21.10.2025-10.11.2025 | 11.15h-23.59h
Organizado polas Facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química da Universidade de Santiago de Compostela, xunto coa Real Academia Galega de Ciencias
Convócase a toda a Comunidade Universitaria da USC a participar na XII edición do Concurso de fotografía 'A ciencia en imaxe’. As propostas gañadoras, dotadas con 200€ para o primeiro premio e 100€ para o segundo, coñeceranse o 14 de novembro no acto conmemorativo de San Alberte Magno, patrón das facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química. O prazo para inscribirse permanecerá aberto ata o 10 de novembro de 2025.