O Congreso será un espazo de encontro dun amplo número de profesionais e investigadoras/res de diferentes procedencias xeográficas, nacionais e internacionais.
As persoas participantes e voluntarias terán a posibilidade de asistir á presentación das investigacións máis recentes e relevantes para a análise de realidades socio-políticas, comunitarias, grupais e interpersoais. Polo tanto, considérase que é un escenario propicio para que o voluntariado da USC desenvolva competencias no apoio á preparación e posta en marcha dunha actividade que contribúe na difusión e transferencia do coñecemento científico. Do mesmo xeito, van poñer en práctica habilidades sociais —indispensables para calquera profesional—, a través do acompañamento e orientación de persoas que visitan a nosa universidade e cidade.
- Horario: vanse asignar quendas, ata completar 14 horas de colaboración directa nos tres días de congreso.
- Prazas: 18.
Compromisos das persoas voluntarias:
- Recibir unha formación teórica sobre voluntariado facilitada polo Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (10 h de formación en liña)
- Participar nas actividades programadas durante os tres días de Congreso (14 h):
- Colaborar na acollida de congresistas.
- Acompañar relatores/as.
- Apoiar en tarefas organizativas.
- Dinamizar espazos compartidos.
- Asistir ás sesións científicas.
- Avaliar a súa experiencia cunha memoria (1 h).
- Páxina web do congreso