A II Carreira Popular Campus Terra Leyma percorrerá o 2 de decembro un treito do paseo do Miño e a contorna universitaria
O trazado da proba, que inclúe categorías escolares, é de 7.400 metros para adultos. A inscrición está aberta ata o 28 de novembro na web da Federación Galega de Atletismo