A Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela é unha entidade sen ánimo de lucro creada en decembro de 2000 por familiares e persoas con dano cerebral adquirido (DCA).
Sarela ten como obxectivos fundamentais promover a defensa conxunta dos dereitos das persoas con DCA e as súas familias; a súa integración e normalización social, e o seu coidado, asistencia e protección.
Servizo de Atención Diúrna Terapéutica (SADT) e Servizo de Mellora ou Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social (MAPIS)
Saídas á contorna comunitaria
As saídas no contorna comunitaria forman parte das actividades que se levan a cabo nos diferentes servizo que oferta a entidade. Estas saídas teñen diferentes temáticas, dende física, cultural, ocio... pero sempre co mesmo fin, que é a inclusión social das persoas con Dano Cerebral Adquirido (DCA) e o aproveitamento dos recursos comunitarios que temos ao noso alcance como cidadáns, dende pasear por un parque, ir ao cine, un bar ou a un museo.
- Horario: luns, mércores e xoves. Polo xeral polas mañás, de 10 a 13 h. Avisaríase con tempo para favorecer a organización da actividade e da persoa voluntaria.
- Prazas: 2
Servizo de Atención Diurna Terapéutica (SADT)
Expresión Artística
Nesta actividade trabállase coas persoas con DCA a área ocupacional. Procúranse persos que teñan coñecementos ou interese en colaborar en actividades de:
- Pintura
- Costura
- Bricolaxe
- Horario: martes, de 10 a 11:45 h.
- Prazas: 1
Movemento Activo
A actividade física é importante para o desenvolvemento persoal de todas as persoas en xeral e aínda máis, para as persoas con DCA. A persoa voluntaria pode colaborar dando apoio á persoa con DCA na realización de actividade física adaptada á súa condición.
- Horario: martes, de 11:45 a 13 h.
- Prazas: 1
Ocio
O ocio é a parte fundamental da vidas das persoas. Por iso, as persoas usuarias poderán elixir e xestionar o ocio segundo a súa elección e intereses persoais, en grupo ou de xeito individual. Tendo en conta as súas capacidades, algunhas persoas ususarias precisan de apoio dunha terceira persoa para a preparación da actividades e, incluso, para poder realizar a mesma.
As actividades de ocio das tardes son diversas, xa que depende dos gustos e preferencias da persoa usuaria. Algún exemplos:
- Partida de cartas, dominó... Un apoio podería ser a colocación do material e apoiar na partida (axudar a mover as fichas, repartilas...).
- Cine: apoio para a elección da película, preparación da sala, explicación do argumento...
- Paseos pola zona: apoiar nalgunha saída que se relice polas inmediacións do servizo.
- Coro.
- Blog.
- Horario: luns, martes, mércores e xoves, de 15:45 a 17:15 h.
- Prazas: 4