As casas baratas de Fedorento na vila da Guarda. Un estudo a través da política social de vivenda do franquismo.
Autoría
S.F.M.
Grao en Historia
S.F.M.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2024 10:00
20.06.2024 10:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é realizar unha primeira aproximación aos proxectos de vivenda social construídos no lugar de Fedorento, na vila da Guarda, en Pontevedra, Galicia, durante os anos cincuenta e sesenta do século XX, no contexto da ditadura franquista, e baixo a dirección do Instituto Nacional de Vivenda, a Delegación Nacional de Sindicatos e a Obra Sindical del Hogar. Deste xeito, abórdase, en primeira instancia, o proceso de construción e asignación das vivendas aos seus primeiros beneficiarios e, en segunda instancia, un estudo acerca da propia composición social e grao de consentimento cara o réxime dos mesmos, así como a comprensión do transcorrer da vida en todas as súas facetas dentro dos grupos de vivendas. Esta investigación pretende ao mesmo tempo contrastar os seus resultados coa literatura existente sobre o tema, coa finalidade de iniciar un proceso non só de estudo individual do caso guardés, senón de establecemento de certos elementos comúns, ao tempo que se resaltan as particularidades observadas no estudo de caso. Para a construción do traballo foi de grande importancia a consulta de fontes primarias tales como fontes documentais de arquivo, fontes hemerográficas, fontes fotográficas e fontes orais, recollidas mediante a realización de entrevistas a beneficiarios das vivendas.

Dirección
LANERO TABOAS, DANIEL (Titoría)
LANERO TABOAS, DANIEL (Titoría)
Tribunal
NUÑEZ SEIJAS, XOSE MANOEL (Presidente/a)
BARRAL MARTINEZ, MARGARITA (Secretario/a)
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Vogal)

Formando príncipes e princesas: unha aproximación á educación real a través da literatura especular castelá
Autoría
A.J.C.
Grao en Historia
A.J.C.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2024 10:00
19.06.2024 10:00
Resumo
Este traballo terá como tema central a existencia dunha educación sexuada dentro da Corte castelá, mediante a que se crearán diferentes modelos educativos para os infantes en función das tarefas que desenvolverán no futuro. Grazas ao estudo da produción da literatura especular, baseada na creación dun ideal de gobernante, veremos as diferencias na educación de homes e mulleres, e como se van configurando as feminidades e masculinidades a partir do tipo de educación que se ofrece. Ademais, permitirá explorar os límites a cada modelo, entendendo que o xénero deberá complementarse con outras categorías como a posición social.

PELAZ FLORES, DIANA (Titoría)
PELAZ FLORES, DIANA (Titoría)
Tribunal
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Secretario/a)
SUAREZ GONZALEZ, ANA ISABEL (Vogal)

Vikings: unha aproximación á historiografía na era dixital.
Autoría
M.L.F.
Grao en Historia
M.L.F.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2024 10:00
19.06.2024 10:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é proporcionar unha visión completa e detallada sobre o proceso de creación da serie Vikings, dirixida polo produtor e guionista Michael Hirst e emitida tanto en canles de televisión como en plataformas streaming como Netflix. Este traballo de fin de Grao céntrase en estudar os contextos da serie, os seus detalles de produción, a súa historiografía e en ofrecer unha análise en profundidade da primeira tempada da serie. O resultado perseguido é ver como e para que Vikings representa unha realidade medieval ofertada nuns medios audiovisuais de gran audiencia, destinados ao entretemento. Este traballo podémolo vincular cunha preocupación xeral dos estudos medievais pola exploración do uso do medieval na sociedade contemporánea, o que se coñece como Neomedievalismo.

SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Titoría)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Titoría)
Tribunal
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Secretario/a)
SUAREZ GONZALEZ, ANA ISABEL (Vogal)
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Secretario/a)
SUAREZ GONZALEZ, ANA ISABEL (Vogal)
Nobreza e proxección pública do poder na Baixa Idade Media galega: idea, sociedade e significación
Autoría
E.I.S.
Grao en Historia
E.I.S.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2024 10:00
20.06.2024 10:00
Resumo
O presente traballo abordará a cuestión do poder no entorno nobiliario galego na baixa Idade Media, centrándose no xeito en que as atribucións se proxectan sobre a sociedade nun modo público. Para elo, se tratarán os principais eidos nos que se observa. Comezaremos coas manifestacións deste nos títulos, responsabilidades e cargos outorgados nestes anos, ademais de analizar como as principais familias conseguiron acadar un gran ascenso no plano político deste tempo, logrando manterse nunha posición de superioridade con respecto ao resto da poboación. Estudaremos tamén como estes nobres van ocuparse de construír nas relacións sociais unha proxección máis do seu poder, levando a cabo en moitas ocasións relacións de supremacía e subordinación, as cales beneficiaban a este estamento, ademais de construír tamén relacións beneficiosas para ambas partes, como coa coroa. Continuaremos coa análise destas manifestacións do poder nobiliario en actividades culturais tales como a escritura ou actividades funerarias, ademais de atender a cuestións máis materiais, como as súas edificacións ou á cuestión heráldica. Finalmente, observaremos a proxección do poder nos anos finais desta Baixa Idade Media debido á importancia da cuestión irmandiña, analizando como este estamento nobiliario conseguiu sufocar a revolta e sobrevivir a esta.

SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titoría)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titoría)
Tribunal
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
Medo, individuo e sociedade na Europa medieval dos séculos X ao XII: os temores do feudalismo.
Autoría
U.L.A.
Grao en Historia
U.L.A.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2024 10:00
20.06.2024 10:00
Resumo
A finalidade deste traballo será ofrecer un estudo do sentimento do medo dentro da mentalidade medieval, levándose este a cabo a través da análise da sociedade medieval dos séculos X ao XII, centrándonos especialmente na influenza e plasmación deste sentimento nas fontes literarias da época, ademais da súa implicación noutros ámbitos da sociedade tales como a violencia, o poder ou a relixión. Así mesmo, tamén trataremos de establecer unha dimensión diferente do medo, focalizada na perspectiva individual, así como máis íntima e persoal do medo, tratando así temas como as implicacións que terán algunhas crenzas como o Mais Alá ou as criaturas sobrenaturais así como tamén outros elementos como as enfermidades ou agresións.
A finalidade deste traballo será ofrecer un estudo do sentimento do medo dentro da mentalidade medieval, levándose este a cabo a través da análise da sociedade medieval dos séculos X ao XII, centrándonos especialmente na influenza e plasmación deste sentimento nas fontes literarias da época, ademais da súa implicación noutros ámbitos da sociedade tales como a violencia, o poder ou a relixión. Así mesmo, tamén trataremos de establecer unha dimensión diferente do medo, focalizada na perspectiva individual, así como máis íntima e persoal do medo, tratando así temas como as implicacións que terán algunhas crenzas como o Mais Alá ou as criaturas sobrenaturais así como tamén outros elementos como as enfermidades ou agresións.
Dirección
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titoría)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titoría)
Tribunal
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
Entre o tormento e o silencio: vítimas e procedementos da Inquisición Española
Autoría
S.M.B.
Grao en Historia
S.M.B.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2024 12:00
20.06.2024 12:00
Resumo
Ante a preocupación que supoñía o contexto social e relixioso do momento, os Reis Católicos establecen o Santo Oficio da Inquisición co obxectivo de perseguir a herexía xudeoconversa, consolidándose como un instrumento de control que buscaba lograr a consolidación da ortodoxia católica na Península Ibérica. Conforme se avanza no tempo o tribunal vai ir adquirindo novas competencias e facultades, pois xa non só afogará a herexía xudeoconversa, mourisca ou protestante, senón que terá baixo a súa xurisdición a persecución do bo cumprimento da doutrina católica. A Inquisición serviuse dos procesos para conseguir a tan ansiada unificación relixiosa baixo o cristianismo, a través dos cales buscaba a confesión do reo como medio para a liberación da súa alma. O proceso será o punto sobre o que pivote o traballo, facendo fincapé en como as sesións de tormento eran levadas a cabo, a súa finalidade e os métodos utilizados, pero tamén expoñendo a importancia dos Autos de Fe en canto a asistencia e a función de exemplaridade dos mesmos.

GONZALEZ LOPO, DOMINGO LUIS (Titoría)
GONZALEZ LOPO, DOMINGO LUIS (Titoría)
Tribunal
Dubert García, Isidro (Presidente/a)
FERNANDEZ CORTIZO, CAMILO JESUS (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, ROBERTO JAVIER (Vogal)

A orde do Císter no territorio galego plenomedieval: economía, sociedade e cultura no mosteiro de Santa María de Sobrado.
Autoría
Z.M.B.
Grao en Historia
Z.M.B.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2024 10:00
20.06.2024 10:00
Resumo
Santa María de Sobrado inicia a súa andadura como mosteiro cisterciense no ano 1142, asentándose como un primeiro bastión da orde do Císter no territorio hispánico. A abadía é un gran exemplo de reprodución do patrón cisterciense, e o gran poderío que esta acada, unha mostra do seu eficaz modelo económico. A través de Santa María de Sobrado navegaremos sobre os motivos de consideración da chegada cisterciense como unha “colonización” do territorio galego; non só pola súa máis que estudada transcendencia económica e territorial, senón tamén dende o punto de vista social, como peza importante das relacións comunitarias e señoriais na península. Para rematar, centrarémonos na actividade cultural do cenobio, procurando demostrar que a lectura e cultura escrita son fenómenos intrínsecos ao grupo cisterciense, necesarios dende o punto de vista administrativo e moral e que, ademais, foron empregados para asentar a lexitimidade da posición social da abadía e conservar a memoria histórica desta.

ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Titoría)
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Titoría)
Tribunal
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
Artífices e tipos de escritura no século XV a través do fondo documental de Santa María de Montederramo (Ourense)
Autoría
A.P.R.
Grao en Historia
A.P.R.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2024 10:00
20.06.2024 10:00
Resumo
Santa María de Montederramo, abadía cisterciense da diocese de Ourense, ten un amplo fondo documental medieval, moi adecuado para achegarnos á cultura escrita da comarca á que pertence, Terra de Caldelas, no século XV. O propósito deste traballo é estudar, a partir dos diplomas sobreviventes do arquivo monástico datados entre 1400 e 1499, dous aspectos relativos á cultura gráfica do período: os artífices materiais e os tipos de escritura. Para conseguir este obxectivo é necesario poñer en práctica a metodoloxía de dúas disciplinas integradas nas chamadas Ciencias e técnicas historiográficas: a diplomática e a paleografía.

SUAREZ GONZALEZ, ANA ISABEL (Titoría)
SUAREZ GONZALEZ, ANA ISABEL (Titoría)
Tribunal
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
Iconografía na Idade Media a partir dos mappaemundi
Autoría
X.M.R.
Grao en Historia
X.M.R.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
A disciplina cartográfica medieval agrupa todo un abano de características que a singularizan e dotan de calidade informativa. No presente traballo explóranse os seus significados mediante a análise dalgúns dos factores comúns nas representacións da Idade Media europea, co obxectivo de poñer de relevo o seu interese como produtos lexitimadores do seu tempo e lugar e, por tanto, como recurso de memoria histórica. Para isto é esencial o estudo das fontes cartográficas máis relevantes de cada período e a súa comparativa iconográfica, pois advirten sobre a exexese que se pode extraer do ámbito figurativo de diagramas e mappaemundi. O seguimento do panorama cartográfico entre os séculos V e XV permite ademais unha valoración integral das súas influencias, evolución e intereses, e das conexións de cada época e as implicacións sociais, políticas e relixiosas existentes. A súa relevancia é suficiente para converter os termos conxunturais de cada produción cartográfica en toda unha rede estrutural que permite trasladar a mentalidade contemporánea tanto á cosmovisión como á cotiandade da sociedade medieval, atendendo á súa percepción do mundo, crenzas, relacións e incluso conflitos.

SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Titor do alumno)

Viaxe o centro do Hades: a catábasis e a relación da morte coa mitoloxía e a cultura grega.
Autoría
C.G.A.
Grao en Historia
C.G.A.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
Este traballo de Fin de Gardo trata de realizar unha análise de diferentes concepcións relacionadas co Hades grego. En este caso, referímonos ó Hades en relación co mundo do máis alá na mitoloxía e non co personaxe. Trataremos de explicar así aspectos como a súa xeografía, os seus personaxes, as súas características... No presente traballo tamén poderemos observar diferentes partes nas que se tratarán diversos temas onde a catábasis cobra protagonismo, pois os fragmentos elixidos para dita empresa serían pasaxes catabáticos. Para elo, acollerémonos en dúas obras fundamentais, que nos axudarán, a través de exemplos, a visualizar aspectos que se nos indica na bibliografía, estas obras serán: a Odisea de Homero e As ras de Aristófanes. De esta forma, poderemos ser conscientes e analizar a evolución, pero tamén as continuidades do tema, pois non se trata de obras coetáneas, a vez que poderemos observar o tema do Hades dende dous puntos de vista moi diferentes, como son a épica e a comedia. Concluiríamos polo tanto explicando que as diferentes representación do Hades na literatura axúdannos a conformar unha visión de este, a par que nos permiten analizar a súa importancia e o seu impacto na cultura e no pensamento occidental.

GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO JAVIER (Titor do alumno)

Persecución das sombras vermellas. O impacto do anticomunismo no cine de Hollywood durante a Guerra Fría.
Autoría
A.V.B.
Grao en Historia
A.V.B.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 10:00
23.07.2024 10:00
Resumo
A presente investigación analiza a influenza entre o anticomunismo imperante nos EEUU e a paranoia no cine estadounidense durante a segunda metade do século XX. Principalmente pon o foco en como Hollywood será un espello que amosa á vez os temores da sociedade fronte a unha posible proliferación do comunismo. Desde a fin da Segunda Guerra Mundial ata o auxe da Guerra Fría, a industria cinematográfica estadounidense converterase nun campo de batalla ideolóxico. Neste período, a actuación do Comité de Actividades Antiamericanas (HUAC) liderou unha intensa campaña para identificar y eliminar la influencia comunista en Hollywood. A través dun análise das fontes, películas clave e eventos políticos significativos, investígase como se promoveu o American Way of Life a través do cine e cómo este serviu como ferramenta para reforzar os valores conservadores no contexto da Guerra Fría. Unha investigación que aborda as estratexias empregadas tanto polos gobernos como polos cineastas para sobrevivir no convulso panorama político, proporcionando unha visión detallada das consecuencias culturais e políticas do sentimento anticomunista na sociedade estadounidense.

CABO VILLAVERDE, MIGUEL (Titoría)
CABO VILLAVERDE, MIGUEL (Titoría)
Tribunal
Cagiao Vila, María Pilar (Presidente/a)
LANERO TABOAS, DANIEL (Secretario/a)
BAZ VICENTE, MARIA JESUS (Vogal)
Cagiao Vila, María Pilar (Presidente/a)
LANERO TABOAS, DANIEL (Secretario/a)
BAZ VICENTE, MARIA JESUS (Vogal)
A emigración galega ao norte de Portugal nos séculos XVIII e XIX.
Autoría
U.B.R.
Grao en Historia
U.B.R.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
Neste traballo procederase a realizar unha análise do éxodo galego con destino ás rexións do norte de Portugal entre os séculos XVIII e XIX. Para elo atenderemos aos factores que impulsaban esta emigración tendo en conta o contexto económico, político e social de un e outro lado da raia, así como tamén concretaremos as zonas de procedencia e destino onde esta mobilidade terá máis relevancia. Unha vez expostas estas cuestións trataremos de ilustrar as condicións persoais (tendo en conta factores como o sexo, a idade ou o estado civil) e as condicións socio-profesionais (en caso de que a mobilidade se realice con obxectivos laborais) dos emigrados. Na caracterización dos emigrantes, finalmente analizarase a presenza de galegos e de galegas en institucións de caridade, hospitais e cárceres; tamén, de prófugos e de guerrilleiros, que operaban frecuentemente a un lado e ao outro da raia. Por último, procederemos a realizar dous estudos de caso, o primeiro centrarase na presencia de galegos na cidade de Porto e o segundo na emigración da comarca do Condado á rexión de Entre-Douro-e-Minho.

FERNANDEZ CORTIZO, CAMILO JESUS (Titoría)
FERNANDEZ CORTIZO, CAMILO JESUS (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ CORTIZO, CAMILO JESUS (Titor do alumno)

Contrarrevolución e revolución: exilio liberal e tentativas insurreccionais na Década Ominosa
Autoría
J.F.P.
Grao en Historia
J.F.P.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
No primeiro terzo do século XIX dáse en España unha pugna entre o liberalismo e o absolutismo polo poder. Tras un breve período coñecido como o Trienio Liberal no que triunfou a revolución, darase unha vitoria da contrarrevolución sobre os liberais que provocará unha das maiores diásporas políticas da historia de España. Os liberais, que dende 1823 vense obrigados a saír de España cara a múltiples destinos, principalmente Francia, Inglaterra, Portugal e Gibraltar. Dende o exilio, os liberais adicáronse politicamente a intentar restablecer o réxime liberal en España a través do modelo hexemónico do liberalismo español, o pronunciamento, coa nova dificultade que supón para a actividade conspirativa o feito de encontrarse no exilio. Dentro das conspiracións liberais destes anos podemos atopar dúas fases diferenciadas nos pronunciamentos: cunha etapa inicial que podería considerarse máis espontánea, impulsada pola urxencia de derrocar o réxime, e unha segunda etapa caracterizada pola maior organización da conspiración baixo a dirección de líderes militares coma Francisco Espoz y Mina e José María Torrijos. Pese a todo, ningunha das tentativas insurrecionais acada o obxectivo de derrocar o réxime absolutista; a restauración liberal acabaría vindo pola fórmula do pactismo cos moderados do réxime que consegue deixar fóra do goberno os ultrarrealistas

O golpe e a represión de 1936 en Ferrol e os seus arredores comarcais
Autoría
G.O.P.
Grao en Historia
G.O.P.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
Este estudo profundará varios dos procesos de violencia desencadeados por mor do golpe de estado do 18 de xullo de 1936. Para lograr tal fin, realizouse un revisión bibliográfica sobre os distintos autores que estudaron esta temática, contrastandose cos datos extraidos dos distintos arquivos militares dispoñibles, para analizar e explicar as dinámicas dos acontecientos. Á súa vez, prestouse especial atención aos pasos que no seu conxunto permiten entender a aplicación sistemática dá violencia en todas as súas manifestacións . Este plan, elaborado polos principais perpetradores, se extendío desde Ferrol para asegurar os seus plans para o control de toda a zona baixo a súa influencia.

FERNANDEZ PRIETO, LOURENZO (Titoría)
FERNANDEZ PRIETO, LOURENZO (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ PRIETO, LOURENZO (Titor do alumno)

As visitas oficiais como medio de nacionalización: as estadías de Alfonso XIII e Primo de Rivera en Galicia durante a ditadura (1923-1930)
Autoría
J.R.F.
Grao en Historia
J.R.F.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
A partir de mediados do século XIX as monarquías europeas víronse na obriga de transformarse para adaptarse aos novos tempos, tendo que actualizarse e idear novos rituais para achegarse aos seus cidadáns. Púxose en marcha un novo proxecto de monarquía escénica e cerImonial, que precisaba do contacto directo e recorrente coas masas para a popularización da institución; para lograr este fin, foise desenvolvendo un programa de visitas rexias. Alfonso XIII viaxou sistematicamente por todo o país durante o seu reinado efectivo (1902-1931), co obxectivo de reforzar a imaxe simbólica da monarquía como unha estratexia de nacionalización. A última etapa do seu reinado estivo marcada polo seu apoio á ditadura de Primo de Rivera (1923-1930), que provocou o traslado da súa figura a un segundo plano, deixando de lado algúns aspectos claves como o militarismo, para centrarse na lexitimación da monarquía a través dunha vinculación directa co catolicismo. A convivencia entre monarca e ditador viuse reflectida nas visitas oficiais, ás que Primo de Rivera tamén se adheriu para popularizar o novo réxime e achegarse á poboación. Para exemplificar as diferenzas de poder, simbolismo e proxección da imaxe pública entre o rei e o ditador dentro do ámbito das visitas oficiais, neste traballo serán recompiladas e contrastadas as visitas realizadas por Primo de Rivera e Alfonso XIII a Galicia durante a ditadura.

BARRAL MARTINEZ, MARGARITA (Titoría)
BARRAL MARTINEZ, MARGARITA (Titoría)
Tribunal
BARRAL MARTINEZ, MARGARITA (Titor do alumno)

Pirro e a s guerras pírricas
Autoría
F.O.B.
Grao en Historia
F.O.B.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
No meu traballo, vou tratar acerca de Pirro de Épiro, quen fora primo segundo de Alexandre Magno, e tería que tratar dende finais do século IV a.C ata a primeira metade do III a.C. Tería que comezar coa morte de Alexandre Magno no 323 a.C e as posteriores disputas territoriais que haberían entre os seus xenerais, os diádocos, ata chegar a Pirro e a súa decisión de dirixirse hacia o occidente de Grecia pra prestar axuda a cidade de Tarento contra Roma, e ir explicando os conflictos que vai pasando Pirro tanto nas campañas contra os romanos, coma contra os cartaxineses en Sicilia, ata finalmente volver a súa volta a Grecia e o recorrido da súa campaña ata a súa morte en 270 a.C

VILLANUEVA ACUÑA, MANUEL (Titoría)
VILLANUEVA ACUÑA, MANUEL (Titoría)
Tribunal
VILLANUEVA ACUÑA, MANUEL (Titor do alumno)

A recepción dos artistas plásticos do Renacemento na obra de Salvador Dalí
Autoría
A.M.R.
Grao en Historia da Arte
A.M.R.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2024 10:00
19.06.2024 10:00
Resumo
Este traballo trata as ligazóns existentes e influencias entre a extensa produción artística de Salvador Dalí (pintor catalán, surrealista) e os grandes mestres do Renacentismo (como Rafael, Arcimboldo, Miguel Anxo e o Bosco, entre outros). Con esta finalidade, consultáronse fontes primarias e secundarias. Entre as fontes primarias, destaca de maneira significativa, a autobiografía do mismo Dalí, A Vida Secreta de Salvador Dalí (1942), a cal proporciona un enfoque moi interesante e entrevistas ao autor. As fontes secundarias que supoñen unha interpretación dos textos e os traballos do artista. Para poder levar a cabo esta investigación, realizouse unha extensa búsqueda e contraste de diferentes fontes e bases de datos, para poder seleccionar a información máis relevante e relacionala cos temas que a analizar. Despois de contrastar distintas fontes, constatamos a influencia de numerosos artistas, obras e temáticas que marcaron de maneira significativa o imaxinario de Salvador Dalí. Con todo isto, pretendíase deixar constancia das relacións obvias que existen entre o artista catalán e os seus grandes predecesores no ámbito das artes plásticas. A pesar de que Dalí autopercíbese e foi considerado pola sociedade como un artista que rachou coa tradición, o certo é que é unha ruptura máis conceptual que plástica pois conta con numerosos referentes, entre os que destacan as fontes de arte clásica a nivel plástico.

CUPEIRO LOPEZ, PATRICIA (Titoría)
CUPEIRO LOPEZ, PATRICIA (Titoría)
Tribunal
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Presidente/a)
PEREZ VARELA, ANA (Secretario/a)
DE LLANO NEIRA, PEDRO (Vogal)

A morada para a Eternidade no Antigo Exipto: os precedentes á necrópolis de Guiza.
Autoría
A.D.P.P.
Grao en Historia da Arte
A.D.P.P.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A evolución das pirámides exipcias é un reflexo dun desenvolvemento arquitectónico e relixioso significativo dende os tempos predinásticos ata as pirámides convencionais. Comezando con tumbas simples, as estruturas funerarias evolucionaron cara ás mastabas durante as dúas primeiras dinastías. Un avance significativo produciuse coa pirámide escalonada de Djoser en Saqqara, deseñada por Imhotep a comezos da III Dinastía. Marcou o primeiro uso monumental da pedra. Aínda que as pirámides de Seneferu foron solapadas pola fama das pirámides de Guiza, o faraón impulsou unha serie de innovacións arquitectónicas cruciais, interviñendo na construción de catro pirámides e erixindo a primeira pirámide de caras lisas, establecendo as pautas para a tipoloxía de complexos funerarios e a arquitectura piramidal. Reflexando o poder divino do faraón e a culminación de séculos de perfeccionamento técnico e relixioso.

PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Titoría)
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Titoría)
Tribunal
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Presidente/a)
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Secretario/a)
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Vogal)

Santos protectores contra a morte súbita nos reinos peninsulares na Idade Media
Autoría
I.S.S.
Grao en Historia da Arte
I.S.S.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
As transfromacións políticas e sociais están estreitamente relacionadas cos camiños que toma a espiritualidade do momento. Nos primeiros séculos altomedievais, cando o cristianismo se acaba de asentar, quedan ainda resquicios das prácticas paganas no que respecta a algúns asuntos vitais. Con todo, na Baixa Idade Media, a partir do século XIII vaise producir paseniñamente un cambio de mentalidade por mor das sacudidas de inestabilidade provocadas tanto por epidemias, como guerras e as consecuentes fames. Así, moverémonos no período baixomedieval hacia unha espiritualidade máis entusiasta que supón a proliferación de instrumentos que responden ás necesidades sociais do momento como vai ser o culto a determinadas santidades.

CENDON FERNANDEZ, MARTA (Titoría)
CENDON FERNANDEZ, MARTA (Titoría)
Tribunal
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Presidente/a)
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Secretario/a)
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Vogal)
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Presidente/a)
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Secretario/a)
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Vogal)
Bringing Martha Rosler into Focus: unha mirada á madriña da arte de protesta
Autoría
N.P.B.
Grao en Historia da Arte
N.P.B.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
O presente traballo monográfico céntrase na figura de Martha Rosler e a súa longa traxectoria vital de protesta e crítica política. Nela da voz a diversas realidades, conxugando múltiples loitas e inquietudes do momento e, polo tanto, sendo un exemplo da importancia da unión das mesmas. A artista estadounidense é coñecida por centrar a súa atención en aspectos como o espazo, a fusión do privado e o público, e o doméstico e o político, dentro desas realidades. Para afondar na súa figura, nesta monografía, investíganse cuestións tales como o contexto que condiciona a obra de Rosler; os referentes artísticos e políticos da mesma, visibles no seu traballo aplicado e teórico; e a evolución e características dunha traxectoria de máis de cincuenta anos na cal a mirada á cultura de masas, á súa linguaxe e ós seus medios de comunicación é unha constante. Tendo estes aspectos en conta, procédese ó análise de diversas obras da creadora, buscando a variedade temática e de soporte. Finalmente, realízase unha recapitulación sobre a pegada e a recepción da súa obra.

MONTERROSO MONTERO, JUAN MANUEL (Titoría)
MONTERROSO MONTERO, JUAN MANUEL (Titoría)
Tribunal
LOPEZ SILVESTRE, FEDERICO ANTONIO (Presidente/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Secretario/a)
CAPELAN FERNANDEZ, MONTSERRAT (Vogal)

Carlos Maside: entre a tradición e a vangarda
Autoría
T.V.L.
Grao en Historia da Arte
T.V.L.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Procedente de Pontecesures, o pintor galego Carlos Maside produciu ao longo da súa carreira abundante obra pictórica influenciada polos movementos de vangarda máis famosos de Europa. A través de bolsas outorgadas por institucións como a Deputación de Pontevedra Maside viaxou a París, onde coñeceu devanditos movementos. El e outros autores como Arturo Souto ou Manuel Torres formaron o grupo denominado como 'Os novos'. Estes pintores foron os encargados de introducir no panorama artístico galego as novidades das vangardas europeas. Maside relaciónase ao longo da súa vida cun ambiente intelectual, tanto na súa estancia na cidade madrileña como nas diferentes cidades galegas nas que reside. Colaborou tamén con distintos xornais ou revistas como 'O pobo galego' ou 'Vida Galega', ademais de participar en faladoiros en distintos cafés e cumprir co seu labor de docente na Escola de Artes e Oficios de Santiago ou no Instituto de Noia en Vigo. A pesar de que Maside empregue estas linguaxes modernas as temáticas que trata nos seus cadros e estampas adoitan estar relacionadas con escenas populares do panorama galego ou con críticas á situación política e social en España. Ao longo do traballo analizaremos a súa vida e a súa obra, centrándonos na influencia de catro movementos de vangarda: o cubismo, o expresionismo, o postimpresionismo e o fauvismo.

Evolución da espiritualidade cristiá occidental: de Cristo protomártir a san Francisco de Asís
Autoría
R.C.G.
Grao en Historia da Arte
R.C.G.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
No presente traballo se tentará realizar unha sorte de percorrido ao longo dos séculos nos que se pon de manifesto a evolución da espiritualidade cristiá occidental; máis concretamente, é necesario limitar o marco temporal do estudo dende os comezos do cristianismo ata a chegada das ordes mendicantes, e resaltando unicamente aqueles períodos que sexan dignos de mención por supor puntos de inflexión e/ou transición dende a xénese da espiritualidade cristiá até ese último intre recentemente matizado. Se porá especial énfase nas figuras dos santos e se darán pinceladas da súa iconografía co fin de minguar a densidade do escrito; se considera que o concepto de santidade sufriu considerables variacións ao longo da historia, e de aí que se leve a cabo esta viaxe: dende a era dos mártires, aos ascetas e monxes, pasando polo modelo de santidade dominante na época carolinxia, o feudalismo e a aparición das ordes mendicantes froito do rexurdimento das cidades. Realmente, nesta ocasión se pon punto e final coa chegada de dominicos, franciscanos e similares pola incompatibilidade de estenderse moito máis na línea temporal e non pecar de divagación e inexactitude.

Patrimonio Cultural de Cuzco
Autoría
C.Y.M.R.
Grao en Historia da Arte
C.Y.M.R.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.02.2024 10:00
20.02.2024 10:00
Resumo
Resumen: Este trabajo tiene como objetivo el análisis de los planes de protección para el patrimonio cultural de Cuzco, así como la elaboración de algunas propuestas que podrían servir para mejorar su situación. En primer lugar, se hará una aproximación a las circunstancias que rodearon el nacimiento de esta ciudad y su evolución hasta alcanzar la configuración actual. A continuación se analizará la situación en la que se encuentra el centro histórico de la ciudad a través de diferentes indicadores: la demografía, el ambiente social, el patrimonio cultural, el uso del suelo, el transporte, el medio ambiente, la economía y el turismo. Por último, se harán algunas propuestas orientadas a mejorar este lugar a través de cada punto mencionado. También se hará reflexión sobre la necesidad imperiosa de conseguir que se puedan implementar de modo efectivo los planes de protección que se ha diseñado.

MONTERROSO MONTERO, JUAN MANUEL (Titor do alumno)

Francisco Asorey, Francisco Leiro e Manolo Paz; un proxecto para a escultura contemporánea en Cambados
Autoría
A.P.O.
Grao en Historia da Arte
A.P.O.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.02.2024 10:30
20.02.2024 10:30
Resumo
Francisco Asorey é un dos máis grandes escultores coñecidos en Galicia ó longo da súa historia, sendo o encargado de recuperar esa plástica escultórica do pasado que fora perdida. Asorey ofrécenos a súa propia visión das súas raíces, de un xeito alegórico en certo modo, pero que á súa vez é dotado de gran realismo. A orixe de Asorey atópase nun pequeno pobo costeiro das Rias Baixas en Galicia, concretamente en Cambados. Francisco Leiro e Manolo Paz, son a día de hoxe, dous dos máximos exponentes da escultura en Galicia, Leiro incluso a nivel nacional e internacional. Estes tres escultores teñen algo sumamente importante en común, a súa orixe. Todos eles naceron en Cambados, ademáis de que a produción dos tres amosa un carácter de sentimento cara a súa terra. A través deste traballo analizaremos como irá evolucionando a obra destes artistas comezando no realismo, e rematará en Paz, ca abstracción absoluta, ademáis de dar visibilidade os pequenos pobos, e amosar que tamen teñen cabida no mundo da arte.

CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titor do alumno)

Posta en valor, xeositios e proposta de xestión da illa de Tambo (Ría de Pontevedra).
Autoría
I.B.G.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
I.B.G.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
Na actualidade, a xeodiversidad converteuse nunha fonte de recursos para o ser humano, do mesmo xeito, que condiciona á flora que se desenvolve nun determinado territorio e con iso á súa biodiversidade. O obxectivo deste traballo é analizar a xeodiversidad da illa de Tambo, localizada na ría de Pontevedra. Cuestións de índole histórica, económica ou institucional propiciou que os seus valores naturais haxan permanecido ocultos. Neste traballo proponse que a illa sexa considerada unha área, na que se diferenciou un número destacado de lugares de interese xeolóxico-geomorfológico. Para alcanzar este obxectivo, neste traballo aplícase a metodoloxía recollida no documento metodolóxico para a elaboración do Inventario Español de Lugares de Interese Xeolóxico (IELG) do IGME (García Cortés et al., 2018). Calcúlase o valor científico, didáctico e turístico-recreativo e procédese á selección dos lugares de interese xeolóxico-xeomorfológico da illa. Calcúlase a valoración de susceptibilidade de degradación (fraxilidade, vulnerabilidade natural e vulnerabilidade por ameazas antrópicas) e do risco de degradación (prioridade de protección) da illa de Tambo. A finalidade é coñecer os xeositios potenciais da illa, o seu risco de degradación e establecer pautas que permitan a súa conservación.

COSTA CASAIS, MANUELA (Titoría)
COSTA CASAIS, MANUELA (Titoría)
Tribunal
COSTA CASAIS, MANUELA (Titor do alumno)
COSTA CASAIS, MANUELA (Titor do alumno)
Influencia da actividade turística na morfoloxía urbana do casco histórico da cidade de Lugo
Autoría
I.N.D.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
I.N.D.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
Lugo é un municipio situado na comarca homónima, da cal é capital, ao igual que coa provincia, ademais é o principal núcleo da provincia e o quinto máis poboado da autonomía. Este traballo de investigación tratará o análise da influencia da actividade turística na evolución e o desenvolvemento urbano do casco histórico lucense ao longo do tempo, así como a viabilidade de apostar por un turismo sostible. Empezarase por comentar o urbanismo para posteriormente incidir no porque da estrutura e morfoloxía actual, para finalmente facer un análise sobre os indicadores de turismo seleccionados.

PIÑEIRA MANTIÑAN, MARIA JOSE (Titoría)
López Rodríguez, Ramón Cotitoría
PIÑEIRA MANTIÑAN, MARIA JOSE (Titoría)
López Rodríguez, Ramón Cotitoría
Tribunal
López Rodríguez, Ramón (Titor do alumno)

Análise da mobilidade da ría de Ferrol: Infraestruturas e servizos
Autoría
D.P.F.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
D.P.F.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
Tras anos de ser suxeito activo da mobilidade da ría de Ferrol e comparala con outras realidades, chegouse á hipótese de que, a pesar de que ten aspectos positivos, esta é mellorable. Coa finalidade de coñecer esta conxuntura, neste traballo usouse unha metodoloxía mixta. Primeiro, empregáronse métodos cuantitativos para analizar as infraestruturas (estacións, paradas, autobuses, trens, etc.) e os servizos (frecuencias, horarios, rutas, etc.) tanto internos como externos do transporte público terrestre e marítimo ao longo dos concellos que contan con litoral na devandita ría. Por outro lado, utilizouse unha metodoloxía cualitativa coa fin de achar cales son as súas características e cal é a visión dos residentes e usuarios, levando a cabo dúas estratexias, por un lado, entrevistas e, polo outro, observación participante. O estudo conta, así mesmo, cun apartado no que se efectúa unha revisión bibliográfica sobre a mobilidade, e, alén, recolle os instrumentos políticos diferentes escalas que xogan un papel relevante no obxecto desta análise. Así pois, esta investigación conclúe que, se ben hai unhas infraestruturas e uns servizos que asisten á poboación da zona, aínda é necesario seguir camiñando cara a unha mellora dos mesmos e procurar unha maior conexión coa cidadanía.

PAZOS OTON, MIGUEL (Titoría)
López Rodríguez, Ramón Cotitoría
PAZOS OTON, MIGUEL (Titoría)
López Rodríguez, Ramón Cotitoría
Tribunal
López Rodríguez, Ramón (Titor do alumno)
PAZOS OTON, MIGUEL (Titor do alumno)

O despoboamento en Galicia, métodos e motivacións de repoboamento, casos de Vieiros (Lugo) e Couso (Ourense)
Autoría
A.P.T.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
A.P.T.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao trata o tema do despoboamento en Galicia dende o punto de vista problemático cun método cartográfico pero tamén dende o punto positivo da recuperación do medio rural apoiándose nas correntes teóricas do neorruralismo e da contraurbanización. Enfócase nas diferentes iniciativas de repoboamento rural cunha metodoloxía de traballo en campo en dous casos concretos que son Vieiros (Lugo) e Couso (Ourense). Esta investigación faise co obxectivo de comprobar se o rural galego ten posibilidade de rehabilitarse e reverter a dinámica demográfica negativa na que se atopa dende fai xa anos. Tamén, busca resposta á pregunta de se no medio rural existen oportunidades para as persoas que queren trasladarse a vivir a este tipo de lugares, así como descubrir as opinións das persoas que viven nesta situación actualmente sobre as iniciativas que hai xa postas en marcha para recuperalo demográficamente.

TRILLO SANTAMARIA, JUAN MANUEL (Titoría)
VILA VAZQUEZ, JOSE IGNACIO Cotitoría

TRILLO SANTAMARIA, JUAN MANUEL (Titor do alumno)
VILA VAZQUEZ, JOSE IGNACIO (Titor do alumno)

Análise da evolución urbana de Ponteareas: de cabeceira comarcal a parte do Área Metropolitana de Vigo
Autoría
I.R.M.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
I.R.M.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
A transformación das cidades nas últimas décadas demostra que é necesario interpretalas como organismos vivos en constante evolución. O medio urbano actual caracterízase por una sobredensificación demográfica que provoca que as dinámicas urbanas, propias de todas as cidades, excedan os límites administrativos-territoriais. Neste contexto, Galicia non é una excepción, pois a simple presenza de dúas entidades locais supramunicipais de carácter territorial (as áreas metropolitanas de A Coruña e Vigo) na Comunidade Autónoma, manifesta a realidade galega actual. A dicotomía urbana-rural que caracteriza a Galicia dende fai varias décadas deixa nun lugar indefinido aos municipios urbanos de tamaño medio, que de acordo coa súa situación xeográfica teñen unha u outra función. A través do presente traballo búscase analizar a evolución das dinámicas da poboación do concello de Ponteareas, capital da comarca do Condado, que, si ben foi entendida historicamente como a cabeceira comarcal, actualmente non só se encontra condicionada polas dinámicas metropolitanas pertencentes á Área Metropolitana de Vigo, senón que forma parte da sua área urbana funcional. Os resultados obtidos neste estudo permiten comprender cal debe ser a función de Ponteareas no futuro, continuar sendo o centro urbano en base o cal se articula a comarca do Condado, ou comezar o proceso de integración co fin de formar parte da Área Metropolitana de Vigo.

DURAN VILLA, FRANCISCO RAMON (Titoría)
PIÑEIRA MANTIÑAN, MARIA JOSE Cotitoría
DURAN VILLA, FRANCISCO RAMON (Titoría)
PIÑEIRA MANTIÑAN, MARIA JOSE Cotitoría
Tribunal
DURAN VILLA, FRANCISCO RAMON (Titor do alumno)

Patrimonio xeomorfolóxico e xeodiversidade en O Carreirón na Illa de Arousa
Autoría
L.R.B.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
L.R.B.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
O sector de O Carreirón, situado na Illa de Arousa, destaca polo seu patrimonio xeomorfolóxico, xeodiversidade, biodiversidade e ser un espazo pouco afectado pola actividade antrópica, a diferenza do resto da illa. Na actualidade, O Carreirón convertiuse nun espazo moi demandado como lugar de ocio (polo seu modelado granítico, formas litorais variadas, vexetación dunar e ambientes húmidos, lugar excepcional de avistamento de aves, espazo sen edificacións, etc) tanto para os residentes da Illa, como para foráneos, producíndose un aumento importante de visitantes deste sector. Ante esta situación, e de cara a tomar medidas para a protección da xeodiversidade e biodiversidade de O Carreirón, ante a ameaza do turismo, o obxectivo deste traballo é por en valor o seu patrimonio xeolóxico/ xeomorfolóxico. Para iso utilizase a aplicación metodolóxica do IGME, recollida no Documento metodolóxico para a elaboración do Inventario Español de Lugares de Interese Xeolóxico (García Cortés et al. 2018). Os resultados obtidos sobre o seu valor científico, didáctico e turístico-recreativo, susceptibilidade de degradación (fraxilidade, vulnerabilidade natural e vulnerabilidade por ameazas antrópicas) e risco de degradación (prioridade de protección) permiten facer a proposta do sector de O Carreirón como un LIG (Lugar de Interese Xeolóxico/Xeomorfolóxico) con dimensión de Área, que alberga un número variado de potenciais xeositios. Os resultados axudarán a por en valor o seu patrimonio natural de cara a súa protección e xestión.

Adaptación y consecuencias del cambio climático en A Coruña
Autoría
J.T.L.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
J.T.L.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
Una de las principales preocupaciones que asola a la sociedad y al medio ambiente es el cambio climático y los impactos asociados. Desde estas primeras décadas del siglo XXI, se cuenta con numerosos apoyos académicos e institucionales que fomentan la implantación de diversas medidas de adaptación. Últimamente, estas medidas de adaptación son las que más se intentan instaurar a través de las instituciones, ya que ofrecen una sucesión de ventajas frente a las medidas de mitigación, pero sin quitarle importancia a estas últimas, ya que también tienen su peso dentro de la materia. Este trabajo busca presentar un análisis climático del Ayuntamiento de A Coruña (Galicia, NO de la Península Ibérica), observando las tendencias que existen en las últimas décadas sobre los valores e indicadores climáticos, que ayudarán a interpretar los cambios que se producen. Cuando los datos sean tomados, se intentará buscar líneas de actuación en relación a las medidas de adaptación frente a los cambios que ocurren en las temperaturas (máximas y mínimas principalmente) y en los fenómenos extremos.

MARTI EZPELETA, ALBERTO (Titoría)
MARTI EZPELETA, ALBERTO (Titoría)
Tribunal
MARTI EZPELETA, ALBERTO (Titor do alumno)

Historia de la piratería na Idade Moderna (S.XVI-XIX)
Autoría
L.D.S.
Grao en Historia
L.D.S.
Grao en Historia
Data da defensa
20.02.2024 13:00
20.02.2024 13:00
Resumo
A era moderna da piratería, que ocorreu entre os séculos XVI e XIX, foi un período fascinante na historia marítima. Piratas famosos como Barbanegra e Anne Bonny saquearon barcos mercantes e colonias nos mares. Estes individuos xurdiron en resposta ás tensións xeopolíticas e ás guerras entre nacións europeas, aproveitando a debilidade da seguridade en augas internacionais. A rivalidade entre corsarios e as frotas de potencias marítimas como Inglaterra, España e Francia contribuíu ao aumento da piratería. Aínda que algúns eran criminais despiadados, outros converteronse en lendas culturais, desafiando a autoridade e personificando un espírito de liberdade que aínda se renova na imaxinación popular.

LOPEZ LOPEZ, ROBERTO JAVIER (Titoría)
LOPEZ LOPEZ, ROBERTO JAVIER (Titoría)
Tribunal
LOPEZ LOPEZ, ROBERTO JAVIER (Titor do alumno)

Os oficios urbáns e a súa organización en Santiago de Compostela entre 1416-1422.
Autoría
X.F.O.
Grao en Historia
X.F.O.
Grao en Historia
Data da defensa
20.02.2024 11:30
20.02.2024 11:30
Resumo
A historia da vida urbana é unha cuestión de especial atracción. O propósito de tentar achegarnos ao pasado para coñecer os detalles que marcaron a vida de persoas doutros tempos, introdúcenos nunha realidade que tratamos de comprender en toda a súa complexidade. O discurso no que se inscribe a obra está marcado pola idea de que a historia non debe interesarse polas mulleres ou polos homes como seres inmutables, perpetuamente idénticos a eles mesmos e abstractos, senón por individuos inseridos na sociedade dos que formaban parte, condicionados. pola época na que viviron e, neste caso, polas diferentes actividades e oficios. O obxectivo xeral deste traballo é afondar e ofrecer unha visión dos aspectos da vida cotiá dende a perspectiva dunha historia social e económica así como achegarse ao medio urbano da Coroa de Castela e aos aspectos específicos das súas cidades, mediante o estudo dun grupo tan importante como a comunidade.

ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Titor do alumno)

A orixe e a concepción da idea da guerra santa
Autoría
I.I.G.
Grao en Historia
I.I.G.
Grao en Historia
Data da defensa
20.02.2024 11:30
20.02.2024 11:30
Resumo
Ao longo deste traballo trataremos de dar unha resposta á existencia do fenómeno da guerra santa, a súa xénese, a súa concepción, e a súa aplicación ao longo da historia das dúas culturas que máis a desenvolveron e utilizaron: o cristianismo e o islam. Falaremos de quen son os principais ideólogos en cada caso, como foi evolucionando o concepto a través do tempo, como a viu a sociedade do momento e como chegou a influenciar o mundo actual. As campañas militares levadas a cabo polos europeos entre os séculos XI e XIII coa intención de retomar Terra Santa e defender aos cristiáns do islam, as Cruzadas, nos servirán como punto de contacto entre ambas culturas e ambas ideas de guerra santa. Ademais, tamén falaremos do impacto desta idea noutras culturas, sendo o caso máis representativo a mongola e o seu imperio. O descoñecemento deste fenómeno, así como a súa adulteración pola glorificación ou demonización do mesmo, deron lugar a múltiples interpretacións erróneas, tanto no mundo occidental como no oriental islámico, que pretendemos probar incorrectas.

A munera gladiatoria na antiga Roma
Autoría
M.G.R.
Grao en Historia
M.G.R.
Grao en Historia
Data da defensa
20.02.2024 12:30
20.02.2024 12:30
Resumo
Este traballo de Fin de Grao tivo como obxectivo analizar a vida dos gladiadores na antiga Roma, dende a súa chegada ao ludus ata que alcanzaban a súa liberación, xa fose a morte na area ou a entrega da rudis. O estudo analiza a súa figura tanto no período republicano ou imperial e ofrece unha comparativa diacrónica para o período contemporaneo, pois non nos esquezamos que esta temática atrae a masas de lectores e espectadores interesados nos gladiadores. Ao longo do traballo xorde sempre a mesma pregunta, como un escravos conseguiron ter tanto impacto na sociedade á que eran coetáneos?. A súa fama non tiña competencia, eran idolatrados e desexados polo pobo, mesmo por aristócratas de clase alta. Os combates de gladiadores eran o espectáculo máis esperado, polo que a súa influencia chegaba ás esferas políticas. Ao longo do traballo reflexiónase sobre a relación do gladiador coa elite romana, e en particular, cos emperadores. Exemplos como o de Cómodo ou Nerón serán mencionados, pois sen dúbida pasarán á historia. O traballo céntrase no estudo das fontes clásicas facendo un repaso cronolóxico dende o VI a.C ata o V d.C.

ARGUELLES ALVAREZ, PATRICIA ANA (Titoría)
ARGUELLES ALVAREZ, PATRICIA ANA (Titoría)
Tribunal
ARGUELLES ALVAREZ, PATRICIA ANA (Titor do alumno)

Política de subministración da armada na monarquía española do XVIII
Autoría
M.S.L.
Grao en Historia
M.S.L.
Grao en Historia
Data da defensa
20.02.2024 12:30
20.02.2024 12:30
Resumo
A política de abastecemento naval da monarquía española no XVIII vén marcada por un contexto de reformismo institucional e de reconfiguración interna da monarquía na procura dunha efectiva centralización do Estado e das administracións, da man da nova dinastía borbónica e cuxas reformas en materia naval, encabezadas polo novo ministro José Patiño da Secretaría de Despacho de Mariña e Indias, materializáronse na promulgación das Ordeazas da Armada en 1717, polas que todas as forzas navais existentes quedaron normalizadas nunha única Armada. O debate historiográfico, fortemente influenciado polas teses do historiador británico Irvin A. Thompson na súa monografía Guerra e decadencia (1560-1620), atópase para os estudos do século XVIII coas achegas de importantes autores como Rafael Torres Sánchez ou María Baudot Monroy. O obxectivo será analizar, a través dos principais produtos de provisión, os cambios adoptados na política de subministración naval ao longo do século XVIII, as relacións entre asentistas privados e o Estado e os factores que motivaron a convivencia e determinación entre dous métodos de abastecemento diferentes baixo a máxima prioridade da monarquía para garantir a subministración.

SAAVEDRA VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
SAAVEDRA VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
SAAVEDRA VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titor do alumno)

Relixión, mitoloxía e mentalidadde en Mesopotamia e Exipto
Autoría
J.R.P.
Grao en Historia
J.R.P.
Grao en Historia
Data da defensa
20.02.2024 10:00
20.02.2024 10:00
Resumo
O seguinte traballo, busca comparar a relixión e a mitoloxía egipcia e mesopotámia para, desa maneira, entender as diferenzas entre elas e comprender as diferentes mentalidades e cosmovisións de ambas as civilizacións. Por conseguinte, a través deste traballo, espérase tratar desde a concepción do mundo destes pobos ata a análise das súas mitoloxías, pasando pola relevancia e o papel dos distintos integrantes dentro delas.
O seguinte traballo, busca comparar a relixión e a mitoloxía egipcia e mesopotámia para, desa maneira, entender as diferenzas entre elas e comprender as diferentes mentalidades e cosmovisións de ambas as civilizacións. Por conseguinte, a través deste traballo, espérase tratar desde a concepción do mundo destes pobos ata a análise das súas mitoloxías, pasando pola relevancia e o papel dos distintos integrantes dentro delas.
Dirección
VILLANUEVA ACUÑA, MANUEL (Titoría)
VILLANUEVA ACUÑA, MANUEL (Titoría)
Tribunal
VILLANUEVA ACUÑA, MANUEL (Titor do alumno)
VILLANUEVA ACUÑA, MANUEL (Titor do alumno)
Evolución das técnicas e do traballo en Potosí entre 1545 e 1650.
Autoría
S.G.O.
Grao en Historia
S.G.O.
Grao en Historia
Data da defensa
20.02.2024 10:00
20.02.2024 10:00
Resumo
Dende finais do século XVI, Potosí convertiuse no epicentro da explotación de prata, impulsando a economía do Imperio Español. O emprego inicial de métodos indíxenas para a explotación e purificación da prata cambiou coa introdución do azougue. Este avance permitiu o beneficio de prata de media e baixa lei a cambio de graves consecuencias na saúde dos mineiros. Huancavelica desempeñou un papel crucial ao ser a principal fonte de mercurio para as minas de prata. A súa proximidade asegurou un subministro constante, consolidando a súa posición no novo proceso mineiro. A organización do traballo mediante encomendas e o traballo asalariado de yanaconas viuse reemprazada coa mita. O tributo ao traballo inca que foi transformado nun sistema de traballo forzoso polo virrey Toledo en 1572. Este sistema tamén foi acompañado por traballadores asalariados, os mingas. A explotación de Potosí deixou unha pegada duradeira nas comunidades indíxenas e no desenvolvemento das colonias españolas, evidenciando as interconexións entre avances tecnolóxicos e abusos laborais na procura de riqueza no Virreinato do Perú.

Cagiao Vila, María Pilar (Titoría)
Cagiao Vila, María Pilar (Titoría)
Tribunal
Cagiao Vila, María Pilar (Titor do alumno)

Vida, liturxia e sociedade en Galicia a inicios da Idade Media (Séculos IV-VII): Prácticas, culto e sociedade do Noroeste.
Autoría
X.G.A.
Grao en Historia
X.G.A.
Grao en Historia
Data da defensa
20.02.2024 10:00
20.02.2024 10:00
Resumo
No presente Traballo de Fin de Grado preténdese facer unha achega ao funcionamento da sociedade dende un punto de vista relixioso durante a alborada do cristianismo, nun período que comprende o tempo entre a Antigüidade Tardía, entorno ao século IV pois é o momento no que o culto cristiano comeza a saír da clandestinidade, até avanzado o tempo da Alta Idade Media, no século VII momento no que o devandito culto xa está asentado na sociedade do Noroeste Ibérico, do mesmo xeito que no resto da península. Para traballar a análise do tema atenderase a: os inicios da cristianización do marco xeográfico escollido, aos rituais, celebracións, festividades, espazos de culto e ao mundo funerario deste período; e á persistencia das vellas prácticas a través dos escritos de San Martiño de Dumio.

SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titor do alumno)

Revisión crítica da evidencia do uso e consumo de fungos enteoxénicos na Prehistoria.
Autoría
D.M.O.
Grao en Historia
D.M.O.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
O presente estudo é unha compilación dunha serie de evidencias paleopalinolóxicas, artísticas, arqueolóxicas, etnomicolóxicas e teóricas, que se foron desenvolvendo ó longo do século XX e con continuidade na actualidade e a partir das cales se busca dar resposta a preguntas como a antigüidade do uso de fungos enteoxénicos ou se certas formas de arte parietal da prehistoria, neste caso europea pero coa posibilidade de servir para o resto do mundo, son en efecto froito do uso de enteóxenos, xa sexa de orixe fúnxica ou doutro tipo. Así mesmo farase fincapé na necesidade do uso de probas que vaian mais alá da etnomicoloxía, da etnoarqueoloxía, da xenética ou de cuestións teóricas máis abstractas, como pode ser a teoría neuropsicolóxica do transo; para probar o uso dos mesmos. Neste estudo isto conseguirase a través da construción dunha base de datos das evidencias existentes que se cimenten no material tal como poden ser as esporas de fungos, carpóforos dos mesmos ou outros indicadores da súa consumición, que ate o de agora se atoparon no rexistro arqueolóxico da península Ibérica. Así mesmo a análise da bibliografía existente será unha parte fundamental neste estudo. A partir disto concluirase que é necesaria máis investigación neste campo xa que a información que o estudo dos fungos pode aportar vai máis alá do uso de certas especies como enteóxenos e a súa influencia na mente humana, xa que moitas outras achegan información concreta do pasado que doutras formas permanecería oculta.

CAMAROS PEREZ, EDGARD (Titoría)
CAMAROS PEREZ, EDGARD (Titoría)
Tribunal
CAMAROS PEREZ, EDGARD (Titor do alumno)
CAMAROS PEREZ, EDGARD (Titor do alumno)
Cuba epicentro da segunda escravitude: Debilidade do abolicionismo español do século XIX e a memoria dunha opresión invisibilizada ata o XXI
Autoría
L.O.G.
Grao en Historia
L.O.G.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é poñer o foco no fenómeno da Segunda Escravitude na Cuba do século XIX cunha dobre finalidade. Por un lado, confrontar a expansión que esta tivo nunha España, convertida no seu epicentro, co paradoxo de que sexamos un país que seguira eludindo a súa memoria ata a actualidade a pesar dos pasos dados nos países do noso entorno. E por outro buscase abordar aqueles aspectos que nos axuden a reconstruír en clave histórica esa realidade no seu conxunto, evitando caer en visións parciais. É por iso, que ademais de abordar o negocio en si da escravitude, as súas orixes e da cuestión da procedencia e recorrido social dos seus promotores, incorporamos tamén outros tres aspectos asociados ao devir da escravitude e da súa memoria: a resistencia ofrecida pola comunidade negra; as iniciativas e o peso do lobby escravista, incluíndo o papel das institucións e a clase política; a resistencia ofrecida pola comunidade negra; e o alcance do movemento abolicionista na metrópole.

BAZ VICENTE, MARIA JESUS (Titoría)
BAZ VICENTE, MARIA JESUS (Titoría)
Tribunal
BAZ VICENTE, MARIA JESUS (Titor do alumno)

A Reutilización dos Megálitos no Arco Atlántico Peninsular
Autoría
R.R.C.
Grao en Historia
R.R.C.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
O presente traballo aborda a cuestión do fenómeno tumular megalítico, no marco espacial do arco atlántico peninsular, e a reutilización destos xacementos durante as diferentes etapas posteriores da Historia. Para acadar isto empregáronse fontes pertencentes ás diferentes temporalidades, para tratar de entender as reinterpretacións e consideracións cara estas construccións; e traballos máis recentes centrados no porqué destas sociedades de coñecer e manipular estos xacementos, acompañándose estos estudos de exemplos onde esta reutilización se fixo efectiva en campos como o político, o relixioso ou o ideolóxico. Finalmente o traballo conta cun apartado adicado á casos de estudo de algúns xacementos megalíticos que nalgun momento da súa historia se viron modificados e aproveitados por grupos humáns posteriores aos propios autores prehistóricos. O obxectivo do ensaio trata así de evidenciar a importancia destas construccións, aínda na mentalidade máis recente, o proceso de reapropiación e remodelación ás que moitas se viron sometidas, e o papel que tiveron estos xacementos para forxar un interese polo pasado e polo orixe humán en todas as sociedades ao longo da Historia.

CARRERO PAZOS, MIGUEL (Titoría)
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Titoría)
Golpe, guerra e violencia en Galicia. Un estudo sobre os perpetradores e as actitudes sociais en Arteixo (1936-1939)
Autoría
C.L.R.
Grao en Historia
C.L.R.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 10:00
23.07.2024 10:00
Resumo
No presente traballo analízanse varios aspectos dos procesos de violencia desatados a raíz do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Este estudo, enmarcado xeograficamente no concello de Arteixo (A Coruña), céntrase primeiramente en identificar os actores implicados nos asasinatos e en describir as súas traxectorias, así como as dinámicas propias da súa participación nas matanzas. Por outra parte, examínanse tamén os comportamentos e actitudes da sociedade a través da súa participación nos distintos xuízos militares instruídos, coa finalidade de coñecer que papel xogou a cidadanía en relación coa expansión da violencia.

MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Titoría)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
Cagiao Vila, María Pilar (Presidente/a)
LANERO TABOAS, DANIEL (Secretario/a)
BAZ VICENTE, MARIA JESUS (Vogal)
Cagiao Vila, María Pilar (Presidente/a)
LANERO TABOAS, DANIEL (Secretario/a)
BAZ VICENTE, MARIA JESUS (Vogal)
A Represión Franquista na zona de A Coruña
Autoría
A.N.S.
Grao en Historia
A.N.S.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 10:00
23.07.2024 10:00
Resumo
O traballo trata sobre a represión exercida polo réxime franquista dende a vitoria do bando sublevado na Guerra Civil (1936-1939) e a posterior postguerra, centrándose na zona da provincia de A Coruña a partir das diferentes obras que falan sobre a represión sufrida na zona. Para a realización do traballo usáronse diferentes obras bibliográficas sobre a represión, o réxime franquista e a guerra civil; tales coma: artigos sobre a Guerra Civil de Julio Aróstegui, obras coma Lo que han hecho en Galicia: Violencia, represión exilio (1936-1939) coordinado por Jesúsu de Juan López e Julio Prada, onde escriben autores coma Xosé Manuel Núñez, Miguel Cabo ou Emilio Grandío. A metodoloxía empleada para a realización do traballo consistiu na lectura das diferentes obras bibliográficas para a súa posterior selección dos elementos máis acordes cos obxectivos do traballo. O obxectivo principal é recopilar os elementos máis importantes da represión na provincia coruñesa. Con este obxectivo preténdese recopilar os diferentes bandos que se opuxeron a ditadura e os métodos de represión utilizados polo réxime. Resultado obtido é unha análise dos diferentes medios de represión que o rexime franquista utilizou para acabar cos opositores, e tamén unha análise das diferentes forzas que se opuxeron ao réxime na zona de A Courña nos seus inicios.

GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Titoría)
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
Cagiao Vila, María Pilar (Presidente/a)
LANERO TABOAS, DANIEL (Secretario/a)
BAZ VICENTE, MARIA JESUS (Vogal)
Cagiao Vila, María Pilar (Presidente/a)
LANERO TABOAS, DANIEL (Secretario/a)
BAZ VICENTE, MARIA JESUS (Vogal)
Castelos e fortalezas na Castela baixomedieval.
Autoría
A.C.V.
Grao en Historia
A.C.V.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 10:00
23.07.2024 10:00
Resumo
Este traballo pretende revelar o papel dos castelos e fortalezas no control territorial e a súa vinculación co poder político á hora de participar na creación, expansión e consolidación da Coroa de Castela. Para a súa elaboración utilizouse unha ampla e variada bibliografía escrita por diversos expertos. A obra componse de dous apartados principais divididos por subapartados, a través dos cales se realizará unha análise detallada do castelo como elemento arquitectónico característico da Idade Media, das súas diversas tipoloxías, das súas principais funcións e da súa vinculación co poder real e nobiliario, rematando cunha breve explicación do sistema de tenencias. Posteriormente, exporase unha parte da historia do Reino de Castela ocurrida na Baixa Idade Media dende o punto de vista das fortalezas, para comprender a relación das fortificacións con todo o proceso de reconquista dos territorios musulmáns e do crecemento paralelo do reino castelán. O traballo rematará cunhas conclusións a modo de recapitulación, destacando as ideas máis destacadas de cada un dos apartados desta composición, xunto cunha reflexión sobre o castelo da Idade Media.

BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Titoría)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Titoría)
Tribunal
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Secretario/a)
SUAREZ GONZALEZ, ANA ISABEL (Vogal)
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Secretario/a)
SUAREZ GONZALEZ, ANA ISABEL (Vogal)
Rexoubar na Baixa Idade Media: a importancia do chisme na vida cotiá
Autoría
A.C.S.
Grao en Historia
A.C.S.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 10:00
23.07.2024 10:00
Resumo
Do mesmo xeito que as sociedades contemporáneas, as xentes da Baixa Idade Media dedicaban unha parte do seu tempo en partillar rumores e rexoubas sobre outras persoas. A través da literatura baixomedieval e os estudos sobre sociabilidade, este traballo centrarase na presenza que ten o chisme na vida cotiá, o xeito de reprendelo e a súa importancia máis aló do mero divertimento social, converténdose en ocasións nunha proba xudicial. Partindo dunha perspectiva de xénero, demostrarase tamén a equívoca e intencionada asociación que se estableceu entre o chisme e os vicios de mulleres fronte a uns homes que non rexoubaban pero que si murmuraban e maldicían. En todo este armazón, a reputación e a fama serán as principais afectadas por un vicio que chegou a ser considerado pecado mortal a ollos da Igrexa, aínda que en determinadas situacións esta necesitara dos chismes para coñecer aqueles comportamentos impropios dos seus fieis.

Influencia da música subsahariana en Brasil e Colombia desde unha perspectiva de xénero
Autoría
V.B.P.
Grao en Historia da Arte
V.B.P.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
Esta investigación explora a influencia da música africana subsahariana nas paisaxes musicais de Brasil e Colombia, analizada desde unha perspectiva de xénero. Ao examinar as traxectorias históricas e socioculturais destas rexións, a investigación destaca como as tradicións musicais africanas foron preservadas e transformadas a través do comercio transatlántico de escravos. Este patrimonio cultural influíu significativamente no desenvolvemento de xéneros como o samba en Brasil e a champeta en Colombia. O estudo tamén se centra no papel crucial das mulleres nestas tradicións musicais, salientando as súas contribucións á preservación, innovación e resistencia contra estruturas opresivas. A través dunha lente de xénero, a investigación revela como a música serve non só como unha forma de expresión cultural, senón tamén como un medio de resistencia social e política, particularmente para as mulleres afrodescendientes.

Touriñán Morandeira, Laura (Titoría)
Touriñán Morandeira, Laura (Titoría)
Ocaña: teatrillos e transgresións
Autoría
L.B.
Grao en Historia da Arte
L.B.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
Este traballo tratará sobre a figura de José Pérez Ocaña, un artista multidisciplinar cuxos anos máis prósperos de produción artística foron na Barcelona da Transición Española. Despois dun achegamento ao contexto histórico, social e político da época e á biografía do artista, relatarase toda a súa produción artística (incluída a pintura e a interpretación). O groso deste traballo consistirá nun percorrido detallado polas súas actuacións máis coñecidas e interesantes (o que el chamou teatrillos), a maioría das cales teñen lugar na Barcelona dos anos setenta. Estas actuacións serán tratadas para analizar cuestións como a estética de Ocaña, a súa arte situada na fronteira entre a modernidade e a cultura popular, ou responder algunhas preguntas, como se transgrediu as normas impostas polo Estado nacional católico só desde a perspectiva de xénero.

RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Titoría)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Titor do alumno)

Crítica ao ocularcentrismo: A arquitectura occidental fronte á arquitectura doméstica tradicional xaponesa
Autoría
A.D.V.
Grao en Historia da Arte
A.D.V.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
O ocularcentrismo é un fenómeno que a lo longo da historia veu definindo a cultura e a sociedade en diferentes ámbitos a costa de deixar de lado ao resto dos sentidos do corpo humano queconforman asuapercepción.Estefenómenomanifiéstase,dendehaimoito,naarquitectura, polo que logrou modificar e condicionar a relación do home co espazo. A arquitectura, no contexto do auxe do capitalismo e do ocularcentrismo, veuse reducida nas súas posibilidades creativas a un papel de deseño de estruturas-imaxe que logrou alonxar ao ser humano da súa relación co mundo. Como contrapunto a arquitectura doméstica tradicional xaponesa móstrase como exemplo do que debería ser unha arquitectura consciente do seu papel.

MOURE PAZOS, IVAN (Titoría)
MOURE PAZOS, IVAN (Titoría)
Tribunal
MOURE PAZOS, IVAN (Titor do alumno)
MOURE PAZOS, IVAN (Titor do alumno)
Abaixo a autoridade! Arte, manicomio e morte. Unha xenealoxía posible de prácticas artísticas no psiquiátrico de Conxo.
Autoría
P.F.B.
Grao en Historia da Arte
P.F.B.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
O presente traballo pretende abordar tres prácticas artísticas levadas a cabo na institución manicomial compostelá, o Hospital Psiquiátrico de Conxo. Examinaránse fundamentalmente as súas relacións coas institucións psiquiátrica e artística, con taxonomías como a da loucura ou a doenza, e coa historia e idiosincrase do propio centro. Partiráse dunha contextualización histórico-artística, así como dalgunhas nocións teóricas vencelladas á psiquiatría e a tolemia. Tras diso, exploraránse as prácticas e colaboracións cos internos do centro do colectivo de artistas multidisciplinar coruñés A Carón a mediados dos 70, as imaxes tomadas pola fotógrafa catalana Anna Turbau no centro no 1977, e a edición do fanzine Carne Negra, feito polos internos no 2004. Completaráse a análise do obxecto de estudo coas palabras dos internos no sanatorio, extraídas de fontes como correspondencias, diarios persoais ou entrevistas recuperadas.

A cidade de Lugo: a súa historia e unha proposta turística
Autoría
L.I.V.
Grao en Historia da Arte
L.I.V.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
Este traballo analiza os bens culturais romanos de Lugo, cidade galega cun rico patrimonio histórico. Estes monumentos non só reflicten a historia e a arquitectura romanas, senón que tamén reflicten a vida cotiá e as crenzas dos seus antigos habitantes. O patrimonio desta cidade estase a utilizar como reclamo turístico a través de museos, rutas, ou eventos históricos como o Arde Lucus. Estas actividades fomentan os bens culturais e atraen turistas, enriquecendo a oferta turística da cidade, polo que se propón unha ruta turística que percorre os principais puntos de interese romanos, pensada para ofrecer unha experiencia educativa e enriquecedora a nivel internacional e nacional para os turistas.

FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Titoría)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Titor do alumno)

Historia do Cinema Marroquí: La identidade a través do documental da década dos 70.
Autoría
Y.O.A.
Grao en Historia da Arte
Y.O.A.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
O presente traballo de fin de grao céntrase na década dos 70 na historia do cinema marroquí que representa un período crucial para a construción da identidade nacional, especialmente para o xénero documental. Nun contexto tras a independencia, os cineastas marroquís utilizaron o documental como medio para explorar e afirmar a identidade marroquí. Os documentais analizados non só mostran unha narración detallada e matizada de Marrocos, onde a riqueza cultural e a resistencia das tradicións enfróntase á modernización, senón que o enfoque que lle deu ás realidades cotiás e as problemáticas sociais contribuíron na preservación da memoria, establecendo así os cimentos para o desenvolvemento dun marco narrativo e estilístico que influiría nas xeracións futuras de cineastas marroquís.

VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Titoría)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Titoría)
Tribunal
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Titor do alumno)

Arte na catástrofe: o Prestige e as manifestacións artísticas que o seguiron
Autoría
M.R.R.
Grao en Historia da Arte
M.R.R.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
O Prestige supuxo un novo modo de entender a arte en Galicia a comezos do século XXI. As condicións que permiten relacionar o capitalismo actual co petroleiro do que a costa galega foi vítima, tamén axudan a coñecer un pouco máis da política galega, dos procesos de actuación que seguiron á catástrofe medioambiental e das características propias das que podía presumir a produción artística, onde recaeu a meirande parte do impacto social e medioambiental que supuxo o afundimento. O tipo de obra permitía achegarnos a un mundo distópico, un mundo futuro que prometía ser negro da cor do chapapote e igual de escuro e opaco que os órganos representativos da sociedade galega nese momento. A sociedade, mediante o xerme dunha colectividade de protesta, organízase contra as inxustizas que supón enfrontarse a un acontecemento medioambiental destas características, actuando sempre dende o respecto cara as orixes e particularidades socioculturais propias do territorio galego. Os artistas, dos que é común asumir o seu anonimato, transmiten a súa ficción a unha realidade que os necesita, da que beben polo acontecido e, que á vez, acaban por nutrir cos seus resultados.

Arqueoloxías Enxeneradas
Autoría
N.C.R.
Grao en Historia
N.C.R.
Grao en Historia
Data da defensa
20.02.2024 10:00
20.02.2024 10:00
Resumo
través dos conceptos de sexo e xénero xunto con breves explicacións sobre as chamadas Arqueoloxías Enxeneradas -feminista, de xénero e queer- así como unha pequena introdución ao mundo divulgativo - da man da educación, os museos e o cine- do tempo prehistórico establece o contexto perfecto para abrir unha porta ás reflexións e ó debate sobre a teoría de xénero na Prehistoria. Meditarase sobre as fronteiras entre o natural e o cultural así como ata onde se pode chegar a categoría do xénero no estudo histórico e se é susceptible a determinadas cronoloxías.

PRIETO MARTINEZ, MARÍA PILAR (Titoría)
PRIETO MARTINEZ, MARÍA PILAR (Titoría)
Tribunal
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Presidente/a)
CAMAROS PEREZ, EDGARD (Secretario/a)
LOPEZ COSTAS, OLALLA (Vogal)
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Presidente/a)
CAMAROS PEREZ, EDGARD (Secretario/a)
LOPEZ COSTAS, OLALLA (Vogal)
Niveis de vida das clases traballadoras en A Coruña (1900-1936)
Autoría
M.D.C.
Grao en Historia
M.D.C.
Grao en Historia
Data da defensa
20.02.2024 10:00
20.02.2024 10:00
Resumo
Este traballo pon en análise os niveis de vida dos traballadores dunha cidade como é A Coruña dentro dunha etapa de industrialización, mostrándonos así as capacidades e recursos que estes obreiros podían obter dos seus ingresos en salarios, así como o seu poder adquisitivo dos principais bens de consumo, seguindo os prezos dos produtos máis necesarios e consumidos. Dende as fontes estadísticas que nos manifestan estes datos económicos de prezos é salarios, búscase comentar dende un plano social e económico o nivel de subsistencia que unha familia media coruñesa chegaba a ter, tendo en conta as dúas fontes de ingresos principais no matrimonio: o home e a muller, sen deixar de lado o aporte desta última parte, a cal no territorio galego tería unha importancia vital para complementar o do gañador de pan que se lle atribuía ó marido. O feito de centrarse neste terzo inicial do século XX, é ademáis de polo auxe urbano e económico no que viviu a cidade, por coincidir nacional e internacionalmente cun período de vaivéns tamén históricos e sociais como foi o conflito bélico mundial entre 1914 e 1919 e que nos axudan a ver as diferentes evolucións e comparativas co conxunto do panorama español.

MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Titoría)
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Titoría)
Tribunal
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Titor do alumno)

O medo na sociedade do Occidente medieval (séculos XIV-XV)
Autoría
A.R.R.
Grao en Historia
A.R.R.
Grao en Historia
Data da defensa
20.02.2024 10:00
20.02.2024 10:00
Resumo
Durante a baixa Idade Media, a sociedade occidental europea veríase afectada de múltiples formas polo medo. Manifestaríase en momentos determinados onde os perigos existentes supoñerían unha verdadeira ameaza, pero tamén existían temores que se atopaban presentes na vida cotiá da poboación. Isto afectará de maneira determinante no comportamento e na mentalidade dos individuos, que será aproveitado polos grupos sociais e institucións máis poderosos para dominar e controlar a sociedade.
Durante a baixa Idade Media, a sociedade occidental europea veríase afectada de múltiples formas polo medo. Manifestaríase en momentos determinados onde os perigos existentes supoñerían unha verdadeira ameaza, pero tamén existían temores que se atopaban presentes na vida cotiá da poboación. Isto afectará de maneira determinante no comportamento e na mentalidade dos individuos, que será aproveitado polos grupos sociais e institucións máis poderosos para dominar e controlar a sociedade.
Dirección
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titoría)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titoría)
Tribunal
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titor do alumno)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titor do alumno)
A familia Soutomaior.
Autoría
P.C.A.
Grao en Historia
P.C.A.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2024 10:00
20.06.2024 10:00
Resumo
Os Soutomaior foron unha das familias protagonistas da historia baixomedieval galega, así coma o exemplo paradigmático da vida e ideario nobiliario peninsular. Todos os membros da súa liñaxe, en maior ou menor medida, tiveron unha repercusión notable na historia do reino ao ocupar os principais postos de poder político e relixioso, que, a súa vez, conlevaban unha dotación económica fundamental para a supervivencia da casa. O seu control sobre feudos e posesións, férreo e violento, maniféstase a través de poderosas e crueis figuras como as de Pedro Madruga. Amais, na guerra, actuaron como auténticos caudillos que comandaron comandaron aos seus poderosos cabaleiros en conflitos tan impotantes coma o levantamento irmandiño, a guerra de fronteira entre Castela e Portugal, a loita entre señores ou as desputas polo control do reino.
Os Soutomaior foron unha das familias protagonistas da historia baixomedieval galega, así coma o exemplo paradigmático da vida e ideario nobiliario peninsular. Todos os membros da súa liñaxe, en maior ou menor medida, tiveron unha repercusión notable na historia do reino ao ocupar os principais postos de poder político e relixioso, que, a súa vez, conlevaban unha dotación económica fundamental para a supervivencia da casa. O seu control sobre feudos e posesións, férreo e violento, maniféstase a través de poderosas e crueis figuras como as de Pedro Madruga. Amais, na guerra, actuaron como auténticos caudillos que comandaron comandaron aos seus poderosos cabaleiros en conflitos tan impotantes coma o levantamento irmandiño, a guerra de fronteira entre Castela e Portugal, a loita entre señores ou as desputas polo control do reino.
Dirección
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Titoría)
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Titoría)
Tribunal
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
O Vigo medieval sí existiu: probas e retrato.
Autoría
A.C.A.
Grao en Historia
A.C.A.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2024 10:00
20.06.2024 10:00
Resumo
A Historia de Vigo está marcada por unha sonora contemporaneidade. Porén, o propósito deste traballo é achegarnos a unha Idade Media viguesa profundamente silenciada, pero na que xa observamos trazos que marcarán seu futuro. O fío discursivo do presente estudo son toda unha serie de novas que chegaron á actualidade do Vigo medieval, as cales corroboran que este sí existiu e que tivo certa relevancia en distintos aspectos. Ante unha evidente escaseza de documentación deste período a tratar, tórnanse chaves outras vías informativas tales como a toponimia, a Arqueoloxía ou a Arte, as cales contribúen a alumear uns séculos vigueses profundamente descoñecidos e pouco valorados. Asemade, aínda que temos notorios baleiros informativos do Medievo vigués, os testemuños, estudos e autores cos que contamos permítennos construír unha idea da conformación, características, habitantes, señores, sucesos e vestixios daquel Vigo medieval. O asentamento baixoimperial non morreu no século V e renaceu na Idade Moderna, porque, como veremos, a cidade olívica do 2024 non sería como é sen aqueles mil anos de Historia.

Sociedade, producción e poder no entorno dun dominio monástico: o mosteiro de Caaveiro entre os séculos XI e XIII.
Autoría
V.E.G.
Grao en Historia
V.E.G.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2024 10:00
20.06.2024 10:00
Resumo
As institucións eclesiásticas foron núcleos de gran poder e presencia na sociedade e territoria da Idade Media galega. Neste traballo examinaremos o impacto que o dominio do mosteiro de Caavaeiro tivo no seu entorno entre os séculos XI e XIII. Analizaremos, dende as referencias da historiografía existente, e dende un vaciado de fontes editadas, o seu proceso de expansión, as implicacións que tivo o asentamento do seu coto, e as relacións cos demáis axentes do entorno. Un proceso e institución a través do cal atenderemos a manifestación das relacións feudais na sociedade da Galicia medieval.
As institucións eclesiásticas foron núcleos de gran poder e presencia na sociedade e territoria da Idade Media galega. Neste traballo examinaremos o impacto que o dominio do mosteiro de Caavaeiro tivo no seu entorno entre os séculos XI e XIII. Analizaremos, dende as referencias da historiografía existente, e dende un vaciado de fontes editadas, o seu proceso de expansión, as implicacións que tivo o asentamento do seu coto, e as relacións cos demáis axentes do entorno. Un proceso e institución a través do cal atenderemos a manifestación das relacións feudais na sociedade da Galicia medieval.
Dirección
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titoría)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titoría)
Tribunal
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
Interrogando o ‘Libro de privilegios y donaciones’ do mosteiro de Toxosoutos: unha nova perspectiva.
Autoría
I.L.A.L.
Grao en Historia
I.L.A.L.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2024 10:00
20.06.2024 10:00
Resumo
Os cartularios son fontes fundamentais para os estudos medievais; cómpre aproximarse a eles non só coma contedores de texto senón tamén coma códices. Analizándoos dende as Ciencias e Técnicas Historiográficas faise posible abordar cuestións que se estenden alén da información recollida nos “orixinais” copiados neles. O cartulario do mosteiro de Santos Xusto e Pastor de Toxosoutos (AHN, Códices, L. 1002) semella, a primeira vista, un exemplar ben coñecido. Porén, un achegamento a el dende a codicoloxía e a diplomática permite descubrir aspectos até agora ignorados.
Os cartularios son fontes fundamentais para os estudos medievais; cómpre aproximarse a eles non só coma contedores de texto senón tamén coma códices. Analizándoos dende as Ciencias e Técnicas Historiográficas faise posible abordar cuestións que se estenden alén da información recollida nos “orixinais” copiados neles. O cartulario do mosteiro de Santos Xusto e Pastor de Toxosoutos (AHN, Códices, L. 1002) semella, a primeira vista, un exemplar ben coñecido. Porén, un achegamento a el dende a codicoloxía e a diplomática permite descubrir aspectos até agora ignorados.
Dirección
SUAREZ GONZALEZ, ANA ISABEL (Titoría)
SUAREZ GONZALEZ, ANA ISABEL (Titoría)
Tribunal
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
Morte e sociedade na Galicia baixomedieval: ideas e materialidade no mundo urbano.
Autoría
C.C.C.
Grao en Historia
C.C.C.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2024 10:00
20.06.2024 10:00
Resumo
A morte é unha das maiores preocupacións do ser humano dende os seus inicios, constituíndo unha variable que marca de forma substancial os ritmos sociais a través do tempo. Dende esta perspectiva de inquedanza intrínseca dos individuos e das sociedades, no presente traballo, analizarei a relación entre a morte e a sociedade da Galicia baixomedieval no ámbito urbano. Para iso farei un percorrido que trace unha liña para comprender a construción social, a identidade e os imaxinarios colectivos da época. O corpo do traballo está marcado por unha relación directa entre as ideas e a materialidade da morte; analizando o xeito en que as crenzas, os medos e as atitudes se demostran a través do material (na literatura testamentaria, nos ritos e na arte fúnebre galega). Para isto, partirei dunha metodoloxía marcada pola liña historiográfica da historia social das mentalidades, conformando un traballo de corte interdisciplinar que ofrecerá unha lectura transversal de cuestións históricas, antropolóxicas, teolóxicas e sociolóxicas. A maiores, a relación deste concepto nun plano espacial e cronolóxico, permitirá, a través das diferentes tradicións historiográficas, desenvolver unha análise en profundidade do xeito en que as ideas se materializan na sociedade, e cal é a tradición histórica que sustenta a concepción da morte no tempo e espazo de estudo.

Un ramo republicano cada 12 de novembro. O recordo vivo dos Adrio.
Autoría
M.A.N.
Grao en Historia
M.A.N.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2024 16:00
20.06.2024 16:00
Resumo
O 12 de novembro de 1936, en Pontevedra, dez persoas foron asasinadas pola violencia golpista. Pódese pensar que as únicas vítimas dese día foron os asasinados, pero a violencia foi máis alá, polo que cabe preguntarse se tamén se debería incluír baixo esta denominación ao colectivo das familias. Así, poñendo o foco nunha delas, a dos Adrio; e a partir de fontes diversas como entrevistas e memorias dos protagonistas, non só se tratará como a violencia dos perpetradores perdurou durante varias xeracións; senón que tamén se abordará a cuestión da memoria e de como esta se manifestou de distintas formas en función da violencia exercida previamente en cada rama familiar. Nalgunhas, o medo iría aparellado do silencio, pero noutras, a memoria sempre estaría presente. É por iso, polo que cada 12 de novembro dende o final do franquismo, varias tumbas do cemiterio de San Amaro reciben ramos de flores de cores que forman a bandeira da República; unhas flores, que non só representan a defensa da legalidade política que lle costou a vida a miles de persoas, senón que tamén son mostra de que a memoria non morreu con elas.

O Holocausto baixo a mirada dos nenos
Autoría
L.A.E.
Grao en Historia
L.A.E.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2024 16:00
20.06.2024 16:00
Resumo
A historiografía abordou cumpridamente o tema do Holocausto pero prestou menos atención aos nenos. Este traballo proponse explorar como estes percibiron e documentaron o xenocidio xudeu a través dos seus diarios e debuxos. Examinaranse diversos aspectos, como as políticas antisemitas, a Solución Final e a vida cotiá nos campos de concentración e exterminio. Ademais, analizarase como se lembra o Holocausto na actualidade tanto en contextos oficiais como en institucións e museos, así como na cultura popular, a través de películas.

Populismo e cultura política en Perú. Análise dos episodios e historia política no século XX. O goberno dos poucos e o xogo coas maiorías.
Autoría
L.D.A.
Grao en Historia
L.D.A.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2024 16:00
20.06.2024 16:00
Resumo
O presente traballo busca reabrir o debate na análise política dos pasados gobernos e réximes da América Latina contemporánea, nos cales o concepto de populista se aceptou como adxetivo para definir os liderados de grande parte dos modelos políticos que se instauraron no continente. Nas seguintes páxinas escollemos o Perú do século XX para analizar este fenómeno, as súas implicacións e os episodios máis destacados que poden confirmar o populismo como unha práctica ben acollida dentro (e fóra) das fronteiras do país. Así, analizaremos as características do populismo, a historia política peruana e finalmente os encontros entre o concepto e a realidade.

REY TRISTAN, EDUARDO (Titoría)
REY TRISTAN, EDUARDO (Titoría)
Tribunal
Cagiao Vila, María Pilar (Presidente/a)
LANERO TABOAS, DANIEL (Secretario/a)
BAZ VICENTE, MARIA JESUS (Vogal)
Cagiao Vila, María Pilar (Presidente/a)
LANERO TABOAS, DANIEL (Secretario/a)
BAZ VICENTE, MARIA JESUS (Vogal)
Alfredo o Grande: O arquitecto da Inglaterra medieval e o seu legado
Autoría
P.F.F.
Grao en Historia
P.F.F.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 10:00
23.07.2024 10:00
Resumo
Alfredo, alcumado o Grande, naceu arredor do ano 850 e non sería ata o ano 871 que se convertería en rei de Wessex, cargo que conservaría ata a súa morte no 899. Durante o seu mandato tívose que facer frontes ás incursións nórdicas que ameazaban coa conquista dos reinos anglosaxóns. Alfredo logrou frear a este continxente invasor mediante reformas militares é a formulación de acordos cos líderes viquingos. No transcurso do seu goberno tamén se levaron a cabo outros proxectos reformistas como son o político e o cultural; o primeiro ía no senso da compilación dun código legal para a organización da sociedade, o Domboc. Pola súa parte as reformas culturais buscaban a educación e formación do pobo inglés mediante o recrutamento de homes cultos que se encargarían da tradución ao inglés dunha serie de obras clave como a Historia eclesiástica de Beda. A importancia de Alfredo non radica só nas súas numerosas reformas que promoveu, xa que é unha figura de grande importancia na consolidación do sentimento nacional de Inglaterra, que acabaría por levar a súa unificación. Finalmente, co paso do tempo podemos observar na historiografía como a figura deste rei vai variando ao longo dos períodos, sendo o momento de maior apoxeo na época vitoriana mentres que na actualidade a súa figura unicamente foi rescatada polo auxe da temática nórdica nos produtos audiovisuais.

Arqueoloxía cognitiva do simbolismo
Autoría
A.L.R.L.
Grao en Historia
A.L.R.L.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 12:00
23.07.2024 12:00
Resumo
O Diccionario da Real Academia Española define Arte como Manifestación da actividade humana a través da cal se interpreta o que é real ou se plasma o que se imaxina con recursos plásticos, lingüísticos ou sonoros. Cales son, polo tanto, as implicacións de manifestar, de actividade, de plasmar? Que son reais, imaxinarios ou lingüísticos? Que é humano? Abordaremos nesta memoria estas cuestións relacionadas para tentar esclarecer a natureza, intención e finalidade das expresións gráficas da prehistoria que nos chegaron co nome de arte e que representan un paradigma para a proxección, estudo e coñecemento do xénero Homo e a súa pegada ao longo do tempo. Determinar que información podemos obter deles, máis aló da evidencia directa, a través do estudo cognitivo de diversos achados será o fío condutor do traballo para esclarecer o que significou para as comunidades relacionadas cos fitos a estudar así como as capacidades e implicacións inherentes ao feito mesmo de establecer unha determinada pegada. Para cumprir este obxectivo, centraremos a análise nun patrón ideomórfo xeométrico formado por liñas paralelas entrecruzadas ou cuadrícula que foi perfeccionando e variando a súa morfoloxía no tempo e no espazo da mesma forma que o seu significado.

FABREGAS VALCARCE, RAMON (Titoría)
FABREGAS VALCARCE, RAMON (Titoría)
Tribunal
SANCHEZ PARDO, JOSE CARLOS (Presidente/a)
Díaz Rodríguez, Mikel (Secretario/a)
LOMBAO VAZQUEZ, DIEGO (Vogal)

Estudo de industria ósea do Paleolítico superior cantábrico. A colección da Universidade de Santiago de Compostela.
Autoría
A.R.H.
Grao en Historia
A.R.H.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 12:00
23.07.2024 12:00
Resumo
Este traballo presenta unha análise da industria ósea paleolítica que se atopa na colección da Universidade de Santiago de Compostela. Este material, procedente de excavacións antigas nas covas de El Castillo, El Valle e El Pendo, compleméntase con pezas inéditas descubertas nas excavacións recentes de El Pendo. O estudo deste conxunto a través dunha metodoloxía actual, permite revisar e actualizar o coñecemento herdado das excavacións antigas. Deste modo, establécense relacións cos contextos arqueolóxicos de orixe e vincúlanse cos estudos tecnolóxicos da industria ósea na investigación actual. Culminando nun traballo orixinal, con achados inéditos, que pon en valor o material arqueolóxico.
Este traballo presenta unha análise da industria ósea paleolítica que se atopa na colección da Universidade de Santiago de Compostela. Este material, procedente de excavacións antigas nas covas de El Castillo, El Valle e El Pendo, compleméntase con pezas inéditas descubertas nas excavacións recentes de El Pendo. O estudo deste conxunto a través dunha metodoloxía actual, permite revisar e actualizar o coñecemento herdado das excavacións antigas. Deste modo, establécense relacións cos contextos arqueolóxicos de orixe e vincúlanse cos estudos tecnolóxicos da industria ósea na investigación actual. Culminando nun traballo orixinal, con achados inéditos, que pon en valor o material arqueolóxico.
Dirección
CAMAROS PEREZ, EDGARD (Titoría)
CAMAROS PEREZ, EDGARD (Titoría)
Tribunal
SANCHEZ PARDO, JOSE CARLOS (Presidente/a)
Díaz Rodríguez, Mikel (Secretario/a)
LOMBAO VAZQUEZ, DIEGO (Vogal)
SANCHEZ PARDO, JOSE CARLOS (Presidente/a)
Díaz Rodríguez, Mikel (Secretario/a)
LOMBAO VAZQUEZ, DIEGO (Vogal)
Brigantium, unha análise xeral no contexto do Golfo Ártabro
Autoría
X.B.D.R.
Grao en Historia
X.B.D.R.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 10:00
23.07.2024 10:00
Resumo
O traballo tenta ofrecer unha visión ampla e contextualizada de Brigantium (a Coruña actual) ao longo da súa historia romana. Deste xeito, ofrécense, de forma sintética, as características esenciais dos que considero os procesos e trazos distintivos da poboación. A saber, a súa particular localización e xeografía física, o seu papel e posición na xerarquía das poboacións galaico-romanas, a súa orixe e fundación, a síntese dos principais restos atopados a nivel arqueolóxico, o establecemento das súas características económicas, sociais e culturais e a súa evolución xeral ao longo dos séculos. Todo o dito pretende presentar unha visión xeral da Coruña romana e, polo tanto, evita enfoques e posturas categóricas, procurando en todo caso sinalar as principais incógnitas, debates e consensos ao respecto. Por último, considero moi útil que toda a información estea contextualizada, polo que, a tal efecto, presento tamén unha visión xeral (obviamente máis xeral que a de Brigantium) do contexto ártabro, un ámbito xeográfico claramente individualizado que pode servir de refrendo ou contraste de dinámicas e características dun Brigantium que forma parte integrante do devandito espazo do noroeste galaico. Evidentemente, na medida do posible, o traballo busca unha contextualización máis ampla, sempre necesaria, pero, en todo caso, o Golfo Ártabro é o espazo preferente para as comparacións presentadas dado o alcance e o enfoque do mesmo.

A participación dos gremios nas festividades públicas da Idade Moderna: prestixio institucional a través da cultura popular
Autoría
L.G.C.
Grao en Historia
L.G.C.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 12:00
23.07.2024 12:00
Resumo
Os gremios constituíron un dos elementos fundamentais da vida urbana da Idade Moderna, non só no relativo ao mundo laboral, senón tamén no que á sociabilidade se refire. Á súa vez, os gremios conformaban identidades de grupo, froito desa mesma sociabilidade, unhas identidades intensificadas grazas á súa participación en festas públicas que, aínda obrigada, constituía unha oportunidade para exaltar o propio prestixio e poder do gremio sobre as outras institucións. En consecuencia, o conflito entre as institucións era unha constante nas celebracións públicas, o que caracterizou a participación dos gremios, xunto ca posta en escena de elementos celebrativos vinculados á cultura popular. Así, o presente traballo aborda a participación das corporacións gremiais nos festexos públicos da Idade Moderna, especialmente na España dos séculos XVII e XVIII, tratando de abordar as cuestións anteriores, xunto co papel desempeñado polos gremios nas mesmas.

SAAVEDRA VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Secretario/a)
GONZALEZ LOPO, DOMINGO LUIS (Vogal)

Lei, fogar e relixión. O matrimonio na península Ibérica na baixa Idade Media
Autoría
A.G.A.
Grao en Historia
A.G.A.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 10:00
23.07.2024 10:00
Resumo
Ao longo do presente traballo analizaremos o matrimonio, as súas formas e consolidación na sociedade peninsular dos séculos XIV e XV, considerando o modo en que transcendeu na súa consideración dunha simple unión ata converterse nun piar fundamental do núcleo familiar e unha representación da relación entre a Igrexa e Deus na vida cotiá. O traballo realizarase desde unha perspectiva esencialmente social, investigando as implicacións das estruturas familiares impostas na forma de vida e mentalidades da península Ibérica nos últimos séculos medievais. Analizarase, así, o seu proceso de lexitimización dende o ámbito relixioso ata o plano lexislativo, profundando nos diferentes contextos da baixa Idade Media peninsular para comprender as implicacións sociais e económicas desta unión. E igualmente, examinaranse os dereitos e obrigas asociadas ao matrimonio e as oportunidades e desafíos que enfrontan os individuos tras a disolución da devandita unión, orixinalmente concibida como sacra e indisoluble.
Ao longo do presente traballo analizaremos o matrimonio, as súas formas e consolidación na sociedade peninsular dos séculos XIV e XV, considerando o modo en que transcendeu na súa consideración dunha simple unión ata converterse nun piar fundamental do núcleo familiar e unha representación da relación entre a Igrexa e Deus na vida cotiá. O traballo realizarase desde unha perspectiva esencialmente social, investigando as implicacións das estruturas familiares impostas na forma de vida e mentalidades da península Ibérica nos últimos séculos medievais. Analizarase, así, o seu proceso de lexitimización dende o ámbito relixioso ata o plano lexislativo, profundando nos diferentes contextos da baixa Idade Media peninsular para comprender as implicacións sociais e económicas desta unión. E igualmente, examinaranse os dereitos e obrigas asociadas ao matrimonio e as oportunidades e desafíos que enfrontan os individuos tras a disolución da devandita unión, orixinalmente concibida como sacra e indisoluble.
Dirección
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titoría)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titoría)
Tribunal
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
A Revolución Sandinista dende a perspectiva da prensa española. O caso de La Vanguardia
Autoría
S.M.R.
Grao en Historia
S.M.R.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 10:00
23.07.2024 10:00
Resumo
A Revolución Sandinista foi unha fase vital na historia de Nicaragua e de Centroamérica. Este traballo trata de observar o seguimento do conflito por parte do diario español La Vanguardia. O marco temporal a abarcar estará comprendido dende a caída do goberno de Zelaya, en 1909, ata as elecións de 1990. Comezaremos o traballo contextualizando os comezos da relación Nicaragua-EE. UU. a inicios do século XX, seguindo a súa evolución ao longo do tempo, comparándoa e comentándoa con artigos de La Vanguardia da mesma época, de maneira que nos axude a examinar a actitude e ideoloxía sandinista, e a perspectiva do periódico español. Trataremos tamén os primeiros anos do goberno sandinista, expoñendo os sucesos inmediatos ao seu establecemento, ademáis da súa posición internacional, punto no que destacaremos a súa relación con Cuba e a guerra coas Contras, rematando o traballo coa chamada teoloxía da liberación, destacando a visita de Xoan Pablo II en Nicaragua.

RICO BOQUETE, EDUARDO (Presidente/a)
BARCA , STEFANIA (Secretario/a)
REY TRISTAN, EDUARDO (Vogal)
RICO BOQUETE, EDUARDO (Presidente/a)
BARCA , STEFANIA (Secretario/a)
REY TRISTAN, EDUARDO (Vogal)
A pulsión de morte nas súas imaxes Bellmer entre o perverso e o sinistro freudiano
Autoría
C.C.L.
Grao en Historia da Arte
C.C.L.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.06.2024 10:00
20.06.2024 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) ten como obxectivo principal estudar os conceptos freudianos do sinistro e o perverso a través da análise da obra de Hans Bellmer. A hipótese principal consiste en afirmar que as bonecas de Bellmer, que descompoñen e fusionan o corpo feminino, expresan a pulsión de morte freudiana a través da estética do perverso e sinistro. Tamén se formula a cuestión de se o uso do sinistro e o perverso na arte pode ser unha ferramenta de subversión e revolución ao desafiar as normas sociais, morais e estéticas e crear inquedanza e perturbación.

LOPEZ SILVESTRE, FEDERICO ANTONIO (Titoría)
LOPEZ SILVESTRE, FEDERICO ANTONIO (Titoría)
Tribunal
GARBAYO MONTABES, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Secretario/a)
NOGUEIRA OTERO, XOSE (Vogal)

Santa María de Mezonzo: análise histórico-artística da igrexa e o seu mosteiro
Autoría
M.A.R.
Grao en Historia da Arte
M.A.R.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2024 10:00
19.06.2024 10:00
Resumo
Neste traballo preténdese estudiar dende unha aproximación ao seu contexto histórico a análise histórico-artística da fábrica e os seus vestixios das dependencias monacais. Así mesmo, plantease o estudio das súas etapas constructivas a partir dunha comparativa con outros templos que comparten semellanzas na súa planimetría e alzados. Por último, proponse unha hipótese da súa organización monacal tendo en conta as escasas noticias, os estudos arqueolóxicos e a fortuna do conxunto monástico durante a desamortización e as intervencións en época contemporánea.

FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Titoría)
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Titoría)
Tribunal
CENDON FERNANDEZ, MARTA (Presidente/a)
RODRIGUEZ PORTO, ROSA MARIA (Secretario/a)
CHAO CASTRO, DAVID (Vogal)

Stencil: A irrupción da plantilla na arte urbana. Unha viaxe a través de dúas figuras representativas
Autoría
F.L.B.G.
Grao en Historia da Arte
F.L.B.G.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2024 10:00
19.06.2024 10:00
Resumo
A finais dos anos 60 apareceu unha nova forma de expresión artística xurdida do descontento social da chamada clase baixa en cidades como Nova York e Filadelfia. Moitos mozos, procedentes dese estrato social, encontraron nos muros e vagóns de metro unha saída para expresar as súas ideas e mensaxes. Nos anos 70 e 80, os artistas buscaban ser recoñecidos a nivel mundial, o que levou a que o graffiti tradicional evolucionase ao postgraffiti. Este traballo céntrase no análisis do stencil (estarcido), práctica artística utilizada por moitos creadores para propagar as súas mensaxes sociais e artísticas, compatible cunha execución rápida que podería evitar as consecuencias dunha orde punitiva que todavía conleva dita práctica. Para esta aproximación centrarémonos en dous figuras representativas do contexto internacional e español: Blek le Rat, un dos grandes representantes do stencil comezou a realizar as súas famosas ratas en París nos 70, ata chegar a realizar pezas de tamaño real por medio desta práctica. Outro artista que tamén deu rienda solta á súa imaxinación por medio de esta técnica foi Bàlu, o cal mestura o stencil con outras técnicas artísticas como o collage, a performance ou o Ready-Made, crean obras únicas e irrepetibles.

A proposta estética dos Bridgerton: Realidade ou ficción
Autoría
R.D.C.
Grao en Historia da Arte
R.D.C.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.06.2024 10:00
20.06.2024 10:00
Resumo
Neste traballo académico adentraremos, en concreto, na historia da moda da rexencia inglesa (1811-1820), a través da famosa serie de Netflix Los Bridgerton. O obxetivo deste traballo consiste en elaborar unha análise e unha comparación da vestimenta da época a rexencia inglesa, sobre a indumentaria da serie, a análise da teoría da cor de cada familia e nas inspiracións da dirección do vestuario da serie na literatura de Jane Austen, as casas de moda como Dior,Chanel e Givenchy; e incluso coas figuras do Hollywood dos anos 50 e 60: Grace Kelly e Audrey Hepburn. Na moda moda actual a serie conseguiu que estea de moda as estéticas como o regency core con propio impacto no haute couture e na fast fashion.

DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Titoría)
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Titoría)
Tribunal
GARBAYO MONTABES, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Secretario/a)
NOGUEIRA OTERO, XOSE (Vogal)
GARBAYO MONTABES, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Secretario/a)
NOGUEIRA OTERO, XOSE (Vogal)
Quando á ó meu Señor Deus apronveer de me receber esta miña alma para si: A escultura funeraria feminina na Galiza baixomedieval.
Autoría
G.E.R.
Grao en Historia da Arte
G.E.R.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Coa instauración en Galiza dunha nova nobreza enriqueña terá lugar unha democratización dos sepulcros con xacente, ata entón monopolio da realeza, que pasarán a ser empregados pola nova nobreza trastamarista. Esta elite verá nas súas sepulturas un modo de reafirmación da nobreza recentemente adquirida a través da memoria máis alá da morte, deixando así constancia da pertenza a unha liñaxe poderosa mediante obras para a posteridade. Emulando á vella nobreza e á monarquía, don Fernán Pérez de Andrade introducirá elementos novidosos na sepultura da súa finada esposa, dona Sancha Rodríguez, a finais do século XIV. Esta tumba será tomada como modelo nos cen anos posteriores por mulleres da nobreza e puxante burguesía urbana para a realización dos seus sepulcros de lucelo e laudas respectivamente, dando lugar a dúas tendencias diferenciadas: así, as damas nobres tomarán do sepulcro betanceiro a xacente de tradición litúrxica, mentres que as burguesas adoptarán o característico tocado de rollos. Estas tipoloxías non estancas serán substituídas por un novo modelo a finais do século XV, dando paso a sepulcros de damas con efixies que estilan roupas monxiles, máis acordes coas ideas de moderación cristiá ante os excesos da época.

Só o que non ten identidade sobrevive. Manifestacións artísticas no espazo público durante a última ditadura arxentina.
Autoría
A.F.C.
Grao en Historia da Arte
A.F.C.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2024 10:00
19.06.2024 10:00
Resumo
Nun contexto como o da ditadura arxentina (1976-1983), a censura e o control militar tamén dominaban no ámbito artístico. Neste traballo preténdese aprofundar na creación colectiva da sociedade arxentina nun momento de expresión coartada, tanto individual como colectiva. Para iso, estruturarase en dous grandes bloques temáticos. Por un lado, as manifestacións relacionadas cos DD.HH. Polo outro, a colectividade representada a través da música e os seus concertos multitudinarios. En relación cos DD.HH., analizaranse as expresións arredor do grupo de Nais de Plaza de Mayo, as cales buscaban facer visibles as súas demandas na escena social. Para conseguir iso, fronte á desaparición dos seus fillos, elas apostarán pola visibilidade a través das súas reunións en público, ben facendo presentes aos que non están a través dos manifestantes, ben facéndose ver elas mesmas. No que respecta á colectividade representada a través da música, os concertos son concebidos como foco de resistencia fronte a unha ditadura que vía aos mozos como subversivos. Estas reunións multitudinarias eran vistas polos seus participantes como lugares de encontro contraculturais nos que reconfirmar unha identidade colectiva. A identidade que o réxime estaba borrando. Con todo isto, a través destes dous grupos analizaranse exemplos que teñen en común o emprendemento colectivo. A distancia entre obra-suxeto, no primeiro caso, e entre artista-audiencia, no segundo caso, dilúese para crear unha obra colaborativa. A multitude apropia-se, modifica e resignifica o que, nun primeiro momento, foi creado como unha obra de arte individualizada. Así, desta maneira, nun contexto de represión, secuestros, asasinatos e terror, só o que non ten identidade sobrevive.

DE LLANO NEIRA, PEDRO (Titoría)
DE LLANO NEIRA, PEDRO (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
LOPEZ CALDERON, CARME (Secretario/a)
MOURE PAZOS, IVAN (Vogal)

A reivindicación da forma: cartelería e xoiaría. Arte público no Art Nouveau francés.
Autoría
L.G.F.
Grao en Historia da Arte
L.G.F.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2024 10:00
19.06.2024 10:00
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo o estudo do arte público no Art Nouveau francés, a través de dúas vertentes esenciais: a cartelería y a xoiaría. Expoñerase no primeiro apartado un contexto xeral que nos axude a entender a creación deste novo arte, facendo fincapé nos seus respectivos anos de declive e resurrección que traen consigo o nacemento dunha nova clase social e forma de entender as artes. O segundo punto está relacionado cas influencias do mesmo, estudando o arte islámico, gótico, japonés, barroco, rococó e simbolista. Un terceiro apartado sintetiza os antecedentes xerais do Art Nouveau, a través de figuras como Morris ou Ruskin cuxas teorías afectarán ao, tamén tratado, Arts and Craft. Os seguintes puntos presentan as características da cartelería propia de Eugéne Grasset, Tolouse-Lautrec e Alphonse Mucha como principais representantes situados na Francia do momento, centrándose nas súas diferenzas como creadores dun arte propio e distinguido desde uns cementos similares. Posteriormente darase paso ó analise da xoiaría de George Fouquet e René Lalique, tratando a idea da revalorización da figura do xoieiro e a realización dun novo arte centrado nas formas. Finalmente, no último apartado, realizarase unha conclusión comparativa na que se estudarán as semellanzas e diferenzas entre eles e a súa posterior influencia no arte máis actual.

PEREZ VARELA, ANA (Titoría)
PEREZ VARELA, ANA (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
LOPEZ CALDERON, CARME (Secretario/a)
MOURE PAZOS, IVAN (Vogal)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
LOPEZ CALDERON, CARME (Secretario/a)
MOURE PAZOS, IVAN (Vogal)
Allah como único Al-Musawwir (Moldeador) y Al-Khaliq (Creador) de formas en la estética islámica
Autoría
N.I.A.
Grao en Historia da Arte
N.I.A.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
El presente trabajo pretende analizar las formas del lenguaje artístico islámico con una perspectiva no sólo histórica, sino también coránica y filosófica. Uno de los objetivos más importantes del mismo es demostrar que la figuración existe en la estética artística islámica, que no existe aleya, hadith o precepto prohibitivo sobre la misma, basado en cuestiones estéticas, filosóficas y teológicas. Desmontar el mito que incluso al propio musulmán o musulmana le extrañaría que las representaciones figurativas no están prohibidas; la controversia se matiza en cómo las representan y qué forma de pensamiento se había ido interiorizando en la mente de los artistas, conociendo así los propios términos estéticos árabes.

BARRAL RIVADULLA, Mª DOLORES (Titoría)
BARRAL RIVADULLA, Mª DOLORES (Titoría)
Tribunal
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Presidente/a)
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Secretario/a)
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Vogal)
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Presidente/a)
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Secretario/a)
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Vogal)
Recepción do proceso curatorial na España da década dos 90: Carmen Giménez, Mar Villaespesa e Gloria Moure
Autoría
N.C.V.
Grao en Historia da Arte
N.C.V.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
21.06.2024 10:00
21.06.2024 10:00
Resumo
O presente traballo establece un estudo da recepción dos proxectos curatoriais realizados en España na década dos noventa, a partir de tres exposicións organizadas por tres comisarias españolas como son Carmen Giménez, Mar Villaespesa e Gloria Moure, figuras clave no desenvolvemento do traballo do comisario de exposicións polo impacto tanto das súas exposicións como dos seus discursos. Para acadar o obxectivo desexado, establécese unha análise tanto do discurso arredor do que se conforman como do seu proxecto expositivo, que permita establecer coñecementos da relevancia que tiveron tanto no ámbito cultural e no desenvolvemento dos procesos curatoriais en España, como en relación co ámbito sociopolítico, a súa importancia nas institucións onde se realizaron e no desenvolvemento de novos discursos críticos e novos pensamentos na España de finais de século.

DE LLANO NEIRA, PEDRO (Titor do alumno)
DE LLANO NEIRA, PEDRO (Titor do alumno)
Distribución da pobreza na cidade de Santiago de Chile
Autoría
L.F.F.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
L.F.F.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Data da defensa
19.06.2024 12:00
19.06.2024 12:00
Resumo
Chile é coñecido como unha das economías máis sólida de América Latina. Os datos do país son moi positivos nun sentido económico. Sen embargo estas boas cifras económicas, agochan o descontento dunha gran parte da poboación debido as consecuencias dun sistema económico neoliberal herdado da ditadura de Pinochet, onde a privatización de servizos xerou unha desigualdade no acceso a educación, saúde, vivenda e transporte. Unha desigualdade e fenda entre clases que os diferentes gobernos democráticos non conseguiron corrixir. O Estalido Social do ano 2019 mostrou esta situación, provocando un cambio de goberno, e propiciou o comezo dun proceso constituínte que continúa na actualidade. O obxectivo deste traballo, a través do exemplo da capital do país, é demostrar que a realidade económica agocha profundas desigualdades, e como os datos económicos nacionais non reflexan a triste realidade dunha das maiores metrópoles de América Latina. A oportunidade de realizar un ano de intercambio en Santiago de Chile fixo posíbel coñecer en profundidade a realidade do chilena. Con esta investigación queremos facer visíbeis as desigualdades económicas na capital do país, Santiago de Chile. Para isto describirase como se implantaron as políticas neoliberais e como as mesmas desembocaron no actual sistema; farase unha análise da situación económico-social mediante consultas a datos oficiais e enquisas a cidadáns; e explicaranse as resistencias contra o cambio en Chile e as loitas a favor visualizando os principais actores desta dicotomía.

SANTOS SOLLA, XOSE MANUEL (Titoría)
López Rodríguez, Ramón Cotitoría
SANTOS SOLLA, XOSE MANUEL (Titoría)
López Rodríguez, Ramón Cotitoría
Tribunal
DURAN VILLA, FRANCISCO RAMON (Presidente/a)
PIÑEIRO ANTELO, MARIA DE LOS ANGELES (Secretario/a)
ALDREY VAZQUEZ, JOSE ANTONIO (Vogal)

SS-Einsatzgruppen: os escuadróns da morte de Hitler
Autoría
J.C.L.
Grao en Historia
J.C.L.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2024 18:00
19.06.2024 18:00
Resumo
O 22 de xuño de 1941, Hitler iniciou a chamada Operación Barbarroxa. Así comezou o conflito xermano-soviético, que desembocou nunha guerra total na que se enfrontaron millóns de combatentes e producíronse algúns dos episodios máis cruentos da historia da humanidade. O máis coñecido sen dúbida foi o Holocausto xudeu. O primeiro que se nos ocorre ao pensar nel son os campos de concentración nazis, esquecendo que antes se produciu unha violencia máis persoal, na que os agresores se viron cara a cara coas súas vítimas e realizaron fusilamentos en masa. Este papel foi asumido polos chamados SS-Einsatzgruppen, unhos grupos de despregamento cuxo obxectivo era pór fin a posibles revoltas promovidas polos xudeus e que acabaron por converterse na primeira fase da chamada Solución Final. O obxectivo deste traballo é analizar quen eran estes homes, cales foron as súas motivacións e que consecuencias psicolóxicas supuxeron as súas accións. Todo isto irá acompañado dun breve repaso das súas actividades e actuacións, así como dunha explicación de cal era a súa misión e o seu modo de actuación.

NUÑEZ SEIJAS, XOSE MANOEL (Titoría)
NUÑEZ SEIJAS, XOSE MANOEL (Titoría)
Tribunal
RICO BOQUETE, EDUARDO (Presidente/a)
BARCA , STEFANIA (Secretario/a)
REY TRISTAN, EDUARDO (Vogal)
RICO BOQUETE, EDUARDO (Presidente/a)
BARCA , STEFANIA (Secretario/a)
REY TRISTAN, EDUARDO (Vogal)
A feligresía de San Lourenzo de Fornelos de Montes a través do Catastro de Ensenada
Autoría
I.B.P.
Grao en Historia
I.B.P.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2024 10:00
20.06.2024 10:00
Resumo
O presente traballo pretende mostrar a realidade dunha pequena feligresía do interior pontevedrés, San Lourenzo de Fornelos de Montes, utilizando como fonte principal os documentos realizados a propósito do Catastro de Ensenada, pois estes permiten obter unha visión xeral sobre como era a vida en dito territorio. Así, tras unha breve introdución acerca da aparición e obxectivos do Catastro e da súa aplicación no Reino de Galicia, pásase a contextualizar a parroquia no seu núcleo máis inmediato: a xurisdición de Soutomaior. Finalmente, empregando as Respuestas Generales como guía explícase cal é a situación do sector agropecuario na zona, facendo especial fincapé na declaración dos ferrados, onde se aprecian algunhas irregularidades. Á hora de tratar a sociedade é posible facer un resumo das dedicacións profesionais dos individuos, sendo estas xeralmente relacionadas coa agricultura. A maiores, faise uso do libro persoal de eclesiásticos para resolver a inexactitude na declaración do número dos clérigos. Como fío condutor, especifícanse as cargas que deben afrontar os veciños segundo o ámbito referido.
O presente traballo pretende mostrar a realidade dunha pequena feligresía do interior pontevedrés, San Lourenzo de Fornelos de Montes, utilizando como fonte principal os documentos realizados a propósito do Catastro de Ensenada, pois estes permiten obter unha visión xeral sobre como era a vida en dito territorio. Así, tras unha breve introdución acerca da aparición e obxectivos do Catastro e da súa aplicación no Reino de Galicia, pásase a contextualizar a parroquia no seu núcleo máis inmediato: a xurisdición de Soutomaior. Finalmente, empregando as Respuestas Generales como guía explícase cal é a situación do sector agropecuario na zona, facendo especial fincapé na declaración dos ferrados, onde se aprecian algunhas irregularidades. Á hora de tratar a sociedade é posible facer un resumo das dedicacións profesionais dos individuos, sendo estas xeralmente relacionadas coa agricultura. A maiores, faise uso do libro persoal de eclesiásticos para resolver a inexactitude na declaración do número dos clérigos. Como fío condutor, especifícanse as cargas que deben afrontar os veciños segundo o ámbito referido.
Dirección
LOPEZ LOPEZ, ROBERTO JAVIER (Titoría)
LOPEZ LOPEZ, ROBERTO JAVIER (Titoría)
Tribunal
SAAVEDRA VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Secretario/a)
GONZALEZ LOPO, DOMINGO LUIS (Vogal)
SAAVEDRA VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Secretario/a)
GONZALEZ LOPO, DOMINGO LUIS (Vogal)
O movemento ultra: orixes, política e radicalización no fútbol español
Autoría
M.C.S.
Grao en Historia
M.C.S.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2024 10:00
20.06.2024 10:00
Resumo
O movemento ultra é un fenómeno que revolucionou o panorama futbolístico da segunda metade do século XX, a pesares dos escasos estudos profundos que se realizaron acerca do movemento radical nos afeccionados ao fútbol, este levou ao deporte a mobilización sociopolítica e violenta da rúa a través de grupos de mozos que foron evolucionando e formalizándose para actuar, tanto dentro do estadio de fútbol como fóra, da maneira que se vexan máis poderosos e espectaculares. Explicaremos que é o que podemos entender como ultras, pois existen diversos puntos de vista e definicións dadas principalmente por sociólogos, así como explicaremos a súa orixe inglesa e italiana. A base principal deste Traballo de Fin de Grao será como estes grupos se desenvolveron en España, dende o seu nacemento e evolución, pasando pola importancia ideolóxica que diferencia uns dos outros, tratando principalmente actos sociais e reivindicacións, e remataremos coa violencia, pois é un denominador común que une este movemento, sexa da ideoloxía que sexan. Neste traxecto non nos esquecemos da importancia que teñen as subculturas xuvenís no movemento, principalmente os skinheads os cales son os protagonistas dun extremismo político que ata a súa aparición non estaba tan xeneralizado.

O Xenocidio Armenio (1915-1923): proceso e memoria
Autoría
S.D.M.
Grao en Historia
S.D.M.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2024 10:00
20.06.2024 10:00
Resumo
Este traballo busca esclarecer as circunstancias que levaron á perpetración do Xenocidio Armenio ocorrido entre 1915 e 1923 e as razóns para o non recoñecemento do mesmo. Comézase analizando o propio concepto de xenocidio. Contextualizase a situación da poboación armenia dentro do Imperio Otomán e indáganse as causas que conduciron á perpetración das políticas xenocidas por parte do Estado turco. Co fin da I Guerra Mundial leváronse a cabo procesos xudiciais nos que se xulgaron aos responsables, sendo condenados. Estas condenas non foron cumpridas o que levou á conformación da Operación Némesis (1920-1922). Armenia e Turquía iniciaron unha pugna diplomática polo recoñecemento internacional do xenocidio por parte do primeiro e de negación dos feitos por parte do segundo. Para finalizar, veremos o papel da diáspora e da cultura nas políticas de memoria armenias.

Anna Komnenos e a Alexiada como acto de resistencia cultural á política de Manuel Komnenos
Autoría
L.D.A.
Grao en Historia
L.D.A.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2024 10:00
19.06.2024 10:00
Resumo
A Alexiada foi frecuentemente interpretada de forma tendenciosa, xa sexa impoñendo criterios máis severos á súa autora que a outros autores bizantinos pola súa excepcionalidade ou lendo toda a súa obra a partir de detalles da súa vida privada. Aínda que é natural ter en conta os motivos dunha autora para escribir a súa obra, no caso de Anna Komnenos utilizáronse fontes illadas que son tan subxectivas coma ela, ignorando a miúdo o resto da súa vida persoal máis aló dos seus primeiros vinte e cinco anos, negándolle calquera tipo de actividade intelectual ou política. Este traballo exporá a teoría de que a Alexiada, lonxe de ser o ataque inxusto e rancoroso contra o seu irmán recentemente falecido que sempre foi asumido, é en realidade unha obra profundamente política, dirixida a criticar os cambios na política interior e exterior do Imperio bizantino durante o reinado de Manuel Komnenos. Esta crítica formaría tamén parte dun importante e moitas veces desapercibido movemento intelectual de carácter clasicista que reflectiu moitas das preocupacións e correntes de pensamento dos séculos XI e XII no Imperio Bizantino posmacedonio.
A Alexiada foi frecuentemente interpretada de forma tendenciosa, xa sexa impoñendo criterios máis severos á súa autora que a outros autores bizantinos pola súa excepcionalidade ou lendo toda a súa obra a partir de detalles da súa vida privada. Aínda que é natural ter en conta os motivos dunha autora para escribir a súa obra, no caso de Anna Komnenos utilizáronse fontes illadas que son tan subxectivas coma ela, ignorando a miúdo o resto da súa vida persoal máis aló dos seus primeiros vinte e cinco anos, negándolle calquera tipo de actividade intelectual ou política. Este traballo exporá a teoría de que a Alexiada, lonxe de ser o ataque inxusto e rancoroso contra o seu irmán recentemente falecido que sempre foi asumido, é en realidade unha obra profundamente política, dirixida a criticar os cambios na política interior e exterior do Imperio bizantino durante o reinado de Manuel Komnenos. Esta crítica formaría tamén parte dun importante e moitas veces desapercibido movemento intelectual de carácter clasicista que reflectiu moitas das preocupacións e correntes de pensamento dos séculos XI e XII no Imperio Bizantino posmacedonio.
Dirección
PELAZ FLORES, DIANA (Titoría)
PELAZ FLORES, DIANA (Titoría)
Tribunal
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Secretario/a)
SUAREZ GONZALEZ, ANA ISABEL (Vogal)
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Secretario/a)
SUAREZ GONZALEZ, ANA ISABEL (Vogal)
Cegos e Xordomudos na España Moderna
Autoría
N.F.C.
Grao en Historia
N.F.C.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2024 10:00
20.06.2024 10:00
Resumo
Este traballo busca estudar a dous grupos sociais diferentes, non só porque presenten unhas condicións físicas distintas; por un lado, cegos, e, polo outro, xordomudos, senón porque cada grupo chegou a sobrevivir, en todo este período, de formas completamente desiguais, aínda que ambos, sempre, contando co apoio de persoas sen privación física, nin mental algunha, incluso das autoridades. Non obstante, os cegos foron capaces de organizar toda unha estrutura de asistencia e protección entre eles a través da creación de irmandades e confrarías; é o caso da Hermandad de Ntra. Sra. de la Visitación y Ánimas del Purgatorio de Madrid, mentres que os xordomudos foron incapaces de establecer este tipo de organizacións, con todo, non significou que este grupo fose marxinado, senón, ao revés, existiu unha preocupación por eles e pola súa educación. Toda esta realidade, permitiu que a concepción que tiveran sobre estas persoas, a cal era de seres irracionais, incluso, para o caso dos xordomudos consideradas persoas “sen mente”, pois, a finais do século XVIII, experimentara un cambio, e pasaran a clasificalas como racionais, a pesar de sufrir tal condición física, a cal entendíase como unha enfermidade máis.

REY CASTELAO, OFELIA (Titoría)
REY CASTELAO, OFELIA (Titoría)
Tribunal
SAAVEDRA VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Secretario/a)
GONZALEZ LOPO, DOMINGO LUIS (Vogal)
SAAVEDRA VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Secretario/a)
GONZALEZ LOPO, DOMINGO LUIS (Vogal)
O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría
Autoría
A.F.F.
Grao en Historia
A.F.F.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2024 10:00
20.06.2024 10:00
Resumo
No presente traballo abórdase a cuestión do aleitamento alleo -por mulleres diferentes das nais- dende unha perspectiva ampla na que se entrecruzan os aspectos sociais, económicos e culturais. Deste xeito, a través da consulta de bibliografía especializada, tratamos de comprender e explicar que a función desenvolta polas amas de cría na Idade Moderna no Reino de Galicia foi esencial para a supervivencia das crianzas e ao mesmo tempo, unha actividade pagada que abarcou os estratos máis baixos da sociedade. As amas de expósitos, controladas polas institucións asistenciais, eran a maioría e cumpriron un papel social chave e incluso cultural. Neste senso, aquí abordarase tamén os vínculos afectivos e o grao de aceptación ou rexeitamento desta función, así como a intervención das amas no amadriñamento dos nenos e nenas abandonados nos tornos e a onomástica que se lles aplicaba. Finalmente, os conflitos derivados da relación entre as amas de cría e os menores.

Tras o aramado. O Campo de Concentración de Ravensbrück.
Autoría
M.B.F.L.
Grao en Historia
M.B.F.L.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2024 16:00
20.06.2024 16:00
Resumo
O Campo de Concentración de Ravensbrück construíuse en 1939, preto da localidade alemana de Fürstenberg, coa intención de servir de centro penitenciario para prisioneiras políticas. O campo comezou sendo un lugar de reeducación para esas mulleres inimigas do Réxime Nazi e terminou coa denominación de campo de exterminio coa construción dunha cámara de gas. O obxectivo do traballo reside no estudio do Campo de Concentración de Ravensbrück como exemplo particular do sistema de campos creado pola SS e co coñecemento das historias das superviventes para poder entender como se supera a vivencia nun campo de concentración. Así, se pretende crear unha historia do campo e da vida das prisioneiras durante a súa estancia nel. A través dos testemuños de varias superviventes, contidos na obra Ravensbrück. El infierno de las mujeres. escrita por Montse Armengou e Ricard Belis, contrastadas con varias obras académicas, fíxose un estudo da administración do campo, as prisioneiras e as súas vida no campo, os abusos e a violencia recibida por parte dos vixilantes e a memoria do campo.
O Campo de Concentración de Ravensbrück construíuse en 1939, preto da localidade alemana de Fürstenberg, coa intención de servir de centro penitenciario para prisioneiras políticas. O campo comezou sendo un lugar de reeducación para esas mulleres inimigas do Réxime Nazi e terminou coa denominación de campo de exterminio coa construción dunha cámara de gas. O obxectivo do traballo reside no estudio do Campo de Concentración de Ravensbrück como exemplo particular do sistema de campos creado pola SS e co coñecemento das historias das superviventes para poder entender como se supera a vivencia nun campo de concentración. Así, se pretende crear unha historia do campo e da vida das prisioneiras durante a súa estancia nel. A través dos testemuños de varias superviventes, contidos na obra Ravensbrück. El infierno de las mujeres. escrita por Montse Armengou e Ricard Belis, contrastadas con varias obras académicas, fíxose un estudo da administración do campo, as prisioneiras e as súas vida no campo, os abusos e a violencia recibida por parte dos vixilantes e a memoria do campo.
Dirección
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Titoría)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
Cagiao Vila, María Pilar (Presidente/a)
LANERO TABOAS, DANIEL (Secretario/a)
BAZ VICENTE, MARIA JESUS (Vogal)
Cagiao Vila, María Pilar (Presidente/a)
LANERO TABOAS, DANIEL (Secretario/a)
BAZ VICENTE, MARIA JESUS (Vogal)
A historiografía latinoamericana a partir de Fernando Ortiz
Autoría
R.P.O.
Grao en Historia
R.P.O.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 10:00
23.07.2024 10:00
Resumo
A Cuba da primeira metade do século XX levaría a cabo un proceso de construción nacional, que se apoiaría de forma progresiva no aporte das culturas afrodescendentes. Unha realidade exemplificada pola figura de Fernando Ortiz Fernandez. Estudaremos a este autor nos diferentes contextos nos que escribiu a súa obra e analizaremos a súa construción autoral e influenzas. De igual xeito, faremos unha síntese das ideas fundamentais da obra orticiana, e localizaremos os seus conceptos máis significativos, así como as súas obras nucleares, que o sitúan como un dos autores que colaboraron na construción dunha historiografía latinoamericana propia.
A Cuba da primeira metade do século XX levaría a cabo un proceso de construción nacional, que se apoiaría de forma progresiva no aporte das culturas afrodescendentes. Unha realidade exemplificada pola figura de Fernando Ortiz Fernandez. Estudaremos a este autor nos diferentes contextos nos que escribiu a súa obra e analizaremos a súa construción autoral e influenzas. De igual xeito, faremos unha síntese das ideas fundamentais da obra orticiana, e localizaremos os seus conceptos máis significativos, así como as súas obras nucleares, que o sitúan como un dos autores que colaboraron na construción dunha historiografía latinoamericana propia.
Dirección
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Titoría)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Titoría)
Tribunal
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Secretario/a)
SUAREZ GONZALEZ, ANA ISABEL (Vogal)
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Secretario/a)
SUAREZ GONZALEZ, ANA ISABEL (Vogal)
O pensamento económico baixomedieval a través da figura de Francesc Eiximenis
Autoría
B.P.G.
Grao en Historia
B.P.G.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 10:00
23.07.2024 10:00
Resumo
Francesc Eiximenis foi un fraile franciscano que viviu na Coroa de Aragón durante a segunda metade do século XIV. Personaxe moi ben relacionado coa Casa Real e co goberno municipal de Valencia, para os que actuou como conselleiro ao tempo que realizou numerosas actividades, cuxa variada obra é de gran utilidade para analizar a teoría e os comportamentos económicos durante a Baixa Idade Media no reino aragonés. Despois de analizar os contextos nos que se desenvolve Eiximenis e a construción de autor e autoría que se realiza arredor da súa figura, o obxectivo deste traballo vai a ser o de analizar as cuestións económicas que o autor recolle nos seus escritos e que son reflexo e influencia da sociedade na que vive.

A historiografía latinoamericana a través do Grupo Modernidade/Colonialidade.
Autoría
P.R.R.
Grao en Historia
P.R.R.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 10:00
23.07.2024 10:00
Resumo
A mediados da última década do século XX e comezos da primeira década do século XXI, un grupo de intelectuais, na súa maioría latinoamericanos, deron lugar ao que se coñece como o Grupo Modernidade/Colonialidade. Este proxecto céntrase na realización dunha ponderación crítica decolonial cara aos conceptos de modernidade e colonialidade. Para iso, o grupo desenvolve marcos teóricos e conceptuais que buscan repensar estes criterios. Este traballo explora, en primeiro lugar, establecer unha descrición contextual e biográfica do grupo. En segundo lugar, inténtase facer un repaso dos principais obxectivos teóricos e conceptuais propostos polos académicos, para finalmente poder mostrar como se desenvolve a historiografía decolonial co proxecto, así como algunhas críticas dirixidas a el. Para cumprir estes obxectivos, procurarase incautar os principais traballos producidos pola rede de académicos, como tamén os traballos máis recentes sobre o colectivo.

O Excepcionalismo Americano e a Política Exterior de Estados Unidos: A Invasión a Iraq.
Autoría
D.V.A.
Grao en Historia
D.V.A.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 10:00
23.07.2024 10:00
Resumo
A teoría do excepcionalismo americano afirma que Estados Unidos ten unhas características que o fan cualitativamente diferente en comparación con outras nacións. Este traballo examina esta teoría e o seu impacto na política exterior de Estados Unidos, cun enfoque particular na invasión de Iraq en 2003. Analízase como a crenza nunha misión democrática global moldeou as accións internacionais de Estados Unidos desde a súa fundación ata a presidencia de George W. Bush. A invasión de Iraq é presentada como un caso práctico que ilustra a aplicación desta teoría na política exterior estadounidense. A través dunha análise detallada das motivacións e consecuencias da invasión, o estudo busca entender como os intereses nacionais, valores ideolóxicos e as influencias históricas configuraron as accións de Estados Unidos no ámbito internacional.

BALBOA LOPEZ, JESUS LEOPOLDO (Titoría)
BALBOA LOPEZ, JESUS LEOPOLDO (Titoría)
Tribunal
NUÑEZ SEIJAS, XOSE MANOEL (Presidente/a)
BARRAL MARTINEZ, MARGARITA (Secretario/a)
PAZOS PAZOS, M. LUISA JULIA (Vogal)

A representación das mártires cristiás: subversión de roles e adaptación de modelos.
Autoría
L.D.G.
Grao en Historia
L.D.G.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 11:30
23.07.2024 11:30
Resumo
O obxectivo principal deste traballo é realizar unha análise da representación das primeiras mártires cristiás a través do corpus documental coñecido como Actas dos Mártires. Para iso, en primeiro lugar valorarase a utilidade dos relatos de martirio como fonte para a Historia do Primeiro Cristianismo, así como para a Historia das Mulleres, tendo en conta a súa función como condutor de difusión cultural dos valores integrantes da doutrina nacente. A continuación, afondarase na concepción cristiá do martirio, sendo visto como un proceso a seguir para acadar a perfección espiritual. Por último, farase unha exposición dos marcadores identitarios presentes nas historias dos mártires cristiáns, tendo en conta cuestións como o sesgo de xénero, a experiencia relixiosa que o martirio proporcionaba aos fieis ou a creación de modelos de comportamento a partir destas descricións, claves no desenvolvemento do cristianismo.

LOPEZ BARJA DE QUIROGA, PEDRO MANUEL (Presidente/a)
ARGUELLES ALVAREZ, PATRICIA ANA (Secretario/a)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)

A orixe de Roma. Entre o mito e a verdade
Autoría
L.G.V.
Grao en Historia
L.G.V.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 11:30
23.07.2024 11:30
Resumo
O xurdimento de Roma relacionouse cunha orixe mítica, onde se mesturan dúas lendas que se relacionan entre si para formar un conxunto unificado, a chegada de Eneas ao Lacio tras a Guerra de Troia e a fundación da urbe por parte de Rómulo. Pero detrás desta lenda escóndense feitos reais que podemos descubrir a través da información que nos proporcionan as diversas disciplinas.´

Aquieles, o Aedo e a Historia: O mundo micénico a través da Ilíada
Autoría
J.S.G.A.
Grao en Historia
J.S.G.A.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 11:30
23.07.2024 11:30
Resumo
A Ilíada chegou ata nós atravesando barreiras milenarias, mostrándonos un mundo tan alleo para nós e, anda así, tan familiar e consolidándose como paradigma da literatura universal. Non é de estrañar, polo tanto, que esta obra espertase tanto interese na comunidade de historiadores, arqueólogos e filólogos que sempre buscaron desentrañar os enigmas da Ilíada, chegando nalgúns casos a apelar máis ao sentimento que a razón, pra poder tocar ese pasado de heroes e deuses que tanto nos cautivou. O seguinte traballo plantexa duas líneas temáticas, a primeria consistirá en poñer sobre a mesa as distintas teorías sobre a dimensión histórica da Ilíada, os resultados arqueolóxicos, a cronoloxía do relato e a oralidade grega como forma de superar a barreira dotempo. Por outro lado, a segunda línea de traballo consistirá no análise do poema homérico e comparalo cos datos que coñecemos sobre o mundo micénico. O obxectivo de este traballo será, polo tanto, desentrañar o mundo que nos ofrece a Ilíada, identificalo e evaluar o seu papel transmisor no traballo do historiador.

Estudo arqueolóxico da parroquia de Santalla de Cervo en Cedeira.
Autoría
D.R.P.
Grao en Historia
D.R.P.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 11:30
23.07.2024 11:30
Resumo
Neste traballo realizase un estudo arqueolóxico e patrimonial dunha parroquia do norte de Galicia como exemplo da potencialidade da perspectiva microlocal para obter novas informacións históricas dun área de estudo. Concretamente este traballo analiza o estado do patrimonio arqueolóxico e da súa investigación na parroquia de Santalla de Cervo (Cedeira, A Coruña). Ponse en relación o estado do estudo a nivel local coas investigacións que analizan todo o territorio galego. Combínase o emprego de varias metodoloxías para non só contemplar estudos previos, senón tamén poder dar conta do moito que queda por facer na arqueoloxía local para que sirva de base ao resto; as catro metodoloxías que vetebran a investigación son a revisión bibliográfica, o estudo da toponimia, a pescuda de información a través da oralidade e a visita de campo aos xacementos. Coma produto final do traballo creouse un actualizado inventario arqueolóxico da parroquia. O inventariado de bens arqueolóxicos, alén de limitarse a un listado de nomes, vén na súa forma máis completa coma anexos, cunha ficha para cada un dos xacementos da parroquia.

SANCHEZ PARDO, JOSE CARLOS (Titoría)
SANCHEZ PARDO, JOSE CARLOS (Titoría)
Tribunal
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Presidente/a)
CAMAROS PEREZ, EDGARD (Secretario/a)
LOPEZ COSTAS, OLALLA (Vogal)
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Presidente/a)
CAMAROS PEREZ, EDGARD (Secretario/a)
LOPEZ COSTAS, OLALLA (Vogal)
Comportamentos relixiosos na Galicia do Barroco
Autoría
M.G.N.
Grao en Historia
M.G.N.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
O presente traballo pretende levar a cabo unha análise sobre a evolución e as características dos comportamentos relixiosos en Galicia durante o período do Barroco, séculos XVII-XVIII, que se caracterizou por un modelo relixioso establecido polo triunfo da contrarreforma. No traballo estudaranse as fontes que permiten o estudo deste tema como é o caso de testamentos e arquivos parroquiais. Pero tamén, os xestos, pasos e rituais, que neste momento dáselles forma ata acadar a perfección coa fin de evitar a toda costa o medo mais grande dun créente, que a súa alma acabase no inferno ou no purgatorio, e que pola contra co emprego de todos estes elementos a alma saíse vitoriosa entrando no ceo. Prestando especial atención a elección de mortalla, sepultura ou sufraxios pola alma do defunto.

GONZALEZ LOPO, DOMINGO LUIS (Titor do alumno)

Espíritu católico: O consumo da divinidad e o canibalismo como asimilación. Un estudo do maltrato da carne.
Autoría
G.C.C.
Grao en Historia da Arte
G.C.C.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
21.06.2024 10:00
21.06.2024 10:00
Resumo
Neste traballo de fin de grao recóllese, a través das Sagradas Escrituras e os estudos da man dos teólogos cristiáns, o esquema vertebrador, relixioso e teolóxico, así como as consecuencias sociais e artísticas da nosa tradición indubidablemente católica. A contraposición da visión protestante coa católica será o eixo do estudo comparado dos sacramentos e as súas consecuencias, dende finais da Idade Media ata a contemporaneidade. Unha breve viaxe coa pretensión de deixar á vista como a relixión crea unha psicoloxía cultural e, en tanto que cultural, colectiva, explicando comportamentos que na norma serían disidentes (herexías, antropoloxía, condutas autolesivas...), pero que non por iso deixan de ocorrer como consecuencia da propia Lei Divina. Úsanse para exemplificar a teoría exposta unha serie de obras artísticas que amosan o comportamento en canto á carne nos hospitais, a razón eucarística, os santos e os seus martirios, a visión destes problemas na esfera reformista (tendo como exemplo Estados Unidos pola súa base puramente protestante) e cómo a característica material da relixión católica incidiu nas nosas conciencias e a nosa visión do corpo no propio e na alteridade (tanto divina como profana).

CHAO CASTRO, DAVID (Titoría)
CHAO CASTRO, DAVID (Titoría)
Tribunal
CHAO CASTRO, DAVID (Titor do alumno)
CHAO CASTRO, DAVID (Titor do alumno)
Iconografía y arte del castigo: Metamorfosis de Ovidio
Autoría
C.C.N.
Grao en Historia da Arte
C.C.N.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
21.06.2024 10:00
21.06.2024 10:00
Resumo
En las Metamorfosis de Ovidio, los castigos juegan un papel fundamental, ya que son una herramienta empleada por los dioses para impartir justicia. Estos suelen manifestarse en forma de transformaciones físicas, sirviendo de herramienta con la que explorar la moralidad y la justicia. Permite explorar las creencias religiosas y culturales de la Antigüedad, pero ante todo, se constituye como una fuente inagotable de inspiración para los artistas, debido a la rica imaginería tanto de las transformaciones como de los castigos, junto con la exploración de la naturaleza humana. Constituyéndose como una herramienta narrativa importante que permite explorar variados temas y que, además, han sido una fuente de inspiración duradera para artistas a lo largo de la historia y que estará presente en el arte.

DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Titor do alumno)

Os sistemas defensivos modernos na fronteira galegoportuguesa: A raia húmida e o eixo Verín-Chaves
Autoría
D.L.S.
Grao en Historia da Arte
D.L.S.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
21.06.2024 10:00
21.06.2024 10:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é amosar a evolución dos sistemas defensivos ó longo da Idade Moderna. Veremos coma o progreso tecnolóxico no mundo bélico vai transformar a arquitetura defensiva pasando de altos castelos conformados por delgados muros feitos en canteiría a fortalezas poligonais case a ras do chan con grosos paramentos en pendente realizados en terra e forrados en pedra. O lugar no que me fixei para realizar o estudo é a fronteira entre España e Portugal, concretamente na zona do río Miño, un espazo repleto de sistemas defensivos debido a antigüidade da “Raia húmida” e o eixo Verín-Chaves o que permíteme explicar con claridade dita evolución durante o período 1469-1814 que cobre a Idade Moderna española.

PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Titor do alumno)

As capitulacións matrimoniais a través da pintura barroca
Autoría
N.C.Q.
Grao en Historia da Arte
N.C.Q.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2024 10:00
19.06.2024 10:00
Resumo
O presente traballo de fin de grao céntrase no estudo do matrimonio ao longo da historia e a súa representación na pintura, enfocándonos concretamente no período barroco, entre os séculos XVII y XVIII. Profundizarase na conexión entre a arte e a sociedade da época, destacando a importancia das capitulacións matrimoniais como un elemento simbólico de poder e estatus na sociedade barroca. Realizaremos unha división tipolóxica entre matrimonios católicos, bíblicos, protestantes, xudeus e satíricos, mediante unha análise detallada de diferentes obras de pintores destacados do período, evidenciando cómo estas representacións reflexan as normas sociais e culturais en torno ao matrimonio e a figura da muller no barroco.

TAIN GUZMAN, MIGUEL (Titoría)
TAIN GUZMAN, MIGUEL (Titoría)
Tribunal
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Presidente/a)
PEREZ VARELA, ANA (Secretario/a)
DE LLANO NEIRA, PEDRO (Vogal)
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Presidente/a)
PEREZ VARELA, ANA (Secretario/a)
DE LLANO NEIRA, PEDRO (Vogal)
Os Xardíns do Buen Retiro
Autoría
L.C.G.
Grao en Historia da Arte
L.C.G.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2024 10:00
19.06.2024 10:00
Resumo
Os xardíns do Buen Retiro, en Madrid, son un emblemático espazo verde cunha rica e diversa historia. A súa evolución histórico-artística reflicte as tendencias e gustos cambiantes ao longo dos séculos. Inicialmente concebidos, no século XVII, coma un espazo de recreo para a realeza española, os xardíns adoptaron o estilo barroco, con elementos como estatuas, fontes e parterres xeométricos. Durante o reinado de Felipe IV constrúense destacadas estructuras, que conservamos na actualidade, como o estanque grande. No XVIII, coa chegada da dinastía de Borbón a España con Felipe V, introducíronse cambios inspirados no estilo francés, con deseños máis simétricos baseados na regra e o compás, inda que conservando elementos barrocos e introducindo o estilo rococó. No XIX, durante o reinado de Isabel II, prodúcese unha importante renovación baixo a influencia do paisaxismo inglés, marcada pola introducción de áreas naturais, sendeiros sinuosos e unha maior integración da natureza. No XX os xardíns sufriron diversas transformacións, incluíndo a adaptación aos diferentes estilos como o neoclásico e o modernismo. Hoxe en día, os xardíns do Buen Retiro continúan sendo un importante destino turístico e un espazo vital para os madrileños, fusionando a súa rica historia coa vida contemporánea da cidade.

Pintoras galegas no periodo franquista: Dous exemplos a través de Julia Minguillón e Maruja Mallo
Autoría
P.C.S.
Grao en Historia da Arte
P.C.S.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2024 10:00
19.06.2024 10:00
Resumo
O obxectivo deste Traballo Fin de Grao é analizar a acción cultural desenvolvida por dúas artistas galegas ao longo da súa traxectoria artística: Julia Minguilllón e Maruja Mallo. Para iso optamos por baleirar a biografía existente, moi escasa no caso de Xulia e na recuperación de información a través dunha hemeroteca. O obxectivo é mostrar dúas realidades diferentes dun mesmo período histórico. Como marco cronolóxico, está limitado de 1902 a 1995 posto que se busca analizar as distintas etapas vitais de cada artista. Grazas a este traballo aclaran as diferenzas entre ambos pintores; unha Maruja que aínda segue sendo icónica cunha biografía moi completa fronte a unha Julia encapsulada no “momento do franquismo”.
O obxectivo deste Traballo Fin de Grao é analizar a acción cultural desenvolvida por dúas artistas galegas ao longo da súa traxectoria artística: Julia Minguilllón e Maruja Mallo. Para iso optamos por baleirar a biografía existente, moi escasa no caso de Xulia e na recuperación de información a través dunha hemeroteca. O obxectivo é mostrar dúas realidades diferentes dun mesmo período histórico. Como marco cronolóxico, está limitado de 1902 a 1995 posto que se busca analizar as distintas etapas vitais de cada artista. Grazas a este traballo aclaran as diferenzas entre ambos pintores; unha Maruja que aínda segue sendo icónica cunha biografía moi completa fronte a unha Julia encapsulada no “momento do franquismo”.
Dirección
BARRAL RIVADULLA, Mª DOLORES (Titoría)
BARRAL RIVADULLA, Mª DOLORES (Titoría)
Tribunal
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Presidente/a)
PEREZ VARELA, ANA (Secretario/a)
DE LLANO NEIRA, PEDRO (Vogal)
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Presidente/a)
PEREZ VARELA, ANA (Secretario/a)
DE LLANO NEIRA, PEDRO (Vogal)
A luna e o seu valor feminino na festa Barroca dos Austrias: a imaxen da raiña nos xeroglíficos fúnebres españois do século XVII
Autoría
N.V.B.
Grao en Historia da Arte
N.V.B.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2024 10:00
19.06.2024 10:00
Resumo
A raiña foi representada na emblemática española do século XVII acudindo a diversas alegorías astrais, incluíndo o astro lunar, que será popularmente utilizado nos xeroglíficos fúnebres como peza fundamental para completar a alegoría do Rey-Sol. Partindo do estudio do impacto cultural da Festa Barroca, o seu uso propagandístico por parte dos Austrias e a súa posterior recopilación de estos acontecementos nos libros festivos, este Traballo Fin de Grado pon de manifesto cómo as decoracións efímeras que engalanan estas celebracións (e polo tanto os xeroglíficos) configuran a imaxe da raiña que será transmitida á población. Asimesmo, entre as distintas metáforas existentes, este TFG estuda diversos xeroglíficos fúnebres que presentan a figura da Raiña-Luna, tendo en conta a metáfora lunar presente na mitoloxía clásica e cristiana, principais influencias iconográficas nos libros festivos. Ao longo deste análisis buscarase determinar si existe unha relación entre ditas influencias e a figura emblemática da raiña e, polo tanto, qué valores se lle estarían aplicando e transmitindo aos seus súbditos por medio da súa imaxen.

LOPEZ CALDERON, CARME (Titoría)
LOPEZ CALDERON, CARME (Titoría)
Tribunal
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Presidente/a)
PEREZ VARELA, ANA (Secretario/a)
DE LLANO NEIRA, PEDRO (Vogal)
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Presidente/a)
PEREZ VARELA, ANA (Secretario/a)
DE LLANO NEIRA, PEDRO (Vogal)
O santuario da Virxe da Barca: Entre o pagán e o sagrado
Autoría
P.V.M.
Grao en Historia da Arte
P.V.M.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2024 10:00
19.06.2024 10:00
Resumo
Situado en Muxía, Galicia, o santuario da Virxe da Barca representa un dos lugares de devoción mariana máis relevantes da Península Ibérica. O seu papel na relixiosidade popular, así como na identidade local, provoca un gran impacto no turismo relixioso da rexión dando lugar a unha das romerías máis concurridas da comarca. No presente traballo búscase reunir aquelas fontes, testemuñas e causas que axuden ao coñecemento das súas orixes e a evolución ata a actualidade. Por outro lado, tamén forma parte deste estudo o seu inherente vínculo co Camiño de Santiago, froito da ruta de Fisterra e Muxía ao longo dos séculos.

O ferrocarril na rede urbana media: O Golfo Ártabro
Autoría
N.N.R.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
N.N.R.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Data da defensa
19.06.2024 12:00
19.06.2024 12:00
Resumo
Este traballo consiste nunha análise do ferrocarril na denominada Rexión Ártabra. Consta dunha aproximación á área de estudo na que se localizan os principais nodos de poboación e as infraestruturas existentes. Analizaremos a historia que desta liña que une as poboacións da Coruña e Ferrol e o seu estado actual, facendo unha comparación con outros núcleos de cercanías existentes no Estado. Investigaremos as potencialidades desta infraestrutura e as opcións existentes para un mellor uso desta, destacando a implantación dun núcleo de cercanías ferroviarias e como sería isto percibido pola cidadanía, mediante o uso de entrevistas e enquisas.
Este traballo consiste nunha análise do ferrocarril na denominada Rexión Ártabra. Consta dunha aproximación á área de estudo na que se localizan os principais nodos de poboación e as infraestruturas existentes. Analizaremos a historia que desta liña que une as poboacións da Coruña e Ferrol e o seu estado actual, facendo unha comparación con outros núcleos de cercanías existentes no Estado. Investigaremos as potencialidades desta infraestrutura e as opcións existentes para un mellor uso desta, destacando a implantación dun núcleo de cercanías ferroviarias e como sería isto percibido pola cidadanía, mediante o uso de entrevistas e enquisas.
Dirección
PAZOS OTON, MIGUEL (Titoría)
PAZOS OTON, MIGUEL (Titoría)
Tribunal
DURAN VILLA, FRANCISCO RAMON (Presidente/a)
PIÑEIRO ANTELO, MARIA DE LOS ANGELES (Secretario/a)
ALDREY VAZQUEZ, JOSE ANTONIO (Vogal)
DURAN VILLA, FRANCISCO RAMON (Presidente/a)
PIÑEIRO ANTELO, MARIA DE LOS ANGELES (Secretario/a)
ALDREY VAZQUEZ, JOSE ANTONIO (Vogal)
A relixión no espazo: implicacións socio-territoriais do fenómeno relixioso. O caso turco
Autoría
R.S.C.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
R.S.C.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Data da defensa
20.02.2024 10:00
20.02.2024 10:00
Resumo
Na presente análise preséntase o caso das relixións en Turquía. O país otomano servirá como exemplo principalmente para dúas cuestións: Primeiramente para ver como a relixión foi beneficiando/afectando nas decisións e consecuencias das diversas persoas que a profesan ou a rexeitan, e, en segundo lugar, o feito de mostrar o caso turco, permite saír do común para Occidente e así poder ampliar as nosas fronteiras para así ou ben axudar, ou ser axudados por outras vertentes de coñecemento. Turquía é escollida pola súa sempre eterna dualidade e polas múltiples culturas que tanto se estableceron nela e loitaron por ou en contra da mesma. O berce do Imperio Otomano é tomado como exemplo por ser o relevo dos persas e por ser o máximo representante dos orientais (que se queren occidentalizar). Esa persistente dualidade leva a que as relacíóns que nelan se desenvolveron ó longo dos séculos cobren grande interese polas múltiples perspectivas das diferentes culturas. Turquía, representante oriental en Occidente, candidata occidental para Oriente.

SANTOS SOLLA, XOSE MANUEL (Titor do alumno)

O conflito do Alto Karabaj. Armenia, Acerbaixán e o problema humanitario.
Autoría
J.A.B.V.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
J.A.B.V.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
O conflito xeopolítico entre Armenia e Acerbaixán na rexión do Alto Karabaj é un conflito étnico e territorial de larga duración que se remonta ó colapso da Unión Soviética. O Alto Karabaj, unha rexión montañosa ubicada dentro das fronteiras internacionalmente recoñecidas de Acerbaixán, foi habitada predominantemente por armenios étnicos. Trala disolución da URSS, surxiron tensións que desembocaron nunha guerra entre 1988 y 1994, resultando na vitoria dos armenios e o establecemento dunha autoproclamada república, non recoñecida internacionalmente, controlada por forzas armenias. Acerbaixán perdiu control sobre o Alto Karabaj e varias áreas circundantes. Décadas de negociacións mediadas polo Grupo de Minsk da OSCE non lograron resolver o conflito. En 2020, o conflito reavivouse cunha intensa guerra, na que Acerbaixán, co apoio de Turquía, logrou recuperar gran parte do territorio perdido. O conflito terminou cun acordo de alto o lume mediado por Rusia, que desplegou forzas de paz na rexión. A situación segue sendo tensa, con constantes violacións do alto o lume e unha disputa sen resolver sobre o estatus final do Alto Karabaj.

YRIGOY CADENA, ISMAEL (Titoría)
YRIGOY CADENA, ISMAEL (Titoría)
Tribunal
YRIGOY CADENA, ISMAEL (Titor do alumno)
YRIGOY CADENA, ISMAEL (Titor do alumno)
Proposta de ordenación do espazo público para a mellora de conectividade peonil entre o casco antigo de Santiago de Compostela e o centro cidade
Autoría
J.M.R.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
J.M.R.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Data da defensa
23.07.2024 10:00
23.07.2024 10:00
Resumo
A cidade histórica de Santiago de Compostela, patrimonio da humanidade, foi un exemplo de peonización para moitas cidades históricas do Estado. Rexida por un plan especial de ordenación municipal, practicamente todo o seu interior é unha illa peonil no centro de Santiago de Compostela. Pero ao saír polas portas principais da súa antiga muralla, cara o centro da cidade, o panorama é moi distinto. Atopámonos cunha vía de circulación de dobre sentido, con beirarrúas moi deficientes. A dominancia do espazo por parte do autómobil é total neste límite fronteira entre o casco antigo e o ensanche dos anos 60s. Desapareceu a muralla medieval pero, a día de hoxe, existe outra barreira que impide unha comunicación efectiva entre estas grandes zonas do centro urbano. A zona vella e a zona nova, como se lle coñecen popularmente viven dándose as costas. Un xeito de reconciliar estes dous espazos centrais da cidade, para que as dinámicas económicas se beneficien e se mesturen, aliviando ademais, a presión turística do casco histórico, sería recuperando a conectividade peonil entre estes dous espazos. Facer que a fronteira entre a zona histórica e a zona nova sexa máis imperceptible, máis porosa para as persoas. E para conseguir isto é necesario recuperar o espazo público cedido ao automóbil, reducir o volume de tráfico e ampliar as zonas camiñables., eliminando o eixe de circulación de tráfico rodado que atravesa a cidade de norte a sur polo seu centro. A creación de cidades máis verdes, con mobilidades sostibles son un dos retos máis importantes para as cidades nos obxectivos do desenvolvemento sostible da ONU. A leis europeas e administracións buscan crear cidades máis sostibles, con espazos comúns para as persoas, máis saudables que melloren a calidade de vida e que sexan máis resilientes contra o cambio climático. Con este plan de mobilidade de reestruturación do tráfico e de clasificación de espazo público, pretendemos crear itinerarios peonís cómodos e confortables, de mobilidade sostible, que conecten o ensanche central de Santiago coas portas de acceso ao casco vello, mantendo un servizo de transporte público de calidade. Conseguir unha mobilidade sostible no centro cidade, con espazos públicos que inviten ao lecer, ao encontro e á cooperación e que axuden a aumentar a calidade de vida dos habitantes. Recuperar o espazo público necesario, actualmente ocupado polo coche, para a mobilidade peonil e en bicicleta, con espazos compartidos cos vehículos a motor, seguindo as recomendacións da Guía de Espazos públicos e de mobilidade amable de Pontevedra e as novas ideas sobre espazo compartido de Hans Monderman. A creación de espazos públicos de calidade máis verdes, onde a xente poida expresarse, atoparse e desfrutar da cidade comodamente, e para isto é fundamental reducir o número de vehículos e a súa ocupación do espazo, reducir os gases contaminantes e aumentar o espazo dedicado para as persoas, mantendo itinerarios efectivos para o acceso dos vehículos aos aparcamentos do centro da cidade, eliminado a ronda de circunvalación de Virxe da Cerca e Rosalía de Castro. A cidadanía ten dereito a moverse camiñando libre e comodamente por toda a cidade, pero ademais, o espazo urbano debe ser multimodal, debe brindar a oportunidade de unha mobilidade sostible de calidade e tamén debe ser o lugar de relacións sociais e de expresión cidadá, que axude a fortalecer os vínculos afectivos e de comunidade. Con esta proposta buscamos aumentar a calidade de vida dos habitantes da cidade de Santiago transformando o espazo urbano do ensanche conectándoo co casco antigo.

BALSA BARREIRO, JOSE (Titoría)
BALSA BARREIRO, JOSE (Titoría)
Tribunal
BLANCO CHAO, RAMON (Presidente/a)
COSTA CASAIS, MANUELA (Secretario/a)
MARTI EZPELETA, ALBERTO (Vogal)
BLANCO CHAO, RAMON (Presidente/a)
COSTA CASAIS, MANUELA (Secretario/a)
MARTI EZPELETA, ALBERTO (Vogal)
Análise das causas e consecuencias dos incendios forestais en Galicia.
Autoría
R.L.A.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
R.L.A.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
Nun contexto global onde se estima que arden máis de 500 millóns de hectáreas anuais de monte, é convinte comprender primeiramente a lóxica destes fenómenos. a partir da análise de artigos científicos seleccionados e publicados entre 2005 e 2024, o obxectivo deste traballo é coñecer a causalidade e as consecuencias inmediatas do fenómeno incendiario en Galicia, un área de incidencia notable do lume no noroeste de España Preténdese, dende a prevención, achegar solucións integrais que eviten ou mitiguen a capacidade destes incendios a longo prazo.
Nun contexto global onde se estima que arden máis de 500 millóns de hectáreas anuais de monte, é convinte comprender primeiramente a lóxica destes fenómenos. a partir da análise de artigos científicos seleccionados e publicados entre 2005 e 2024, o obxectivo deste traballo é coñecer a causalidade e as consecuencias inmediatas do fenómeno incendiario en Galicia, un área de incidencia notable do lume no noroeste de España Preténdese, dende a prevención, achegar solucións integrais que eviten ou mitiguen a capacidade destes incendios a longo prazo.
Dirección
COSTA CASAIS, MANUELA (Titoría)
COSTA CASAIS, MANUELA (Titoría)
Tribunal
COSTA CASAIS, MANUELA (Titor do alumno)
COSTA CASAIS, MANUELA (Titor do alumno)
Impacto xeopolítico da guerra civil do Iemen: O Vietnam do mundo musulmán
Autoría
B.M.M.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
B.M.M.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
Na actualidade hai decenas de conflitos armados que pasan desapercibidos no mundo occidental debido á labor sesgada dos medios de comunicación, que tratan sempre os mesmos asuntos. Un destes casos é a actual e cruenta Guerra Civil do Iemen, cuxa invisibilidade mediática fixo que pase ao esquecemento pola maioría dos Estados soberanos do mundo. Con todo, xa van 10 anos do inicio deste conflito e non parece estar preto do seu fin. No presente traballo trataremos de analizar o seu impacto na xeopolítica dos últimos anos, sobre todo dos últimos meses debido á súa importancia global dende a guerra entre Israel e Palestina iniciada en outubro do 2023. Para iso centrarémonos no papel dos líderes rexionais Arabia Saudita e Irán, así como dos Estados Unidos e Rusia. Tamén faremos unha comparativa coa Guerra de Vietnam ou II Guerra de Indochina, así como coa de Siria e Afganistán.

YRIGOY CADENA, ISMAEL Cotitoría
SANTOS SOLLA, XOSE MANUEL (Titoría)
YRIGOY CADENA, ISMAEL Cotitoría
Tribunal
SANTOS SOLLA, XOSE MANUEL (Titor do alumno)
YRIGOY CADENA, ISMAEL (Titor do alumno)
SANTOS SOLLA, XOSE MANUEL (Titor do alumno)
YRIGOY CADENA, ISMAEL (Titor do alumno)
O ferrocarril na rede urbana media: O Golfo Ártabro
Autoría
N.N.R.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
N.N.R.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
Este traballo consiste nunha análise do ferrocarril na denominada Rexión Ártabra. Consta dunha aproximación á área de estudo na que se localizan os principais nodos de poboación e as infraestruturas existentes. Analizaremos a historia que desta liña que une as poboacións da Coruña e Ferrol e o seu estado actual, facendo unha comparación con outros núcleos de cercanías existentes no Estado. Investigaremos as potencialidades desta infraestrutura e as opcións existentes para un mellor uso desta, destacando a implantación dun núcleo de cercanías ferroviarias e como sería isto percibido pola cidadanía, mediante o uso de entrevistas e enquisas.
Este traballo consiste nunha análise do ferrocarril na denominada Rexión Ártabra. Consta dunha aproximación á área de estudo na que se localizan os principais nodos de poboación e as infraestruturas existentes. Analizaremos a historia que desta liña que une as poboacións da Coruña e Ferrol e o seu estado actual, facendo unha comparación con outros núcleos de cercanías existentes no Estado. Investigaremos as potencialidades desta infraestrutura e as opcións existentes para un mellor uso desta, destacando a implantación dun núcleo de cercanías ferroviarias e como sería isto percibido pola cidadanía, mediante o uso de entrevistas e enquisas.
Dirección
PAZOS OTON, MIGUEL (Titoría)
PAZOS OTON, MIGUEL (Titoría)
Tribunal
PAZOS OTON, MIGUEL (Titor do alumno)
PAZOS OTON, MIGUEL (Titor do alumno)
A educación sobre a xeodiversidade das Montañas do Courel como ben patrimonial. Exemplo da importancia da Xeografía como ciencia transversal para a divulgación científica
Autoría
M.B.A.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
M.B.A.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
Este traballo estuda a importancia da educación á hora de divulgar e informar á sociedade sobre os valores do patrimonio xeolóxico e xeomorfolóxico. Para elo, analizouse o grao de coñecemento do alumnado e profesorado da comarca de Quiroga acerca do concepto de xeodiversidade, así como do gran valor científico e social do Xeoparque Montañas do Courel seguindo unha metodoloxía mixta de técnicas cualitativas e cuantitativas. Esta análise consistiu nun achegamento á identidade dun territorio singular en termos xeolóxicos e á percepción que a poboación local ten desa singularidade mediante a realización de entrevistas e enquisas. En primeiro lugar, definiuse como mostra o alumnado de primaria e secundaria, e o profesorado de secundaria como grupo obxectivo para a realización das enquisas, do mesmo xeito que os impulsores e xestores do xeoparque foron obxectivo das entrevistas. En segundo lugar, recompilouse a información obtida co fin de extraer dela unha serie de bloques que a poboación interpreta como fundamentais á hora de expresar o seu entendemento acerca da xeodiversidade e da súa importancia na rexión. Finalmente, púxose en contexto os resultados obtidos coa definición de patrimonio xeomorfolóxico para discutir si a educación está transmitindo a importancia da posta en valor e da conservación destes bens, e si a figura de xeoparque está logrando os seus obxectivos divulgativos e dinamizadores no Courel.

GARCIA GARCIA, JESUS HORACIO (Titoría)
COSTA CASAIS, MANUELA Cotitoría
GARCIA GARCIA, JESUS HORACIO (Titoría)
COSTA CASAIS, MANUELA Cotitoría
Tribunal
COSTA CASAIS, MANUELA (Titor do alumno)
GARCIA GARCIA, JESUS HORACIO (Titor do alumno)

Máis aló do abandono e infanticidio. A consideración da infancia na Plena e Baixa Idade Media
Autoría
D.R.C.
Grao en Historia
D.R.C.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2024 10:00
20.06.2024 10:00
Resumo
Dende a publicación da clásica e polémica obra de Philippe Ariès, L’Enfant et la vie familiale sous l’Ancien Régime no 1960, os estudos sobre as infancias medievais ampliaron os horizontes e perspectivas con respecto ao papel e consideración que terían os máis pequenos na sociedade deste momento. Botando man destes relatos así como de fontes de época, o presente traballo ten como obxectivo desenvolver a consideración que tería a infancia na Plena e Baixa Idade Media (séculos XI-XV), centrando a atención en tres fenómenos ben documentados como son o infanticidio, o abandono e a oblación. Ademais deste foco, tamén se tratará de construír esta imaxe a través doutras cuestións anexas aos nenos e nenas, como os modelos das “etapas da vida”, a maternidade, os partos ou a familia. Buscarase depurar os distintos relatos propostos pola historiografía para estas infancias, á vez que se valora a dimensión que tiveron na sociedade pleno e baixomedieval os fenómenos mencionados.
Dende a publicación da clásica e polémica obra de Philippe Ariès, L’Enfant et la vie familiale sous l’Ancien Régime no 1960, os estudos sobre as infancias medievais ampliaron os horizontes e perspectivas con respecto ao papel e consideración que terían os máis pequenos na sociedade deste momento. Botando man destes relatos así como de fontes de época, o presente traballo ten como obxectivo desenvolver a consideración que tería a infancia na Plena e Baixa Idade Media (séculos XI-XV), centrando a atención en tres fenómenos ben documentados como son o infanticidio, o abandono e a oblación. Ademais deste foco, tamén se tratará de construír esta imaxe a través doutras cuestións anexas aos nenos e nenas, como os modelos das “etapas da vida”, a maternidade, os partos ou a familia. Buscarase depurar os distintos relatos propostos pola historiografía para estas infancias, á vez que se valora a dimensión que tiveron na sociedade pleno e baixomedieval os fenómenos mencionados.
Dirección
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Titoría)
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Titoría)
Tribunal
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
Vidas en suspense: o internamento dos xaponeses americanos na II Guerra Mundial.
Autoría
A.N.L.
Grao en Historia
A.N.L.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2024 16:00
20.06.2024 16:00
Resumo
O ataque xaponés a Pearl Harbor e a consecuente entrada dos Estados Unidos na II Guerra Mundial motivou unha evacuación masiva dos xaponeses americanos que residían nos estados da costa pacífica. Desta forma, todos os individuos de orixe xaponesa, aínda que naceran nos Estados Unidos, víronse obrigados a deixar atrás as súas pertenzas e fogares polo mero feito da súa ascendencia racial. Ata 120.000 xaponeses americanos foron trasladados a campos de concentración a comezos de 1942, manténdose recluídos a gran maioría ata o fin da guerra e, nalgúns casos, incluso tempo despois. Por medio do seguinte traballo analizarase por que e en que condicións tivo lugar o encarceramento masivo considerando a toma de decisións por parte do goberno e o papel que desempeñou a sociedade estadounidense, as experiencias persoais dos propios internos a través dos seus diarios e memorias, e a posterior reinserción dos damnificados e rectificación do goberno pola inxustiza cometida.
O ataque xaponés a Pearl Harbor e a consecuente entrada dos Estados Unidos na II Guerra Mundial motivou unha evacuación masiva dos xaponeses americanos que residían nos estados da costa pacífica. Desta forma, todos os individuos de orixe xaponesa, aínda que naceran nos Estados Unidos, víronse obrigados a deixar atrás as súas pertenzas e fogares polo mero feito da súa ascendencia racial. Ata 120.000 xaponeses americanos foron trasladados a campos de concentración a comezos de 1942, manténdose recluídos a gran maioría ata o fin da guerra e, nalgúns casos, incluso tempo despois. Por medio do seguinte traballo analizarase por que e en que condicións tivo lugar o encarceramento masivo considerando a toma de decisións por parte do goberno e o papel que desempeñou a sociedade estadounidense, as experiencias persoais dos propios internos a través dos seus diarios e memorias, e a posterior reinserción dos damnificados e rectificación do goberno pola inxustiza cometida.
Dirección
CABO VILLAVERDE, MIGUEL (Titoría)
CABO VILLAVERDE, MIGUEL (Titoría)
Tribunal
Cagiao Vila, María Pilar (Presidente/a)
LANERO TABOAS, DANIEL (Secretario/a)
BAZ VICENTE, MARIA JESUS (Vogal)
Cagiao Vila, María Pilar (Presidente/a)
LANERO TABOAS, DANIEL (Secretario/a)
BAZ VICENTE, MARIA JESUS (Vogal)
Dos comités á cidadanía pasando polas urnas: O maurismo como cultura política nos distritos de Noia e Padrón (1910-1923)
Autoría
J.L.V.P.
Grao en Historia
J.L.V.P.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2024 16:00
20.06.2024 16:00
Resumo
O presente traballo pretende unha aproximación ao estudo do maurismo en Galicia (na franxa que abarca os concellos comprendidos nos distritos de Noia, Padrón e as áreas circundantes), nun marco local que entendemos coma propicio a estas investigacións, dirixidas á identificación das orixes e concrecións prácticas daquel ideal da “contrarrevolución conservadora” e a politización das “masas neutras”. Partindo deste punto, a ambición do texto é a de ofertar un marco interpretativo co que poder ler este mesmo fenómeno noutros espazos, ao tempo que afondar no coñecemento bruto do que dispoñemos a cerca do modo no que o dito maurismo se instalou e concretou en diversos centros e iniciativas. Entre estes últimos destacaríamos a dirección de activas campañas electorais, mobilización de masas, publicación de prensa propia ou tecido de redes internas de relación, formadas polos centros mauristas da zona; a cuia identificación dedicamos tamén boa parte dos noso esforzos. Finalmente, procuramos tamén atender á observación das lóxicas internas dos individuos, clientelas e grupos de interese envoltos nestas realidades, coma promotores ou competidores do emerxente maurismo galego; o cal veremos sempre acompañado de inimigos e aliados sobre os que tamén colocamos o noso foco.

Voltar a serra de Terzas. Serafín Estévez Martínez: historia e memoria dun exiliado galego.
Autoría
U.N.E.
Grao en Historia
U.N.E.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2024 10:00
20.06.2024 10:00
Resumo
Cando indagamos o acontecido na Guerra de España, historia e memoria convértense en dous enfoques necesarios para interpretar pasado. Ambas serven para rescatar os relatos da persecución e a represión sobre os vencidos, sobre todo de aquelas persoas anónimas que non tiveron nin se lles deu voz para contar o que viviron. Este traballo parte da premisa de dar voz a un relato anónimo para artellar o periplo vital dunha maioría. Polo tanto, analizaremos o exilio e a volta ao Estado español franquista dos combatentes galegos tras a Guerra Civil a través da figura de Serafín Estévez Martínez cuxa vida nos servirá como eixo vertebrador do que moitos galegos experimentaron. Trátase de facer unha investigación histórica achegándonos a participación destes na Resistencia francesa, así como nos campos de concentración franceses ou o estadío no cárcere. O traballo basearase na análise das fontes primarias conservadas pola familia do suxeito, como cartas e documentos da época, cun apoio da historia oral recollida a través de distintas entrevistas e unha revisión bibliográfica dos distintos temas tratados, para dar cobertura a todas as cuestións e poder reconstruír a experiencia individual a vez que contribuír a lóxica do afán colectivo de combater a idea de esquecemento.

A promoción da ecclesia no reinado de Constantino: beneficios adquiridos a partir do corpus legal constantinano, a manumissio in ecclesia.
Autoría
E.P.B.
Grao en Historia
E.P.B.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2024 10:00
19.06.2024 10:00
Resumo
O período de tempo baixo o cal o imperio estivo gobernado por Constantino o Grande(ca. 272-337 d.C) foi sen lugar a dúbida unha das maiores épocas de transformación no Imperio Romano. A conversión de Constantino no marco do seu ascenso ao poder e da súa longa traxectoria espiritual levouno á constante promoción do cristianismo na súa obra lexislativo-política como prínceps desde o ámbito económico ao institucional. Elevou ao cristianismo desde unha posición marxinal e perseguida ao pleno centro do poder imperial e potenciou aos membros da comunidade cristiá a unha nova dimensión política , institucional e social. O feito lexislativo que supón un dos maiores puntos de inflexión vinculados a esta nova dimensión social do bispo será a capacidade de manumitir escravos nas igrexas en presenza do mesmo, a manumissio in eclessia ou in sacrosantis ecclessis, que como veremos máis adiante, outorgaralle atribucións de primeira orde con importantes consideracións desde un punto de vista xurídico e social.

LOPEZ BARJA DE QUIROGA, PEDRO MANUEL (Titoría)
LOPEZ BARJA DE QUIROGA, PEDRO MANUEL (Titoría)
Tribunal
GARCIA QUINTELA, MARCO VIRGILIO (Presidente/a)
VALDERRABANO GONZALEZ, IRUNE (Secretario/a)
FERNANDEZ CANOSA, JOSE ANGEL (Vogal)

Os motíns dentro do exército cesariano
Autoría
S.O.T.M.
Grao en Historia
S.O.T.M.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2024 10:00
19.06.2024 10:00
Resumo
A Guerra Civil que enfrentou a Xulio César e Cneo Pompeio supuxo un punto de inflexión na historia de Roma. Nela, César foi capaz de impoñerse grazas en gran parte á superioridade militar da que gozaba: o exército colonial que lle servira nas Galias e que formou o núcleo duro das súas forzas durante a contienda civil. As fontes clásicas difundiron o relato dunhas tropas fieis ao seu comandante, cun vínculo sólido que se forxou nas campañas anteriores e comprometidas co discurso político cesariano. Porén, esta imaxe dunha lealtade cega queda en entredito ao recoñecer varios procesos de amotinamento no seo das lexións de César. A través do presente traballo trataremos de agocharnos a estes episodios, entender as súas causas, contexto e consecuencias, así como intentaremos dar resposta á pregunta de ata que punto podemos rastrexar neles unha conciencia política que levaría aos soldados a sublevarse.

Raíñas e mulleres na España contemporánea: a feminidade hexemónica na transición do século XIX ao XX a través das figuras de María Cristina de Habsburgo e Victoria Eugenia de Battenberg.
Autoría
D.R.F.
Grao en Historia
D.R.F.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2024 18:00
19.06.2024 18:00
Resumo
Coa construción do estado liberal-burgués na Europa contemporánea atopámonos coa edificación dunha nova dimensión das figuras monárquicas coma representantes ideais dos valores hexemónicos na sociedade. Isto faise aínda máis evidente no caso das raíñas na transición entre o século XIX e o XX, onde numerosos procesos históricos, como o desenvolvemento da loita feminista ou a inclusión da muller no mundo laboral, acabaron por rachar ca xerarquización sexual decimonónica e, por tanto, co ‘anxo do fogar’. Nacía así un novo modelo de feminidade hexemónica para comezos do século XX. A mediatización das figuras monárquicas, así como tamén a súa representatividade icónica, permiten canalizar estas transformacións socio-culturais a través da súa proxección social. É por tanto que este Traballo de Fin de Grao se presenta coma unha análise da transformación do ideal feminino en España entre finais do século XIX e comezos do XX a través da representatividade de María Cristina de Habsburgo-Lorena (1858-1929) e Victoria Eugenia de Battenberg (1887-1969). Isto será exposto a través do seu axuste aos patróns de xénero da súa contemporaneidade, a relación disto coa súa presenza persoal, ás veces disidente, ou a súa importancia coma método de estudo da historia das mulleres en España.

A interpretación e uso da barbarie nas fontes clásicas
Autoría
G.R.P.
Grao en Historia
G.R.P.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2024 10:00
19.06.2024 10:00
Resumo
O bárbaro foi un dos principais suxeitos de alteridade durante a Idade Antiga, destacando pola súa presenza continuada nas obras dunha ampla gama de autores. Este termo non só denotaba aos estranxeiros, senón que tamén simbolizaba todo o que era alleo e contrario ás civilizacións grega e romana. Ao longo da Antigüidade, a figura do bárbaro aparece recurrentemente nas fontes literarias, o que permite un análise profundo do seu tratamento. O estudo da presenza dos bárbaros nas diversas fontes literarias non só facilita a comprensión de como eran percibidos e representados en cada obra, senón que tamén permite establecer diferentes paradigmas de aplicación da barbarie. Estas representacións reflicten as tensións culturais e políticas de cada época, e a súa evolución mostra como as civilizacións grega e romana se relacionaban cos pobos estranxeiros. Ademais, o análise destas fontes literarias revela como a percepción dos bárbaros cambiou co tempo, adaptándose a diferentes contextos. Desde as primeiras menciones nos textos de Homero e Heródoto ata as descricións de Amiano Marcelino, a imaxe do bárbaro experimentou transformacións significativas. Estes cambios reflicten a evolución das identidades culturais grega e romana e a súa capacidade para integrar ou rexeitar aos outros. Deste modo, o bárbaro, como suxeito de alteridade, ofrece unha ventá moi valiosa para entender as dinámicas de inclusión e exclusión na Antigüidade, así como a construción da identidade cultural no mundo antigo.

La sociedad en A Coruña durante los primeros compases del franquismo. Reconstrucción de los niveles de vida de las familias herculinas. Años 1940-1950
Autoría
N.M.M.
Grao en Historia
N.M.M.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 10:00
23.07.2024 10:00
Resumo
investigación centrada en los niveles de vida de los habitantes de A Coruña durante los primeros años del franquismo, desde el período de posguerra. En la primera parte del trabajo, se explica la metodología usada, pasando por el contexto y las estructuras demográficas y económicas de la época. El grueso del trabajo se compone por el propio estudio de los niveles de vida, que se basa en la recolección de fuentes primarias sobre la ciudad. Por un lado, se tratan las estructuras familiares, explicando la tipología de las familias herculinas y su situación laboral (tipos de empleos y salarios). Por otro lado, se analiza el consumo familiar de la época, centrando la investigación en los productos de consumo y en el gasto familiar en base a estos. En conclusión, se trata de hacer una recreación de los niveles de vida de las familias herculinas mediante el estudio de fuentes primarias y buscar, con estas, una visión distinta a la de las fuentes bibliográficas clásicas.
investigación centrada en los niveles de vida de los habitantes de A Coruña durante los primeros años del franquismo, desde el período de posguerra. En la primera parte del trabajo, se explica la metodología usada, pasando por el contexto y las estructuras demográficas y económicas de la época. El grueso del trabajo se compone por el propio estudio de los niveles de vida, que se basa en la recolección de fuentes primarias sobre la ciudad. Por un lado, se tratan las estructuras familiares, explicando la tipología de las familias herculinas y su situación laboral (tipos de empleos y salarios). Por otro lado, se analiza el consumo familiar de la época, centrando la investigación en los productos de consumo y en el gasto familiar en base a estos. En conclusión, se trata de hacer una recreación de los niveles de vida de las familias herculinas mediante el estudio de fuentes primarias y buscar, con estas, una visión distinta a la de las fuentes bibliográficas clásicas.
Dirección
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Titoría)
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Titoría)
Tribunal
RICO BOQUETE, EDUARDO (Presidente/a)
BARCA , STEFANIA (Secretario/a)
REY TRISTAN, EDUARDO (Vogal)
RICO BOQUETE, EDUARDO (Presidente/a)
BARCA , STEFANIA (Secretario/a)
REY TRISTAN, EDUARDO (Vogal)
O xuízo de Eichmann en Xerusalén
Autoría
O.M.G.Z.
Grao en Historia
O.M.G.Z.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 10:00
23.07.2024 10:00
Resumo
Durante os anos 1961-1962 Adolf Eichmann, tamén coñecido como o “arquitecto do Holocausto”, foi axusticiado en Xerusalén polos seus crimes de guerra, crimes contra o pobo xudeo e crimes contra a Humanidade, O seu xuízo foi o primero proceso xudicial televisado para todo o mundo, tendo gran repercusión na opinión pública global, e provocando o xurdimento de diversos debates de índole moral, xurídica e histórica. Varios intelectuais amosaron interese no tema, desenvolvendo estudos e perspectivas distintas. Unha das máis sobresaíntes é a explicación de Hannah Arendt, unha filósofa xudea estadounidense de orixe alemán que se atopaba presente no xuízo entre as butacas dos xornalistas. Ela desenvolveu o que denominou a “banalidade do mal”, sendo o pensamento irreflexivo o centro da acción, podendo levar a calquer persoa co afán de salientar a cometer atrocidades como foi a Holocausto. Ante esta postura xurdiron moitas outras contrarias que a criticaron duramente, interpretándoa como unha xustificación das accións de Eichmann como algo banal, e non motivado polo seo fanatismo nazi e antisemitismo, mesmo chegando a malentender esta teoría como unha defensa de Eichmann. Ao longo deste traballo analizaremos o proceso xudicial de Eichmann e as diferentes teorías que este inspirou, prestando gran atención á interpretación desde xuízo dende a perspectiva de Hannah Arendt e as críticas que xurden a raíz da mesma, permitíndonos estudar dende unha perspectiva histórica, non solo os feitos, senon a repercusión que estos mismos tiveron na sociedade de mediados do século XX e que seguen a resultar fundamentais para interpretar e actuar frente aos distintos contextos bélicos ata o presente.

Conciencia de clase e burguesía na Francia decimonónica
Autoría
E.M.P.
Grao en Historia
E.M.P.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é comprobar a persistencia do antigo réxime a través dunha clase social nodal (a burguesía) nun estado-nación nodal (Francia posrevolucionaria). Para iso hai que ter en conta o que se entende por burguesía, contextualizándoa no seu tempo tendo en conta a súa orixe e desenvolvemento e como se implantou en Francia a partir de Luís XVI. Tamén se fixo fincapé no seu papel de axente revolucionario, especialmente na dirección e control das masas populares para conseguir o control definitivo do aparello estatal, apoderándose dos espazos (e propiedades) das antigas clases privilexiadas. Todo isto, co obxectivo final de demostrar se o Antigo Réxime persiste na clase burguesa, así como na suposta nova sociedade que se fundou despois de 1789. As principais fontes que sustentarán este traballo serán La persistencia del Antiguo Régimen. ” de Arno Mayer, De campesinos a franceses de Emile Weber e Años de Vertigo de Blom.

MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Titoría)
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Titoría)
Tribunal
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Titor do alumno)

A Antiga Grecia no medio audiovisual e interactivo do s.XXI
Autoría
E.A.A.
Grao en Historia
E.A.A.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 11:30
23.07.2024 11:30
Resumo
Os medios de comunicación de masas teñen sen dúbida unha capacidade moito maior que academia de chegar ó conxunto da sociedade. O seu estudo se nos presenta fundamental, non só por oficio, senón por deber. Neste traballo pretendemos acadar unha maior comprensión da antiguidade grega a través da análise que se fai da mesma nos medios cinematográfico e videolúdico deste milenio. Trataremos a evolución do cine de tema grego e clásico remontándonos ata a mesma orixe do medio, pasando pola conformación do xénero peplum ata chegar á actualidade. A partir de principios de século establecemos o punto de partida da revitalización do cine de tema antigo, e polo tanto grego. Este é paralelo ó gran desenvolvemento da industria do videoxogo durante os primeiros lustros do século, polo que a súa conxunción se nos antoxa máis que adecuada. Mediante un estudo comparado entre as obras fílmicas e lúdicas buscaremos responder a preguntas que xiran en torno ás razóns da menor expresión grega en comparación coa romana, as permanencias do cine clásico nas cintas e nos medios da actualidade, e ó tipo de relación que se da entre o cine e o videoxogo.
Os medios de comunicación de masas teñen sen dúbida unha capacidade moito maior que academia de chegar ó conxunto da sociedade. O seu estudo se nos presenta fundamental, non só por oficio, senón por deber. Neste traballo pretendemos acadar unha maior comprensión da antiguidade grega a través da análise que se fai da mesma nos medios cinematográfico e videolúdico deste milenio. Trataremos a evolución do cine de tema grego e clásico remontándonos ata a mesma orixe do medio, pasando pola conformación do xénero peplum ata chegar á actualidade. A partir de principios de século establecemos o punto de partida da revitalización do cine de tema antigo, e polo tanto grego. Este é paralelo ó gran desenvolvemento da industria do videoxogo durante os primeiros lustros do século, polo que a súa conxunción se nos antoxa máis que adecuada. Mediante un estudo comparado entre as obras fílmicas e lúdicas buscaremos responder a preguntas que xiran en torno ás razóns da menor expresión grega en comparación coa romana, as permanencias do cine clásico nas cintas e nos medios da actualidade, e ó tipo de relación que se da entre o cine e o videoxogo.
Dirección
VILLANUEVA ACUÑA, MANUEL (Titoría)
VILLANUEVA ACUÑA, MANUEL (Titoría)
Tribunal
LOPEZ BARJA DE QUIROGA, PEDRO MANUEL (Presidente/a)
ARGUELLES ALVAREZ, PATRICIA ANA (Secretario/a)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
LOPEZ BARJA DE QUIROGA, PEDRO MANUEL (Presidente/a)
ARGUELLES ALVAREZ, PATRICIA ANA (Secretario/a)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Ecoloxismos e Fascismos no século XX: o medioambiente como corpo nacional
Autoría
D.T.R.
Grao en Historia
D.T.R.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 10:00
23.07.2024 10:00
Resumo
Os Fascismos son movementos político-sociais que atinxen a todos os aspectos da vida diaria, e o ecoloxismo non é unha excepción. Así, dentro no desenvolvemento das teorías nacionalistas, especialmente en potencias fascistizadas (España e Portugal) e fascistas (Alemaña e Italia), o medioambiente xogará un papel determinante na construción da identidade nacional, rexeitándose o modelo existente, froito da Revolución Industrial e a Modernidade. Deste xeito, proponse unha volta ao rural porque este estaría menos influído por todas as correntes modernas. Estas, ademais, eran de orixe estranxeira, polo que non tiñan cabida dentro dun sistema que era alleo ás mesmas, así que a súa introdución e asimilación resultaba na alienación da poboación e, como consecuencia, a perda dos valores nacionais. Deste xeito, a nación entraba en crise, e o que se precisaba era esa volta ao rural para reconectar á poboación coa natureza, pero tamén a expulsión desas influencias estranxeiras, de aí o desenvolvemento dunha economía autárquica. Todo isto, sería en beneficio da nación. Esta definición da comunidade nacional con criterios que chegan a plantexamentos étnicos, vese influenciada tamén polo desenvolvemento de postulados racistas baixo un punto de vista “científico”, xurdindo entón razas superiores e inferiores. Isto, levará ao dereito de conquista para establecer unha nova orde.

BARCA , STEFANIA (Titoría)
BARCA , STEFANIA (Titoría)
Tribunal
NUÑEZ SEIJAS, XOSE MANOEL (Presidente/a)
BARRAL MARTINEZ, MARGARITA (Secretario/a)
PAZOS PAZOS, M. LUISA JULIA (Vogal)
NUÑEZ SEIJAS, XOSE MANOEL (Presidente/a)
BARRAL MARTINEZ, MARGARITA (Secretario/a)
PAZOS PAZOS, M. LUISA JULIA (Vogal)
A poboación xudaica na Coroa de Castela durante o reinado dos Reis Católicos: relacións, condicións e expulsión.
Autoría
M.T.C.
Grao en Historia
M.T.C.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 10:00
23.07.2024 10:00
Resumo
O presente traballo analizará o proceso de articulación da minoría xudía na estrutura social castelá durante a época dos Reis Católicos, co obxectivo de coñecer tanto as súas condicións como as razóns que a levan a entrar en conflito cos distintos sectores sociais. Para iso afondaremos na relación da comunidade xudía coa monarquía, na que se aprecia unha etapa inicial de políticas de tolerancia e protección que muta cara á súa erradicación ou bautismo forzoso. Estudarase como os monarcas, alentados por diversas razóns de carácter político, económico, social e sobre todo relixioso, ao amparo da Inquisición, percorren un camiño ata decretar a expulsión da comunidade sefardita dos seus respectivos territorios o 31 de marzo de 1492. Xunto a iso avaliarase o impacto económico e social que a marcha dos xudeus supuxo tanto para a comunidade sefardita, como para a España medieval.
O presente traballo analizará o proceso de articulación da minoría xudía na estrutura social castelá durante a época dos Reis Católicos, co obxectivo de coñecer tanto as súas condicións como as razóns que a levan a entrar en conflito cos distintos sectores sociais. Para iso afondaremos na relación da comunidade xudía coa monarquía, na que se aprecia unha etapa inicial de políticas de tolerancia e protección que muta cara á súa erradicación ou bautismo forzoso. Estudarase como os monarcas, alentados por diversas razóns de carácter político, económico, social e sobre todo relixioso, ao amparo da Inquisición, percorren un camiño ata decretar a expulsión da comunidade sefardita dos seus respectivos territorios o 31 de marzo de 1492. Xunto a iso avaliarase o impacto económico e social que a marcha dos xudeus supuxo tanto para a comunidade sefardita, como para a España medieval.
Dirección
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titoría)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titoría)
Tribunal
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
A Guerra Fría Cultural en América Latina a través de Cuadernos
Autoría
R.V.E.
Grao en Historia
R.V.E.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 10:00
23.07.2024 10:00
Resumo
Durante a Guerra Fría, a propaganda cultural emerxeu como un compoñente crucial da rivalidade entre as dúas superpotencias. Máis aló da diplomacia convencional e as alianzas militares, tanto Estados Unidos como a Unión Soviética empregaron a cultura como un instrumento para gañar influencia global e moldear a percepción pública. O Congreso pola Liberdade da Cultura, financiado indirectamente pola CIA, foi a plataforma que Estados Unidos utilizou na súa ofensiva cultural. Entre as súas principais accións destaca a subvención de revistas co obxectivo de promover unha visión anticomunista, prol-occidental e democrática do mundo. Neste sentido, Cadernos foi a revista hispanohablante creada polo Congreso para a súa actuación en América Latina. A publicación abordou temas como o golpe de estado en Guatemala en 1954 e a Revolución Cubana, interpretando estes eventos desde unha perspectiva aliñada cos intereses estadounidenses. Así mesmo, tivo que abrirse paso nun continente de crecente antiamericanismo.
Durante a Guerra Fría, a propaganda cultural emerxeu como un compoñente crucial da rivalidade entre as dúas superpotencias. Máis aló da diplomacia convencional e as alianzas militares, tanto Estados Unidos como a Unión Soviética empregaron a cultura como un instrumento para gañar influencia global e moldear a percepción pública. O Congreso pola Liberdade da Cultura, financiado indirectamente pola CIA, foi a plataforma que Estados Unidos utilizou na súa ofensiva cultural. Entre as súas principais accións destaca a subvención de revistas co obxectivo de promover unha visión anticomunista, prol-occidental e democrática do mundo. Neste sentido, Cadernos foi a revista hispanohablante creada polo Congreso para a súa actuación en América Latina. A publicación abordou temas como o golpe de estado en Guatemala en 1954 e a Revolución Cubana, interpretando estes eventos desde unha perspectiva aliñada cos intereses estadounidenses. Así mesmo, tivo que abrirse paso nun continente de crecente antiamericanismo.
Dirección
REY TRISTAN, EDUARDO (Titoría)
REY TRISTAN, EDUARDO (Titoría)
Tribunal
Cagiao Vila, María Pilar (Presidente/a)
LANERO TABOAS, DANIEL (Secretario/a)
BAZ VICENTE, MARIA JESUS (Vogal)
Cagiao Vila, María Pilar (Presidente/a)
LANERO TABOAS, DANIEL (Secretario/a)
BAZ VICENTE, MARIA JESUS (Vogal)
A revolución social na economía: as colectivizacións de terras, industrias e servizos na zona republicana na Guerra Civil Española (1936-1939)
Autoría
M.U.B.T.
Grao en Historia
M.U.B.T.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 10:00
23.07.2024 10:00
Resumo
Durante a Guerra Civil Española (1936-1939), na zona republicana desenvolvéronse unhas mudanzas políticas, sociais e económicas que podemos cualificar como revolucionarias, pola súa profundidade e porque se deberon á posición de poder na que as organizacións de carácter revolucionario (anarquistas e socialistas) quedaron naquelas zonas onde conseguiran derrotar coas súas armas aos militares sublevados en xullo de 1936, e a conseguinte debilidade na que quedou o Estado republicano. Neste traballo afondaremos no aspecto económico desa revolución, cuxa manifestación máis tanxíbel foron as colectivizacións que os sindicatos e partidos revolucionarios impulsaron tanto nas industrias e servizos das cidades e vilas como na agricultura e a gandaría do campo, onde traballaba a maioría da poboación activa española naquela época. Analizaremos os diversos aspectos que encerra este tema, desde as formulacións teóricas das que partían os seus promotores e os antecedentes prácticos ata a oposición que suscitaron, pasando pola súa implantación, funcionamento cotián e problemas internos e externos, centrándonos territorialmente nas rexións de Cataluña, Aragón e Castela-A Mancha, debido ás diferentes características que tivo o proceso colectivizador nestas zonas.

Con nome de muller. As artistas nos últimos anos do franquismo (1960-1975)
Autoría
P.G.G.
Grao en Historia da Arte
P.G.G.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.02.2024 10:30
20.02.2024 10:30
Resumo
O presente traballo de fin de grao consiste nun estudo sobre algunhas das mulleres que realizaron a súa actividade artística durante os últimos quince anos da ditadura franquista. Neste traballo reúnese a súa biografía e obra, ademais de facerse unha análise e crítica das limitacións sociais e institucionais que tiveron por cuestións de xénero. A través da recompilación da historiografía existente móstrase o esquecemento ao que estas foron sometidas durante o franquismo e nos anos inmediatamente posteriores. O obxectivo desta recompilación de biografías é mostrar a ampla e diversa variedade de mulleres artistas que existiron nestes anos e a gran variedade de obra realizada que abarca diversos estilos e modalidades artísticas, dende a pintura á arte conceptual. Preténdese facer unha labor de posta en valor destas artistas así como visibilizar a necesidade de facer que a súa obra forme parte dun xeito máis igualitario tanto nas diferentes institucións, como os museos, como no ámbito da educación.

BARRAL RIVADULLA, Mª DOLORES (Coordinador)

Os memes na cultura audiovisual contemporánea: Orixes, Tipoloxías e Influencias.
Autoría
L.A.V.
Grao en Historia da Arte
L.A.V.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.02.2024 10:00
20.02.2024 10:00
Resumo
O traballo abrangue o concepto de meme centrándose nos aspectos máis importantes para entendelos no seu contexto e relación coa sociedade actual. Deste xeito, téñense en conta o nacemento do meme e as súas orixes relacionadas co aspecto científico e a súa evolución ata o que serían os precedentes do coñecido meme da era dixital, aludindo así a momentos histórico-artísticos como surrealismo, kitsch, caricaturas e viñetas ou a aparición de series na cultura audiovisual. Acompáñase cunha análise empírica das tipoloxías de memes que se dividen polo seu contido e intencionalidade (cómics de Rage, Trollfaces, Soywojak, Virgins-Chads, Average fan-enjoyer, Fried images e shitpost) e a súa forma como elemento. audiovisuais (vídeos, textos, asociación texto-imaxe), que posteriormente permiten relacionar o fenómeno meme cunha forma de comunicación e aplicalo á linguaxe e ao sistema da sociedade actual.

NOGUEIRA OTERO, XOSE (Titoría)
NOGUEIRA OTERO, XOSE (Titoría)
Tribunal
LOPEZ SILVESTRE, FEDERICO ANTONIO (Presidente/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Secretario/a)
CAPELAN FERNANDEZ, MONTSERRAT (Vogal)
LOPEZ SILVESTRE, FEDERICO ANTONIO (Presidente/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Secretario/a)
CAPELAN FERNANDEZ, MONTSERRAT (Vogal)
Máis alá da condena: unha reinterpretación da imaxe da luxuria na arte románica
Autoría
I.M.F.S.
Grao en Historia da Arte
I.M.F.S.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.02.2024 10:30
20.02.2024 10:30
Resumo
Se observamos a arte da época románica, un dos motivos máis abundantes en canzorros, chapiteis e portadas son as diversas figuras interpretadas como representacións da luxuria. Para investigar estas complexas imaxes, este estudo parte dunha base teórica nos seus primeiros apartados, orientada a explorar as perspectivas históricas e morais sobre o pecado durante a Idade Media. A parte principal da obra céntrase na luxuria, mergullándose no ámbito artístico, abordando tanto a súa iconografía como a súa iconoloxía, co obxectivo de propoñer e desentrañar significados alternativos. Desde as sereas e centauros ata mulleres que dan a luz, multitude de escenas e personaxes foron interpretados como manifestacións da luxuria. Neste contexto, a icónica figura da “femme aux serpents” eríxese como a súa máxima expresión e, polo tanto, como protagonista central deste traballo.
Se observamos a arte da época románica, un dos motivos máis abundantes en canzorros, chapiteis e portadas son as diversas figuras interpretadas como representacións da luxuria. Para investigar estas complexas imaxes, este estudo parte dunha base teórica nos seus primeiros apartados, orientada a explorar as perspectivas históricas e morais sobre o pecado durante a Idade Media. A parte principal da obra céntrase na luxuria, mergullándose no ámbito artístico, abordando tanto a súa iconografía como a súa iconoloxía, co obxectivo de propoñer e desentrañar significados alternativos. Desde as sereas e centauros ata mulleres que dan a luz, multitude de escenas e personaxes foron interpretados como manifestacións da luxuria. Neste contexto, a icónica figura da “femme aux serpents” eríxese como a súa máxima expresión e, polo tanto, como protagonista central deste traballo.
Dirección
CHAO CASTRO, DAVID (Titoría)
CHAO CASTRO, DAVID (Titoría)
Tribunal
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Presidente/a)
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Secretario/a)
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Vogal)
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Presidente/a)
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Secretario/a)
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Vogal)
A pintura orientalista en España: construción de identidades e proxección colonial durante o século XIX
Autoría
J.M.P.
Grao en Historia da Arte
J.M.P.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.02.2024 17:00
20.02.2024 17:00
Resumo
A partir das premisas expostas por Edward Said, este traballo busca profundar na conexión entre o discurso da alteridade oriental e as tendencias artísticas decimonónicas que tocan o ámbito español. Ciñéndose a análise a un contexto histórico moi concreto, as visións foráneas, o desenvolvemento de xéneros autóctonos e a tardía incorporación das lóxicas colonialistas e imperialistas fan do orientalismo pictórico español un caso excepcional.

SANCHEZ GARCIA, JESUS ANGEL (Titoría)
SANCHEZ GARCIA, JESUS ANGEL (Titoría)
Tribunal
TAIN GUZMAN, MIGUEL (Presidente/a)
LOPEZ CALDERON, CARME (Secretario/a)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Vogal)
TAIN GUZMAN, MIGUEL (Presidente/a)
LOPEZ CALDERON, CARME (Secretario/a)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Vogal)
A Guerra dos Balcáns a través das suas artistas
Autoría
S.M.B.
Grao en Historia da Arte
S.M.B.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.02.2024 17:00
20.02.2024 17:00
Resumo
Despois de contextualizar a Guerra dos Balcáns que tivo lugar entre 1998 e 2001 na antiga Yugoslavia, enfócome en analizar a figura de tres artistas que coas súas obras me axudaron a percorrer os acontecementos como o fixo calquera cidadán que sufrise esta guerra. Trátanse tanto das súas causas, da man de Sanja Ivekovic, como das consecuencias, con Maja Bajevic. Sanja Ivekovic inicia esta historia, protestando e ofrecendo a súa visión sobre o goberno de Tito e a vida que se vivía baixo este. A continuación, Marina Abrámovic, unha das artistas contemporáneas máis importantes da actualidade, conta as consecuencias ocorridas tras a morte do dictador e o posterior choque entre os diferentes nacionalismos da rexión e entre os diferentes credos relixiosos que convivían neste territorio. Coa súa performance, fixo que o mundo reflexionase sobre as consecuencias da guerra, producida por este choque ideolóxico e relixioso. Por último, para rematar o percorrido histórico que viven as persoas afectadas por esta guerra, Maja Bajevic explica unha das principais consecuencias deste tipo de conflitos: a emigración.

Desencontros. Notas sobre a fotografía e o real
Autoría
M.L.N.
Grao en Historia da Arte
M.L.N.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
23.07.2024 10:00
23.07.2024 10:00
Resumo
Toda reflexión sobre un medio calquera de expresión ten que preguntarse pola cuestión dos modos de representación do real. Pero a cuestión do realismo é máis apremiante cando o noso medio é o fotográfico, pois só á fotografía lle esiximos render contas co mundo. O presente traballo sae ao encontro entre a fotografía e o real para discutir dita esixencia. Nun primeiro apartado, presentamos un recorrido polos discursos que incidiron no principio de realidade propio da relación entre a imaxe fotoquímica e o seu referente ao tempo que tratamos de sinalar os seus xiros, as súas superposicións e as súas gretas. Continuamos cunha revisión crítica dos discursos anteriores para amosar que a fotografía non pode ser entendida nin contada dende unha orixe singular, unha narrativa lineal e un significado definitivo. Nun segundo apartado, advertiremos a entrada do azar na fotografía, isto é, os detalles imprevistos que escapan á man e ao ollo do operador. Intromisións que, a súa vez, nos amosarán que a imaxe sempre ten a última palabra. Por todo isto, e ante a imposibilidade de retela, concluímos que a fotografía aínda non foi inventada.
Toda reflexión sobre un medio calquera de expresión ten que preguntarse pola cuestión dos modos de representación do real. Pero a cuestión do realismo é máis apremiante cando o noso medio é o fotográfico, pois só á fotografía lle esiximos render contas co mundo. O presente traballo sae ao encontro entre a fotografía e o real para discutir dita esixencia. Nun primeiro apartado, presentamos un recorrido polos discursos que incidiron no principio de realidade propio da relación entre a imaxe fotoquímica e o seu referente ao tempo que tratamos de sinalar os seus xiros, as súas superposicións e as súas gretas. Continuamos cunha revisión crítica dos discursos anteriores para amosar que a fotografía non pode ser entendida nin contada dende unha orixe singular, unha narrativa lineal e un significado definitivo. Nun segundo apartado, advertiremos a entrada do azar na fotografía, isto é, os detalles imprevistos que escapan á man e ao ollo do operador. Intromisións que, a súa vez, nos amosarán que a imaxe sempre ten a última palabra. Por todo isto, e ante a imposibilidade de retela, concluímos que a fotografía aínda non foi inventada.
Dirección
LOPEZ SILVESTRE, FEDERICO ANTONIO (Titoría)
LOPEZ SILVESTRE, FEDERICO ANTONIO (Titoría)
Tribunal
GARBAYO MONTABES, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Secretario/a)
NOGUEIRA OTERO, XOSE (Vogal)
GARBAYO MONTABES, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Secretario/a)
NOGUEIRA OTERO, XOSE (Vogal)
Material Memoria. Berta Cáccamo
Autoría
O.M.C.G.
Grao en Historia da Arte
O.M.C.G.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
23.07.2024 10:00
23.07.2024 10:00
Resumo
A pesar da súa repentina morte en 2018 aos 54 anos, Berta Cáccamo xa era unha artista consolidada en Galicia e no Estado Español, con varias monografías e exposicións en solitario tanto en institucións públicas como privadas. Tivo tamén a fortuna de poder explicar os seus procesos creativos a través da súa tese doutoral e de numerosas entrevistas e artigos, sempre dende unha reflexión case introvertida. Por iso, neste traballo buscamos focalizarnos noutros aspectos da súa vida e obra, centrándonos especialmente nas súas colaboracións en diversos proxectos, a súa achega como ilustradora e a labor como profesora na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Outro elemento que destacamos aquí é a creación do Legado Berta Cáccamo, unha entidade dinamizadora que deu relevancia ao arquivo da artista e situou a súa obra nas principais coleccións do estado, destacando a adquisición por parte do Museo Reina Sofía e a doazón ao Museo de Pontevedra.
A pesar da súa repentina morte en 2018 aos 54 anos, Berta Cáccamo xa era unha artista consolidada en Galicia e no Estado Español, con varias monografías e exposicións en solitario tanto en institucións públicas como privadas. Tivo tamén a fortuna de poder explicar os seus procesos creativos a través da súa tese doutoral e de numerosas entrevistas e artigos, sempre dende unha reflexión case introvertida. Por iso, neste traballo buscamos focalizarnos noutros aspectos da súa vida e obra, centrándonos especialmente nas súas colaboracións en diversos proxectos, a súa achega como ilustradora e a labor como profesora na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Outro elemento que destacamos aquí é a creación do Legado Berta Cáccamo, unha entidade dinamizadora que deu relevancia ao arquivo da artista e situou a súa obra nas principais coleccións do estado, destacando a adquisición por parte do Museo Reina Sofía e a doazón ao Museo de Pontevedra.
Dirección
PEREZ VARELA, ANA (Titoría)
PEREZ VARELA, ANA (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
LOPEZ CALDERON, CARME (Secretario/a)
MOURE PAZOS, IVAN (Vogal)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
LOPEZ CALDERON, CARME (Secretario/a)
MOURE PAZOS, IVAN (Vogal)
A creación artística como motor de denuncia feminista: os casos de Mary Beth Edelson e Marisa González
Autoría
T.F.I.
Grao en Historia da Arte
T.F.I.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
23.07.2024 10:00
23.07.2024 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao (TFG) xira en torno ao papel da arte como medio de expresión e protesta feminista, estudando as aportacións de Mary Beth Edelson e Marisa González. Desta forma, profundizarase nos contextos históricos dos Estados Unidos e do Estado Español nas décadas dos setenta e oitenta do século XX , nun período onde as realidades sociais e políticas destes países é completamente distinta, pero en ámbolos dous, en maior ou menor medida, a efervescencia da loita feminista é perceptible e crucial. Así mesmo, abordaranse os primeiros logros na loita pola emancipación da muller como precedentes dunha revisión bibliográfica acerca das distintas correntes feministas que se dan na época. As dúas artistas ás que nos aproximaremos foron pioneiras en forma e contido; no uso das tecnoloxías emerxentes na arte, experimentando con elas e conectándoo coa temática das súas obras, que reflexan e cuestionan as estruturas de poder patriarcais, reinvindicando o corpo feminino e despoxándose dos corsés que instaurara a sociedade.

A necrópole megalítica dos Campiños (Leiro, Rianxo): Traballo de campo, novas tecnoloxías e análise de conservación.
Autoría
L.V.F.
Grao en Historia
L.V.F.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2024 12:00
19.06.2024 12:00
Resumo
Os Campiños é unha das necrópoles tumulares e megalíticas máis importantes da península do Barbanza e do Baixo Ulla. Isto é debido tanto á magnitude dalgúns dos seus monumentos, que conservan ortostatos e coirazas pétreas en superficie, como á existencia dunha estela antropomorfa decorada aparecida durante as escavacións arqueolóxicas realizadas no ano 1984, que posúe gravados prehistóricos. Os obxectivos deste Traballo de Fin de Grao son, por un lado, realizar un estudo de actualización arqueolóxica de campo sobre a necrópole, recollendo datos de primeira man para poder contrastalos coas investigacións previas e analizar o grao de conservación actual. Por outra parte, en canto á estela, co obxectivo de revisitar as investigacións anteriores, proponse a realización dun modelo 3D mediante fotogrametría de obxecto cercano e a súa análise mediante técnicas de imaxe dixital. No traballo conclúese que a necrópole presenta un estado de conservación actual deficiente, sendo necesarias actuacións inmediatas de limpeza e posta en valor do conxunto monumental. No que respecta á estela antropomorfa, as técnicas de imaxe dixital permiten observar posibles novos motivos que veñen a completar o programa iconográfico xa coñecido.

MOSQUERA CASTRO, TANIA (Titoría)
MOSQUERA CASTRO, TANIA (Titoría)
A guerra ¿Avance ou Retroceso?: A bomba nuclear e as súas repercusiones na humanidade
Autoría
A.P.P.
Grao en Historia
A.P.P.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2024 10:00
20.06.2024 10:00
Resumo
A guerra é un fenómeno social, cultural e total que se caracteriza pola pérdida de vidas humanas e a destrucción de infraestructuras, polo que se relaciona directamente este evento cunha catástrofe, pero ¿É isto certo? ¿A guerra provoca un avance ou un retroceso social? Neste documento estudiaremos os componentes da 2º Guerra Mundial, e os avances científicos que surxen a partir da mesma, tanto na automovilística, as embarcaciones e a aviación como na propia Energía nuclear e a bomba atómica, un punto de inflexión no que podría ser o mayor invento da historia reciente da humanidade. Con este conxunto de factores, analizaremos como afectou a 2º Guerra Mundial ao conxunto social, o desenvolvemento que pudo producir e as consecuencias que este tivo.
A guerra é un fenómeno social, cultural e total que se caracteriza pola pérdida de vidas humanas e a destrucción de infraestructuras, polo que se relaciona directamente este evento cunha catástrofe, pero ¿É isto certo? ¿A guerra provoca un avance ou un retroceso social? Neste documento estudiaremos os componentes da 2º Guerra Mundial, e os avances científicos que surxen a partir da mesma, tanto na automovilística, as embarcaciones e a aviación como na propia Energía nuclear e a bomba atómica, un punto de inflexión no que podría ser o mayor invento da historia reciente da humanidade. Con este conxunto de factores, analizaremos como afectou a 2º Guerra Mundial ao conxunto social, o desenvolvemento que pudo producir e as consecuencias que este tivo.
Dirección
FERNANDEZ PRIETO, LOURENZO (Titoría)
FERNANDEZ PRIETO, LOURENZO (Titoría)
Tribunal
NUÑEZ SEIJAS, XOSE MANOEL (Presidente/a)
BARRAL MARTINEZ, MARGARITA (Secretario/a)
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Vogal)
NUÑEZ SEIJAS, XOSE MANOEL (Presidente/a)
BARRAL MARTINEZ, MARGARITA (Secretario/a)
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Vogal)
As mulleres do litoral arousán no século XVIII
Autoría
D.A.N.
Grao en Historia
D.A.N.
Grao en Historia
Data da defensa
21.06.2024 10:00
21.06.2024 10:00
Resumo
Ao analizar ás mulleres das poboacións da Ría de Arousa a finais do Antigo Réxime, atopámonos cunhas persoas que, afectadas pola alta emigración masculina característica desta zona, tiveron que asumir en numerosas ocasións a responsabilidade de sacar adiante tanto a elas mesmas como ás súas familias. Así, podemos ver a multitude de arousás traballando en variados oficios simultáneamente. A pesar de que nesta investigación se puxo o foco nas labores relacionados máis directamente co mar, non podemos esquecernos doutros empregos nos que elas estaban implicadas, coma o sector textil, máis aló da agricultura, a gandaría ou o comercio de diferentes produtos. Amais, cuestións pensadas por e para homes como a imposición da Matrícula de Mar tiveron repercusión na vida das arousás, as cales ficaron expostas a perder a seus familiares varóns, que marchaban ao Real Servizo, para logo non recibir (ou recibir chamativamente tarde) as compensacións económicas que lles correspondían por lei, complicando aínda máis súas posibilidades de subsistencia.

REY CASTELAO, OFELIA (Titor do alumno)
REY CASTELAO, OFELIA (Titor do alumno)
Os movementos pola igualdade de dereitos afroamericanos a ollos da prensa do réxime franquista
Autoría
F.J.A.R.
Grao en Historia
F.J.A.R.
Grao en Historia
Data da defensa
21.06.2024 10:00
21.06.2024 10:00
Resumo
Neste traballo estudaranse os patróns de representación dos movementos de igualdade racial polo colectivo afroamericano nas décadas de 1950 e 1960 nos aparatos de prensa do réxime de Franco. Tras iso, tratarase de realizar unha análise sociopolítica acerca destos, centrándose na manipulación da información polo aparato gubernamental español.
Neste traballo estudaranse os patróns de representación dos movementos de igualdade racial polo colectivo afroamericano nas décadas de 1950 e 1960 nos aparatos de prensa do réxime de Franco. Tras iso, tratarase de realizar unha análise sociopolítica acerca destos, centrándose na manipulación da información polo aparato gubernamental español.
Dirección
CABO VILLAVERDE, MIGUEL (Titoría)
CABO VILLAVERDE, MIGUEL (Titoría)
Tribunal
CABO VILLAVERDE, MIGUEL (Titor do alumno)

Aproximacións ao simbolismo e significados do fenómeno megalítico galego
Autoría
D.B.B.
Grao en Historia
D.B.B.
Grao en Historia
Data da defensa
21.06.2024 10:00
21.06.2024 10:00
Resumo
O traballo que a continuación se presenta consiste nunha síntese dalgunhas das dimensións simbólicas do Megalitismo galego. Preténdese levar a cabo unha achega ás lóxicas conceptuais coas que as sociedades megalíticas construiron os seus monumentos. Así pois, desde un primeiro apartado no que se realiza unha contextualización histórica do fenómeno en Galicia, pasarase a unha interpretación do fenómeno desde o punto de vista paisaxístico. A continuación, incluimos un novo apartado adicado ás arquitecturas megalíticas que busca definir algúns aspectos relacionados coa consideración dos megálitos como memoriais culturais. Tamén se inclúe un apartado adicado aos axuares que nos permite falar da importancia simbólica dos obxectos arqueolóxicos. Finalmente, analizamos as manifestacións artísticas como elementos simbólicos presentes nas expresións funerarias.

CARRERO PAZOS, MIGUEL (Titor do alumno)
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Titor do alumno)
O Xuízo de Paris: algunhas versións do mito.
Autoría
L.F.F.
Grao en Historia
L.F.F.
Grao en Historia
Data da defensa
21.06.2024 10:00
21.06.2024 10:00
Resumo
Este traballo céntrase no mito do Xuízo de Paris, un dos máis coñecidos e importantes da mitoloxía grega xa que é o preludio da famosa Guerra de Troia, ilustrada por Homero na súa obra Ilíada. Polo tanto, comezando dende as mencións a dito Xuízo na obra de Homero, realizarase un repaso polos diferentes autores gregos e latinos que tratarán o mito. Con isto farase unha crítica das fontes vendo as diferenzas que hai entre elas, xunto ás visións que se teñen do xuíz, Paris. Despois realizarase outros dous puntos nos que se verá como é o comportamento das deusas na Ilíada e como influe o Xuízo na vítima Helena. Estes dous puntos fanse coa intención de ter unha visión máis amplia do contexto que envolve ao Xuízo e como este influe na guerra.

GARCIA QUINTELA, MARCO VIRGILIO (Titoría)
GARCIA QUINTELA, MARCO VIRGILIO (Titoría)
Tribunal
GARCIA QUINTELA, MARCO VIRGILIO (Titor do alumno)

Reformismo e organización. O Exército profesional no século XVIII
Autoría
N.G.P.
Grao en Historia
N.G.P.
Grao en Historia
Data da defensa
21.06.2024 10:00
21.06.2024 10:00
Resumo
A chegada dos Borbóns trouxo ao longo do século XVIII unha serie de cambios e reformas que provocaron un gran debate na historiografía sobre se foron unha ruptura ou unha continuidade co legado dos Habsburgo. Porén, as reformas relativas ao exército presentan unha gran brecha historiográfica, tanto no propio século XVIII, como na súa situación anterior durante o reinado de Carlos II, de tal xeito que resulta difícil determinar en que medida a nova dinastía representou un punto de inflexión e unha afrancesación do exército, ou pola contra, os seus antecesores xa comezaran a introducir un programa reformista no ámbito militar, do mesmo xeito que outros Estados europeos que se adaptaron ás innovacións tácticas e tecnolóxicas da época.
A chegada dos Borbóns trouxo ao longo do século XVIII unha serie de cambios e reformas que provocaron un gran debate na historiografía sobre se foron unha ruptura ou unha continuidade co legado dos Habsburgo. Porén, as reformas relativas ao exército presentan unha gran brecha historiográfica, tanto no propio século XVIII, como na súa situación anterior durante o reinado de Carlos II, de tal xeito que resulta difícil determinar en que medida a nova dinastía representou un punto de inflexión e unha afrancesación do exército, ou pola contra, os seus antecesores xa comezaran a introducir un programa reformista no ámbito militar, do mesmo xeito que outros Estados europeos que se adaptaron ás innovacións tácticas e tecnolóxicas da época.
Dirección
SAAVEDRA VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
SAAVEDRA VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
SAAVEDRA VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titor do alumno)
SAAVEDRA VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titor do alumno)
O poder feminino nas culturas da Área Andina: un análisis precolonial
Autoría
L.V.G.
Grao en Historia
L.V.G.
Grao en Historia
Data da defensa
21.06.2024 10:00
21.06.2024 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao proponse examinar a condición das mulleres na Área Andina antes da chegada dos españoles ao continente americano. Enfocarase principalmente nas culturas Chavín, Moche, Lambayeque e Inca, utilizando como fontes principais a arqueoloxía, a iconografía e os mitos e lendas mantidos na memoria colectiva. Empregarase a metodoloxía da arqueoloxía de xénero para destacar o papel da muller andina como axente histórico, ademais da súa contribución política, social e relixiosa dentro destas sociedades. Búscase así proporcionar unha comprensión máis profunda da posición das mulleres nas estruturas sociais da Área Andina, ofrecendo unha visión máis detallada da súa influencia e participación en diversos aspectos da vida cultural e comunitaria da rexión.

LLINARES GARCIA, MARIA DEL MAR (Titoría)

As ocupacións humanas durante o Paleolítico Medio e o Paleolítico Superior no NW peninsular
Autoría
A.V.R.
Grao en Historia
A.V.R.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2024 10:00
19.06.2024 10:00
Resumo
No presente traballo preténdese ofrecer unha visión diacrónica da evolución das poboacións humanas durante a Prehistoria do noroeste peninsular, tomando como eixe central das estratexias de obtención de materias primas e o comportamento tecnolóxcio humano. O período obxecto de estudo exténdese dende os inicios do Paleolítico Medio ata finais do Paleolítico Superior. A partir da revisión bibliográfica, este traballo aproxima ao estudo da adaptación das poboacións prehistóricas ao entorno durante o contexto de fortes oscilacións climáticas, a pesar das limitacións impostas pola orografía galega e outros condicionantes derivados das investigacións. Nesta adaptación as condicións ambientáis refléxase no rexistro arqueolóxico un paulatino na industria lítica, cunha tendencia cara á fabricación de ferramentras progresivamente más especializadas e cun formato máis reducido, así como una selección máis detallada -e a unha maior distancia- dos procesos de captación da materia prima.

Roles de xénero, política das emocións e poder entre Castela e Portugal no século XV: dos tratados á cronística
Autoría
U.G.C.
Grao en Historia
U.G.C.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2024 10:00
19.06.2024 10:00
Resumo
O presente traballo formula unha análise das masculinidades e feminidades vinculadas ao exercicio do poder de reis e raíñas durante a primeira metade do século XV, dende unha perspectiva comparativa entre os reinos de Castela e Portugal. Para iso, prestaranse atención tanto ás pautas de comportamento, coma á expresividade das emocións, a través das cales comprender a construción das estruturas do poder monárquico, en paralelo ás regras de relación entre os sexos. Partirase entón dun estudo dos modelos normativos de homes e mulleres, reflectidos en tratados morais inseridos no contexto da Querela das Mulleres. Dende aquí, os estándares de conducta contrastaranse coa performatividade dos roles rexios e rexinais recollidos nas crónicas, buscando sintonías e alteracións entre ambos.
O presente traballo formula unha análise das masculinidades e feminidades vinculadas ao exercicio do poder de reis e raíñas durante a primeira metade do século XV, dende unha perspectiva comparativa entre os reinos de Castela e Portugal. Para iso, prestaranse atención tanto ás pautas de comportamento, coma á expresividade das emocións, a través das cales comprender a construción das estruturas do poder monárquico, en paralelo ás regras de relación entre os sexos. Partirase entón dun estudo dos modelos normativos de homes e mulleres, reflectidos en tratados morais inseridos no contexto da Querela das Mulleres. Dende aquí, os estándares de conducta contrastaranse coa performatividade dos roles rexios e rexinais recollidos nas crónicas, buscando sintonías e alteracións entre ambos.
Dirección
PELAZ FLORES, DIANA (Titoría)
PELAZ FLORES, DIANA (Titoría)
Tribunal
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Secretario/a)
SUAREZ GONZALEZ, ANA ISABEL (Vogal)
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Secretario/a)
SUAREZ GONZALEZ, ANA ISABEL (Vogal)
Historia, cultura e identidades en América Latina a través do Reggaetón
Autoría
A.F.G.
Grao en Historia
A.F.G.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2024 16:00
20.06.2024 16:00
Resumo
Este traballo busca comprender aspectos históricos e sociais da América Latina contemporánea través do reggaetón coma produto cultural. A cultura e a arte en todas as súas expresións, neste caso a música, teñen moito que dicir sobre como son as persoas que crean e consumen un determinado tipo de música, como se relacionan entre si e co mundo que os rodea. Por iso mediante os elementos sonoros, visuais e discursivos imos tratar de achegarnos a información histórica e social que nos pode dar: cuestións de longo percorrido histórico coma temas raciais, socioeconómicos, políticos, nacionais, identitarios e de xénero. É dicir, se tomarán como obxecto de análise os suxeitos sociais que crean e proxectan eses mensaxes, e analizaremos como eses tratan de reproducir unhas ideas, uns valores, unhas vivencias, que entenden como propias e que conforman a súa identidade. Ademais non podemos esquecer o reggaetón e os seus elementos discursivos sonoros e visuais, tendo en conta que son produtos culturais, son parte da Historia, e como parte dela non son bloques inmóbiles, senón que presentan a súa propia evolución.
Este traballo busca comprender aspectos históricos e sociais da América Latina contemporánea través do reggaetón coma produto cultural. A cultura e a arte en todas as súas expresións, neste caso a música, teñen moito que dicir sobre como son as persoas que crean e consumen un determinado tipo de música, como se relacionan entre si e co mundo que os rodea. Por iso mediante os elementos sonoros, visuais e discursivos imos tratar de achegarnos a información histórica e social que nos pode dar: cuestións de longo percorrido histórico coma temas raciais, socioeconómicos, políticos, nacionais, identitarios e de xénero. É dicir, se tomarán como obxecto de análise os suxeitos sociais que crean e proxectan eses mensaxes, e analizaremos como eses tratan de reproducir unhas ideas, uns valores, unhas vivencias, que entenden como propias e que conforman a súa identidade. Ademais non podemos esquecer o reggaetón e os seus elementos discursivos sonoros e visuais, tendo en conta que son produtos culturais, son parte da Historia, e como parte dela non son bloques inmóbiles, senón que presentan a súa propia evolución.
Dirección
REY TRISTAN, EDUARDO (Titoría)
REY TRISTAN, EDUARDO (Titoría)
Tribunal
Cagiao Vila, María Pilar (Presidente/a)
LANERO TABOAS, DANIEL (Secretario/a)
BAZ VICENTE, MARIA JESUS (Vogal)
Cagiao Vila, María Pilar (Presidente/a)
LANERO TABOAS, DANIEL (Secretario/a)
BAZ VICENTE, MARIA JESUS (Vogal)
O Agrarismo na comarca de Ordes no período 1900-1940.
Autoría
S.C.P.
Grao en Historia
S.C.P.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2024 10:00
20.06.2024 10:00
Resumo
O presente traballo está orientado ao estudo do movemento agrarista na comarca de Ordes durante o período 1900-1940. Para iso utilizamos recursos como os estatutos e diversas cartas e informacións enviadas ao gobernador civil da Coruña, tentando reconstruír a evolución do asociacionismo a través de estes recursos. Para iso, centrámonos nas organizacións laicas e politicamente non aliñadas con ningún partido, por ser estas as mais numerosas, mais tamén en algunhas relixiosas e mesmo de clase. Dividimos a información con criterios temporais, primeiro durante as últimas décadas do sistema liberal da Restauración (principalmente a partires de 1906 cando se aproba a lei de asociacións, mais tamén grazas á lei de 1887), despois durante a Ditadura de Primo de Rivera e finalmente durante a II República, cun último exemplo de posguerra para ver o cambio que viven tras o conflito.
O presente traballo está orientado ao estudo do movemento agrarista na comarca de Ordes durante o período 1900-1940. Para iso utilizamos recursos como os estatutos e diversas cartas e informacións enviadas ao gobernador civil da Coruña, tentando reconstruír a evolución do asociacionismo a través de estes recursos. Para iso, centrámonos nas organizacións laicas e politicamente non aliñadas con ningún partido, por ser estas as mais numerosas, mais tamén en algunhas relixiosas e mesmo de clase. Dividimos a información con criterios temporais, primeiro durante as últimas décadas do sistema liberal da Restauración (principalmente a partires de 1906 cando se aproba a lei de asociacións, mais tamén grazas á lei de 1887), despois durante a Ditadura de Primo de Rivera e finalmente durante a II República, cun último exemplo de posguerra para ver o cambio que viven tras o conflito.
Dirección
FERNANDEZ PRIETO, LOURENZO (Titoría)
FERNANDEZ PRIETO, LOURENZO (Titoría)
Tribunal
NUÑEZ SEIJAS, XOSE MANOEL (Presidente/a)
BARRAL MARTINEZ, MARGARITA (Secretario/a)
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Vogal)
NUÑEZ SEIJAS, XOSE MANOEL (Presidente/a)
BARRAL MARTINEZ, MARGARITA (Secretario/a)
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Vogal)
O Sinn Féin e a independencia de Irlanda (1905-1926)
Autoría
J.M.B.G.
Grao en Historia
J.M.B.G.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2024 18:00
19.06.2024 18:00
Resumo
Fundado en 1905 como un pequeno partido nacionalista que buscaba obter a independencia de Irlanda mediante a resistencia pasiva e a instauración dunha monarquía dual, o Sinn Féin non logrou consolidarse como unha auténtica forza política na Irlanda anterior á Primeira Guerra Mundial, e semellaba que remataría por desaparecer sen deixar rastro algún. Non obstante, a súa errónea identificación polo público como a organización que estivera detrás do Alzamento de Pascua de 1916 converteuno de súpeto na plataforma común do republicanismo irlandés, e nos anos vindeiros sufriría unha reconversión total, transformándose nun partido de masas que lideraría a loita pola independencia na Guerra Anglo-Irlandesa, antes de dividirse en faccións rivais durante a Guerra Civil Irlandesa e caer de novo na ignominia. No presente traballo buscarase analizar o contexto no que xurdiu, o seu nacemento, ascenso e caída, as transformacións políticas que experimentou e o legado que deixou na nova Irlanda independente, así como examinar a súa composición, ideoloxía e as razóns que levaron ao seu triunfo.
Fundado en 1905 como un pequeno partido nacionalista que buscaba obter a independencia de Irlanda mediante a resistencia pasiva e a instauración dunha monarquía dual, o Sinn Féin non logrou consolidarse como unha auténtica forza política na Irlanda anterior á Primeira Guerra Mundial, e semellaba que remataría por desaparecer sen deixar rastro algún. Non obstante, a súa errónea identificación polo público como a organización que estivera detrás do Alzamento de Pascua de 1916 converteuno de súpeto na plataforma común do republicanismo irlandés, e nos anos vindeiros sufriría unha reconversión total, transformándose nun partido de masas que lideraría a loita pola independencia na Guerra Anglo-Irlandesa, antes de dividirse en faccións rivais durante a Guerra Civil Irlandesa e caer de novo na ignominia. No presente traballo buscarase analizar o contexto no que xurdiu, o seu nacemento, ascenso e caída, as transformacións políticas que experimentou e o legado que deixou na nova Irlanda independente, así como examinar a súa composición, ideoloxía e as razóns que levaron ao seu triunfo.
Dirección
NUÑEZ SEIJAS, XOSE MANOEL (Titoría)
NUÑEZ SEIJAS, XOSE MANOEL (Titoría)
Tribunal
RICO BOQUETE, EDUARDO (Presidente/a)
BARCA , STEFANIA (Secretario/a)
REY TRISTAN, EDUARDO (Vogal)
RICO BOQUETE, EDUARDO (Presidente/a)
BARCA , STEFANIA (Secretario/a)
REY TRISTAN, EDUARDO (Vogal)
Arte de Gandhara: influencias grecorromanas no nacemento da imaxe budista
Autoría
G.M.D.
Grao en Historia da Arte
G.M.D.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
23.07.2024 12:00
23.07.2024 12:00
Resumo
A arte budista, e máis concretamente a arte de Gandhara, e as súas influencias grecorromanas son o obxectivo de estudo deste traballo. Tras explicar brevemente o que é o budismo e os seus conceptos clave, abórdanse os motivos polos que a arte grega e romana se mantiveron presentes na zona do Hindu Kusch - a campaña de conquista de Alejandro Magno, os imperios post-alexandrinos e os sucesivos imperios indios e persas, que seguiron mantendo o contacto con Occidente a través do Imperio Romano -. O xurdimento da arte budista é comentado co obxectivo de comprender o porqué do desenvolvemento dunha arte simbólica e idealista, incentivado pola doutrina do budismo Mahayana. Varias pezas escultóricas e relevos son analizados coa intención de amosar as principais características e tipos iconográficos que se xeraron nunha zona específica, centro neurálxico da cultura budista nos seus inicios.
A arte budista, e máis concretamente a arte de Gandhara, e as súas influencias grecorromanas son o obxectivo de estudo deste traballo. Tras explicar brevemente o que é o budismo e os seus conceptos clave, abórdanse os motivos polos que a arte grega e romana se mantiveron presentes na zona do Hindu Kusch - a campaña de conquista de Alejandro Magno, os imperios post-alexandrinos e os sucesivos imperios indios e persas, que seguiron mantendo o contacto con Occidente a través do Imperio Romano -. O xurdimento da arte budista é comentado co obxectivo de comprender o porqué do desenvolvemento dunha arte simbólica e idealista, incentivado pola doutrina do budismo Mahayana. Varias pezas escultóricas e relevos son analizados coa intención de amosar as principais características e tipos iconográficos que se xeraron nunha zona específica, centro neurálxico da cultura budista nos seus inicios.
Dirección
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Titoría)
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Titoría)
Tribunal
CENDON FERNANDEZ, MARTA (Presidente/a)
RODRIGUEZ PORTO, ROSA MARIA (Secretario/a)
CHAO CASTRO, DAVID (Vogal)
CENDON FERNANDEZ, MARTA (Presidente/a)
RODRIGUEZ PORTO, ROSA MARIA (Secretario/a)
CHAO CASTRO, DAVID (Vogal)
A paisaxe na triloxía 'O Señor dos Aneis': xenealoxía estética e dimensión discursiva
Autoría
J.A.G.R.
Grao en Historia da Arte
J.A.G.R.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
23.07.2024 10:00
23.07.2024 10:00
Resumo
Neste traballo estudarase a paisaxe cinematográfica da saga O Señor dos Aneis a través de diferentes puntos: en primeiro lugar, analizar o contexto no que se crean as películas en relación coa obra escrita e o estilo de rodaxe do director a partir das películas de Peter Jackson; en segundo lugar, examinar os diferentes lugares de rodaxe, a modificación da paisaxe natural mediante a creación de estruturas reais e a dixitalización; e, por último, unha análise dos espazos do ben e do mal e da influencia da arte na creación destes lugares.
Neste traballo estudarase a paisaxe cinematográfica da saga O Señor dos Aneis a través de diferentes puntos: en primeiro lugar, analizar o contexto no que se crean as películas en relación coa obra escrita e o estilo de rodaxe do director a partir das películas de Peter Jackson; en segundo lugar, examinar os diferentes lugares de rodaxe, a modificación da paisaxe natural mediante a creación de estruturas reais e a dixitalización; e, por último, unha análise dos espazos do ben e do mal e da influencia da arte na creación destes lugares.
Dirección
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Titoría)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Titoría)
Tribunal
GARBAYO MONTABES, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Secretario/a)
NOGUEIRA OTERO, XOSE (Vogal)
GARBAYO MONTABES, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Secretario/a)
NOGUEIRA OTERO, XOSE (Vogal)
Identidade, desexo e sexualidade nas directoras do Outro Cinema Español.
Autoría
R.F.A.
Grao en Historia da Arte
R.F.A.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
23.07.2024 10:00
23.07.2024 10:00
Resumo
O cinema, como produto cultural que reproduce os estereotipos e roles de xénero presentes na sociedade, contribuíu a perpetuar unha imaxe da muller como suxeito carente de desexo, invisibilizándolo ou subxugándoo á mirada masculina. Este traballo pretende evidenciar a capacidade política do discurso cinematográfico, afastándose dos modelos culturais elaborados polo pensamento androcéntrico. Para iso, investíganse as narrativas xeradas polas mulleres que, na última década, irromperon masivamente en postos de dirección da industria estatal. Neste sentido, o Outro Cinema Español ofrece un campo experimental do que naceron novas identidades femininas, capaces de reivindicar o seu pracer e desexo sexual como medio de empoderamento e, sobre todo, de autocoñecemento, contribuíndo así a liberalos da súa connotación pexorativa.
O cinema, como produto cultural que reproduce os estereotipos e roles de xénero presentes na sociedade, contribuíu a perpetuar unha imaxe da muller como suxeito carente de desexo, invisibilizándolo ou subxugándoo á mirada masculina. Este traballo pretende evidenciar a capacidade política do discurso cinematográfico, afastándose dos modelos culturais elaborados polo pensamento androcéntrico. Para iso, investíganse as narrativas xeradas polas mulleres que, na última década, irromperon masivamente en postos de dirección da industria estatal. Neste sentido, o Outro Cinema Español ofrece un campo experimental do que naceron novas identidades femininas, capaces de reivindicar o seu pracer e desexo sexual como medio de empoderamento e, sobre todo, de autocoñecemento, contribuíndo así a liberalos da súa connotación pexorativa.
Dirección
NOGUEIRA OTERO, XOSE (Titoría)
NOGUEIRA OTERO, XOSE (Titoría)
Tribunal
LOPEZ SILVESTRE, FEDERICO ANTONIO (Presidente/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Secretario/a)
CAPELAN FERNANDEZ, MONTSERRAT (Vogal)
LOPEZ SILVESTRE, FEDERICO ANTONIO (Presidente/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Secretario/a)
CAPELAN FERNANDEZ, MONTSERRAT (Vogal)
Arte e engano: 'trampantojos' na cultura visual barroca.
Autoría
A.L.C.
Grao en Historia da Arte
A.L.C.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
23.07.2024 12:00
23.07.2024 12:00
Resumo
O presente traballo pretende dar unha visión dos distintos tipos de 'trampantojos' existentes ao longo do período Barroco. As ruinas de Herculano e Pompeya, serán as que marquen o inicio da nosa investigación centrada, fundamentalmente, nas técnicas de perspectiva e ilusionismo pictórico. Coa chegada do Barroco, a imitación da realidade elevaráse ao seu máximo esplendor, o cal veremos reflexado mediante os diferentes tipos de naturezas mortas e pinturas murais.
O presente traballo pretende dar unha visión dos distintos tipos de 'trampantojos' existentes ao longo do período Barroco. As ruinas de Herculano e Pompeya, serán as que marquen o inicio da nosa investigación centrada, fundamentalmente, nas técnicas de perspectiva e ilusionismo pictórico. Coa chegada do Barroco, a imitación da realidade elevaráse ao seu máximo esplendor, o cal veremos reflexado mediante os diferentes tipos de naturezas mortas e pinturas murais.
Dirección
TAIN GUZMAN, MIGUEL (Titoría)
TAIN GUZMAN, MIGUEL (Titoría)
Tribunal
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Presidente/a)
PEREZ VARELA, ANA (Secretario/a)
DE LLANO NEIRA, PEDRO (Vogal)
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Presidente/a)
PEREZ VARELA, ANA (Secretario/a)
DE LLANO NEIRA, PEDRO (Vogal)
Ecos dechiriquianos: A influencia de Giorgio de Chirico na pintura de Salvador Dalí
Autoría
A.R.T.
Grao en Historia da Arte
A.R.T.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
23.07.2024 12:00
23.07.2024 12:00
Resumo
A influencia que a pintura metafísica exerceu na estética do surrealismo é algo innegable. O estilo, iniciado por Giorgio de Chirico na década de 1910, axudou a articular a linguaxe visual dun movemento que centraba a súa temática no onírico e no profundo da psique. Os seus espazos urbanos desérticos, os seus obxectos cargados de simbolismo e as súas referencias á cultura clásica, representan un mundo visionario que conecta coa mente inconsciente. Influido polo simbolismo romántico e as ideas estéticas de Nietzsche, prefigura o surrealismo. O seu máximo representante, De Chirico, motivará gran parte do contido simbólico da obra de Salvador Dalí, quen acabará por convertirse nun dos actores de maior relevancia dentro do grupo surrealista. A afinidade entre a obra destos dous autores resulta dunha relación tácita sobre a que me propoño arroxar algo de luz, pois son moitos os motivos iconográficos que Dalí extrae de De Chirico, constituindo un verdadeiro trasvase pictórico que ilustra con claridade a obra do catalán.

A cor como expresión e captura da realidade na figura de Vincent Van Gogh
Autoría
L.C.A.
Grao en Historia da Arte
L.C.A.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
Desenvolveranse as etapas cronolóxico-espaciais da vida e obra de Vincent Van Gogh, co obxectivo de explorar a evolución e o uso da cor na carreira do artista. O Traballo Fin de Grao terá tres bloques amplos (primeiras manifestacións artísticas, anos centrais e etapa tardía), ademais doutros apartados para realizar unha análise comparativa do uso da cor ao longo da súa obra, así como destacar a vinculación coas pezas doutros artistas e salientar a asimilación do seu legado.

PEREZ VARELA, ANA (Titor do alumno)
PEREZ VARELA, ANA (Titor do alumno)
O renacemento do queer: Rexurdimento da cultura do ballroom a través de Renaissance de Beyoncé
Autoría
J.G.M.A.
Grao en Historia da Arte
J.G.M.A.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
23.07.2024 10:00
23.07.2024 10:00
Resumo
Nun momento político-social no que grupos de extrema dereita tentan retroceder en materia de dereitos para as persoas da comunidade LGBTQ+ e persoas racializadas, é interesante analizar a historia do colectivo, coas súas luces e sombras. Este traballo afonda no fenómeno do Voguing e as Ballrooms, explorando as súas orixes, a estrutura das Casas, as diversas categorías de competición, as figuras eminentes desta cultura e a crise do VIH, entre outras cousas. A través de Beyoncé e o seu disco Renaissance quíxose analizar a repercusión que a subcultura creada por estes colectivos marxinais tivo na música, como a creación da música house. Esta análise resalta a conexión entre a música de Beyoncé e a cultura LGBTQ+, subliñando a súa influencia na visibilidade e aceptación do colectivo. Exemplifícase durante o traballo que esta subcultura renaceu e florece en contraposición á discriminación social e institucional.

Da luz á escuridade. Francisco de Goya: un artista ilustrado entre a enfermidade e a bruxería.
Autoría
A.S.E.
Grao en Historia da Arte
A.S.E.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
23.07.2024 10:00
23.07.2024 10:00
Resumo
A vida de Francisco de Goya y Lucientes estivo marcada por unha serie de doenzas que afectaron física e mentalmente no seu estado de saúde, supoñendo un cambio significativo no seu estilo artístico cara a unha pintura máis introspectiva, escura e sombría, como reflexo do seu estado de ánimo e da súa nova percepción do mundo. Vai ser esta condición de debilidade a que inflúa no contido emocional das súas obras, espertando no seu interior unha atracción por explorar aspectos máis escuros como a morte, a tolemia, a bruxería, a superstición e a decadencia humana. Nos seus últimos anos de vida, a súa obra vólvese máis expresiva e as súas Pinturas negras, o reflexo da súa capacidade para transmitir as emocións máis profundas e perturbadoras a pesar das súas dificultades de saúde, as cales non conseguiron apagar a súa determinación e paixón pola arte.
A vida de Francisco de Goya y Lucientes estivo marcada por unha serie de doenzas que afectaron física e mentalmente no seu estado de saúde, supoñendo un cambio significativo no seu estilo artístico cara a unha pintura máis introspectiva, escura e sombría, como reflexo do seu estado de ánimo e da súa nova percepción do mundo. Vai ser esta condición de debilidade a que inflúa no contido emocional das súas obras, espertando no seu interior unha atracción por explorar aspectos máis escuros como a morte, a tolemia, a bruxería, a superstición e a decadencia humana. Nos seus últimos anos de vida, a súa obra vólvese máis expresiva e as súas Pinturas negras, o reflexo da súa capacidade para transmitir as emocións máis profundas e perturbadoras a pesar das súas dificultades de saúde, as cales non conseguiron apagar a súa determinación e paixón pola arte.
Dirección
PEREZ VARELA, ANA (Titoría)
PEREZ VARELA, ANA (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
LOPEZ CALDERON, CARME (Secretario/a)
MOURE PAZOS, IVAN (Vogal)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
LOPEZ CALDERON, CARME (Secretario/a)
MOURE PAZOS, IVAN (Vogal)
Vestimenta e moda nos reinos cristiáns da Península Ibérica: un estudo a través da Visitación na Baixa Idade Media. Unha imaxe de continuidades, rupturas e simbolismos.
Autoría
I.P.S.
Grao en Historia
I.P.S.
Grao en Historia
Data da defensa
21.06.2024 10:00
21.06.2024 10:00
Resumo
A Visitación é unha imaxe cargada de amor, sorodidade e simbolismo na que refléxanse os gustos dunha sociedade, os seus pensamentos e a súa moral. Ao longo dos séculos, a súa forma de plasmala cambiou, tanto nas roupas que usan, nas cores ou teas, como na forma de mostrar ese abrazo que caracteriza á Virxe María e Santa Isabel. Neste estudio recolléronse dez imaxes do período e a través delas estudaremos as rupturas e continuidades na moda e xeito de representalas: aínda que nos centremos na Baixa Idade Media, retrotraémonos ao románico para mostrar os cambios e a entrada na moda, xa non só vestimenta, entre os séculos XIII e XIV, unha vestimenta que era igual para homes e mulleres, ata unha moda anatómica no gótico, axustada e complicada, que quizáis non se ve tan reflexado nas nosas protagonistas como na sociedade, xa que son seres divinos e representan poder, polo que este estatus verase reflexado nelas, alonxándoas desa sociedade que as adora mentres seguen portando algunhas das súas vestimentas.

PELAZ FLORES, DIANA (Titor do alumno)
PELAZ FLORES, DIANA (Titor do alumno)
Situación e papel do campesiñado na Revolcución Rusa e o camiño cara a colectivización de 1929.
Autoría
C.R.R.
Grao en Historia
C.R.R.
Grao en Historia
Data da defensa
21.06.2024 10:00
21.06.2024 10:00
Resumo
A Revolución Rusa foi un dos acontecementos máis importantes do século XX e produciuse nun país onde o 80 % da poboación era campesiña. Pero cando falamos da Revolución Rusa adoitamos pensar en grandes masas de obreiros e soldados izando bandeiras vermellas e tomando as calles en nome da revolución. Sen embargo, o campesiñado demostrou ser un factor decisivo nos acontecementos de 1917, incluso chegando a protagonizalos. Durante o zarismo, o campesiño foi protagonista das grandes reformas da autocracia, como O Edicto de Emancipación de 1861 ou a Reforma de Stolypin. Tras a revolución de 1905, Lenin descubrira o potencial revolucionario de esta clase e ocupara un lugar esencial na política bolchevique tras a Revolución Outubro. No presente traballo analizaremos a situación do campesiñado e o seu papel na Revolución Rusa, pasando polos principais episodios campesiños durante réxime zarista e durante o goberno bolchevique ata inicios colectivización de 1929.

Xeopolítica e deporte: do século XX ao século XXI
Autoría
J.S.B.
Grao en Historia
J.S.B.
Grao en Historia
Data da defensa
21.06.2024 10:00
21.06.2024 10:00
Resumo
O deporte e a xeopolítica son dous fenómenos que nun principio poden parecer independentes, non gardando relación entre eles. Nada máis lonxe da realidade, se ben é certo que a finalidade primaria do deporte é o entretemento e a práctica de hábitos saudables, a concepción e os intereses do deporte haberíanse visto totalmente modificados a medida que avanzaba o S.XX, tendo o seu culme no S.XXI. Os axentes internacionais e os diferentes Estados encontraríanse cada vez máis interesados en utilizar estos espectáculos no seu favor, tendo unha gran influencia na práctica deportiva. No presente traballo trataremos de analizar como esta relación entre o deporte e a xeopolítica iría evolucionando nun fenómeno sincrónico ca evolución da propia vida do ser human, pasando así de ter un rol máis secundario e intrascendente a ser un arma xeopolítica de gran calado na sociedade e de interés internacional. Farémolo centrándonos nos principais eventos deportivos de índole internacional, os cales serían as Copas Mundiais de fútbol masculino e os Xogos Olímpicos. Ademáis de explicar este proceso proporemos exemplos que demostren esta relación político-deportiva.

BALBOA LOPEZ, JESUS LEOPOLDO (Titor do alumno)

Os feminismos en transición: A loita polo dereito ao aborto e ao divorcio (1975-1985)
Autoría
M.T.P.
Grao en Historia
M.T.P.
Grao en Historia
Data da defensa
21.06.2024 10:00
21.06.2024 10:00
Resumo
No ano 1975 non só tivo lugar a morte de Franco, senón tamén o Ano Internacional da Muller e con el, a oportunidade do florecemento do movemento feminista no noso país. Un movemento que se organizou entorno a dúas principais cuestións: a consecución legal do dereito ao aborto e ao divorcio e que se traduciu nun longo proceso pasando pola denominada constitución do desencanto do 1978 ata un triunfo incipiente no 1981 co recoñecemento ao divorcio e no 1985 do aborto. Unha carreira de fondo onde as mulleres aínda marxinadas nesta transición democrática tiveron que facer unha fronte común contra o patriarcado, a igrexa e o franquismo que seguían á orde do día, a pesar da desaparición do ditador.

BARCA , STEFANIA (Titor do alumno)
BARCA , STEFANIA (Titor do alumno)
A revista Araucaria de Chile: a resistencia cultural dende o exilio
Autoría
C.L.R.
Grao en Historia
C.L.R.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2024 18:00
19.06.2024 18:00
Resumo
Araucaria de Chile é unha revista do exilio chileno que xorde en 1976, Aínsa que ponse en marcha a súa formación tralo golpe de Estado de Augusto Pinochet en 1973. Esta revista publicada en español difundiuse por cuarenta países convertíndose nun símbolo da resistencia cultura da ditadura. A pesar da sús popularidade, as suas condicións foron bastante limitadas debido ao exilio. Aínda así, esta revista puido crear unha rede de socialibilidade entre intelectuais que permitiu poñer en contacto aos mellores artistas Latinoamericanos da época e entablar un diálogo permanente dentro da revista, permitindo conservar a memoria colectiva do exilio chileno. Debido a esto, a revista puido ostentar un eco internacional considerable.

CORTINA ORERO, EUDALD (Titoría)
CORTINA ORERO, EUDALD (Titoría)
Tribunal
RICO BOQUETE, EDUARDO (Presidente/a)
BARCA , STEFANIA (Secretario/a)
REY TRISTAN, EDUARDO (Vogal)
RICO BOQUETE, EDUARDO (Presidente/a)
BARCA , STEFANIA (Secretario/a)
REY TRISTAN, EDUARDO (Vogal)
A relixiosidade na Gallaecia entre a Antigüidade Tardía e a Alta Idade Media
Autoría
C.A.M.
Grao en Historia
C.A.M.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
Este traballo de fin de grao investiga a relixiosidade popular na Gallaecia durante a Antigüidade Tardía e a Alta Idade Media (séculos IV ao VIII). O estudo céntrase na evolución das prácticas relixiosas, a influencia da Igrexa e o sincretismo estre as tradicións pagás e cristiás. Utilizando fontes primarias e traballos de investigación, preténdese analizar como a Igrexa católica coa axuda das institucións civís foron consolidando o cristianismo e como se integraron as crenzas preexistentes na nova estrutura relixiosa. Os obxetivos principais son comprender a transformación das prácticas relixiosas populares e o papel da Igrexa na organización social e espiritual da Gallaecia.

BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Titor do alumno)

O uso da violencia na estratexia da CNT entre 1931 e 1933: o caso da Federación Local Obreira da Coruñaración
Autoría
P.B.C.
Grao en Historia
P.B.C.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
Este traballo trata sobre as tipoloxías, causas e obxectivos do uso da violencia por parte da CNT na súa práctica política e sindical e na súa estratexia revolucionaria no período entre 1931 e 1933, coincidindo co primeiro bienio do réxime republicano. O primeiro apartado aporta un contexto sobre o estado organizativo e ideolóxico do anarcosindicalismo galego e español no momento da instauración da república, a natureza e evolución das relacións entre o anarquismo e as forzas republicanas do goberno, así como o proceso de radicalización interna do sindicato confederal. O segundo apartado consiste nun conxunto de consideracións sobre o uso de táctica terroristas por parte do sindicalismo revolucionario: formas, obxectivos e mediacións organizativas necesarias para soster a loita armada contra o Estado e a patronal. O terceiro apartado trata sobre a conflictividade laboral violenta e a súa dimensión política en 1931 (fundamentalmente a folga da Compañía Telefónica) e 1932. Neste ano producíronse tres vagas xerais de maneira consecutiva, nas que a CNT intervíu en defensa dos dereitos económicos e políticos do proletariado: contra o proxecto gubernamental de seguro de maternidade, contra a política represiva do Estado republicano, e en solidariedade co paro nos estaleiros ferroláns. O cuarto apartado analisa a conflictividade anarquista no ano 1933 mediante dous exemplos de conflictos folguísticos con motivaciones inmediatas diferentes, pero cun trasfondo estratéxico similar. O primeiro é a repercusión na Coruña da vaga xeral de maio de 1933, convocada a nivel estatal tras a matanza de Casas Viejas en xaneiro do mesmo ano, que recollía un conxunto de reivindicacións antirrepresivas de carácter máis explícitamente político que sindical. O segundo exemplo é a folga da construcción que afectou á cidade entre 1932 e 1934, durante a cal a Federación Local Obreira levou a termo un enorme número de ataques contra propiedades e persoas con obxectivo de dobregar á patronal e ter éxito neste conflicto laboral.

GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Titor do alumno)

A guerra na civilización micénica
Autoría
I.B.H.
Grao en Historia
I.B.H.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
A civilización micénica supón, xunto á súa prima irmá a minoica, o primeiro exemplo de organización política estatal da historia europea, incrustada no Bronce Medio e Final o seu punte culme coincide cun momento de ebullición e interconexión en toda a zona do Mediterráneo Oriental. O papel que xogou a guerra, o marcial, na xénese a e desaparición dela arredor do ano 1200 segue sendo obxecto de debate entre os expertos en micenoloxía Desde o estudo da documentación do Lineal B , pasando polo rexistro arqueolóxico e a documentación das entidades do seu contorno próximo (Egipto e o Reino Novo Hitita) este traballo pretende establece-las pautas da organización militar destes reinos, o papel que o ámbito marcial xogaría na sociedade e por último, tratar de poñer algo de luz tanto ás relacións co resto de civilizacións próximas como ao fin dela.

FERNANDEZ CANOSA, JOSE ANGEL (Titoría)
FERNANDEZ CANOSA, JOSE ANGEL (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ CANOSA, JOSE ANGEL (Titor do alumno)

O humor no Occidente latino medieval
Autoría
N.B.R.
Grao en Historia
N.B.R.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2024 10:00
20.06.2024 10:00
Resumo
O humor medieval fálanos directamente das características propias das sociedades deste período histórico. As bromas que se usaban reflicten as ideas imperantes da Idade Media, así como as estruturas sociais e de poder que vertebraban este mundo. Este traballo busca expoñer os eixos fundamentais que estruturaban o humor medieval a través dalgúns campos nos que o cómico operaba. Para tal fin, explóranse as relacións entre humor e risa, a Igrexa, o poder e a literatura. Todas estas operación evidencias unha serie de identidades que sofren en última instancia os ataques humorísticos, as vítimas do humor.
O humor medieval fálanos directamente das características propias das sociedades deste período histórico. As bromas que se usaban reflicten as ideas imperantes da Idade Media, así como as estruturas sociais e de poder que vertebraban este mundo. Este traballo busca expoñer os eixos fundamentais que estruturaban o humor medieval a través dalgúns campos nos que o cómico operaba. Para tal fin, explóranse as relacións entre humor e risa, a Igrexa, o poder e a literatura. Todas estas operación evidencias unha serie de identidades que sofren en última instancia os ataques humorísticos, as vítimas do humor.
Dirección
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Titoría)
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Titoría)
Tribunal
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
Mapa de evolución e distribución da RISGA por municipios. 2001- 2021.
Autoría
C.C.F.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio
C.C.F.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
Mapa de evolución e distribución da RISGA por municipios. 2001- 2021. Introducimos a cuestión coa análise do concepto RISGA e os requisitos para recibila. Resumimos a información que aportan os informes sobre aplicación e a avaliación de Lei de inclusión social de Galicia, coa finalidade de ampliar dita información coa aportación do noso traballo. Analizamos a evolución da Taxa RISGA por provincias, 2001- 2011-2016-2021. La evolución por municipios 2001-2011-2021. O obxectivo principal do traballo e a distribución por municipios do número de beneficiarios RISGA, Renda de inclusión social de Galicia, e a súa evolución 2011-2021. Realizamos unha análise por número de beneficiarios e un análise da taxa RISGA municipal. Outros indicadores analizados: IRPA y IRRE. IRPA, Indicador de RISGA por poboación activa. IRRE, Indicador de RISGA por Renda. Analízanse os municipios de maior incidencia RISGA en relación a poboación activa e localízanse. Caracterización socioeconómica dos 80 municipios con maior IRPA. Este mapa permite localizar os municipios con maior risco de pobreza e atraso económico. Realizaremos unha comparativa de RISGA por xénero. Taxa RISGA distinción por sexo, maior incidencia do sexo feminino, e distribución por provincias.

FERRAS SEXTO, CARLOS (Titoría)
FERRAS SEXTO, CARLOS (Titoría)
Tribunal
FERRAS SEXTO, CARLOS (Titor do alumno)
FERRAS SEXTO, CARLOS (Titor do alumno)
Caminha - A Guarda - O Rosal: Cara unha nova eurocidade no esteiro do Miño?
Autoría
A.M.P.A.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio
A.M.P.A.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
Neste estudo realízase unha aproximación ás políticas europeas de integración territorial, o nacemento da idea das conurbacións e as cidades-xardín anglosaxoas a principios do século XX, e as cidades xemelgas, cun enfoque principal no contexto galego e no concepto de Eurocidade, nomeadamente na súa potencialidade material e inmaterial no ámbito de Caminha (Portugal), A Guarda (Galiza) e o Rosal (Galiza). A partir dunha pesquisa na literatura académica especializada no tema, elabórase un marco teórico para a análise deste caso, atendendo á involucración da UE no proxecto de integración europea mediante os programas INTERREG de cooperación transfronteiriza. Examínase a existencia de diferentes situacións de cooperación transfronteiriza ao longo da fronteira hispano-lusa entre Galiza e Portugal e o seu proceso de institucionalización, os obxectivos perseguidos e os logros destas iniciativas de cooperación, e valórase até que punto estas son comparábeis ao caso estudado. Para isto investigaranse as potencialidades e posibilidades que pode ter a creación dunha Eurocidade Caminha - A Guarda - O Rosal segundo o discutido na teoría, así como o grao de necesidade, aceptación e asunción por parte dos cidadáns. Expóñense as debilidades e as fortalezas do actual proxecto a nivel institucional e as valoracións deste polos habitantes do territorio. Para obter os datos necesarios utilízase un método cuantitativo, unha enquisa centrada en factores de mobilidade, sociais e de valoración, coñecemento e opinión cidadá sobre as iniciativas de cooperación.

VILA VAZQUEZ, JOSE IGNACIO (Titoría)
VILA VAZQUEZ, JOSE IGNACIO (Titoría)
Tribunal
VILA VAZQUEZ, JOSE IGNACIO (Titor do alumno)
VILA VAZQUEZ, JOSE IGNACIO (Titor do alumno)
Representación no cinema galego contemporáneo: unha análise xeográfica
Autoría
F.C.G.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio
F.C.G.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio
Data da defensa
21.06.2024 10:00
21.06.2024 10:00
Resumo
As producións cinematográficas poden influír no imaxinario colectivo sobre calquera lugar. O cinema, como forma de expresión artística, ten a capacidade de difundir imaxes sobre os lugares, ditas imaxes poden ser interpretadas e, por conseguinte, eses lugares adquirir estereotipos tanto positivos como negativos. No caso do Cinema galego, distintas películas abordan cuestións relevantes que convidan a analizar a xeografía de Galicia e a súa representación como territorio eminentemente rural. É fundamental realizar unha análise crítica para identificar se Galicia está a ser estereotipada ou se está perpetuando unha imaxe negativa sobre, neste caso, o rural galego.

O vestido de gala da nobreza castelá na segunda metade do século XV.
Autoría
A.D.T.
Grao en Historia da Arte
A.D.T.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
21.06.2024 10:00
21.06.2024 10:00
Resumo
No presente traballo establécese unha recompilación das tipoloxías de vestimenta destinados á ostentación pola nobreza castelá durante a segunda metade do século XV. Para iso exporánse os distintos tipos de tecidos, prendas e complementos, e ademáis estudaránse as modas tanto nacionais como de fóra do reino. Coa fin de establecer unha imaxe realista das modas e vestimentas das clases aristocráticas na Baixa Idade Media, emprego as representacións dos membros de alguns dos linaxes castelás máis sobresaíntes, caso de don Álvaro de Luna e a súa muller dona Juana Pimentel; do marqués de Santillana, don Íñigo López de Mendoza, e a súa muller dona Catalina de Figueroa; ou do condestable de Castela, don Pedro Fernández de Velasco, e a súa muller dona Mencía de Mendoza.

Dúas obras no Museo de Belas Artes da Coruña.
Autoría
S.C.A.G.
Grao en Historia da Arte
S.C.A.G.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
Neste traballo abórdanse dous dos bosquexos que Rubens realizou para acometer a decoración da Torre da Parada, lugar coñecido por ser tamén o pavillón de caza de Felipe IV. Os bosquexos en cuestión, se titulan da seguinte maneira: Dédalo y el Minotauro; y Psique. Se trata, non só a orixe e a historia de ambas táboas, senón que tamén se investiga a historia das mesmas, é dicir, todo o seu devir histórico, empezando pola súa creación e chegando ata a actualidade. Facendo mención á vida destes dous bosquexos, hei de sinalar, que resulta dun gran interese artístico, por suposto, pero tamén, cultural. Isto é debido a que, as obras en cuestión, desapareceron do Museo de Belas Artes da Coruña a fins do século XX, feito que, como cabe esperar, tivo unha gran repercusión na prensa. Pese ao roubo de ambas obras, ambas foron recuperadas e actualmente atópanse expostas na institución cultural antes mencionada, que é, por outro lado, onde deben estar, pois alí foron legadas por Dona Elvira Arévalo Gener, cuxo testamento pódese atopar na Biblioteca do Consulado.

TAIN GUZMAN, MIGUEL (Titor do alumno)
TAIN GUZMAN, MIGUEL (Titor do alumno)
O proxecto de Helga de Alvear: Historia, colección e museo
Autoría
S.B.R.
Grao en Historia da Arte
S.B.R.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
Helga de Alvear, nacida Helga Muller o 7 de setembro de 1936 en Kirn, Renania-Palatinado, Alemania, viviu unha infancia marcada pola Segunda Guerra Mundial. O seu interese pola arte comezou moi cedo, coleccionando pedras preciosas na sua cidade natal. Este cedo encontro coas formas abstractas influeu na sua futura paixón pola arte contemporánea. Tras estudar en Lausana e Londres, mudouse a España no 1957, onde coñeceu ao arquitecto Jaime de Alvear, con quen casou en 1959. Este matrimonio facilitou a su integración no círculo artístico español. En 1967, Helga abriu a sua primeira galería en Madrid, enfocándose na arte contemporánea e emerxente. A sua galería convertiuse nun referente da arte contemporánea no noso país, promovendo artistas nacionais e internacionais. A crisis do mercado da arte nos anos 90 non freou o seu empeño, e en 2006 creou a Fundación Helga de Alvear para xestionar a su crecnte colección. O proxecto culminante da sua carreira foi o Museo Helga de Alvear en Cáceres, inaugurado en 2010 na Casa Grande e expandido en 2020 cun novo edificio diseñado por Mansilla e Tuñón Arquitectos. Este museo non só alberga a sua inmensa colección, senón que tamén busca educar e conectar á comunidade coa arte contemporánea a través de exposición e talleres.

A vestimenta de reis e raíñas nos retratos do Museo do Prado: de Felipe II a Carlos IV
Autoría
A.V.L.
Grao en Historia da Arte
A.V.L.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
Este traballo ocúpase do estudo de varios retratos de reis e raíñas da monarquía española desde Felipe II ata Carlos IV, situados no Museo do Prado. Neles, ademais de fixarnos na relación que se establece entre obra e suxeito, tamén analizamos as súas vestimentas e atributos, así como pezas de xoiería destacables e outros aderezos, elementos importantes que inflúen na idea que pretenden transmitir tanto os monarcas como as súas consortes. Doutra banda, mencionamos a importancia das cores nos cadros e a súa simboloxía, xunto cunha breve explicación do valor dos tecidos, tanto na súa relación co rango do retratado como co contexto histórico, e a súa influencia na percepción visual.
Este traballo ocúpase do estudo de varios retratos de reis e raíñas da monarquía española desde Felipe II ata Carlos IV, situados no Museo do Prado. Neles, ademais de fixarnos na relación que se establece entre obra e suxeito, tamén analizamos as súas vestimentas e atributos, así como pezas de xoiería destacables e outros aderezos, elementos importantes que inflúen na idea que pretenden transmitir tanto os monarcas como as súas consortes. Doutra banda, mencionamos a importancia das cores nos cadros e a súa simboloxía, xunto cunha breve explicación do valor dos tecidos, tanto na súa relación co rango do retratado como co contexto histórico, e a súa influencia na percepción visual.
Dirección
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Titoría)
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Titoría)
Tribunal
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Titor do alumno)
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Titor do alumno)
Evolución das imáxes na lexitimación do poder unipersonal dende Alexandro Magno ata Octavio Augusto
Autoría
V.M.R.
Grao en Historia da Arte
V.M.R.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
Este traballo pretende achegarnos á orixe tranfromación das imaxes a hora de representar a figuras de poder. Como se van corrompendo o singificado relixioso dos trofeos colectivos cara o personalismo máis feroz e a creación dunha nova forma de ver o mundo. Para esto comezaremos na Grecia arcaica. Seguidamente observaremos cambios na época clásica coa identificación de elementos que van mudando na escultura antropomórfica. Avances da man de mestres como Policleto, Mirón ou Fidias. A última etapa a tratar en Grecia seria o Helenismo con Alexandre Magno a consolidación do seu gran reino e as aportación do seu escultor persoal Lisipo a os bustos e a representación de poder. Ademáis do apartado numismático moi rico non so con él senón tamén cos seus sucesores que se repartiren o territorio tras a sua morte. O paso seguinte a Alexandre seria o estudo do Exipto Ptolemaico, no que vemos a hibridación de culturas e de formas de representar o poder. É un nexo importante porque os Ptolemaicos coinciden con Roma no tempo, co que podemos xustificar grazas a Cleopatra VII o triángulo entre estas civilizacións mediterráneas. En Roma comezariamos coa tardorepublica e o siglo I a.c. quizais o máis rico en variedade de imaxes de toda a historia romana, para dar paso a César e o seu herdeiro Augusto que creara un novo modo de representar a o lider político, inspirandose en artistas helenísticos.

VAZQUEZ CASTRO, JULIO (Titoría)
VAZQUEZ CASTRO, JULIO (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ CASTRO, JULIO (Titor do alumno)
VAZQUEZ CASTRO, JULIO (Titor do alumno)
Diálogos. Moda e arte nas coleccións de Yves Saint Laurent
Autoría
A.G.F.
Grao en Historia da Arte
A.G.F.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
Nas últimas décadas, a relación entre a moda e a arte é algo que se cuestionou en profundidade. É realmente a moda unha arte? Pensamos na arte cando falamos dunha peza de vestir básica? Cal é realmente a función da moda na sociedade? Neste traballo de fin de grao, trátase de explicar a relación que existe entre a moda e a arte a través das coleccións de Yves Saint Laurent, un dos pioneiros na creación de moda inspirada en artistas ou obras de arte. Faise un primeiro achegamento a unha retrospectiva de parte dos seus deseños, nos que se plasma esta simbiose entre ámbolos conceptos. Alén diso, proponse un achegamento á comprensión das orixes da moda, da súa linguaxe e da súa socioloxía. Así, intenta explicarse como o que levamos posto pode falar por nós e describirnos ante os demais. Tamén por que a usamos do xeito que o facemos e de onde veñen todas as modas e tendencias que nos rodean. Por último, faise unha pequena mostra da moda nos museos, a través dos deseños do modisto.

Festa, tradición e arquitectura. A romaría de Santa Cruz como xeradora dun espazo singular (a igrexa de San Paio de Aranga)
Autoría
O.M.F.
Grao en Historia da Arte
O.M.F.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
Ao longo da historia, a Igrexa construíu espazos onde acoller os fieis, adaptándoos ás funcións específicas que en cada momento debían cumprir. O formato actual da igrexa de San Paio de Aranga ten moito que ver coa necesidade de adaptala ás condicións que lle esixiu a gran afluencia de devotos, que peregrinaban para asistir á celebración da romaría da Santa Cruz. Os mitos e as lendas constrúense para dar resposta ás contrariedades da vida que non poden resolverse de xeito natural e recórrese á divindade buscando a solución. Con este traballo preténdese amosar como estes mitos e lendas dan lugar a acontecementos que se deveñen extraordinarios e a Igrexa dálles acollida. Para isto, acudimos a bibliografía sobre antropoloxía que nos axuda a entender a singularidade do sistema de vida no rural. Os textos de Lisón Tolosana, de González Reboredo e, tamén, os de Fariña Jamardo, sobre a transcendencia das parroquias, e os de Carré Aldao, falando das romarías, serviron de base teórica para aproximarnos á realidade que as testemuñas do lugar nos confirman. Achegámonos á igrexa de San Paio como un destes espazos. En gran medida, utilizamos o propio edificio como referencia na toma de datos e recoñecemos a dificultade para desentrañar a información de fontes primarias. Sería grato pensar que este traballo puidese servir de acicate para seguir coa investigación no futuro.

Arte e natureza. O movemento Land Art e a sua repercusión no mundo.
Autoría
A.O.P.
Grao en Historia da Arte
A.O.P.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
O seguinte traballo ten como obxeto de estudo o movemento artístico contemporáneo denominado Land Art, facendo un percorrido dende os seus antecedentes e nomeando as características xerais deste, así como os artistas máis representativos. Ademais, farase referencia a outros termos relacionados con esta corrente como pode ser a arte ecolóxica, earthworks ou environmental art. Analizaranse obras que se enmarcan dentro deste movemento e as suas respectivas características, e finalmente intentarase chegar a unha conlcusión resaltando a importancia deste movemento no medio ambiente.
O seguinte traballo ten como obxeto de estudo o movemento artístico contemporáneo denominado Land Art, facendo un percorrido dende os seus antecedentes e nomeando as características xerais deste, así como os artistas máis representativos. Ademais, farase referencia a outros termos relacionados con esta corrente como pode ser a arte ecolóxica, earthworks ou environmental art. Analizaranse obras que se enmarcan dentro deste movemento e as suas respectivas características, e finalmente intentarase chegar a unha conlcusión resaltando a importancia deste movemento no medio ambiente.
Dirección
MONTERROSO MONTERO, JUAN MANUEL (Titoría)
MONTERROSO MONTERO, JUAN MANUEL (Titoría)
Tribunal
MONTERROSO MONTERO, JUAN MANUEL (Titor do alumno)
MONTERROSO MONTERO, JUAN MANUEL (Titor do alumno)
Textos literarios e textos fílmicos: teorías e estratexias de trasvases entre a literatura e a cinematografía.
Autoría
F.L.G.
Grao en Historia da Arte
F.L.G.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
Dende o comezo da súa historia, a cinematografía atopou na literatura narrativa unha gran fonte de temas, argumentos e materiais cos que nutrir as súas producións. Adaptación, trasvases, transposicións ou reescrituras son os numerosos termos que reciben as prácticas adaptativas heteroxéneas realizadas polos cineastas que realizan unha obra baseada nun texto preexistente. O presente traballo ten como obxectivo reflexionar sobre as estratexias e teorías de adaptación e trasvase de textos literarios a textos fílmicos. Para iso, parte da investigación céntrase no estudo e análise narratolóxicos do relato; dende os elementos que compoñen o relato, así como a súa tradución e transposición nun texto fílmico.

NOGUEIRA OTERO, XOSE (Titor do alumno)
NOGUEIRA OTERO, XOSE (Titor do alumno)
Hibridacións xenéricas e narrativas do eu na traxicomedia televisiva contemporánea: o caso de Girls, Fleabag e Autodefensa
Autoría
M.R.V.
Grao en Historia da Arte
M.R.V.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
23.07.2024 10:00
23.07.2024 10:00
Resumo
Nas últimas décadas, as series televisivas experimentaron unha evolución temática e conceptual que queda reflictida no papel do propio espectador. Son varias as fórmulas que propuxeron novos tipos de relación entre o espectador e a obra. Esta transición, que se viu acelerada nos últimos tempos pero leva xestándose desde o século pasado, resulta evidente nas series de comedia, que sufriron unha evolución paralela á doutros xéneros pero onde se levaron a cabo proxectos máis experimentais. Ademais, o contido autobiográfico de moitas destas obras indúcenos a reparar na relación entre o eureal e o eu ficticio que percibe o espectador. Neste traballo expoñeremos dita evolución, que xerou avances non só na comedia audiovisual contemporánea senón na cultura popular en xeral, tomando de exemplo tres series televisivas de comedia con perspectiva feminista cuxas autoras empregaron novas fórmulas das mencionadas. Deste xeito, abordaremos a partir destas obras a evolución do papel do espectador, a relación entre o eu real e o ficticio e a configuración do eu feminino contemporáneo na cultura audiovisual.
Nas últimas décadas, as series televisivas experimentaron unha evolución temática e conceptual que queda reflictida no papel do propio espectador. Son varias as fórmulas que propuxeron novos tipos de relación entre o espectador e a obra. Esta transición, que se viu acelerada nos últimos tempos pero leva xestándose desde o século pasado, resulta evidente nas series de comedia, que sufriron unha evolución paralela á doutros xéneros pero onde se levaron a cabo proxectos máis experimentais. Ademais, o contido autobiográfico de moitas destas obras indúcenos a reparar na relación entre o eureal e o eu ficticio que percibe o espectador. Neste traballo expoñeremos dita evolución, que xerou avances non só na comedia audiovisual contemporánea senón na cultura popular en xeral, tomando de exemplo tres series televisivas de comedia con perspectiva feminista cuxas autoras empregaron novas fórmulas das mencionadas. Deste xeito, abordaremos a partir destas obras a evolución do papel do espectador, a relación entre o eu real e o ficticio e a configuración do eu feminino contemporáneo na cultura audiovisual.
Dirección
NOGUEIRA OTERO, XOSE (Titoría)
NOGUEIRA OTERO, XOSE (Titoría)
Tribunal
LOPEZ SILVESTRE, FEDERICO ANTONIO (Presidente/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Secretario/a)
CAPELAN FERNANDEZ, MONTSERRAT (Vogal)
LOPEZ SILVESTRE, FEDERICO ANTONIO (Presidente/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Secretario/a)
CAPELAN FERNANDEZ, MONTSERRAT (Vogal)
A pervivencia da tradición clásica na cultura cristiá do Renacemento italiano a través da obra de Miguel Ángel
Autoría
C.G.A.
Grao en Historia da Arte
C.G.A.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
A través da obra artística de Miguel Ángel Buonarroti examinaremos a pervivencia da tradición clásica na cultura cristiá do Renacemento italiano, pasando polos movementos precedentes que anunciaban este ‘‘renacer’’ artístico, e finalizando pola crise do século XVI que rompeu co equilibrio e a claridade dese Renacemento clásico. Durante este período, Miguel Ángel integrou a estética e os ideais da arte clásico con temas cristiáns nas súas obras máis emblemáticas como o David ou os frescos da Capela Sixtina. Este traballo centrarase en analizar como ao longo da súa vida medrou rodeado de influencias na súa contorna que determinaron a súa forma de traballar e de pensar, e como utilizou técnicas clásicas (como a proporción e o naturalismo) para expresar conceptos cristiáns inspirándose na mitoloxía e filosofía grecorromana, representando unha ponte clave na preservación e transformación da herdanza cultural clásica no Renacemento cristián.

LOPEZ CALDERON, CARME (Titor do alumno)
LOPEZ CALDERON, CARME (Titor do alumno)
Iconografía Medieval Cortesá: Amor e Asaltos a Castelos na Plástica Europea
Autoría
A.C.B.
Grao en Historia da Arte
A.C.B.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
O Castelo do Amor é un tema iconográfico presente no panorama plástico medieval durante máis de 300 anos. A súa maior expansión e difusión estiveron tradicionalmente ligadas aos obradoiros parisinos que traballaban con marfil, influíndo fortemente no proxecto iconográfico da literatura e moral cortesá que se desenvolveu na Europa Occidental a partir do século XIII. Este traballo analiza o desenvolvemento e as características do Castelo do Amor nas artes plásticas do século XIV, a influencia da literatura cortesá na súa representación e como esta iconografía se manifesta en diferentes medios artísticos como miniaturas, festividades e obxectos de marfil. A través dunha revisión detallada de fontes primarias e secundarias, explóranse os elementos iconográficos clave como o castelo, as damas, as flores e os cabaleiros, e contextualízase esta temática dentro dos cambios sociais, políticos e relixiosos da Europa medieval. Ademais, examínase a evolución da representación da feminidade e a influencia da literatura cortesá na iconografía do Castelo do Amor.

Patrimonio perdido: a desaparición das salas de cine na cidade de A Coruña
Autoría
J.B.B.
Grao en Historia da Arte
J.B.B.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
23.07.2024 10:00
23.07.2024 10:00
Resumo
Dende o século XX as salas de cine son uns dos lugares de ocio preferidos polas clases populares. As cidades da Coruña e Vigo presentaron o cine en Galicia, contando así co maior número de salas de proxección na rexión. A relevancia sociocultural xerada a partir desta actividade na Coruña pódese estudar a través da arquitectura de tres paradigmáticas salas de cine: o Cine París, o Cine Avenida e o Cine Riazor. Cada un destos exemplos sitúase nun contexto cronolóxico diferente, polo que, a partir dos tres pódese apreciar a paulatina evolución dunha importante colección de patrimonio arquitectónico da cidade de A Coruña. Neste breve estudio se reflexiona sobre o estado actual destas edificacións dende o punto de vista do patrimonio material e inmaterial, incluído un contexto histórico-artístico que permite unha comprensión plena destas edificacións.
Dende o século XX as salas de cine son uns dos lugares de ocio preferidos polas clases populares. As cidades da Coruña e Vigo presentaron o cine en Galicia, contando así co maior número de salas de proxección na rexión. A relevancia sociocultural xerada a partir desta actividade na Coruña pódese estudar a través da arquitectura de tres paradigmáticas salas de cine: o Cine París, o Cine Avenida e o Cine Riazor. Cada un destos exemplos sitúase nun contexto cronolóxico diferente, polo que, a partir dos tres pódese apreciar a paulatina evolución dunha importante colección de patrimonio arquitectónico da cidade de A Coruña. Neste breve estudio se reflexiona sobre o estado actual destas edificacións dende o punto de vista do patrimonio material e inmaterial, incluído un contexto histórico-artístico que permite unha comprensión plena destas edificacións.
Dirección
SANCHEZ GARCIA, JESUS ANGEL (Titoría)
SANCHEZ GARCIA, JESUS ANGEL (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
LOPEZ CALDERON, CARME (Secretario/a)
MOURE PAZOS, IVAN (Vogal)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
LOPEZ CALDERON, CARME (Secretario/a)
MOURE PAZOS, IVAN (Vogal)
A_iconografía_eclesiástica_dos_tímpanos_románicos_no_rural_gallego
Autoría
N.L.O.
Grao en Historia da Arte
N.L.O.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
O termo de portada nacerá coa chegada do románico a Galicia a través da catedral compostelá, coa protexección ao exterior da escultura relixiosa na zona do tímpano como un lugar privilexiado para a representación de programas narrativos. Estes funcionaban como libro ilustrado para o fiel con fins catequizadores. Faráse un baleirado dos tímpanos presentados nos tomos das provincias da Enciclopedia do Románico en Galicia, expoñendo as limitadas figuracións que se dan nos tímpanos rurais galegos, Sansón desquijarando o león, Agnus dei ou escenas de juglaría. Indagando específicamente na iconografía eclesiástica, menos estudiada na imaxinería rural románica galega. Este estudo realizarase mediante os ejemplos propostos polo inventario realizado a través dos tomos antes mencionados, San Xiao de Moraime, San Paio de Muradelle, Santa Maria de Fragas, San Martiño de Moaña, Santiago de Requeixo e Santa Comba de Treboedo.
O termo de portada nacerá coa chegada do románico a Galicia a través da catedral compostelá, coa protexección ao exterior da escultura relixiosa na zona do tímpano como un lugar privilexiado para a representación de programas narrativos. Estes funcionaban como libro ilustrado para o fiel con fins catequizadores. Faráse un baleirado dos tímpanos presentados nos tomos das provincias da Enciclopedia do Románico en Galicia, expoñendo as limitadas figuracións que se dan nos tímpanos rurais galegos, Sansón desquijarando o león, Agnus dei ou escenas de juglaría. Indagando específicamente na iconografía eclesiástica, menos estudiada na imaxinería rural románica galega. Este estudo realizarase mediante os ejemplos propostos polo inventario realizado a través dos tomos antes mencionados, San Xiao de Moraime, San Paio de Muradelle, Santa Maria de Fragas, San Martiño de Moaña, Santiago de Requeixo e Santa Comba de Treboedo.
Dirección
BARRAL RIVADULLA, Mª DOLORES (Titoría)
BARRAL RIVADULLA, Mª DOLORES (Titoría)
Tribunal
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Presidente/a)
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Secretario/a)
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Vogal)
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Presidente/a)
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Secretario/a)
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Vogal)
A dimensión política da raíña María de Portugal
Autoría
U.C.P.
Grao en Historia
U.C.P.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
No presente traballo pretenderase facer un estudo acerca da figura de María de Poertugal, reina consorte de Castela duernte boa parte da primeira metade do século XIV. Mediante a exposición e o análisis dos principais acontecementos da súa vida procurarase levar a cabo un acercamento á súa dimensión política, a cal puido verse en pcaasións como as mediacións co reino de Portugal, as negociacións con Inglaterrapara concertar una alianza matrimonial nun contexto tan conplexo como a Guerra dos Cen Anos ou as actuacións posteriores como reíña nai na defensa la lexitimidade de Blanca de Borbón, o que lle custou o enfrontamento co seu propio fillo. Á sua vez tratarase de analizar os mecanismos de poder dos que puido servirse en cada momento e a importancia das redes clientelares e familiares que foi entretexendo al longo da sía vida, marcada sempre pola complexidade do contexto tanto persoal como político.

A infancia no período paleolítico.
Autoría
D.F.C.
Grao en Historia
D.F.C.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
A infancia constitúe unha parte fundamental de diversas sociedades humanas ao longo da historia, porén, non tivo igual importancia no campo da investigación académica. Neste estudo explorarase a infancia no Paleolítico a través dunha serie de aspectos e achados arqueolóxicos, entre pinturas, xoguetes, tumbas, etc. Son varios os obxectivos para levar a cabo este estudo, como comprender a vida dos nenos no pasado, desafiar as ideas da infancia e recoñecer a importancia da infancia na historia da humanidade, xa que o Paleolítico é unha das etapas máis importantes da mesma.

BAL GARCIA, HUGO (Titoría)
BAL GARCIA, HUGO (Titoría)
A cristianización da Inglaterra anglosaxona
Autoría
T.G.G.
Grao en Historia
T.G.G.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
A cristianización da Inglaterra anglosaxona atribúese xeralmente á Misión Gregoriana, que comezou no 597. Sorprende, sen embargo, que no século IX este proceso dase por completado coa conversión total do territorio. Neste traballo analizarase o contexto inmediato do arquipélago británico tras a ruptura con Roma, as motivacións que puideron levar a Gregorio I a ordenar a misión, os grupos que foron claves no proceso de cristianización, os factores que puideron facilitalo e o grao de penetración que puido ter o cristianismo na poboación.
A cristianización da Inglaterra anglosaxona atribúese xeralmente á Misión Gregoriana, que comezou no 597. Sorprende, sen embargo, que no século IX este proceso dase por completado coa conversión total do territorio. Neste traballo analizarase o contexto inmediato do arquipélago británico tras a ruptura con Roma, as motivacións que puideron levar a Gregorio I a ordenar a misión, os grupos que foron claves no proceso de cristianización, os factores que puideron facilitalo e o grao de penetración que puido ter o cristianismo na poboación.
Dirección
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Titoría)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Titoría)
Tribunal
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Titor do alumno)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Titor do alumno)
Conflictos e crieses sociais na República Romana (séculos II e I a.C.
Autoría
A.S.F.
Grao en Historia
A.S.F.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
O que se pretende abordar son as diferentes crises e conflitos sociais que se deron nos dous derradeiros séculos da República Romana, asi como ver as continuidades e descontinuidades entre estes e podelos comprender dentro do marco dun sistema político que camiñaba cara a súa extinción. Nestes séculos danse varios momentos nos cales a orde social republicana é posta en cuestión; por un lado teríamos o movemento dos Graco no século II a.C. e as súas políticas en torno ao mundo agrícola, sería un conflito que se da dende dentro do sistema e os seus mecanismos de poder, e por outro toda unha serie de revoltas internas e ameazas externas, protagonizadas por aqueles que non facían parte dos espazos de poder, que poñen en entredito a continuidade da República e sobre os cales é preciso valorar cal foi o seu papel no fin deste periodo na historia de Roma.
O que se pretende abordar son as diferentes crises e conflitos sociais que se deron nos dous derradeiros séculos da República Romana, asi como ver as continuidades e descontinuidades entre estes e podelos comprender dentro do marco dun sistema político que camiñaba cara a súa extinción. Nestes séculos danse varios momentos nos cales a orde social republicana é posta en cuestión; por un lado teríamos o movemento dos Graco no século II a.C. e as súas políticas en torno ao mundo agrícola, sería un conflito que se da dende dentro do sistema e os seus mecanismos de poder, e por outro toda unha serie de revoltas internas e ameazas externas, protagonizadas por aqueles que non facían parte dos espazos de poder, que poñen en entredito a continuidade da República e sobre os cales é preciso valorar cal foi o seu papel no fin deste periodo na historia de Roma.
Dirección
ARGUELLES ALVAREZ, PATRICIA ANA (Titoría)
ARGUELLES ALVAREZ, PATRICIA ANA (Titoría)
Tribunal
ARGUELLES ALVAREZ, PATRICIA ANA (Titor do alumno)
ARGUELLES ALVAREZ, PATRICIA ANA (Titor do alumno)
A composición do desafío feminista da Nova Muller en China e a súa eclosión no Movemento da Nova Cultura, 1915-1923.
Autoría
S.V.R.
Grao en Historia
S.V.R.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
O ideario confuciano impediu á muller sobrepoñerse á subordinación do home durante milenios. Neste traballo búscase abordar mediante unha estrutura tripartita, cunha perspectiva de xénero, histórica e cronolóxica os diferentes procesos que levaron ás mulleres da China de entreséculos a dar os primeiros pasos na busca dos seus dereitos. O primeiro dos apartados será adicado aos valores confucianos que posteriormente serían desafiados, clasificando á arcaica figura da muller confuciana como un problema para as mulleres que vivirían a caída do imperio chinés e a inxerencia occidental. De seguido, mostraranse moi brevemente as respostas previas ao movemento de Nova Cultura á presión neoconfuciana sobre as mulleres así como a relación entre xénero e Imperio unido á decadencia dos Qing. Por último, o bloque terceiro desenvolverase arredor do propio Movemento Nova Cultura e o afán das súas participantes femininas en crear unha figura utópica e liberal bautizada como Nova Muller, así como unha comparación entre tres perspectivas: a occidental, a masculina e a feminina chinesa.

A Figura de Xesus nos inicios do Cristianismo.
Autoría
M.G.F.
Grao en Historia
M.G.F.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
Trátase dun paso polos inicios do cristianismo, centrándose sobre todo en como son as fontes que analizan a vida de Xesús e o seu papel nos inicios da doctrina e relixión cristiana. Ademáis de tratar fontes sobre a sua vida e a época na que se desenvolvía. Desta forma se busca esclarecer un pouco a importancia desta figura clave para a nosa historia e saber como e ata que punto puido ter influencia na actualidade da relixión.

SUAREZ PIÑEIRO, ANA MARIA (Titoría)
SUAREZ PIÑEIRO, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
SUAREZ PIÑEIRO, ANA MARIA (Titor do alumno)

A traxedia de Hipólito
Autoría
D.J.C.
Grao en Historia
D.J.C.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
Eurípides é considerado un dos tres mestres do teatro grego, xunto con Esquilo e Sófocles. A súa obra Hipólito, escrita en 428 a. C., converteuse nunha das súas obras máis recoñecidas. Ao longo deste proxecto levará a cabo unha reflexión sobre a importancia do teatro grego, as súas influencias (o paso da poesía épica ao drama tráxico) e a súa vinculación coa relixión na Grecia do momento. Partindo desta idea, profundarase na vida e obra de Eurípides, máis concretamente a súa traxedia Hipólito. Sobre esta levará a cabo unha análise tanto da obra: a importancia da figura de Afrodita e Artemis, as orixes destas deusas na mitoloxía grega, así como a súa relación cos mortais que a protagonizan. Ademais, examinarase o papel da muller na traxedia grega (representada a través da figura de Fedra), o papel do heroe representado mediante Teseo e Hipólito, para rematar cunha reflexión sobre a profunda relevancia e impacto que esta obra tivo a nivel cultural, non só para o teatro grego da época, senón tamén o impacto que tivo ao longo da historia.

O problema da vivenda social durante o primer franquismo (1939-1959). Estratexias, obstáculos e políticas en torno á vivenda
Autoría
D.L.A.
Grao en Historia
D.L.A.
Grao en Historia
Data da defensa
23.07.2024 16:00
23.07.2024 16:00
Resumo
A escaseza de vivenda foi un problema en España, en particular durante o réxime franquista debido ao agravamento do problema. No presente traballo trataremos as principais políticas de vivenda social adoptadas polo Estado durante a primeira etapa do réxime (1939-1959), así como a politización detrás da cuestión da vivenda. Ademais, abordaremos as limitacións existentes detrás das medidas empregadas, así como o fenómeno da construción de chabolas resultado da intensificación desta carestía debido ao éxodo rural.

LANERO TABOAS, DANIEL (Titor do alumno)
LANERO TABOAS, DANIEL (Titor do alumno)