Skip to main content

Latest news

Investigadores da USC analizan en Groenlandia as tendencias climáticas e o desxeo no Ártico co proxecto NEOARCTIC

O coordinador da Rede de Estacións Biolóxicas da USC, Xosé Lois Otero, que permanecerá ata o 14 de xullo na illa autónoma do Reino de Dinamarca, dirixe os estudos sobre xeoquímica dos solos, sedimentos e auga que se desenvolvan no marco da campaña científica liderada polo profesor da Universidade de Barcelona Marc Oliva e promovida polo Ministerio de Economía e Competitividade

Read more

Pemade impulsa a edificación modular en madeira co Life EcoTimberCell

O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo da USC, Francisco Fraga; a directora da EPS de Enxeñaría, Rosa Romero; o coordinador da Plataforma de Enxeñaría de Madeira Etrutural (Pemade), Manuel Guaita, e o director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, clausuran un proxecto que impulsa a construción sustentable en madeira e con baixa pegada de carbono

Read more

O congreso internacional de extensión rural pon en valor o impacto futuro das liñas estratéxicas do Campus Terra

O reitor da USC, Antonio López, apunta a formación, a investigación e a transferencia de innovación aos axentes produtivos como claves para a modernización do medio rural na apertura do congreso internacional que cita máis 200 técnicos e investigadores europeos relacionados co sector primario en Lugo, “o centro da extensión rural de Galicia e un modelo representativo de Europa”, sinala o conselleiro José González

Read more