Modera o PDI da comisión de igualdade da ETSE

O Clube de lectura ETSE Enxeñaría e Xénero nace co obxectivo de promocionar a lectura consciente no ámbito da igualdade. Está conformado polos membros da comunidade universitaria (alumnado, PDI e PAS) con interese na lectura e en compartir opinións sobre as obras propostas pola comisión. A matrícula abrirase por semestre académico e en cada un presentáranse dúas obras para lectura.
En cada semestre as sesións de intercambio de comentarios terán lugar nas fechas e datas indicadas e serán moderadas por un membro da comisión da igualdade da ETSE. Na primeira sesión se presentarán as obras seleccionadas para o semestre en curso.
Para facilitar a participación do alumnado en período sen clases, as sesións poderán realizarse en formato híbrido baixo petición dalgunha das persoas inscritas.
Datas e horario:
11/02/25 – Presentación dos libros do curso 2024/2025 (vencellado ao 11F Día internacional da muller e da nena na ciencia)
24/04/25 - SALON DE ACTOS & TEAMS (vencellado ao 22A Día Internacional das nenas nas TIC)
26/06/25 - SALON DE ACTOS & TEAMS (vencellado ao 23X Día Internacional da muller na enxeñaría)
Avaliación (Optativo para obter 1 ECTS en todos os títulos de Grao da ETSE): Avaliarase mediante a elaboración dun resumo das dúas obras escollidas vencellando o contido da obra coa presencia de mulleres en grados STEM. Cada resumo deberá ter un mínimo de 200 palabras e non deberá superar as 400 palabras.
A entrega realizarase por correo electrónico 48 horas antes da correspondente reunión do clube de lectura, é dicir xoves 24 de abril e xoves 26 de xuño ás 12 horas.