Ciencias Económicas e Empresariais homenaxea a profesora Rosalía Porto Vila
“Sempre ía un paso máis alá [...] Os retos eran o seu motor e día a día era capaz de atopar algunha novidade que lle trasladaba aos estudantes. Por iso era unha boa profesora”. O reitor Juan Viaño aludiu con estas palabras á figura de Rosalía Porto Vila, docente falecida recentemente e que este mércores recibiu unha cálida homenaxe na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais na que impartía docencia.
Leer másActo homenaxe en memoria da profesora Rosalía Porto Vila
O reitor Juan Viaño presidirá este mércores 2 de decembro un acto homenaxe en memoria da que fora profesora de Matemáticas do Departamento de Economía Cuantitativa Rosalía Porto Vila, falecida recentemente. A sesión comezará ás 13.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
Leer másO premio de pintura CreArte abre a súa cuarta edición á sociedade
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais mantén aberto ata o 13 de marzo o prazo para presentar obras
Leer másA USC, coa eliminación da violencia contra as mulleres
Sumouse á efeméride do 25 de novembro coa instalación dun punto informativo en Campus Vida, por onde transcorreu unha marcha do alumnado, un acto institucional en Xeografía e Historia e outro...
Leer másA USC conmemora este mércores 25 o Día Internacional para a eliminación da Violencia contra as Mulleres
Instalarase un punto informativo en Campus Vida, por onde discorrerá unha marcha do alumnado, e programouse un acto institucional en Xeografía e Historia
Leer másEstudantes de Educación Social marchan o mércores contra a violencia de xénero
Chaman á participación de todo o alumnado da USC
Leer más