A UDAL é unha unidade de atención integral a doentes con anorexia nerviosa e bulimia.
A unidade atópase no Hospital Xeral Básico de Conxo (antigo Hospital Provincial) e dispón de tres áreas de hospitalización (aguda, prolongada e hospital de día) e unha área de consultas externas.
No programa cóntase co apoio do equipo médico, psicólogo e traballadora social cos se teñen 3 reunións ao longo do curso para ir vendo o traballo que se realiza e resolver dúbidas que podan aparecer. É especialmente importante a continuidade do labor do voluntariado na unidade, xa que calquera abandono total ou parcial do proxecto polas causas que sexan supón consecuencias negativas para as doentes e o seu tratamento.
Unha vez finalizada a actividade, pedirase a súa avaliación.
O traballo realízase facendo funcións de acompañamento, entretemento e reforzo no estudo ás pacientes ingresadas na Unidade de Somática que está no Hospital de Conxo.
- Horario: de luns a venres, de 17 h a 19 h.
- Prazas: 5