Ir o contido principal

Charla 'A lei para o desenvolvemento e impulso da IA en Galicia'

27.02.2025 | 12.30h

Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS)
Salón de Actos

Impartida polo profesor de Dereito Administrativo da USC Marcos Almeida, membro da Comisión de Expertos para o Desenvolvemento e uso ético da IA en Galicia da Xunta de Galicia

A charla será no CiTIUS
A charla será no CiTIUS

O profesor de Dereito Administrativo e delegado de Protección de Datos da USC, Marcos Almeida, ofrecerá o 27 de febreiro a charla 'A lei para o desenvolvemento e impulso da IA en Galicia' na que resumirá os puntos principais da Lei para o desenvolvemento e impulso da IA en Galicia que o Consello da Xunta de Galicia aprobou recentemente para a súa remisión ao Parlamento autonómico e que ten como obxectivo establecer un marco para o deseño, adquisición, implementación e uso de sistemas e modelos de IA na administración e no sector público autonómico.

A actividade está incluída na Aula Profesional da ETSE, previa inscrición en aula.profesional [at] usc.es (aula[dot]profesional[at]usc[dot]es)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.01.2025.