 h a 14 h.
- Prazas: 2.