Ir o contido principal
  • USC

Actividades polo 25N na Facultade de Formación do Profesorado

Actividades polo 25N na Facultade de Formación do Profesorado
Actividades polo 25N na Facultade de Formación do Profesorado
Organizadas por alumnado do grao en Mestra ou Mestre de Educación Primaria e dobre grao de Infantil e Primaria do Campus de Lugo

O alumnado da materia de 'Teoría e Historia da Educación Escolar' de primeiro curso do grao en Mestra ou Mestre de Educación Primaria e do dobre grao de Infantil e Primaria da Facultade de Formación do Profesorado organiza diversas actividades co gallo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres:

O día 24 de novembro o alumnado vestirá de negro ou violeta na honra das vítimas de violencia de xénero. Ademais instalarase un posto no vestíbulo da Facultade para recoller lazos violeta para colocar nas lapelas. Ese mesmo día darase lectura do manifesto 25N ás 12.00 horas nas escaleiras exteriores da Facultade de Formación do Profesorado.

Máis actividades:

  • Colocación dunha urna na Facultade para recoller testemuños sobre a violencia de xénero.
  • Colocación dun mural, con pinturas e rotuladores a carón, no vestíbulo principal da Facultade, para que calquera persoa poida escribir, pintar ou debuxar o que desexe sobre a violencia de xénero: lemas, citas, pegadas, testemuños, referentes, letras musicais, poemas, bibliografía, recursos etc.
  • Colocación pola Facultade de carteis que presenten comentarios machistas ou situacións de micromachismo.
  • Colocación pola Facultade de elementos que representen lápidas, con información sobre as 52 mulleres asasinadas en 2023, vítimas da violencia de xénero.
  • Performance sobre a violencia de xénero, pendente de data.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.11.2023.