Ir o contido principal

TFG

Os Graos conclúen coa elaboración e defensa dun Traballo de fin de grao (TFG) que debe realizarse na fase final dos estudos e estará orientado á avaliación das competencias asociadas ao título.

O TFG consistirá na elaboración dun traballo no que se acrediten os coñecementos, competencias e destrezas adquiridas durante os estudos realizados na titulación de Grao. Incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación.       

O TFG supón a realización por parte de cada estudante e de forma individual dun proxecto, memoria ou estudo orixinal baixo a supervisión dun ou máis titores académicos, no que se integren e desenvolvan os contidos formativos recibidos, capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante os estudos de Grao.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.07.2024.