28.11.2024 | 12.30h-14.00h
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Aula A4
Alejandro Prego Méndez (alejandro.prego@rai.usc.es)
O obxectivo do curso é dar a coñecer os conceptos básicos da calculadora programable empregada no Grao en Enxeñaría Química, entre algunas funcións útiles para as diferentes materias do grao.
Tamén se proporcionará información sobre o correcto uso da calculadora e certas cousas que se deben evitar.
A maiores darase unha guía básica de uso das diferentes aplicacións incluídas na calculadora.
Lugar de inscrición: enviar correo electrónico a aula.profesional [at] usc.es (aula[dot]profesional[at]usc[dot]es) cos seguintes datos: Nome, Titulación, Curso, (ata o 27 de novembro ás 14 horas)
Confirmarase a admisión por correo electrónico.