Álxebra temperá e numeración no 2º ciclo de Educación Infantil: análisis curricular e proposta didáctica inspirados pola investigación en educación matemática
Autoría
L.F.A.
Curso Ponte do Grao en Mestre de Educación Infantil (2ªed) [L]

Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
O traballo realizado versa sobre a ensinanza das matemáticas na Educación Infantil. Para levalo a cabo facemos un repaso polas diferentes teorías que fundamentan o desenvolvemento e a aprendizaxe segundo Piaget e Vigotsky, dando moita importancia á contorna, a manipulación e o xogo. Así como das teorías do conductismo, cognitivismo e constructivismo. Ademáis, tomamos como referencia o estudo realizado por (Alsina,2022a) sobre o Real Decreto 95/2022, adaptándoo ao Decreto 150/2022 para a nosa comunidade, para o que nos centramos tanto en aspectos de álxebra temperá coma nos de números e operacións que aparecen nos devanditos documentos. E finalmente analizamos a forma de traballar estes contidos para crear posteriormente unha proposta para o 2º ciclo de Educación Infantil que complemente o recollido na lexislación.

Dirección
LOIS PRADOS, CRISTINA (Titoría)
LOIS PRADOS, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
LOIS PRADOS, CRISTINA (Titor do alumno)
LOIS PRADOS, CRISTINA (Titor do alumno)
O galego na mocidade: percepcións, dificultades e solucións para unha maior normalización.
Autoría
N.G.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
N.G.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
16.07.2025 12:00
16.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo xira arredor dunha problemática actual á vez que urxente: a perda progresiva da nosa lingua, agravada pola falta de transmisión interxeracional, a diminución do seu uso cotián e a persistencia de prexuízos lingüísticos, sobre todo, nos máis novos. Resulta imprescindible un cambio urxente nas actitudes e posturas da mocidade galega, xa que estes son os responsables do futuro da lingua. Se eles deixan de empregala, esta morrerá. Con este traballo centrámonos en coñecer os hábitos lingüísticos dunha mostra de alumnos/as entre 10 e 11 anos dun centro educativo de Lugo, os contextos nos que o emprega a nosa lingua, así como as súas actitudes e opinións cara esta lingua. Estes datos recóllense mediante un cuestionario, para o que, posteriormente, se propón unha intervención educativa destinada a fomentar o uso do galego, romper os seus prexuízos, e coñecer outros aspectos importantes da lingua como é a cultura. Se a lingua morre, a cultura desaparece. O deporte, a música, o audiovisual... Están cada vez máis presentes na nosa sociedade. Porén, cando estes son en galego parecen estar lonxe dos máis novos. Con estes ámbitos próximos a eles buscamos espertar a súa interese e motivación a pesar do punto de partida do que partimos.

ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Titoría)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Titoría)
Tribunal
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Titor do alumno)