Ir o contido principal
Proxecto Campus Oportunidades para a Inclusión

Asociación Down Lugo é unha organización sen ánimo de lucro que ten como misión contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas con síndrome de Down (SD) e, en xeral, con discapacidade intelectual (DI), a través da inclusión plena e efectiva na sociedade, asumindo o establecido na Convención de Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade.

Campus Oportunidades ofrece unha resposta ás necesidades formativas, de relación e de participación social das persoas adultas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais en escenarios inclusivos, como é a Universidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.02.2024.