A Asociación Galega para a Axuda das Persoas con Demencia tipo Alzheimer (AGADEA) é unha entidade sen ánimo de lucro formada por persoas usuarias, familiares, profesionais e voluntarios que traballan por mellorar a calidade de vida dos afectados (enfermos e coidadores) pola enfermidade de Alzheimer e outras demencias.
Programa para persoas con Alzheimer
AGADEA impulsa un programa de coidados para persoas con Alzheimer con accións para a estimulación cognitiva (actividades grupais de orientación persoal, espacial e temporal; exercicios de atención e memoria; psicomotricidade; musicoterapia, manualidades, xerontoximnasia etc) e outras accións de acompañamento en saídas lúdicas, dinamización socioculturaisl e recreativa o de envellecemento activo.
Santiago de Compostela
Centro de día de Salgueiriños-Agadea
- Horario: de luns a venres, de 9 h a 20 h.
- Prazas: 5 persoas.
Centro de Estimulación Terapéutica de Salgueiriños (Cabe)
- Horario: de luns a venres, de 9:30 h a 14 h e de 15 h a 20 h.
- Prazas: 10 persoas (5 para a mañá e 5 para a tarde).
Centro de Estimulación Terapéutica do Ensanche
- Horario: de luns a venres, de 16 h a 20 h.
- Prazas: 5 persoas.
Programa Activa-T
- Horario: luns, mércores e venres, de 10 h a 12 h.
- Prazas: 1 persoa.
Ribeira
Centro de día de Alzheimer do Concello de Ribeira
- Horario: de luns a venres, de 9:30 h a 19 h.
- Prazas: 10 persoas (5 para as mañás e 5 para as tardes).
Centro de Estimulación Terapéutica
- Horario: de luns a venres, de 15 h a 19 h.
- Prazas: 5 persoas.
A Estrada
Centro de día para persoas maiores do Concello da Estrada
- Horario: de luns a venres, de 10 h. a 19 h.
- Prazas: s/n.
Centro de Estimulación Terapéutica da Estrada
- Horario: de luns a venres, de 16 h a 20 h.
- Prazas: 5 persoas.
Programa de sensibilización e administración en Santiago de Compostela
Esta actividade desenvolverase na sede da asociación, na rúa Salgueiriños de Abaixo, n.º 15, Baixo. Comunicación corporativa e organización de eventos, tarefas administrativas e orientación ás familias.
- Horario: de luns a venres, de 9 h a 14 h e de 16 h a 20 h.
- Prazas: 2 persoas.