ESF é unha asociación independente, sen ánimo de lucro, baseada no voluntariado transformador, que busca contribuír á construción colectiva dunha sociedade mundial xusta, crítica e solidaria mediante a cooperación para o desenvolvemento e o uso da tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano e o ben común.
Rede de Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre
Enxeñaría Sen Fronteiras (ESF) pon en marcha a Rede de Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre. Trátase de participar da recollida e reacondicionamento de material informático xenerado por centros da USC. Compróbanse, instálaselles un sistema operativo baseado en software libre, e canalízanse a través de entidades de acción social a familias que o precisen, para pechar a fenda dixital.
Faladoiros ou eventos de promoción da rede de bancos de reciclaxe, do software libre e a electrónica ética en centros de ensino secundario, feiras...
- Horario: flexible, acordado co resto do grupo
- Prazas: 3 persoas