Saúde Mental FEAFES Galicia (Federación de asociacións de familiares e persoas con enfermidade mental de Galicia) é unha entidade sen ánimo de lucro que ten delegacións nas catro provincias galegas. A súa misión é axudar a mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade mental e dos seus familiares, así como a defensa dos seus dereitos para lograr a redución de prexuízos e favorecer a inclusión do colectivo na comunidade.
Ocio e deportes
Actividade dirixida a fomentar a integración social a través da participación en actividades lúdicas e deportivas que faciliten a integración social, tales como visita a museos, cine, praia, sendeirismo, festas populares, xogos etc. acompañados dunha monitora de ocio e doutras persoas voluntarias.
- Horario: estas actividades fanse sobre todo en fins de semana alternas e nalgunha ocasión pola semana (horario a determinar segundo a actividade).
- Prazas: 1
Dentro do programa de Deporte ofrécese fútbol sala a persoas con problemas de saúde mental, adestrando un día en semana e participando nunha liga autonómica organizada con participantes de outras asociacións federadas. Esta actividade desenvólvese no Pavillón de Santa Isabel.
- Horario: luns, de 18 a 20 h.
- Prazas: 1 (COMPLETO)
Formación e emprego
Reforzo educativo que consiste en ofrecer ás persoas que se están a formar cando estas presenten carencias nalgunha materia, así como dotar de técnicas de estudo que faciliten a aprendizaxe.
Apoio para a busca de emprego a través das TICs.
- Horario: de luns a venres (horario a determinar segundo as necesidades existentes).
- Prazas: 1