O Centro Sociocultural de Conxo dependente do Concello de Santiago conta con programas de formación lingüística para inmigrantes e reforzo académico para a rapazada do bairro ou de actividades para as persoas maitores, nos que se poden desenvolver labores en réxime de voluntariado.
Escola de maiores
Conxunto de actividades, formacións e iniciativas dirixidas a persoas maiores de 65 anos co obxectivo de favorecer a saúde física e emocional e promover un envellecemento activo. As sesións poderían ter diferentes formatos con encontros, debates, saídas culturais, actividades lúdicas e artísticas...
- Horario: luns e mércores polas mañás, de 10 a 13:30 h.
- Prazas: 2