Skip to main content

Latest news

‘Retorna ao Rural con Campus Terra’ ofrece 28 bolsas de prácticas para alumnado en empresas e entidades do rural de Galicia

Alumnado dos dous últimos cursos de grao das facultades de Ciencias, Humanidades e na EPS de Enxeñaría xa poden tramitar a súas solicitudes ata o 26 de marzo na sede electrónica da USC. Formación do Profesorado e Veterinaria tamén ofertan un total de 8 prazas nunha convocatoria que prevé estadías formativas de ata 3 meses. As persoas beneficiarias poderán solicitar o recoñecemento de ata 13 créditos ECTS

Read more

O Campus Terra avalía o uso de auga rexenerada na rega de cultivos para paliar a escaseza de recursos hídricos co proxecto I-ReWater

O programa liderado desde a EPS de Enxeñaría do Campus Terra da USC e financiado con 2,2 millóns de euros de fondos FEDER analizará os efectos da auga rexenerada na produción e na calidade de cultivos leñosos e hortícolas a través de 15 accións piloto que se desenvolverán ata 2026 en distintas localizacións de España, Francia e Portugal

Read more

O rural como alicerce da bioeconomía e a sustentabilidade

Persoal investigador da EPS de Enxeñaría e do Cretus da USC promoven a recuperación de actividades de montaña vencelladas coa conservación de hábitats para impulsar a bioeconomía do medio rural ao abeiro do proxecto RURALtXA!, unha iniciativa de I+D+i coordinada pola UDC e na que tamén participa a Fundación HAZI

Read more

‘Protagonistas, as enxeñeiras’ achega as titulacións da Escola Politécnica a alumnado no IES Ánxel Fole de Lugo

Os obradoiros divulgativos organizados no centro universitario do Campus Terra co gallo da celebración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia permitiron a preto de medio centenar de estudantes de ensino medio participar en sesións de voo de drons, escaneado 3D, ademais de asistir a micro relatorios sobre velocidade, ciclo hidrolóxico, desenvolvemento de produtos con madeira estrutural, así como as pontes que conectan a enxeñaría co cancro

Read more

“A neutralidade carbónica pasa por reducir emisións en sectores como o transporte ou a enerxía”, di César Pérez

O investigador ‘Ramón y Cajal’ na EPS de Enxeñaría do Campus Terra da USC e impulsor de novas liñas de traballo sobre monitorización forestal e proxectos de carbono ao abeiro do grupo PROePLA colabora coa FAO e co Panel Intergobernamental do Cambio Climático de Nacións Unidas en accións a gran escala sobre redución de emisións de carbono en bosques e no deseño de metodoloxías para a cuantificación de carbono

Read more

GA-LINK, o rural a golpe de clic

Estudantes do Campus Terra da USC revitalizan o rural con GA-LINK, unha plataforma premiada no III Terra Creative Jam a través da que se dá a coñecer a oferta de lecer, así como as distintas actividades e eventos que se celebran en toda a xeografía galega

Read more