Ir o contido principal
  • USC

I Edición Rexional do Concurso de Programación Ada Byron

Equipo MeuGang
Uxío, Pablo e Juan Pablo, compoñentes do Equipo MeuGang
O venres 22 de Abril celebrouse na ETSE a primeira edición rexional galega do concurso de Programación Ada Byron.
Santiago de Compostela

Este reto de programación de aplicacións organizouse de modo síncrono nos tres centros universitarios que imparten no SUG titulacións de Enxeñaría Informática (a Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC, a Facultade de Informática da UDC e a Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo). Esta primeira edición contou ademais co apoio do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG).

Durante a tarde do venres, un total de 20 equipos procedentes das tres universidades trataron de resolver un total de 11 problemas nas linguaxes de programación C, C++, Java ou Python. Cada equipo estivo formado por 3 estudantes que dispuxeron dun total de 4 horas para afrontar os retos plantexados. A loxística do concurso baseouse nun servidor informático que actuou a modo de xuíz, avaliando automáticamente os programas que remitían os grupos participantes no concurso.

O equipo mellor clasificado de cada sede participará en xullo en Madrid na edición nacional deste concurso.

O alumnado de Enxeñaría Informática da ETSE tivo un rendemento excelente no concurso. O equipo MeuGang foi o mellor de toda Galicia, resolvendo un total de 6 problemas (dous mais que calquer outro contendente). Ademais, o equipo Rust Evangelists foi o mellor equipo galego na categoría B (que inclúe alumnado ata 2º de Grao).

A participación do alumnado da ETSE no Ada Byron foi moi activa, aportando un total de 30 participantes, incluíndo equipos formados únicamente por alumnado de primeiro do Grao en Enxeñaría Informática.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.04.2022.