Ir o contido principal
Evento que terá unha perspectiva integral, incluíndo a experiencia do Camiño (a peregrinación a Compostela) e un simposio que mistura a perspectiva científica e persoal.


WTD

Actividade que busca sensibilizar sobre a demencia, promover a conversa, diversificar as perspectivas sobre o tema, empoderar ás persoas que viven con demencia e ás súas persoas coidadoras, e fomentar a implicación cos/coas futuros/as profesionais que coidarán da demencia dende unha perspectiva multidisciplinar.

Walking the Talk for Dementia está promovida polo Global Brain Health Institute do Trinity College Dublin e está organizada pola Federación Alzheimer Galicia e a Sociedade Galega de Neuroloxía e participan o Máster Universitario en Psicoxerontoloxía da USC e a Cátedra USC—Cruz Vermella de Calidade de Vida no Envellecemento.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.04.2024.