O xogo como recurso educativo para a aprendizaxe e o uso do léxico galego
Autoría
L.A.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]

Data da defensa
19.06.2025 11:00
19.06.2025 11:00
Resumo
O léxico desempeña un papel fundamental na sociedade por ser o medio de comunicación e vehículo de construción e transmisión de coñecemento entre as persoas. O presente TFG titulado O xogo como recurso educativo para a aprendizaxe e o uso do léxico galego, aborda a ensinanza do vocabulario galego no contexto da Educación Primaria mediante o emprego de estratexias lúdicas. Na xustificación teórica abórdase a relevancia que ten o valor do galego, lingua cooficial de Galicia, como compoñente fundamental do patrimonio cultural, así como a necesidade de reforzar a súa aprendizaxe de forma significativa a través do xogo. Na proposta didáctica recollo todos os aspectos necesarios para poder levar a cabo as actividades presentadas no 5º curso de Educación Primaria. Finalmente, saliento as características relevantes e unha reflexión persoal no apartado de conclusións.

Dirección
ARES VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)

Tribunal
ARES VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titor do alumno)

Como promover a cultura galega a través da música
Autoría
N.A.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
N.A.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
13.02.2025 10:00
13.02.2025 10:00
Resumo
Neste traballo de fin de grao falarase da importancia da música e de como se lles pode ensinar aos nenos e nenas de Educación Infantil sobre a cultura de Galicia a través da música.

LOPEZ DE LA CALLE SAMPEDRO, Mª ANGELES (Titoría)
LOPEZ DE LA CALLE SAMPEDRO, Mª ANGELES (Titoría)
Tribunal
LOPEZ DE LA CALLE SAMPEDRO, Mª ANGELES (Titor do alumno)

De palabras a lendas: talleres creativos dende unha aproximación a pedagoxía do lugar da tradición galega de Malpica e o Barco
Autoría
A.A.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.A.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
19.06.2025 12:45
19.06.2025 12:45
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grado nace da importancia da reeducación escolar para observala como un espazo vivo conectado coa contorna. Mediante a pedagoxía do lugar e do aprender facendo desenvolvéronse catro talleres artísticos e culturais en galego en dous colexios localizados en Malpica de Bergantiños e O Barco de Valdeorras a fin de poñer en valor a cultura e a tradición local de cada vila. As propostas mesturan a expresión coa investigación educativa empregando técnicas como a imprenta de Freinet e o collage, inspirándonos así nas pedagoxías activas en obras como as de Bruno Munari ou coa pedagoxía da escola Bauhaus. Neste traballo puxemos o foco na importancia da autonomía e do aprendizaxe dende a experiencia.

BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Titoría)
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Titoría)
Tribunal
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Titor do alumno)

O uso da madeira nas aulas de Educación Infantil: Narrarnos coas árbores
Autoría
A.A.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
A.A.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
18.06.2025 11:30
18.06.2025 11:30
Resumo
Resumo Este Traballo de Fin de Grao (TFG) ten como obxectivo principal explorar o potencial pedagóxico dos materiais non estruturados no ámbito da Educación Infantil (0 a 6 anos), centrando especialmente a atención no uso da madeira como recurso didáctico. A partir de referentes teóricos como as metodoloxías Reggio Emilia e Montessori, analízase como estes materiais promoven un desenvolvemento integral nos nenos e nenas, fomentando aspectos cognitivos, sensoriais, sociais e emocionais. O estudo apóiase nunha metodoloxía cualitativa, baseada na revisión bibliográfica de estudos actuais e, no seu caso, a observación directa en contextos escolares reais. Identifícanse as calidades específicas da madeira como a súa textura, calidez, peso e versatilidade e como estas favorecen o xogo libre, a exploración activa, a creatividade e a aprendizaxe autónoma. Ademais, o traballo inclúe unha proposta didáctica concreta que ilustra a implementación destes materiais na aula. Finalmente, reflexiónase sobre as limitacións do estudo e propóñense futuras liñas de investigación e aplicación educativa.

CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Titoría)
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Titoría)
Tribunal
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Titor do alumno)

A alfabetización do galego a través de cancións: unha proposta didáctica para un aula de segundo ciclo de educación infantil
Autoría
L.B.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
L.B.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
27.06.2025 09:00
27.06.2025 09:00
Resumo
Este traballo pretende introducir ao alumnado da segunda etapa de Educación Infantil na aprendizaxe ou reforzo do idioma Galego, tomando como medio para a súa adquisición as distintas cancións existentes en dita lingua. O motivo de selección do tema foi a actual devaluación do galego e a continua perda de falantes, sobre todo entre a poboación máis nova. Ademais, a música tamén adoita ser unha das materias con menor relevancia dentro da educación dos cativos e cativas polo que, a posibilidade de empregar ambas correntes cun mesmo obxectivo, fixo que se levara a cabo unha proposta educativa. Empregouse unha metodoloxía de traballo que requiría participación por parte de alumnado de 3 a 6 anos, polo que se acudiu a un centro educativo onde se realizaron un total de oito sesións de aprendizaxe, estas relacionaban a lingua e a música, comprobando así os efectos da devandita proposta nos nenos e nenas seleccionados. Os resultados amosan que as suposicións sobre a influencia da música na lingua son certas, e que os rapaces e rapazas expostos a esta intervención acadaron maiores competencias, tanto en Galego como en educación musical, grazas a elaboración de actividades que tiveron en conta obxectivos e contidos propios tanto de música como de lingua tomando como referencia en todo momento o Decreto 150/2022 polo que se rexe a Comunidade Autónoma de Galicia.

O mundo desde os ollos da infancia: proposta de intervención en dúas aulas de Educación Infantil poñendo en valor a importancia da educación estética a través do debuxo
Autoría
N.B.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
N.B.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
19.06.2025 12:00
19.06.2025 12:00
Resumo
Este proxecto de Fin de Grao propón unha intervención educativa en dúas aulas de Educación Infantil, co fin de poñer en valor a educación estética a través do debuxo de observación. Parte da aprendizaxe das autoras en educación visual e plástica, inspirándose no enfoque Reggio Emilia, na noción de estrañamento da percepción e bases da educación estética. Na fundamentación teórica destácase o debuxo como linguaxe de pensamento e medio de coñecemento. Na fase práctica, deseñáronse e implementáronse actividades nas que o alumnado debuxou con carboncillo obxectos cotiáns, fomentando a creatividade, o crítico e a sensibilidade estética. Rexistráronse observacións do proceso, reaccións do alumnado e reflexións das docentes. Como resultado, elaborouse un álbum ilustrado colectivo que recolle as creacións das crianzas. As conclusións principais indican que o debuxo de observación mellorou a capacidade das crianzas para percibir e reinterpretar o seu contorno de forma máis creativa e reflexiva. Así mesmo, constátase que a educación estética favoreceu a motivación e o desenvolvemento afectivo do alumnado. En xeral, o traballo evidencia o valor pedagóxico do debuxo como ferramenta de coñecemento e expresión na infancia e subliña a necesidade de integrar experiencias visuais e plásticas no currículo de Educación Infantil.

C.B.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
C.B.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
19.06.2025 12:00
19.06.2025 12:00
Resumo
Este proxecto de Fin de Grao propón unha intervención educativa en dúas aulas de Educación Infantil, co fin de poñer en valor a educación estética a través do debuxo de observación. Parte da aprendizaxe das autoras en educación visual e plástica, inspirándose no enfoque Reggio Emilia, na noción de estrañamento da percepción e nas bases da educación estética. Na fundamentación teórica destácase o debuxo como linguaxe de pensamento e medio de coñecemento. Na fase práctica, deseñáronse e implementáronse actividades nas que o alumnado debuxou con carboncillo obxectos cotiáns, fomentando a creatividade, o pensamento crítico e a sensibilidade estética. Rexistráronse observacións do proceso, reaccións do alumnado e reflexións das docentes. Como resultado, elaborouse un álbum ilustrado colectivo que recolle as creacións das crianzas. As conclusións principais indican que o debuxo de observación mellorou a capacidade das crianzas para percibir e reinterpretar o seu contorno de forma máis creativa e reflexiva. Así mesmo, constátase que a educación estética favoreceu a motivación e o desenvolvemento afectivo do alumnado. En xeral, o traballo evidencia o valor pedagóxico do debuxo como ferramenta de coñecemento e expresión na infancia e subliña a necesidade de integrar experiencias visuais e plásticas no currículo de Educación Infantil.

Inflúe o uso excesivo das pantallas no desenvolvemento da linguaxe? Un estudo con poboación infantil galega.
Autoría
L.B.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
L.B.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
09.07.2025 12:00
09.07.2025 12:00
Resumo
A relación entre o emprego de pantallas e o desenvolvemento da linguaxe nas crianzas constitúese dende fai uns anos como un tema de interese por expertos de diversas disciplinas. Ante isto, o obxectivo deste traballo céntrase na realización dunha investigación que examine os efectos destes dispositivos sobre a linguaxe dunha mostra de vinte e un alumnos/as entre os seis e os doce anos dunha escola da cidade de Lugo. Concretamente, estúdase tanto o vocabulario comprensivo como a comprensión de estruturas gramaticais, sendo avaliadas a través das probas PPVT-III. PEABODY, Test de Vocabulario en Imágenes (Dunn y Dunn, 2006), así como o Test de Estructuras Gramaticales (CEG) (Mendoza et al., 2005). Os resultados obtidos mostran que a medida que aumentaba o nivel educativo dos pais dos nenos/as, incrementábanse as súas puntuacións nunha das probas empregadas. Igualmente, atopouse unha posible correlación entre un maior tempo de uso de pantallas entre semana cunha menor puntuación no primeiro dos test. Este traballo pretende contribuír a unha mellora na calidade de vida da infancia, intentando aportar información útil sobre este tema de enorme relevancia.

AGRAFOJO NIETO, MARIA HELENA (Titoría)
AGRAFOJO NIETO, MARIA HELENA (Titoría)
Tribunal
LOPEZ GOMEZ, SANTIAGO (Presidente/a)
MARCOS MARTINEZ, VERONICA (Secretario/a)
LOIS PRADOS, CRISTINA (Vogal)

Proposta de unidade didáctica sobre a aprendizaxe motriz e cognitiva vinculada ás diferentes áreas en nenos e nenas de 9 e 10 anos.
Autoría
A.B.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.B.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
25.06.2025 16:30
25.06.2025 16:30
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao (TFG), preséntase unha proposta de unidade didáctica basada na aprendizaxe motriz e cognitiva, vinculada ás diferentes áreas, en concreto, ás áreas de Matemáticas, Lingua Galega e Ciencias Sociais, en nenos e nenas de 9 e 10 anos. A proposta ten como obxectivo principal, que os diferentes estudantes potencien tanto as habilidades motrices, como as habilidades cognitivas. A unidade didáctica, estructúrase en 8 sesións, onde se combinan as diferentes habilidades motrices básicas, cos coñecementos das tres áreas, sendo que estas actividades sexan divertidas, efectivas e activas. Por útlimo, foméntase a inclusión en cada unha das sesións propostas, sendo esta moi importante para poder integrar, en todos os aspectos, aos diferentes estudantes que presentan algún nivel de dificultade tanto motriz, como cognitiva.

NEIRA MARTIN, PEDRO JOSUE (Titoría)
NEIRA MARTIN, PEDRO JOSUE (Titoría)
Tribunal
NEIRA MARTIN, PEDRO JOSUE (Titor do alumno)

O medio natural como educador. Proxecto de renaturalización do CEIP de Pedrouzos.
Autoría
A.C.I.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
A.C.I.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
07.07.2025 16:00
07.07.2025 16:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao é unha proposta de innovación educativa sobre a renaturalización do CEIP de Pedrouzos do Concello de Brión. Lévase a cabo unha previa revisión bibliográfica que permite determinar o concepto de renaturalización e as correntes pedagóxicas que defenden a educación na natureza. Esta proposta está destinada principalmente á etapa de Educación Infantil, contemplando tamén a de Primaria para poder elaborar un proxecto global de centro. Consiste nunha transformación do patio escolar e unha mellora do proxecto actual da horta. Ademais, ten como principais obxectivos incluír o medio natural como parte da programación de aula e o deseño de espazos polivalentes.

GARCIA ROMERO, DAVID (Titoría)
GARCIA ROMERO, DAVID (Titoría)
Tribunal
MECIAS CALVO, MARCOS (Presidente/a)
AGRAFOJO NIETO, MARIA HELENA (Secretario/a)
MARTINEZ QUINTANAR, MIGUEL ANGEL (Vogal)

Metodoloxías para reducir a ansiedade na aprendizaxe dunha lingua estranxeira: inglés
Autoría
L.C.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
L.C.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
19.06.2025 11:45
19.06.2025 11:45
Resumo
Este traballo, enfocado no alumnado de 2º curso de Educación Primaria, explora as diferentes metodoloxías existentes actualmente no sistema educativo, co obxectivo de comprender como cada unha delas inflúe na redución da ansiedade do alumnado. A través dunha revisión bibliográfica sobre diferentes enfoques pedagóxicos e estudos realizados ao longo dos anos, analízase o impacto que cada método ten no ámbito emocional dos estudantes durante a aprendizaxe dunha lingua estranxeira. Deste xeito, os resultados hipotéticos suxiren que unha proposta didáctica ben planificada e estruturada non só contribúe á mellora do rendemento académico do alumnado, senón tamén á creación dun clima de aula positivo, adecuado ás necesidades do alumnado.

LOPEZ RUA, PAULA (Titoría)
LOPEZ RUA, PAULA (Titoría)
Tribunal
LOPEZ RUA, PAULA (Titor do alumno)
LOPEZ RUA, PAULA (Titor do alumno)
Impacto da motivación, as necesidades psicolóxicas, a percepción e as relación sociais na práctica da actividade física na Educación Física.
Autoría
S.C.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
S.C.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
18.06.2025 13:00
18.06.2025 13:00
Resumo
O presente estudo analiza como inflúen as dinámicas do xogo competitivo e cooperativo na motivación e nas emocións do alumnado de Educación Primaria durante as clases de Educación Física. A través de un deseño cuasiexperimental con dous grupos experimentais, sen grupo control. Un exposto a xogos competitivos e outro xogos cooperativos. Avaliáronse as metas de logro e as emocións manifestadas durante seis sesións. Para a obtención de datos utilizáronse dous instrumentos: O Cuestionario 3x2 de Metas de Logro (Méndez- Giménez et al., 2014), o cal avalía seis dimensións motivacionais, e o Games and Emotions Scale for Children (Alcaraz-Muñoz et al., 2022), que permite valorar a intensidade das emocións positivas e negativas experimentadas tras a práctica, de forma cuantitativa e cualitativa. Os resultados amosan que as dinámicas cooperativas favorecen unha motivación máis autodeterminada e positiva, así como unha maior presenza de emocións agradables. Polo contrario, os xogos competitivos xeraron unha motivación máis orientada á comparación social e un aumento de emocións negativas como o medo ou a vergoña. Estes feitos subliñan a importancia de integrar metodoloxías cooperativas para fomentar o benestar emocional, a inclusión e a participación activa do alumnado en Educación Física.

MECIAS CALVO, MARCOS (Titoría)
MECIAS CALVO, MARCOS (Titoría)
Tribunal
MECIAS CALVO, MARCOS (Titor do alumno)
MECIAS CALVO, MARCOS (Titor do alumno)
Vantaxes a nivel motriz nas clases de Educación Física por parte do alumnado de Educación Primaria que practica deporte federado ou escolar respecto aos non practicantes.
Autoría
M.C.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
M.C.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
18.06.2025 09:00
18.06.2025 09:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo estudar e coñecer as vantaxes a nivel motriz nas clases de Educación Física por parte do alumnado de Educación Primaria que practica deporte federado ou escolar respecto aos non practicantes. Esta investigación levouse a cabo entre febreiro e maio, e fíxose a través da aplicación de dúas sesións na materia de Educación Física no 6º curso de Educación Primaria (clase B) que estiveron conformadas por distintas tarefas creadas para medir o nivel de competencia motriz e coordinación do alumnado. Para antes de levala a cabo, o alumnado participante tivo que cubrir un cuestionario de rápida aplicación para coñecer información relevante á hora de analizar os resultados obtidos nas sesións como son a idade, o xénero e variables antropométricas como altura, peso e IMC, así como se practican deporte federado/escolar ou non. Tras analizar os datos obtidos, concluíuse que estes resultados permiten afirmar que a practica de deporte federado ou escolar inflúe positivamente no nivel motriz do alumnado nas clases de Educación Física en Educación Primaria.

Educación ambiental: “Aprendemos a reciclar e a reutilizar na aula”
Autoría
A.C.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.C.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
09.07.2025 17:30
09.07.2025 17:30
Resumo
A educación ambiental é un proceso que busca formar persoas conscientes e preocupadas polo medio ambiente e os problemas que o afectan, así como capacitadas para actuar de forma responsable e sostible. Ademais, non se centra únicamente na mera transmisión de coñecementos, senón que promove valores, actitudes e habilidades que permiten participar activamente na protección e mellora do contorno natural e social. Este Traballo de Fin de Grao presenta unha proposta didáctica para o 1º curso de Educación Primaria centrada na educación ambiental, concretamente na reciclaxe e na reutilización, co obxectivo de fomentar hábitos sostibles e consciencia ecolóxica dende idades temperás. A proposta está composta por nove sesións distribuídas ao longo de cinco semanas, nas que se empregan metodoloxías activas, lúdicas e participativas como a aprendizaxe baseada no xogo, o traballo cooperativo e a aprendizaxe servizo. Esta intervención busca integrar a educación ambiental no currículo de forma significativa, favorecendo a implicación activa do alumnado e promovendo valores como a responsabilidade, o respecto e o coidado do medio.

ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Titoría)
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Titor do alumno)

Educación física e Inclusión: Estratexias para a integración de alumnos con Trastornos do Desenvolvemento.
Autoría
N.C.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
N.C.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
19.06.2025 10:30
19.06.2025 10:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo principal analizar e avaliar o impacto dunha proposta de intervención inclusiva na área de Educación Física, deseñada para favorecer a participación do alumnado con trastornos do desenvolvemento, en concreto, con diagnóstico de Trastorno de Espectro Autista (TEA) e Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH). A partir dunha experiencia propia no contexto escolar durante o período de prácticas, identificouse unha necesidade evidente de axustar as metodoloxías de aula para garantir unha educación inclusiva, que valore a diversidade funcional. A investigación combina un enfoque metodolóxico mixto, integrando técnicas cualitativas e cuantitativas, tales como observación sistemática, entrevistas, cuestionarios e análises de resultados, co obxectivo de avaliar a eficacia dunha unidade didáctica deseñada especificamente para este propósito. Esta unidade, fundamentada en actividades colaborativas, apoios visuais e auditivos e estratexias de anticipación, aplicouse nas clases dos tres primeiros cursos de Educación Primaria. A implicación de docentes, estudantes e familias resultou fundamental para a recolección de datos e a valoración do impacto. Os resultados obtidos evidencian melloras na implicación, a interacción social e a xestión emocional do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, ademais dun incremento na sensibilidade do grupo clase cara á diversidade. Conclúese que a aplicación de estratexias inclusivas en Educación Física non só favorece aos estudantes con trastornos do desenvolvemento, senón que tamén enriquece a experiencia educativa global, fomentando valores de empatía, colaboración e equidade.

NAVARRO PATON, RUBEN (Titoría)
NAVARRO PATON, RUBEN (Titoría)
Tribunal
NAVARRO PATON, RUBEN (Titor do alumno)
NAVARRO PATON, RUBEN (Titor do alumno)
Kenpo na Educación Infantil: proposta didáctica.
Autoría
P.C.N.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
P.C.N.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
01.07.2025 18:00
01.07.2025 18:00
Resumo
Este traballo de fin de grao aborda o estudo do Kenpo, unha arte marcial de orixe oriental que combina influencias chinesas e xaponesas. Preséntanse antecedentes de colexios nos que se practican artes marciais, as orixes do Kenpo e os seus principais estilos. Ademais, exponse o potencial educativo do Kenpo en idades temperás, concretamente na Educación Infantil, sublimando os beneficios físicos, cognitivos e socioemocionais que achega a práctica desta disciplina. Como contribución práctica, formúlase unha proposta didáctica para o alumnado de Educación Infantil, que introduce o Kenpo dun xeito lúdico e pedagóxico. Esta proposta pretende integrar esta práctica dentro do ámbito escolar como unha ferramenta para favorecer o desenvolvemento do alumnado.

GARCIA MARIN, PABLO (Titoría)
GARCIA MARIN, PABLO (Titoría)
Tribunal
GARCIA MARIN, PABLO (Titor do alumno)
GARCIA MARIN, PABLO (Titor do alumno)
A paisaxe sonora como recurso didáctico: deseño dunha proposta para Educación Primaria
Autoría
I.C.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
I.C.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
09.07.2025 13:00
09.07.2025 13:00
Resumo
O presente deseño dunha proposta didáctica para Educación Primaria parte dunha reflexión sobre a importancia da escoita atenta e da paisaxe sonora como recursos para a aprendizaxe, para a continuación presentar unha unidade didáctica dividida en catro fases: percepción e escoita, acceso ao campo para a recollida de mostras, elaboración dun documento sonoro e posta en común. Este deseño permite o desenvolvemento da atención auditiva, da creatividade, do uso de ferramentas dixitais e do traballo colaborativo na aula de Educación Primaria. Deste xeito, favorécese a adquisición de competencias clave establecidas no marco lexislativo educativo para a Comunidade Autónoma de Galicia, no que se define o perfil de saída do alumnado. Do mesmo modo, promoverase o desenvolvemento de habilidades como a atención auditiva, a percepción sensorial, a análise crítica, a destreza dixital e a creatividade, aptitudes que se levarán a cabo mediante o traballo colaborativo e unha autonomía responsable, todo iso empregando o diálogo como medio para a resolución de conflitos.

ROMERO TABEAYO, MARIA ISABEL (Titoría)
ROMERO TABEAYO, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
ROMERO TABEAYO, MARIA ISABEL (Titor do alumno)

Percepcións do profesorado sobre o surf como contido educativo en Educación Primaria na Costa da Morte
Autoría
X.C.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
X.C.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
09.07.2025 17:30
09.07.2025 17:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como eixo temático a percepción do profesorado de Educación Primaria sobre o surf como contido educativo. Encadrado na modalidade de estudo descritivo de tipo observacional, este TFG analiza as opinións do profesorado da Costa da Morte sobre os beneficios, dificultades e potencialidades do surf dentro do currículo escolar. A través dun cuestionario estruturado, recóllese información sobre o grao de coñecemento, a disposición para a súa inclusión nas aulas e as condicións mínimas necesarias para implementalo como proposta didáctica. Os resultados amosan unha valoración positiva cara ao surf como ferramenta pedagóxica, especialmente no desenvolvemento emocional, social e ambiental do alumnado, aínda que se sinalan barreiras estruturais como a falta de formación específica e de recursos nos centros. Estes achados apuntan á viabilidade sunha inclusión progresiva do surf na Educación Primaria en contextos costeiros.

CONS FERREIRO, MIGUEL (Titoría)
CONS FERREIRO, MIGUEL (Titoría)
Tribunal
CONS FERREIRO, MIGUEL (Titor do alumno)
CONS FERREIRO, MIGUEL (Titor do alumno)
As necesidades educativas en alumnado con cancro infantil: un enfoque dende a saúde, familia e escola.
Autoría
U.C.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
U.C.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
07.07.2025 12:00
07.07.2025 12:00
Resumo
“Os nenos precisan moito máis do que lles ofrecen” Testemuña dunha nai dun paciente con cancro. O cancro infantil ten un impacto significativo na vida dos nenos afectados e nas súas familias, abordando aspectos físicos, emocionais, sociais e educativos. Non se trata únicamente dunha cruel enfermidade, pois máis aló das consecuencias médicas que conleva, afecta por completo ás familias e provoca un gran desafío no ámbito escolar e social. É por tanto polo que, mediante este TFG, preténdese achegar á complexidade que envolve esta delicada enfermidade, a cal afecta a máis de 400.000 nenos e nenas no mundo cada ano. Búscase identificar ás principais necesidades das familias con fillos e fillas diagnosticados de cancro infantil, analizando tanto o impacto emocional e social, como as barreiras da escolarización que confrontan no seu día a día. Partindo da análise dos datos obtidos, docentes e familias concordan en sinalar as múltiples carencias na resposta educativa do cancro infantil. O profesorado mantén actitudes proactivas para acompañar ao alumnado, pero recoñecen unha falta de formación e apoio de carácter institucional, mentres que as familias evidencian a escasa información recibida, a ausencia de apoios emocionais e a necesidade dunha maior implicación lexislativa. A partir da análise dos datos obtidos, docentes e familias coinciden en sinalar as múltiples carencias na resposta educativa do cancro infantil. Polo tanto, ambos axentes coinciden nas inseguridades que vivenciaron en caso de actuación. Estas inseguridades producen fundamentalmente ignorancia convertida en medo, e o medo encerra e aíslanos.

Moure Rodríguez, Lucía (Titoría)
Moure Rodríguez, Lucía (Titoría)
Tribunal
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Presidente/a)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Secretario/a)
SOUTO SEIJO, ALBA MARIA (Vogal)

De soños a logros: Proposta de intervención para mellorar a hixiene do sono no alumnado de Educación Primaria.
Autoría
M.C.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
M.C.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
09.07.2025 10:00
09.07.2025 10:00
Resumo
O sono constitúe un proceso fisiolóxico imprescindible para a saúde e o desenvolvemento integral, especialmente durante a infancia. Cumpre unha función esencial no equilibrio físico e mental, repercutindo directamente na memoria, na aprendizaxe e no benestar emocional. En particular, na etapa de Educación Primaria, un descanso adecuado resulta clave para a concentración, o procesamento da información e a regulación emocional, constituíndo un pilar fundamental para o rendemento académico e a interacción social do alumnado. O presente traballo ten como finalidade elaborar unha proposta de intervención para mellorar os hábitos de sono no alumnado de cuarto de Educación Primaria a través de accións colaborativas entre escola e as familias. O programa busca concienciar sobre a importancia dun sono adecuado, identificar rutinas saudables e reflexionar sobre a relación entre a hixiene do sono e o rendemento académico. Dita proposta estrutúrase en torno a oito sesións adaptadas ao calendario escolar e integradas de forma transversal nas distintas áreas de Educación Primaria. Proporciónanse todos os materiais necesarios para a súa posta en marcha e a avaliación dos resultados. Os resultados esperados da súa implementación discútense en torno ao reforzamento de hábitos saudables, a promoción do benestar físico e emocional, e do rendemento académico.

Campos Magdaleno, María (Titoría)
Campos Magdaleno, María (Titoría)
Tribunal
LOPEZ GOMEZ, SANTIAGO (Presidente/a)
MARCOS MARTINEZ, VERONICA (Secretario/a)
LOIS PRADOS, CRISTINA (Vogal)
LOPEZ GOMEZ, SANTIAGO (Presidente/a)
MARCOS MARTINEZ, VERONICA (Secretario/a)
LOIS PRADOS, CRISTINA (Vogal)
Os modelos na aprendizaxe das ciencias e a relación CTSA
Autoría
N.C.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
N.C.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
03.07.2025 12:00
03.07.2025 12:00
Resumo
No ensino das ciencias na Educación Primaria, os modelos son ferramentas fundamentais para representar e comprender fenómenos complexos. Estes poden ser de diferentes tipos, dende maquetas ata simples ideas ou analoxías na mente do alumnado, e axudan aos estudantes a visualizar conceptos como os sistemas e aparellos do corpo humano. A aprendizaxe baseada en modelos fomenta o pensamento científico nos nenos e nenas, promovendo habilidades como a observación, a formulación de hipóteses, e a reflexión crítica. Ademais, ao construír e manipular modelos, os estudantes desenvolven unha comprensión máis profunda e significativa dos contidos, vinculando a teoría coa práctica. Sen embargo, é esencial que o profesorado guíe ao alumnado para que recoñezan as limitacións dos modelos e eviten confusións. Esta guía docente tamén é fundamental para integrar a perspectiva CTSA (Ciencia, Tecnoloxía, Sociedade e Medio Ambiente) nas aulas, de xeito que o alumnado recoñeza as relacións entre ciencia, tecnoloxía, sociedade e medio ambiente. Integrar os modelos na aula favorece o traballo colaborativo e a indagación, principios chave da didáctica das ciencias. Así, os nenos non soamente memorizan información, senón que participan activamente na construción do seu coñecemento, preparándose para afrontar problemas científicos con creatividade e rigor.

Bechos entre as Malas Herbas: a creatividade na EI
Autoría
P.C.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
P.C.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
18.06.2025 12:00
18.06.2025 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao explora a importancia de fomentar a creatividade nas primeiras etapas educativas e propón unha alternativa metodolóxica centrada na expresión artística e o pensamento diverxente. O obxectivo principal foi analizar como as escolas poden converterse en espazos máis creativos mediante propostas pedagóxicas que poñan no centro á infancia e na súa contorna próxima e elaborar unha intervención concreta con esta finalidade. Esta metodoloxía artística de investigación permite unir o proceso creativo co proceso investigador, favorecendo unha mirada sensible, crítica e estética sobre o contexto educativo. Deseñouse unha proposta que permitiu observar transformacións na actitude, participación e expresividade dos nenos e nenas, apreciándose que cando as prácticas educativas deséñanse dende unha comprensión profunda da infancia, o cambio non só é posible, senón evidente.

Deseño de unha proposta de programación didáctica. Pintando a alma de emocións
Autoría
M.D.C.N.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
M.D.C.N.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
18.06.2025 12:00
18.06.2025 12:00
Resumo
O seguinte traballo de fin de grado presenta unha proposta de programación didáctica para o sexto curso de educación infantil. A temática escollida é a educación emocional pola importancia que presenta para o aprendizaxe e o benestar do alumnado. Ao longo da proposta, abórdase a educación emocional dende múltiples enfoques. Dicha programación presenta o centro educativo ao que se dirixe, dende que perspectiva se crea, como se leva a cabo e o conxunto de actividades estructuradas en diversas unidades didácticas cuxa finalidade é que o alumnado atenda, recoñeza e regule emocións, potenciando os valores e contribuíndo así ao seu desenvolvemento integral para unha vida plena en sociedade.

LOPEZ CASTRO, LETICIA (Titoría)
LOPEZ CASTRO, LETICIA (Titoría)
Tribunal
LOPEZ CASTRO, LETICIA (Titor do alumno)
LOPEZ CASTRO, LETICIA (Titor do alumno)
Conectando coa Terra: Os beneficios da natureza nas crianzas
Autoría
S.C.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
S.C.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
30.06.2025 09:00
30.06.2025 09:00
Resumo
O presente traballo básase en dar a coñecer os beneficios do contacto coa natureza no proceso de desenvolvemento e ensinanza dos nenos e nenas, especialmente con TEA (Trastorno do Aspectro Autista) e TDAH (Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade) xunto cunha proposta lúdica e innovadora para incorporar nunha aula dun centro ordinario promovendo a diversidade e inclusión.

Vázquez Regueiro, Teresa Susana (Titoría)
Vázquez Regueiro, Teresa Susana (Titoría)
Tribunal
Vázquez Regueiro, Teresa Susana (Titor do alumno)

Espazo como terceiro mestre. Corpo, escala e espazo na aula de E.I.
Autoría
M.J.D.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
M.J.D.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
18.06.2025 11:00
18.06.2025 11:00
Resumo
Este traballo examina o papel do espazo na Educación Infantil, como un elemento pedagóxico esencial, inspirado na filosofía educativa de Reggio Emilia, quen conceptualiza a contorna como o “terceiro mestre”. A proposta fundaméntase en intervencións espaciais dentro da aula, orientadas a fomentar experiencias educativas enriquecedoras dende unha perspectiva estética, artística e creativa.
Este traballo examina o papel do espazo na Educación Infantil, como un elemento pedagóxico esencial, inspirado na filosofía educativa de Reggio Emilia, quen conceptualiza a contorna como o “terceiro mestre”. A proposta fundaméntase en intervencións espaciais dentro da aula, orientadas a fomentar experiencias educativas enriquecedoras dende unha perspectiva estética, artística e creativa.
Dirección
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Titoría)
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Titoría)
Tribunal
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Titor do alumno)
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Titor do alumno)
A transmisión do patrimonio galego nas aulas a través do legado das cantareiras
Autoría
M.D.C.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
M.D.C.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
23.06.2025 12:00
23.06.2025 12:00
Resumo
Este traballo trata de recompilar as distintas formas de transmitir o patrimonio dentro das aulas, sendo este parte da nosa historia e formando parte do futuro se logramos mantelo. A proposta presentada neste documento trata de achegar a valía da nosa historia e da nosa cultura a través do legado das cantareiras, ás que este ano se lles dedica o Día das Letras Galegas. En primeiro lugar, analízase a idea de patrimonio, así coma as distintas categorías que podemos atopar del. Moitas veces, descoñecer algo impide coidalo, mantelo e valoralo; polo tanto, é indispensábel explicar sobre o que se traballa ao longo deste estudo. A continuación, introdúcese a figura das cantareiras como personaxes referentes deste traballo, transmisoras desta herdanza que forma parte da nosa identidade. Falaremos dos seus inicios, da súa historia no pasado e de como, actualmente, son referentes para moitas persoas no seu día a día, tanto no eido profesional como no persoal. De seguido, relaciónanse estas nocións coa educación, xa que, na actualidade,non se aproveita esta fonte de información que abrangue tantos anos de historia e de resiliencia por parte das mulleres protagonistas da trama. Para rematar, amósase unha proposta educativa a partir de toda esta información recadada, de forma que poida ser transferíbel a distintas realidades educativas, coa fin de conservar e transmitir uns valores que constitúen a base do que se pretende ensinar nas aulas.

VEIGA ALONSO, JOSE RAMON (Titoría)
VEIGA ALONSO, JOSE RAMON (Titoría)
Tribunal
VEIGA ALONSO, JOSE RAMON (Titor do alumno)

A aceptación e a convivencia respectuosa entre iguais a través dunha selección de álbums ilustrados para abordar a resolución de conflitos no contexto escolar
Autoría
S.D.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
S.D.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
02.07.2025 11:00
02.07.2025 11:00
Resumo
Na actualidade, aínda é un reto abordar no ámbito educativo cuestións como os conflitos interpersoais e intrapersoais, a xestión emocional e a convivencia pacífica, especialmente nas primeiras etapas escolares. O obxectivo principal deste Traballo Fin de Grao é propoñer unha serie de álbums ilustrados dirixidos ao segundo ciclo de Educación Infantil, centrados na aceptación e na convivencia respectuosa, co fin de traballar a resolución de conflitos no contexto escolar. O marco teórico susténtase en teorías e autores que defenden a educación emocional, a natureza e a xestión dos conflitos como parte do desenvolvemento emocional, e finalmente, a literatura infantil como medio para abordar a educación emocional e os conflitos na aula a través dos álbums ilustrados. A continuación, preséntase unha análise do corpus literario seleccionado mediante unha metodoloxía cualitativa, baseada nun estudo de contido. Para iso, emprégase un modelo de investigación deseñado especificamente para este traballo, o cal se aplica a unha selección de álbums escollidos intencionadamente pola súa adecuación coa temática. Para rematar, presentanse as conclusión que destacan o valor da aceptación e da convivencia respectuosa como piares fundamentais na construción dun clima escolar propicio para a resolución de conflitos.

MARINO FERNANDEZ, ANA (Titoría)
MARINO FERNANDEZ, ANA (Titoría)
Tribunal
MARINO FERNANDEZ, ANA (Titor do alumno)
MARINO FERNANDEZ, ANA (Titor do alumno)
Educar para actuar. A importancia dos primeiros auxilios na Educación Primaria.
Autoría
A.D.T.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.D.T.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
25.06.2025 17:30
25.06.2025 17:30
Resumo
No presente Traballo Fin de Grao, realízase unha investigación sobre os primeiros auxilios en relación coa Educación Primaria. Estes coñecementos son moi importantes xa que permiten actuar ante calquera emerxencia dunha forma sinxela seguindo uns pasos que toda persoa pode seguir. Trátase de realizar unha investigación sobre o grao de coñecemento que ten o alumnado de dous centros escolares, o CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño e o CEIP Antonio Insua Bermúdez, impartindo no primeiro unha formación en primeiros auxilios para logo comparar as respostas co segundo no que non se levou a cabo esta formación nin outra similar. Para levar a cabo esta proposta plantexouse un programa de investigación para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria de ambos colexios. Trátase dun estudo cuantitativo dunha mostra de 179 alumnos destes dous centros educativos, ambos ubicados na provincia de Lugo. Os resultados que se obtiveron mostraron un maior coñecemento sobre os primeiros auxilios no centro onde se levou a cabo dita formación.

A Fraga de Sabarei: Infancia, natureza e educación consciente no ámbito rural para a primeira infancia.
Autoría
G.A.D.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
G.A.D.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
08.07.2025 10:00
08.07.2025 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao amosa a planificación da creación, desde os inicios do proxecto, de Escola Infantil A Fraga de Sabarei destinada a crianzas de 0 a 3 anos que se sostén sobre os piares metodolóxicos de Educación Rural e Respectuosa na Natureza. A proposta nace do desexo de crear unha escola conectada coa comunidade e o territorio, onde o coidado e o respecto sexan eixos centrais. A través dunha revisión teórica abórdanse as principais correntes pedagóxicas que inspiraron o proxecto como a Educación na Natureza, a Coeducación, a Educación Artística, a Crianza Respectuosa e a situación sociolingüística da lingua galega. Ditas bases sustentan unha proposta metodolóxica viva, vencellada á terra e á cultura local, loitando pola lingua galega baixo un proxecto de inmersión lingüística. Preséntase detalladamente o deseño integral da escola: a contextualización socioterritorial, o marco lexislativo, a organización dos espazos, medidas de atención á diversidade e recursos do centro entre outros. Ponse en valor o papel activo da comunidade como parte esencial do proxecto. A Fraga de Sabarei aspira a ser unha escola accesible e gratuíta, que acompañe unha infancia libre, activa e respectada. Esta proposta representa unha aposta firme por unha educación arraigada, transformadora e ao servizo das persoas. Finalmente exponse unha reflexión sobre o proceso de elaboración e futuros proxectos compatibles co centro, ademais da súa viabilidade de implementación.

Lago Ballesteros, Joaquín (Presidente/a)
DOPICO GONZALEZ, MONTSERRAT (Secretario/a)
FREIRE PEREZ, ESTELLA LETICIA (Vogal)

C.E.A.

Memoria Democrática na aula de Educación Primaria
Autoría
A.F.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.F.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
26.06.2025 11:00
26.06.2025 11:00
Resumo
Nas derradeiras décadas, en España, organizacións civís e movementos memorialistas traballaron por manter a memoria de aqueles e aquelas que loitaron pola democracia. A lexislación neste eido avanzou nos derradeiros anos, establecendo a obrigatoriedade de tratar os contidos relacionados coa memoria democrática na educación obrigatoria en España e Galiza. A finalidade deste Traballo de Fin de Grao é a de facer unha revisión da cuestión e presentar unha proposta educativa conforme á lexislación vixente. O traballo ofrece unha proposta educativa dedicada ao alumnado de Educación Primaria, concretamente ao sexto curso do terceiro ciclo da etapa, para traballar a memoria democrática desde un enfoque crítico co obxectivo de promover o coñecemento do noso pasado máis recente, así como a loita pola consecución e recuperación da democracia e os dereitos fundamentais.

Proxecto de achegamento da música tradicional galega ás aulas para crianzas de 3 a 6 anos de Educación Infantil
Autoría
N.F.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
N.F.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
27.06.2025 12:00
27.06.2025 12:00
Resumo
Este proxecto ten como obxectivo achegar a música tradicional galega ás aulas de Educación Infantil, concretamente a crianzas de 3 a 6 anos, para promover a súa transmisión cultural e educativa dende idades temperás. Partindo da consideración de que a música tradicional forma parte do patrimonio vivo da nosa cultura, transmisor de identidade e pertencenza do noso pobo, o traballo destaca a relevancia de integrala no currículo escolar como ferramenta para conectar o pasado coa realidade presente, e deste xeito fomentar tamén o desenvolvemento integral das crianzas. A proposta metodolóxica deste proxecto ten como pilar un enfoque activo, vivencial e lúdico, sustentado nas teorías pedagóxicas de figuras clave no desenvolvemento da infancia como son Piaget ou Vygotsky, entre outros, que sitúan ás crianzas como protagonistas do seu proceso de aprendizaxe. A través dunha revisión teórica multidisciplinar que abarca áreas como a etnomusicoloxía, a pedagoxía e os estudos culturais, o traballo presenta un marco sólido e diverso para fundamentar o valor educativo e social da música tradicional galega. Ademáis, no apartado práctico, preséntase unha serie de actividades adaptadas ás crianzas comprendidas nas idades mencionadas, pensadas para fomentar a participación activa, o interese e o respecto pola música tradicional galega, así como para fortalecer a normalización da nosa lingua e a identidade cultural como pobo galego.
Este proxecto ten como obxectivo achegar a música tradicional galega ás aulas de Educación Infantil, concretamente a crianzas de 3 a 6 anos, para promover a súa transmisión cultural e educativa dende idades temperás. Partindo da consideración de que a música tradicional forma parte do patrimonio vivo da nosa cultura, transmisor de identidade e pertencenza do noso pobo, o traballo destaca a relevancia de integrala no currículo escolar como ferramenta para conectar o pasado coa realidade presente, e deste xeito fomentar tamén o desenvolvemento integral das crianzas. A proposta metodolóxica deste proxecto ten como pilar un enfoque activo, vivencial e lúdico, sustentado nas teorías pedagóxicas de figuras clave no desenvolvemento da infancia como son Piaget ou Vygotsky, entre outros, que sitúan ás crianzas como protagonistas do seu proceso de aprendizaxe. A través dunha revisión teórica multidisciplinar que abarca áreas como a etnomusicoloxía, a pedagoxía e os estudos culturais, o traballo presenta un marco sólido e diverso para fundamentar o valor educativo e social da música tradicional galega. Ademáis, no apartado práctico, preséntase unha serie de actividades adaptadas ás crianzas comprendidas nas idades mencionadas, pensadas para fomentar a participación activa, o interese e o respecto pola música tradicional galega, así como para fortalecer a normalización da nosa lingua e a identidade cultural como pobo galego.
Dirección
LOPEZ DE LA CALLE SAMPEDRO, Mª ANGELES (Titoría)
LOPEZ DE LA CALLE SAMPEDRO, Mª ANGELES (Titoría)
Tribunal
LOPEZ DE LA CALLE SAMPEDRO, Mª ANGELES (Titor do alumno)
LOPEZ DE LA CALLE SAMPEDRO, Mª ANGELES (Titor do alumno)
A Fraga de Sabarei: Infancia, natureza e educación consciente no ámbito rural para a primeira infancia.
Autoría
N.F.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
N.F.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
08.07.2025 10:00
08.07.2025 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao amosa a planificación da creación, desde os inicios do proxecto, de Escola Infantil A Fraga de Sabarei destinada a crianzas de 0 a 3 anos que se sostén sobre os piares metodolóxicos de Educación Rural e Respectuosa na Natureza. A proposta nace do desexo de crear unha escola conectada coa comunidade e o territorio, onde o coidado e o respecto sexan eixos centrais. A través dunha revisión teórica abórdanse as principais correntes pedagóxicas que inspiraron o proxecto como a Educación na Natureza, a Coeducación, a Educación Artística, a Crianza Respectuosa e a situación sociolingüística da lingua galega. Ditas bases sustentan unha proposta metodolóxica viva, vencellada á terra e á cultura local, loitando pola lingua galega baixo un proxecto de inmersión lingüística. Preséntase detalladamente o deseño integral da escola: a contextualización socioterritorial, o marco lexislativo, a organización dos espazos, medidas de atención á diversidade e recursos do centro entre outros. Ponse en valor o papel activo da comunidade como parte esencial do proxecto. A Fraga de Sabarei aspira a ser unha escola accesible e gratuíta, que acompañe unha infancia libre, activa e respectada. Esta proposta representa unha aposta firme por unha educación arraigada, transformadora e ao servizo das persoas. Finalmente exponse unha reflexión sobre o proceso de elaboración e futuros proxectos compatibles co centro, ademais da súa viabilidade de implementación.
O presente Traballo de Fin de Grao amosa a planificación da creación, desde os inicios do proxecto, de Escola Infantil A Fraga de Sabarei destinada a crianzas de 0 a 3 anos que se sostén sobre os piares metodolóxicos de Educación Rural e Respectuosa na Natureza. A proposta nace do desexo de crear unha escola conectada coa comunidade e o territorio, onde o coidado e o respecto sexan eixos centrais. A través dunha revisión teórica abórdanse as principais correntes pedagóxicas que inspiraron o proxecto como a Educación na Natureza, a Coeducación, a Educación Artística, a Crianza Respectuosa e a situación sociolingüística da lingua galega. Ditas bases sustentan unha proposta metodolóxica viva, vencellada á terra e á cultura local, loitando pola lingua galega baixo un proxecto de inmersión lingüística. Preséntase detalladamente o deseño integral da escola: a contextualización socioterritorial, o marco lexislativo, a organización dos espazos, medidas de atención á diversidade e recursos do centro entre outros. Ponse en valor o papel activo da comunidade como parte esencial do proxecto. A Fraga de Sabarei aspira a ser unha escola accesible e gratuíta, que acompañe unha infancia libre, activa e respectada. Esta proposta representa unha aposta firme por unha educación arraigada, transformadora e ao servizo das persoas. Finalmente exponse unha reflexión sobre o proceso de elaboración e futuros proxectos compatibles co centro, ademais da súa viabilidade de implementación.
Dirección
LOPEZ CASTRO, LETICIA (Titoría)
LOPEZ CASTRO, LETICIA (Titoría)
Tribunal
Lago Ballesteros, Joaquín (Presidente/a)
DOPICO GONZALEZ, MONTSERRAT (Secretario/a)
FREIRE PEREZ, ESTELLA LETICIA (Vogal)
Lago Ballesteros, Joaquín (Presidente/a)
DOPICO GONZALEZ, MONTSERRAT (Secretario/a)
FREIRE PEREZ, ESTELLA LETICIA (Vogal)
Os contos de fadas e o feminismo
Autoría
G.F.N.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
G.F.N.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
08.07.2025 12:00
08.07.2025 12:00
Resumo
Os contos de fadas son narracións que, a pesar de ser dirixidas ao público infantil, transmiten valores sobre os roles de xénero e as normas sociais. Historicamente, estes relatos perpetuaron estereotipos patriarcais, presentando a mulleres en roles pasivos e dependentes, mentres que os homes eran os heroes activos. Este estudo analiza a produción dos contos de fadas desde unha perspectiva feminista, subliñando como as versións contemporáneas desafían estas representacións. A crítica feminista comezou na década de 1960, con autoras como Simone de Beauvoir e Betty Friedan, que sinalaron o impacto destes relatos na socialización das nenas en roles restritivos. As reescrituras modernas, feitas por autoras como María Tatar e Angela Carter, ofrecen novas interpretacións que cuestionan os estereotipos de xénero. Os resultados indican que a produción de artigos analizados vai en aumento.

CONDE MIGUELEZ, JORGE (Titoría)
CONDE MIGUELEZ, JORGE (Titoría)
Tribunal
CONDE MIGUELEZ, JORGE (Titor do alumno)
CONDE MIGUELEZ, JORGE (Titor do alumno)
Xogar para aprender ou aprender xogando? A influencia da gamificación no proceso de ensinanza-aprendizaxe na educación primaria.
Autoría
A.F.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.F.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
27.06.2025 12:00
27.06.2025 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao trata o potencial da gamificación na materia de Lingua Galega e Literatura como unha ferramenta pedagóxica na etapa de Educación Primaria. Grazas á creación e implementación de dous escape rooms vinculados a dúas autoras da literatura galega, indágase nunha metodoloxía activa que pretenden conectar tanto co interese como coa parte emocional do alumnado a través do xogo como vehículo da aprendizaxe. O obxectivo principal da investigación é analizar a viabilidade e impacto educativo da gamificación nas aulas de Educación Primaria. Para poder dar resposta empregouse unha metodoloxía mixta, combinando elementos cualitativos como a observación directa e elementos cuantitativos a través de enquisas. Realizouse en dúas aulas diferentes da cidade de Lugo: en 4ºA do CEIP As Mercedes e en 6ºB do CEIP Illa Verde. Todas as probas foron deseñadas e contextualizadas a partir do Decreto 155/2022 e así integrar competencias clave, obxectivos e criterios de avaliación específicos. Os resultados foron favorables: o alumnado mostrou unha actitude moi positiva, melloraron as súas habilidades como o traballo cooperativo, a expresión oral e escrita e a comprensión lectora ademais de aumentar tanto a motivación intrínseca como a extrínseca. Aparte de todo isto tamén observamos unha implicación emocional significativa, sendo este un elemento clave para a súa aprendizaxe integral. En definitiva, este estudo aclara que, a gamificación, cando se deseña a partir dunha planificación específica, é unha estratexia eficaz para poder cambiar o ensino tradicional e así favorecer a unha educación inclusiva e comprometida co alumnado.

ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Titoría)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Titoría)
Tribunal
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Titor do alumno)

Impacto e consecuencias das pantallas na infancia. Propostas e alternativas de lecer para unha crianza segura e responsable.
Autoría
M.F.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
M.F.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
26.06.2025 12:00
26.06.2025 12:00
Resumo
Este traballo pretende facer unha análise sobre o impacto e consecuencias derivadas do uso abusivo da tecnoloxía en idades temperás. Ademais de dar a coñecer os efectos a nivel cognitivo e emocional, abordarase tamén como está integrada a tecnoloxía no contexto educativo actual. Tratarase de poñer en valor a importancia dun lecer saudable e afastado das pantallas na infancia, así como destacar a relevancia da colaboración entre a familia e a escola para garantir momentos de lecer adecuados e enriquecedores para todos os nenos e nenas. A segunda parte do traballo consta dunha proposta de intervención destinada a ser incluída no Plan de Acción Titorial (PAT). Esta, estará organizada en diferentes sesións que implicarán a toda a comunidade educativa: alumnado, familias e profesorado. Por medio de diferentes actividades, buscarase desenvolver unha reflexión crítica sobre os riscos asociados a un uso excesivo da tecnoloxía e dando a coñecer alternativas de ocio saudable, poñendo en valor a importancia das relacións interpersoais.

Xogo e obxecto. O obradoiro de creación artística na aula de EI
Autoría
C.F.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
C.F.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
23.06.2025 09:00
23.06.2025 09:00
Resumo
Este traballo afonda na relación entre o xogo e a arte na etapa de Educación Infantil, entendéndoos como linguaxes complementarios que favorecen o desenvolvemento integral das crianzas. A través dunha proposta práctica baseada no uso de materiais non estruturados e apoiándonos en referentes como Bruno Munari, Beatriz Trueba ou Escola Imaxinada, explóranse os procesos creativos nun obradoiro artístico no que as nenas e nenos son protagonistas da súa aprendizaxe. Empregando unha metodoloxía cualitativa, analízanse os procesos de manipulación, simbolización e transformación estética vividos no contexto educativo. O estudo conclúe que o xogo e a arte, cando se integran desde a liberdade, a experimentación e o respecto, constitúen ferramentas poderosas para construír coñecemento, expresar emocións e desenvolver a identidade infantil.

O arte manipulativo de 0 a 3 anos
Autoría
O.F.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
O.F.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
04.02.2025 10:00
04.02.2025 10:00
Resumo
Neste traballo centreime en como a expresión plástica é unha maneira de manifestar sentimentos, coñecementos e experiencias a través de diversos materiais e técnicas artísticas. Este modo de comunicarse permite experimentar e crear unha forma persoal de comunicación. Nos primeiros anos, utilizar o xogo para realizar actividades plásticas favorece o desenvolvemento motriz, a creatividade, a sensibilidade e a percepción. A evolución da expresión plástica nos nenos vese influenciada por distintos motivos: Polo desenvolvemento motor (motricidade fina e grosa, coñecemento menor esquema corporal etc.). O desenvolvemento cognitivo (reflicte ideas e pensamentos). A afectividade (emocións que senten). A comunicación (utilización linguaxe oral). A curiosidade (probar novos materiais, plasmar ideas etc.)/ etc.)

A musicalización de contos infantís: diseño dunha proposta educativa para aulas do segundo e terceiro ciclo de Educación Infantil.
Autoría
G.F.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
G.F.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
27.06.2025 11:00
27.06.2025 11:00
Resumo
O seguinte traballo de Fin de Grao traballa a musicalización de contos infantís como recursos didácticos e educativos nas aulas de Educación Infantil. A través de dous exemplos prácticos de proxectos, pódese comprobar como a utilización da literatura e música nas aulas representa un importante aditivo e propulsor á hora de promover o desenvolvemento global dos infantes. A principal motivación deste traballo xorde da necesidade de incorporar metodoloxías sensoriais, musicais, activas e creativas; sacando á literatura e á música do segundo plano educativo nos que se atopan a día de hoxe. O principal obxectivo será traballar dende un punto de vista creativo, musical e motriz contos infantís en aulas de tres a cinco anos. Para acadar este obxectivo empregarase a metodoloxía de aprender xogando, na cal o alumnado cantará, bailará e representará dúas musicalizacións creadas para a ocasión. Os resultados evidencian claramente a maneira na que os diferentes contos infantís favorecen moitos aspectos do desenvolvemento na etapa infantil. Finalmente, nas conclusións destácase a importancia que ten a música e a literatura nos primeiros anos, fomentándose o uso destas ferramentas (tanto separadas como xuntas) para o correcto crecemento e evolución do alumnado.
O seguinte traballo de Fin de Grao traballa a musicalización de contos infantís como recursos didácticos e educativos nas aulas de Educación Infantil. A través de dous exemplos prácticos de proxectos, pódese comprobar como a utilización da literatura e música nas aulas representa un importante aditivo e propulsor á hora de promover o desenvolvemento global dos infantes. A principal motivación deste traballo xorde da necesidade de incorporar metodoloxías sensoriais, musicais, activas e creativas; sacando á literatura e á música do segundo plano educativo nos que se atopan a día de hoxe. O principal obxectivo será traballar dende un punto de vista creativo, musical e motriz contos infantís en aulas de tres a cinco anos. Para acadar este obxectivo empregarase a metodoloxía de aprender xogando, na cal o alumnado cantará, bailará e representará dúas musicalizacións creadas para a ocasión. Os resultados evidencian claramente a maneira na que os diferentes contos infantís favorecen moitos aspectos do desenvolvemento na etapa infantil. Finalmente, nas conclusións destácase a importancia que ten a música e a literatura nos primeiros anos, fomentándose o uso destas ferramentas (tanto separadas como xuntas) para o correcto crecemento e evolución do alumnado.
Dirección
LOPEZ DE LA CALLE SAMPEDRO, Mª ANGELES (Titoría)
LOPEZ DE LA CALLE SAMPEDRO, Mª ANGELES (Titoría)
Tribunal
LOPEZ DE LA CALLE SAMPEDRO, Mª ANGELES (Titor do alumno)
LOPEZ DE LA CALLE SAMPEDRO, Mª ANGELES (Titor do alumno)
Xogar para aprender ou aprender xogando? A influencia da gamificación no proceso de ensinanza-aprendizaxe na educación primaria.
Autoría
P.F.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
P.F.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
27.06.2025 12:00
27.06.2025 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao trata o potencial da gamificación na materia de Lingua Galega e Literatura como unha ferramenta pedagóxica na etapa de Educación Primaria. Grazas á creación e implementación de dous escape rooms vinculados a dúas autoras da literatura galega, indágase nunha metodoloxía activa que pretenden conectar tanto co interese como coa parte emocional do alumnado a través do xogo como vehículo da aprendizaxe. O obxectivo principal da investigación é analizar a viabilidade e impacto educativo da gamificación nas aulas de Educación Primaria. Para poder dar resposta empregouse unha metodoloxía mixta, combinando elementos cualitativos como a observación directa e elementos cuantitativos a través de enquisas. Realizouse en dúas aulas diferentes da cidade de Lugo: en 4ºA do CEIP As Mercedes e en 6ºB do CEIP Illa Verde. Todas as probas foron deseñadas e contextualizadas a partir do Decreto 155/2022 e así integrar competencias clave, obxectivos e criterios de avaliación específicos. Os resultados foron favorables: o alumnado mostrou unha actitude moi positiva, melloraron as súas habilidades como o traballo cooperativo, a expresión oral e escrita e a comprensión lectora ademais de aumentar tanto a motivación intrínseca como a extrínseca. Aparte de todo isto tamén observamos unha implicación emocional significativa, sendo este un elemento clave para a súa aprendizaxe integral. En definitiva, este estudo aclara que, a gamificación, cando se deseña a partir dunha planificación específica, é unha estratexia eficaz para poder cambiar o ensino tradicional e así favorecer a unha educación inclusiva e comprometida co alumnado.
Este Traballo de Fin de Grao trata o potencial da gamificación na materia de Lingua Galega e Literatura como unha ferramenta pedagóxica na etapa de Educación Primaria. Grazas á creación e implementación de dous escape rooms vinculados a dúas autoras da literatura galega, indágase nunha metodoloxía activa que pretenden conectar tanto co interese como coa parte emocional do alumnado a través do xogo como vehículo da aprendizaxe. O obxectivo principal da investigación é analizar a viabilidade e impacto educativo da gamificación nas aulas de Educación Primaria. Para poder dar resposta empregouse unha metodoloxía mixta, combinando elementos cualitativos como a observación directa e elementos cuantitativos a través de enquisas. Realizouse en dúas aulas diferentes da cidade de Lugo: en 4ºA do CEIP As Mercedes e en 6ºB do CEIP Illa Verde. Todas as probas foron deseñadas e contextualizadas a partir do Decreto 155/2022 e así integrar competencias clave, obxectivos e criterios de avaliación específicos. Os resultados foron favorables: o alumnado mostrou unha actitude moi positiva, melloraron as súas habilidades como o traballo cooperativo, a expresión oral e escrita e a comprensión lectora ademais de aumentar tanto a motivación intrínseca como a extrínseca. Aparte de todo isto tamén observamos unha implicación emocional significativa, sendo este un elemento clave para a súa aprendizaxe integral. En definitiva, este estudo aclara que, a gamificación, cando se deseña a partir dunha planificación específica, é unha estratexia eficaz para poder cambiar o ensino tradicional e así favorecer a unha educación inclusiva e comprometida co alumnado.
Dirección
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Titoría)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Titoría)
Tribunal
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Titor do alumno)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Titor do alumno)
A musicalización de contos infantís: diseño dunha proposta educativa para aulas do segundo e terceiro ciclo de Educación Infantil.
Autoría
S.F.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
S.F.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
27.06.2025 11:00
27.06.2025 11:00
Resumo
O seguinte traballo de Fin de Grao traballa a musicalización de contos infantís como recursos didácticos e educativos nas aulas de Educación Infantil. A través de dous exemplos prácticos de proxectos, pódese comprobar como a utilización da literatura e música nas aulas representa un importante aditivo e propulsor á hora de promover o desenvolvemento global dos infantes. A principal motivación deste traballo xorde da necesidade de incorporar metodoloxías sensoriais, musicais, activas e creativas; sacando á literatura e á música do segundo plano educativo nos que se atopan a día de hoxe. O principal obxectivo será traballar dende un punto de vista creativo, musical e motriz contos infantís en aulas de tres a cinco anos. Para acadar este obxectivo empregarase a metodoloxía de aprender xogando, na cal o alumnado cantará, bailará e representará dúas musicalizacións creadas para a ocasión. Os resultados evidencian claramente a maneira na que os diferentes contos infantís favorecen moitos aspectos do desenvolvemento na etapa infantil. Finalmente, nas conclusións destácase a importancia que ten a música e a literatura nos primeiros anos, fomentándose o uso destas ferramentas (tanto separadas como xuntas) para o correcto crecemento e evolución do alumnado.
O seguinte traballo de Fin de Grao traballa a musicalización de contos infantís como recursos didácticos e educativos nas aulas de Educación Infantil. A través de dous exemplos prácticos de proxectos, pódese comprobar como a utilización da literatura e música nas aulas representa un importante aditivo e propulsor á hora de promover o desenvolvemento global dos infantes. A principal motivación deste traballo xorde da necesidade de incorporar metodoloxías sensoriais, musicais, activas e creativas; sacando á literatura e á música do segundo plano educativo nos que se atopan a día de hoxe. O principal obxectivo será traballar dende un punto de vista creativo, musical e motriz contos infantís en aulas de tres a cinco anos. Para acadar este obxectivo empregarase a metodoloxía de aprender xogando, na cal o alumnado cantará, bailará e representará dúas musicalizacións creadas para a ocasión. Os resultados evidencian claramente a maneira na que os diferentes contos infantís favorecen moitos aspectos do desenvolvemento na etapa infantil. Finalmente, nas conclusións destácase a importancia que ten a música e a literatura nos primeiros anos, fomentándose o uso destas ferramentas (tanto separadas como xuntas) para o correcto crecemento e evolución do alumnado.
Dirección
LOPEZ DE LA CALLE SAMPEDRO, Mª ANGELES (Titoría)
LOPEZ DE LA CALLE SAMPEDRO, Mª ANGELES (Titoría)
Tribunal
LOPEZ DE LA CALLE SAMPEDRO, Mª ANGELES (Titor do alumno)
LOPEZ DE LA CALLE SAMPEDRO, Mª ANGELES (Titor do alumno)
Estimulación da linguaxe oral en Educación Infantil
Autoría
M.F.E.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
M.F.E.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
11.02.2025 12:00
11.02.2025 12:00
Resumo
Para a consecución das aprendizaxes elementais que teñen lugar na Educación Infantil, un vehículo esencial é a linguaxe oral. A través do seu uso, o neno/a exteriorizará as súas necesidades, desexos e sentimentos, coñecerá e interactuará co mundo que se atopa ao seu redor, organizará o seu pensamento... Por iso, o actual Traballo de Fin de Grao, persegue expoñer as diversas bases teóricas sobre a adquisición e desenvolvemento da linguaxe e das etapas que interveñen en dita evolución para, en definitiva, amosar unha proposta didáctica encamiñada a elaborar unha serie de actividades de estimulación da linguaxe oral no ámbito de Educación Infantil, favorecendo a progresiva integración da competencia comunicativa en idades temperás.

SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Titoría)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Titoría)
Tribunal
CONDE MIGUELEZ, JORGE (Presidente/a)
GARCIA ROMERO, DAVID (Secretario/a)
GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO (Vogal)

Didáctica da cultura inglesa
Autoría
E.J.G.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
E.J.G.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
09.07.2025 17:00
09.07.2025 17:00
Resumo
A aprendizaxe dunha lingua estranxeira considérase de vital importancia na educación actual, especialmente debido á globalización, xa que a interacción con persoas que falan outras linguas e forma parte de outras culturas é cada vez máis común. Neste caso, o inglés destaca como a lingua estranxeira considerada máis importante en España. Non obstante, préstase pouca atención ao aspecto cultural inglés. Este traballo explica a importancia da cultura na aprendizaxe dunha lingua estranxeira e, ademais, destaca o feito de que a cultura inglesa abrangue máis países que o Reino Unido, o que implica a necesidade de coñecer lugares xeralmente esquecidos nos libros de texto, promovendo a descentralización deste e tomando gran referencia das obras de Claire Kramsch e Michael Byram, lingüistas e, sobre todo, profesores que tamén defenden esta idea, entre outros autores. Do mesmo xeito, esta obra tamén inclúe unha redefinición da cultura e interculturalidade desde unha perspectiva educativa que coincide coa nosa visión, reforzada por outros autores que exercen en diversas disciplinas. Ademais, decidimos crear varias propostas para promover a aprendizaxe da cultura inglesa na Educación Primaria dun xeito divertido que capte a atención do alumnado, ao mesmo tempo que fomenta o respecto por outras culturas, o pensamento crítico, a aprendizaxe activa na aula e outros factores relacionados coa cultura, como as perspectivas históricas e lingüísticas.

VARELA ZAPATA, JESUS (Titoría)
VARELA ZAPATA, JESUS (Titoría)
Tribunal
Anderson McGuire, JoDee (Presidente/a)
ROMERO TABEAYO, MARIA ISABEL (Secretario/a)
Mouriz Corbelle, Romina (Vogal)

Os animais que viven con nós: Unha proposta dun proxecto interdisciplinar a partir do diseño talleres creativos coa infancia.
Autoría
A.G.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.G.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
27.06.2025 11:45
27.06.2025 11:45
Resumo
Traballar mediante o deseño de talleres creativos permite conectar o facer e o pensar descubrindo outras formas de representación e cuestionamento do mundo en que vivimos. Nesta investigación trataremos a importancia da educación artística nas aulas de Educación Primaria, da educación baseada en proxectos e da metodoloxía de talleres, seguindo así a metodoloxía de Reggio Emilia, unha búsqueda da figura do atelierista nas aulas, ademáis do exemplo de pedagogos como Bruno Munari. A continuación preséntase unha proposta na que se leva a cabo un proxecto interdisciplinar entre Ciencias da Natureza e Educación Plástica e Visual nunha aula de terceiro de primaria. Tras o deseño de 5 talleres, serán levados á práctica e analizarase como reacciona e que resultados obtén destes o alumnado. Concluíndo finalmente en que o deseño e aplicación desta metodoloxía activa permite tratar os conceptos do currículo satisfactoriamente.

FREIRE PEREZ, ESTELLA LETICIA (Titoría)
FREIRE PEREZ, ESTELLA LETICIA (Titoría)
Tribunal
FREIRE PEREZ, ESTELLA LETICIA (Titor do alumno)

Os estereotipos de xénero como factor determinante nas clases de Educación Física
Autoría
C.G.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
C.G.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
26.06.2025 20:15
26.06.2025 20:15
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao expóñense as desigualdades de xénero existentes nas clases de Educación Física na etapa de Primaria, facendo especial mención aos estereotipos de xénero e a súa evolución histórica ata a actualidade, buscando causas da súa presenza na educación. Desta forma, analízanse as consecuencias e o condicionamento destes últimos no desenvolvemento integral do alumnado, afectando especialmente á autoestima feminina. Como contribución á superación desta situación, exponse unha proposta de intervención coeducativa para a aula de Educación Física, baseada en principios de cooperación para buscar a concienciación do alumnado de Educación Primaria en materia de igualdade de xénero, conseguindo actitudes que busquen a erradicación dos devanditos estereotipos.

Lago Ballesteros, Joaquín (Titoría)
Lago Ballesteros, Joaquín (Titoría)
Tribunal
Lago Ballesteros, Joaquín (Titor do alumno)

A natación na Educación Física escolar
Autoría
L.G.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
L.G.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
26.06.2025 18:45
26.06.2025 18:45
Resumo
Ao longo do seguinte Traballo de Fin de Grado exponse a importancia de fomentar o desenvolvemento do alumnado en diversos espazos, destacando a auga. Pois, na actualidade, recoñécense os beneficios deste medio de cara ao traballo daquelas habilidades motrices cruciais para a formación integral do alumnado. Con todo, a ensinanza da natación non sempre se enfocou dende esta perspectiva educativa, nin moito menos orientada de cara ás necesidades especiais. Por tanto, nestas páxinas preténdese reflexar as posibilidades que ofrece o medio acuático, así como remarcar o espazo que garda para a natación o Decreto 155/2022 polo que se establece a ordenación e o currículo da Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Todo iso a través dunha proposta de programación de centro na que se reflexa o colexio sobre o cal se pretende desenvolver a proposta, aqueles aspectos do currículo que se traballan e unha pequena temporalización na que se planifican os aspectos xerais a tratar e o momento do curso escolar no que ha de implementar. Así mesmo, tamén se propón unha opción metodolóxica para levar a cabo as actividades propostas e, en consecuencia, dúas unidades didácticas de cinco sesións cada unha. Trátase dunha oportunidade para esclarecer as posibilidades que ofrece o medio acuático respecto á dimensión global do alumnado; fomentando así un desenvolvemento físico, mental e ético nas crianzas.

Impacto das estratexias inclusivas na participación e actitudes do alumnado con e sen necesidades educativas especiais en Educación Física.
Autoría
A.G.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.G.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
18.06.2025 10:00
18.06.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao centrouse na exploración das actitudes cara á inclusión no ámbito da Educación Física en Educación Primaria. Para iso, levouse a cabo unha intervención en aulas de 5.º e 6.º de primaria, co obxectivo de analizar a percepción e as actitudes do alumnado cara a compañeiros con discapacidade visual e intelectual, mediante a aplicación dunha unidade didáctica inclusiva. Para alcanzar este obxectivo, empregáronse os cuestionarios CAIPE-Vi e CAIPE-In, ferramentas validadas para medir as actitudes cara á inclusión en Educación Física. Ademais, implementáronse dinámicas cooperativas e actividades adaptadas orientadas a fomentar o respecto, a colaboración e a aceptación da diversidade. Os resultados mostraron unha mellora xeneralizada nas actitudes do alumnado, especialmente no referente á empatía, a disposición para colaborar e a aceptación de adaptacións nas actividades físicas. Observáronse diferenzas por curso e xénero, destacando unha maior sensibilidade ao cambio nos nenos e no alumnado de menor idade. Concluíuse que a unidade didáctica tivo un efecto positivo na percepción do alumnado cara á inclusión, demostrando que as estratexias inclusivas, cando se aplican con planificación e reflexión, poden mellorar o clima de aula e favorecer unha educación máis equitativa e integradora desde idades temperás.

Terrores nocturnos durante a infancia
Autoría
R.G.I.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
R.G.I.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
27.06.2025 10:00
27.06.2025 10:00
Resumo
Os terrores nocturnos son un tipo de trastorno do sono clasificado dentro das parasomnias. Afecta a unha porcentaxe moi baixa da poboación infantil. Este traballo ten como obxectivo analizar o grado de coñecemento que existe sobre este fenómeno, os seus efectos na vida cotiá do neno ou da nena, as posibles causas que os desencadean e as estratexias de intervención que poden levarse a cabo no ámbito familiar e escolar. Para elo levouse a cabo una revisión bibliográfica de documentos sanitarios e especializados, completándoo cun cuestionario creado ad hoc e destinado as familias. Os resultados obtidos mostran un gran grado de coñecemento, así como a necesidade de mellorar as estratexias na escola como na familia. Os resultados do estudo evidencian a importancia de buscar a causa e como a colaboración entre familia-escola contribúe a minimizar o impacto deste trastorno buscando o benestar infantil.

Moure Rodríguez, Lucía (Titor do alumno)

Educación ambiental para a Educación Primaria
Autoría
A.G.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.G.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
03.07.2025 17:30
03.07.2025 17:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) céntrase na educación ambiental para a etapa de educación primaria. No traballo abórdase unha parte máis teórica onde se trata da orixe da educación ambiental, así como da súa importancia e evolución na educación primaria. Ademais, tamén fai fincapé en diferentes temáticas relacionadas entre si, as cales afectan de forma directa ao medio ambiente. Así mesmo, inclúe unha proposta de actividades para o quinto curso de educación primaria, relacionadas coa contaminación, a reciclaxe e o consumo de enerxía. Para así traballar esta temática dende as aulas, xa que na maioría das ocasións queda nun segundo plano. Estas actividades están pensadas para que o alumnado indague, modele, argumente e aprenda dunha maneira activa con respecto a este concepto. Para finalizar, analizaranse uns posibles resultados que poderían ser acadados si esta proposta se levara a cabo nunha aula, tamén as súas posibles dificultades; e unhas conclusións xerais do traballo.

Hábitos de vida saudable en Educación Primaria: un diálogo entre xeracións.
Autoría
L.G.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
L.G.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
23.06.2025 10:00
23.06.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao propón unha intervención educativa centrada na promoción de hábitos de vida saudables a través da educación interxeracional. A proposta nace da necesidade de recuperar o vínculo entre xeracións, nun contexto social marcado pola dixitalización, a fragmentación das relacións e o avellentamento da poboación. A educación interxeracional preséntase como unha ferramenta clave para fomentar a aprendizaxe mutua, o respecto e a cohesión social, facilitando espazos de encontro onde maiores e pequenos colaboran, comparten experiencias e se enriquecen reciprocamente. O proxecto desenvólvese no CEIP Luís Pimentel e no Centro de Día ORPEA Lugo, involucrando alumnado de Educación Primaria e persoas maiores nunha serie de actividades deseñadas para reforzar os lazos interpersoais e promover estilos de vida saudables. Estas actividades, organizadas arredor de temas como a alimentación equilibrada, o exercicio físico, o descanso e o benestar emocional, buscan tamén mellorar a percepción social da vellez e reducir os estereotipos asociados á idade. A metodoloxía empregada combina a aprendizaxe vivencial, o traballo cooperativo e a reflexión, dando lugar a unha experiencia educativa integral. A través desta proposta, evidénciase que a educación pode (e debe) ser un espazo de encontro interxeracional, contribuíndo non só á saúde individual, senón tamén á construción dunha sociedade máis inclusiva, solidaria e unida. Este traballo representa, así, un compromiso coa educación transformadora e co desenvolvemento de comunidades onde todas as xeracións teñan voz e valor.

Campos Magdaleno, María (Titor do alumno)

Impacto das pantallas no desenvolvemento infantil en menores de seis anos: deseño dunha proposta formativa para as familias
Autoría
M.G.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
M.G.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
20.06.2025 17:30
20.06.2025 17:30
Resumo
O presente traballo de fin de Grao do Título de Mestre ou Mestra de Educación Infantil céntrase en revisar a relación entre o uso de dispositivos dixitais (ordenadores, móbiles, tabletas) e como afecta ao desenvolvemento infantil en menores de seis anos. A elección do tema emerxe debido á crecente presenza de pantallas na contorna que rodea ás crianzas, dende o fogar ata a escola, para poder ver que tanto afectan no seu correcto desenvolvemento. O obxectivo principal é coñecer como unha exposición temperá e non axeitada (que non exista unha regulación en tempo) a estes dispositivos, inflúe de maneira negativa no desenvolvemento físico, cognitivo e socioemocional en nenos e nenas menores de seis anos. A metodoloxía céntrase na revisión bibliográfica científica de recentes estudos, e posteriormente o deseño dunha proposta de intervención baseada en breves sesións informativas para as familias sobre os efectos prexudiciais das pantallas. Entre os principais resultados, un uso excesivo dos dispositivos dixitais pode dificultar a interacción social, os procesos do sono, o desenvolvemento da linguaxe, entre outros. Destácase a gran importancia do papel da familia e do traballo xunto coa escola, para paliar os efectos adversos e favorecer unha contorna dixital saudable e equilibrada.

PONCET SOUTO, MARTA MARIA (Titoría)
PONCET SOUTO, MARTA MARIA (Titoría)
Tribunal
PONCET SOUTO, MARTA MARIA (Titor do alumno)

Prevención temperá dos Trastornos da Linguaxe como motor do desenvolvemento social e emocional na infancia
Autoría
S.G.S.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
S.G.S.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
07.07.2025 12:00
07.07.2025 12:00
Resumo
A linguaxe xoga un papel fundamental no desenvolvemento das persoas, posto que non só inflúe no factor comunicativo, senón que tamén define o aspecto emocional e social. Non obstante, o seu proceso de adquisición e dominio non é lineal, debido a que existen unha serie de condicionantes que poden inferir ata o punto de orixinar un trastorno da linguaxe. Así mesmo, poden afectar significativamente á autoestima, ás relacións interpersoais e ao benestar xeral do neno/a. Neste contexto, o proceso preventivo convértese en fundamental para frear esta problemática. O presente documento recolle unha análise do desenvolvemento lingüístico típico e a tipoloxía de trastornos, coas súas causas, sinais de alerta e repercusións a nivel interno e externo. Ademais, exponse unha proposta de intervención preventiva dirixida ao alumnado do último curso de Educación Infantil, baseada no tratamento dos catro compoñentes da linguaxe no seus procesos de codificación e decodificación. Paralelamente, búscase fomentar un entorno inclusivo capaz de estimular a linguaxe, incorporando o xogo como eixo central e a participación familiar como recurso clave. En definitiva, este traballo pretende conciencia sobre a importancia dunha mirada temperá acompañada dunhas accións precisas para promover un desenvolvemento da infancia integral.

LOPEZ GOMEZ, SANTIAGO (Titoría)
LOPEZ GOMEZ, SANTIAGO (Titoría)
Tribunal
ARES VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
MARINO FERNANDEZ, ANA (Secretario/a)
MARTINEZ TEJERO, CRISTINA (Vogal)

Estratexias multisensoriais na ensinanza e aprendizaxe da Xeometría en alumnado con Trastorno do Espectro do Autismo
Autoría
S.G.S.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
S.G.S.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
25.06.2025 10:00
25.06.2025 10:00
Resumo
O alumnado con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) conta cunha serie de particularidades para percibir, procesar e responder á información presentada. Por iso, resulta fundamental utilizar enfoques e metodoloxías educativas estruturadas, flexibles e altamente visuais. Así, estas características infiren no acceso a aquelas actividades formuladas de maneira convencional, centradas na memorización e repetición. Algo que se acentúa aínda máis en áreas como a xeometría, que require un valioso grao de competencia en habilidades espaciais e de visualización. Neste contexto, as estratexias multisensoriais preséntanse como o camiño idóneo para que estes nenos e nenas acaden unha aprendizaxe significativa. Con este traballo preténdese evidenciar o potencial do enfoque multisensorial e manipulativo para asegurar unha accesibilidade aos contidos matemáticos da xeometría por parte do alumnado TEA. Desta maneira, o presente documento recolle un marco teórico que contextualiza o TEA, a ensinanza da xeometría en Educación Primaria (EP) e os principios do enfoque multisensorial. Ademais, exponse unha proposta de intervención deseñada dentro dun aula de Pedagoxía Terapéutica (PT) para un neno escolarizado en 2º de EP. A través dunha serie de actividades manipulativas, visuais e cenestésicas, abórdanse os contidos xeométricos para este curso segundo os principios do NCTM, adaptados ao perfil e necesidades do discente.

GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Titoría)
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Titor do alumno)

Metodoloxías activas na Educación Física
Autoría
D.G.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
D.G.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
09.07.2025 18:00
09.07.2025 18:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao aborda a revisión teórica e crítica sobre a aplicación de metodoloxías activas e participativas na ensinanza da Educación Física na Educación Primaria. Ante a transformación metodolóxica impulsada polas recentes reformas educativas, especialmente a LOMLOE, faise necesario analizar como estas metodoloxías poden contribuír ao desenvolvemento competencial integral do alumnado, fomentando a súa autonomía, motivación e habilidades sociais. A partir dunha revisión exhaustiva de literatura académica, normativa vixente e estudos pedagóxicos publicados entre 2015 e 2024, identifícanse as principais características, estratexias, beneficios e desafíos asociados á implementación de metodoloxías activas nesta área. Os resultados destacan a relevancia dun enfoque centrado no alumnado, a importancia do rol do docente como facilitador e as condicións necesarias para garantir unha práctica educativa inclusiva, reflexiva e adaptada ás demandas actuais. Este traballo ofrece unha base fundamentada para a toma de decisións didácticas innovadoras e conscientes no ámbito da Educación Física, contribuíndo ao debate pedagóxico contemporáneo sobre metodoloxías activas na educación primaria.

Aprender cultivando, unha proposta de diseño de talleres creativos ca infancia
Autoría
A.G.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
A.G.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
10.07.2025 17:30
10.07.2025 17:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao aborda a importancia de educar e crear talleres creativos en contacto co medio natural, unha metodoloxía que pretende traballar partindo do imaxinario propio do alumnado, fomentando o desenvolvemento da creatividade e afastándonos dos modelos reprodutivos. O marco teórico defende a importancia de educar en contacto coa natureza, presentando diversos e prácticas pedagóxicas que nos mostran a necesidade de empregar unha aprendizaxe que se fundamente nas experiencias vividas polos propios nenos e nenas, e nos procesos creativos que lle corresponden á infancia. Destácanse os beneficios de integrar estas metodoloxías na aula e como este contacto coa contorna e a súa biodiversidade pode axudar a desenvolver unha maior conciencia ecolóxica de coidado cara ao medio natural, traballando o seu imaxinario propio nunha aprendizaxe significativa, crítico e reflexivo. Preséntase unha proposta práctica deseñada e realizada cos alumnos e alumnas que consta de seis talleres creativos que conforman un proxecto didáctico que busca fomentar a educación en contacto co medio que nos rodea a través de distintos tipos expresións artísticas como o uso do carboncillo, a colaxe ou a creación de figuras en 3D. Finalmente, conclúese cunha avaliación final das mesmas a partir da observación e a documentación das producións narrativas nun caderno de experiencias realizado polos nenos e nenas.

Diversidade cultural e educación: análise dende o xeral ata a experiencia na aula de Educación Infantil.
Autoría
A.G.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
A.G.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
19.06.2025 13:15
19.06.2025 13:15
Resumo
No meu traballo analízase a diversidade cultural nas aulas de Educación Infantil, partindo de aspectos teóricos e afondando na miña experiencia práctica nun centro educativo de A Coruña. A motivación principal xorde do contacto con esta aula maioritariamente formada por alumnado de orixe migrante. O traballo destaca a importancia de entender e valorar as diferenzas culturais como unha oportunidade para fomentar o respecto, a convivencia e a integración, e non como un obstáculo. Ademais, analizo as necesidades formativas do profesorado para poder dar resposta a esta realidade plural.

OCA GONZALEZ, LUZIA (Titoría)
OCA GONZALEZ, LUZIA (Titoría)
Tribunal
OCA GONZALEZ, LUZIA (Titor do alumno)
OCA GONZALEZ, LUZIA (Titor do alumno)
Didáctica de la cultura inglesa
Autoría
A.G.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.G.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
09.07.2025 17:00
09.07.2025 17:00
Resumo
A aprendizaxe dunha lingua estranxeira considérase de vital importancia na educación actual, especialmente debido á globalización, xa que a interacción con persoas que falan outras linguas e forma parte de outras culturas é cada vez máis común. Neste caso, o inglés destaca como a lingua estranxeira considerada máis importante en España. Non obstante, préstase pouca atención ao aspecto cultural inglés. Este traballo explica a importancia da cultura na aprendizaxe dunha lingua estranxeira e, ademais, destaca o feito de que a cultura inglesa abrangue máis países que o Reino Unido, o que implica a necesidade de coñecer lugares xeralmente esquecidos nos libros de texto, promovendo a descentralización deste e tomando gran referencia das obras de Claire Kramsch e Michael Byram, lingüistas e, sobre todo, profesores que tamén defenden esta idea, entre outros autores. Do mesmo xeito, esta obra tamén inclúe unha redefinición da cultura e interculturalidade desde unha perspectiva educativa que coincide coa nosa visión, reforzada por outros autores que exercen en diversas disciplinas. Ademais, decidimos crear varias propostas para promover a aprendizaxe da cultura inglesa na Educación Primaria dun xeito divertido que capte a atención do alumnado, ao mesmo tempo que fomenta o respecto por outras culturas, o pensamento crítico, a aprendizaxe activa na aula e outros factores relacionados coa cultura, como as perspectivas históricas e lingüísticas.
A aprendizaxe dunha lingua estranxeira considérase de vital importancia na educación actual, especialmente debido á globalización, xa que a interacción con persoas que falan outras linguas e forma parte de outras culturas é cada vez máis común. Neste caso, o inglés destaca como a lingua estranxeira considerada máis importante en España. Non obstante, préstase pouca atención ao aspecto cultural inglés. Este traballo explica a importancia da cultura na aprendizaxe dunha lingua estranxeira e, ademais, destaca o feito de que a cultura inglesa abrangue máis países que o Reino Unido, o que implica a necesidade de coñecer lugares xeralmente esquecidos nos libros de texto, promovendo a descentralización deste e tomando gran referencia das obras de Claire Kramsch e Michael Byram, lingüistas e, sobre todo, profesores que tamén defenden esta idea, entre outros autores. Do mesmo xeito, esta obra tamén inclúe unha redefinición da cultura e interculturalidade desde unha perspectiva educativa que coincide coa nosa visión, reforzada por outros autores que exercen en diversas disciplinas. Ademais, decidimos crear varias propostas para promover a aprendizaxe da cultura inglesa na Educación Primaria dun xeito divertido que capte a atención do alumnado, ao mesmo tempo que fomenta o respecto por outras culturas, o pensamento crítico, a aprendizaxe activa na aula e outros factores relacionados coa cultura, como as perspectivas históricas e lingüísticas.
Dirección
VARELA ZAPATA, JESUS (Titoría)
VARELA ZAPATA, JESUS (Titoría)
Tribunal
Anderson McGuire, JoDee (Presidente/a)
ROMERO TABEAYO, MARIA ISABEL (Secretario/a)
Mouriz Corbelle, Romina (Vogal)
Anderson McGuire, JoDee (Presidente/a)
ROMERO TABEAYO, MARIA ISABEL (Secretario/a)
Mouriz Corbelle, Romina (Vogal)
Influencia do deporte nas habilidades motrices básicas
Autoría
S.H.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
S.H.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
25.06.2025 16:00
25.06.2025 16:00
Resumo
As habilidades motrices básicas son o conxunto de movementos máis sinxelos que o corpo humano pode executar, aprendense durante os primeros anos de vida e son esenciais para o desenvolvemento persoal de cada individuo. Hai tres tipos, os cales son a habilidade locomotriz, a de estabilidade e a de manipulación. Para practicar algún deporte é necesario ter un certo grao de competencia nas capacidades motrices fundamentais del ser humano. Por eso, este estudio centrase en comparar as diferenzas que poden existir entre as mencionadas anteriormente, habilidades motrices básicas, do alumnado que realiza algún tipo de deporte extraescolar, co que non o practica de ningún tipo. O estudo realizouse nun CEIP de Cabo de Cruz, en todas as aulas de Educación Primaria, con un total de 83 alumnos y alumnas que participaron nel. Para saber cál era o grao de competencia motriz que tiña o alumnado utilizáronse tres baterías diferentes de probas, MOBAK, MABC-2 e TGMD-3, das cales se elixiu unha proba para cada habilidade motriz básica a avaliar, desprazamento, salto, lanzamento e xiro. A única variable que se tivo en conta á hora de comparar os datos foi se practicaban algún tipo de deporte extraescolar ou non. Os resultados mostran unha diferenza notable, o alumnado que practica deporte ten maior dominio das competencias motrices básicas que o que non o practica de ningún tipo. O que permite xustificar posibles conclusións como que o deporte é unha boa ferramenta para mellorar as habilidades motrices básicas dos nenos e nenas.

Os espazos de ciencia de libre elección para ensinar ciencias en Educación Infantil: as mesturas como proposta educativa
Autoría
Z.I.A.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Z.I.A.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
26.06.2025 11:00
26.06.2025 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo estudar a ciencia en Educación Infantil a través dos espazos de ciencia de libre elección. Para realizar este estudo, levouse a cabo unha revisión bibliográfica de múltiples artigos sobre a etapa de Educación Infantil, ciencia na infancia e os espazos de ciencia de libre elección; comprendidos a maioría deles entre o ano 2015 e 2025. Como aplicación práctica, realizouse o deseño dunha proposta educativa centrada na temática das mesturas, coa finalidade de crear varios espazos de ciencia de libre elección que motiven ao alumnado a indagar. A proposta consta dun total de cinco sesións nas cales as crianzas poderán explorar diferentes tipos de mesturas. A primeira sesión consiste na realización dunha asemblea para descubrir os coñecementos previos do alumnado. Na segunda sesión, os nenos e nenas experimentan a creación de novas cores a partir das cores primarias. A terceira sesión está pensada para traballar a mestura de elementos sólidos e a súa posible separación. Na cuarta actividade trabállase con diferentes líquidos para diferenciar as mesturas homoxéneas e heteroxéneas. A quinta actividade ten como finalidade crear cores empregando elementos naturais. En resumo, este Traballo de Fin de Grao pretende amosar a importancia da ciencia en Educación Infantil, en concreto do uso de espazos de ciencia de libre elección. As propostas educativas baseadas en espazos de ciencia de libre elección, permiten que as crianzas desenvolvan a súa curiosidade e poidan implicarse de maneira activa en propostas de indagación, desenvolvendo así as súas habilidades científicas.

FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Titoría)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Titor do alumno)

Emprego das Tecnoloxías da Información e da Comunicación para traballar a lectura en Educación Primaria: unha aproximación ás webquests
Autoría
Z.I.A.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Z.I.A.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
20.06.2025 13:30
20.06.2025 13:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo estudar o emprego das TIC para traballar a lectura en Educación Primaria, todo isto empregando as webquests como recurso educativo. Para realizar este estudo, levouse a cabo unha revisión bibliográfica de múltiples artigos sobre o emprego das TIC na aula, a lectura en Educación Primaria e as webquests como estratexia didáctica; comprendidos todos eles entre o ano 2010 e 2025. Como aplicación práctica, elaborouse unha proposta educativa, con duración de cinco semanas, para traballar a obra de El Principito mediante o emprego dunha webquest. A primeira semana consiste na lectura conxunta do libro de El Principito. Na segunda semana, os estudantes deben de buscar información sobre os personaxes da obra para realizar un mapa conceptual online. A terceira e cuarta semana teñen como obxectivo que o alumnado elabore unha produción artística onde se recolla a información analizada na sesión anterior. Na quinta semana consiste na presentación das producións e das actividades. En resumo, este Traballo de Fin de Grao pretende amosar a importancia da lectura en Educación Primaria, centrándose na utilización das TIC para promover o hábito lector. As propostas educativas baseadas nas webquests, permiten que os estudantes traballen de maneira autónoma para resolver os retos que se lles presenta, desenvolvendo así as súas habilidades persoais e sociais.

R.I.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
R.I.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
30.06.2025 09:00
30.06.2025 09:00
Resumo
O presente traballo básase en dar a coñecer os beneficios do contacto coa natureza no proceso de desenvolvemento e ensinanza dos nenos e nenas, especialmente con TEA (Trastorno do Aspectro Autista) e TDAH (Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade) xunto cunha proposta lúdica e innovadora para incorporar nunha aula dun centro ordinario promovendo a diversidade e inclusión.
O presente traballo básase en dar a coñecer os beneficios do contacto coa natureza no proceso de desenvolvemento e ensinanza dos nenos e nenas, especialmente con TEA (Trastorno do Aspectro Autista) e TDAH (Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade) xunto cunha proposta lúdica e innovadora para incorporar nunha aula dun centro ordinario promovendo a diversidade e inclusión.
Dirección
Vázquez Regueiro, Teresa Susana (Titoría)
Vázquez Regueiro, Teresa Susana (Titoría)
Tribunal
Vázquez Regueiro, Teresa Susana (Titor do alumno)
Vázquez Regueiro, Teresa Susana (Titor do alumno)
Os xogos cooperativos na educación primaria: impacto nas habilidades sociais e na inclusión
Autoría
R.I.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
R.I.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
18.06.2025 09:30
18.06.2025 09:30
Resumo
Este Traballo de Fin Grao céntrase no análise dos xogos cooperativos dentro da área da educación física en Educación Primaria. O obxectivo principal é observar os efectos que teñen estas prácticas no alumnado de primaria en canto o desenvolvemento das habilidades sociais e inclusión. Para isto, utilizouse ferramentas como a observación directa das sesións, enquisas deseñadas para recoller os datos de percepción e actitude, a través da realización dunha situación de aprendizaxe onde se utilizaron tanto os xogos cooperativos como os competitivos. A metodoloxía seguida e de tipo mixto (cuantitativo e cualitativo). No cuantitativo recompilouse a información a través de enquisas e a cualitativa a través da observación das sesións, para así comprobar se os datos obtidos son verídicos. Os resultados amosaron mellora no clima da aula e motivación, aumentando a implicación do alumnado e tamén a inclusión equitativa de todos os nenos e nenas.

Primeiros auxilios en aulas de Educación Primaria
Autoría
M.L.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
M.L.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
18.06.2025 10:30
18.06.2025 10:30
Resumo
O presente traballo de Fin de Grao ten como obxectivo analizar a ensinanza dos primeiros auxilios na Educación Primaria mediante unha proposta didáctica baseada na gamificación. A intervención desenvolveuse nun centro educativo galego e estruturouse en seis sesións. Para avaliar a eficacia da proposta utilizáronse dous instrumentos principais: un cuestionario ad hoc, aplicado antes e despois da intervención, e unha unidade didáctica titulada Brigada Salvavidas, baseada na gamificación. Os resultados amosan un incremento medio de máis de 30 puntos porcentuais nas puntuacións, así como un elevado grao de motivación e implicación por parte do alumnado. Conclúese que a gamificación é unha metodoloxía eficaz para introducir os primeiros auxilios na aula de maneira significativa e motivadora dende idades temperás.

Proposta para a correcta introdución da competición en Educación Primaria.
Autoría
M.L.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
M.L.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
25.06.2025 18:00
25.06.2025 18:00
Resumo
No presente Traballo de Fin de Grao elabórase unha proposta didáctica centrada en como introducir nas clases de Educación Física a competitividade de maneira equilibrada. Baseándose nas opinións de diversos autores/as que analizan os beneficios e riscos da competición no contexto escolar, exponse tres formas de abordala: unha baseada na cooperación sen compoñente competitivo, outra sendo unha competición tradicional sen restricións e unha última centrada nunha competición axustada que promove o respecto, a participación equitativa e a xestión emocional. Este traballo non ten un carácter experimental, xa que non se levou a cabo co alumnado. Porén, as propostas están expostas para ser aplicadas en contextos escolares reais. Inclúe sesións prácticas organizadas por bloques e ferramentas de avaliación coas que se teñen en conta tanto os aspectos motores como os emocionais e actitudinais do alumnado. A finalidade é ofrecer recursos útiles ós/ás docentes que desexen traballar a competición dende unha perspectiva pedagóxica. Ademais, serve como base para futuras investigacións nas que se queiran comprobar os efectos da competitividade nesta etapa escolar.

Espazos escolares inclusivos para o alumnado con trastornos motrices en Educación Primaria
Autoría
I.L.D.U.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
I.L.D.U.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
09.07.2025 17:00
09.07.2025 17:00
Resumo
A Parálise Cerebral é un exemplo de discapacidade motriz que pode presentar o alumnado matriculado nos centros escolares. Dita discapacidade, xunto con outras necesidades que presentan os nenos e as nenas, son necesarias de atender en todos os espazos dun centro educativo. Por iso, é fundamental garantir a inclusión, seguindo a lexislación vixente e un deseño universal, que pretende unha educación para todos e todas eliminando as barreiras presentes e acadando unha accesibilidade total ao proceso de sociabilidade e de aprendizaxe. Son especialmente importantes os espazos de lecer, que permiten e promoven o desenvolvemento social e motor de todo o alumnado mediante diversas dinámicas e propostas, sendo o xogo a canle de aprendizaxe a través dunha metodoloxía eficaz. O patio inclusivo, construído por toda a comunidade educativa, pode ser unha ferramenta clave neste proceso.

Mouriz Corbelle, Romina (Titoría)
Mouriz Corbelle, Romina (Titoría)
Tribunal
Campos Magdaleno, María (Presidente/a)
NEIRA MARTIN, PEDRO JOSUE (Secretario/a)
PONCET SOUTO, MARTA MARIA (Vogal)

A cidade dende a mirada da infancia: O barrio que se vive.
Autoría
S.L.D.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
S.L.D.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
18.06.2025 12:30
18.06.2025 12:30
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao elabórase unha reflexión crítica sobre a cidade actual e a falta de espazos e de adaptacións ás necesidades dos nenos e das nenas. Baseándonos en autores como Tonucci ou Loris Malaguzzi, así mesmo reflexionamos sobre como o espazo urbano adoita estar deseñado por persoas adultas sen incluír en ningún caso á infancia. O traballo sostén a idea de cidade como espazo de aprendizaxe, xogos e por suposto como lugar de encontro para a sociedade e pon en énfase a educación activa onde a infancia participa na creación e deseño dos espazos. A proposta práctica focalízase na creación dunha cidade imaxinada polo alumnado da aula de 4 anos do colexio CPR La Milagrosa, intentando empregar ferramentas e materiais naturais e de refugallo. Estas dinámicas pretenden fomentar en todo momento a imaxinación e a creatividade do alumnado, a conciencia crítica e o traballo colaborativo.

Iniciación deportiva na etapa da Educación Primaria no alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA).
Autoría
A.L.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.L.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
26.06.2025 11:15
26.06.2025 11:15
Resumo
O Trastorno do Espectro Autista (TEA) é un trastorno do neurodesarrollo, caracterizado por dificultades na comunicación, a interacción social e a execución de patróns de conduta repetitivos. Ademais, este trastorno presenta grandes variacións entre os individuos que o padecen. Afecta principalmente a nenos, sendo máis predominante en homes, e o seu diagnóstico aumentou ao longo dos últimos anos. No traballo analízase o impacto do TEA no desenvolvemento socioemocional e motor do alumnado, especialmente en aspectos relacionados coa práctica de actividade física na etapa de Educación Primaria. Figuran tamén os múltiples beneficios que a actividade física pode achegar ao alumnado TEA, e as adaptacións metodolóxicas que é conveniente aplicar. O alumnado TEA moitas veces é propenso a sufrir acoso escolar, especialmente na aula de Educación Física, debido ás dificultades que estes presentan na devandita área. Debido a isto, os docentes deben ter formación para ser capaces de evitar este tipo de situacións na aula, e previr este tipo de condutas de acoso. Finalmente, preséntase unha proposta de intervención baseada en como levar á práctica unha unidade didáctica sobre expresión corporal nunha aula cun alumno TEA, os beneficios que pode ocasionar no alumno, e as adaptacións necesarias, baseadas na posta en práctica da Metodoloxía TEACCH.

Escola e Familia: dous piares da sociedade en transformación durante o século XX.
Autoría
N.L.G.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
N.L.G.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
09.07.2025 16:00
09.07.2025 16:00
Resumo
A educación constitúe un piar esencial na transmisión de costumes, valores e patróns de conduta. Neste proceso, tanto a familia como a escola desempeñan un papel crucial: a familia por ser o primeiro axente socializador e a escola como espazo de continuidade e reforzo desa aprendizaxe. A colaboración entre ambos resulta fundamental para garantir o desenvolvemento integral das crianzas. Co obxectivo de comprender os cambios producidos nos ámbitos educativo, familiar e na relación entre ambos axentes ao longo do tempo, este traballo céntrase na análise da evolución da familia e da escola durante o século XX, tomando como base os testemuños de persoas que viviron e estudaron -ou traballaron- durante o Franquismo ou a Democracia. A investigación combina unha revisión bibliográfica cun estudo empírico baseado en entrevistas con preguntas abertas. Os resultados apuntan a unha evolución notable entre ambos períodos, aínda que se destaca a necesidade de ampliar a mostra en futuras investigacións para afondar nas causas dos cambios observados.
A educación constitúe un piar esencial na transmisión de costumes, valores e patróns de conduta. Neste proceso, tanto a familia como a escola desempeñan un papel crucial: a familia por ser o primeiro axente socializador e a escola como espazo de continuidade e reforzo desa aprendizaxe. A colaboración entre ambos resulta fundamental para garantir o desenvolvemento integral das crianzas. Co obxectivo de comprender os cambios producidos nos ámbitos educativo, familiar e na relación entre ambos axentes ao longo do tempo, este traballo céntrase na análise da evolución da familia e da escola durante o século XX, tomando como base os testemuños de persoas que viviron e estudaron -ou traballaron- durante o Franquismo ou a Democracia. A investigación combina unha revisión bibliográfica cun estudo empírico baseado en entrevistas con preguntas abertas. Os resultados apuntan a unha evolución notable entre ambos períodos, aínda que se destaca a necesidade de ampliar a mostra en futuras investigacións para afondar nas causas dos cambios observados.
Dirección
VEIGA ALONSO, JOSE RAMON (Titoría)
VEIGA ALONSO, JOSE RAMON (Titoría)
Tribunal
Anderson McGuire, JoDee (Presidente/a)
ROMERO TABEAYO, MARIA ISABEL (Secretario/a)
Mouriz Corbelle, Romina (Vogal)
Anderson McGuire, JoDee (Presidente/a)
ROMERO TABEAYO, MARIA ISABEL (Secretario/a)
Mouriz Corbelle, Romina (Vogal)
O rol da familia e da escola no desenvolvemento de hábitos de hixiene en Educación Infantil: un estudo observacional de metodoloxía mixta.
Autoría
N.L.G.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
N.L.G.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
07.07.2025 12:00
07.07.2025 12:00
Resumo
A familia, a comunidade e a escola conforman unha triloxía fundamental en Educación para a Saúde, orientada a acadar unha óptima calidade de vida. Entre os hábitos que deben adquirirse durante os seis primeiros anos de vida, coa colaboración da familia e da escola, destaca a hixiene. Os hábitos de hixiene refírense ao conxunto de prácticas e coñecementos que as persoas aplican co obxectivo de controlar factores que poden ter un impacto negativo na súa saúde. O presente Traballo Fin de Grao ten como finalidade analizar o papel da familia e da escola como axentes promotores de hábitos de hixiene na etapa de Educación Infantil. Para iso, lévase a cabo un estudo de campo de enfoque mixto, que inclúe entrevistas ao profesorado e cuestionarios dirixidos ás familias dun centro educativo concreto: a Escola de Educación Infantil de Coirós. A análise desta mostra permitiu detectar que, nesta poboación, a adquisición dos hábitos de hixiene é xeralmente favorable, malia a escasa comunicación existente entre as familias e a escola neste ámbito. Estes hábitos foron introducidos na esfera familiar e reforzados no contexto escolar. Neste sentido, a incorporación dos hábitos de hixiene nas rutinas diarias das crianzas adquire unha especial relevancia, ao ser recoñecida como unha estratexia metodolóxica eficaz por ambos axentes sociais: a familia e a escola. O propósito destas rutinas é que os nenos e nenas interioricen ditos hábitos e os manteñan ao longo do tempo como parte da súa vida cotiá.

GARCIA MARIN, PABLO (Presidente/a)
PLATAS FERREIRO, MARIA LIDIA (Secretario/a)
SANTAMARIA QUEIRUGA, OLAYA (Vogal)

Traballar a historia nas aulas de Educación Primaria mediante a creación dunha WebQuest.
Autoría
C.L.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
C.L.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
06.02.2025 10:00
06.02.2025 10:00
Resumo
A presente investigación pretende presentar unha proposta nun aula de Educación Primaria a través do recurso innovador da WebQuest, por mor da necesidade de traballar dun xeito mais dinámico e creativo a área de ciencias sociais; tendo como obxectivo principal o estudo de dito recurso mediante unha metodoloxía activa e innovadora, a cal empregará recursos dixitais vencellados as Tic; e que deberá de atender as necesidades do alumnado en todo momento. Preséntase un plan de traballo xunto cun exemplo do recurso obxecto do estudo (WebQuest) para o uso da comunidade educativa. Concluindo con unha aproximación a información contrastada en todo o documento e unha proposta de mellora, xa que de poder ser levado á práctica, dito recurso resulta interesante pola súa versatilidade e orixinalidade, dando ó alumnado unha maior motivación fronte os contidos a traballar na aula.

CALDEIRO PEDREIRA, Mª CARMEN (Titoría)
CALDEIRO PEDREIRA, Mª CARMEN (Titoría)
Tribunal
CALDEIRO PEDREIRA, Mª CARMEN (Titor do alumno)

A Educación Física na Escola Rural.
Autoría
L.L.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
L.L.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
19.06.2025 11:00
19.06.2025 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) ten como obxectivo analizar o papel da Educación Física nas Escolas Rurais. A través dun enfoque pedagóxico e contextual, estúdanse as particularidades do medio rural e a súa influencia no ámbito educativo. Examínase como a escola rural, a miúdo infravalorada, ofrece numerosas oportunidades de aprendizaxe grazas á contorna natural e o seu carácter comunitario e social. O traballo recolle tanto as vantaxes como as limitacións que presenta a Educación Física nestes centros, prestando especial atención á figura do docente e á formación que necesita para responder as demandas deste contexto. Desde una perspectiva positiva, propóñense ideas e recomendacións pensadas para mellorar a calidade do ensino, baseadas nas necesidades e no aproveitamento da contorna.

Importancia da conciencia fonolóxica para o desenvolvemento da lectoescritura en Educación Infantil: unha proposta de intervención
Autoría
Y.L.L.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Y.L.L.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
24.06.2025 17:30
24.06.2025 17:30
Resumo
O desenvolvemento da lectoescritura, a pesar de ser un contido característico da etapa de Educación Primaria, senta as súas bases na Educación Infantil, polo que resulta de grande notoriedade abordalo dende idades temperás. Un dos seus grandes indicadores é a conciencia fonolóxica. En consecuencia, o profesorado debe ter os coñecementos suficientes para intervir sobre esta habilidade e axudar ao seu alumnado a desenvolvela satisfactoriamente. Deste xeito, preséntase unha proposta de intervención caracterizada polo seu enfoque lúdico e cuxo obxectivo principal é o desenvolvemento óptimo desta habilidade metalingüística e da correspondencia fonema grafema para axudar aos nenos e nenas na adquisición da lectoescritura.

FANDIÑO PASCUAL, RICARDO (Titoría)
FANDIÑO PASCUAL, RICARDO (Titoría)
Tribunal
FANDIÑO PASCUAL, RICARDO (Titor do alumno)

A intervención fonoarticulatoria no trastorno fonolóxico: unha proposta de traballo para Educación Primaria
Autoría
Y.L.L.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Y.L.L.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
09.07.2025 16:00
09.07.2025 16:00
Resumo
O trastorno fonolóxico, tamén coñecido como dislalia funcional, é unha realidade presente nas aulas de Educación Primaria que afecta ao desenvolvemento lingüístico do alumnado, supoñendo un dos trastornos da comunicación cunha incidencia máis elevada e podendo xerar problemas de autoestima afectando, consecuentemente, á interacción con outras persoas. Por iso, resulta crucial manter unha observación atenta e sistemática do alumnado e aplicar as probas necesarias co fin de levar a cabo unha detección e intervención temperás, que evidenciaron unha maior eficacia. A sintomatoloxía asociada permite describir diversos erros articulatorios, entre os que se atopan a omisión, substitución, distorsión e inserción de fonemas. Estas dificultades na produción dos sons da fala non se relacionan con factores de orixe orgánica ou neurolóxica, senón con causas funcionais. Polo tanto, cobra gran importancia a intervención, por unha parte, sobre as bases funcionais da articulación e, por outra, sobre a articulación dos fonemas nos que o suxeito presente dificultades. Como resultado, deseñouse unha proposta de intervención sobre un caso concreto fundamentada no método fonolóxico, que permite abordar os aspectos mencionados. Así mesmo, as actividades enfócanse dende un punto de vista lúdico e participativo, buscando que o alumno se atope motivado para superar os erros articulatorios que presenta.

Enredando idades: programa interxeracional no eido da Educación Primaria a través das TIC
Autoría
I.L.O.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
I.L.O.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
09.07.2025 11:00
09.07.2025 11:00
Resumo
Na actualidade, son escasas as oportunidades que se brindan para a promoción da relación entre xeracións nunha sociedade dixital onde cada vez están máis distantes. Ao mesmo tempo, a escola constitúe o escenario idóneo para loitar contra esta fenda xeracional a través da educación. Por estas razóns, deseñouse un programa de educación interxeracional no que a infancia se relaciona coa adolescencia e coa terceira idade a través das novas tecnoloxías. Dirixido ao 5º curso de Educación Primaria, pretende contribuír a desterrar estereotipos e crear vínculos afectivos entre estas xeracións mediante un proceso de ensino aprendizaxe activo, lúdico e inclusivo ao redor da alfabetización dixital e a ciberprotección. A análise hipotética dos resultados en relación con iniciativas precedentes, apunta á súa efectividade, avogando pola formación integral do alumnado a partir do intercambio de saberes entre xeracións e a toma de conciencia do valor de cada unha delas. Así, constatouse o potencial da educación interxeracional para a construción dunha sociedade preparada para afrontar a transformación dixital e a desagregación social do século XXI.

A situación da lingua galega nas aulas de Educación Primaria.
Autoría
Z.L.O.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Z.L.O.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
26.06.2025 10:00
26.06.2025 10:00
Resumo
A situación da lingua galega e a súa presenza dentro dos distintos ámbitos foi mudando co paso dos anos. O contexto sociolingüístico está marcado por unha perda de falantes nas últimas décadas debido a que a visión da poboación cara a lingua mudou. Algunhas das causas deste proceso de desgaleguización que sofre a lingua son: o éxodo do rural o urbano, o auxe dos medios de comunicación, as políticas lingüísticas en constante cambio, os prexuízos lingüísticos e o proceso de escolarización. As novas xeracións móstranse máis alleas a dita situación, cambiando o galego a prol do castelán e deixando o uso desta lingua só para as áreas de ensino nas que sexa necesario. Neste Traballo de Fin de Grao deseñarase unha proposta didáctica dentro da área de Lingua e Literatura galega co obxectivo de promover e fomentar o coñecemento e uso da lingua entre o alumnado de Educación Primaria.

A influencia da actividade física na aula sobre o benestar e o rendemento académico
Autoría
M.A.L.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
M.A.L.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
19.06.2025 09:30
19.06.2025 09:30
Resumo
O obxectivo principal deste Traballo de Fin de Grao foi analizar a influencia da actividade física, concretamente mediante cuñas motrices, na motivación, o desfrute e, potencialmente, o rendemento académico de 4º de Educación Primaria. A investigación desenvolveuse no CEIP Veleiro Docampo (Lugo) cunha mostra de 17 estudantes (9 nenas e 8 nenos) de entre 9 e 10 anos. Aplicouse un deseño experimental con tres instrumentos: Unha enquisa inicial de motivación cara a actividade física (CMEF:EP), a observación da implementación de cuñas motrices e unha enquisa final sobre o desfrute baseado en escala PACES. As cuñas motrices foron variadas, engadindo xogos como o semáforo, come-cocos os circuitos de imitación animal, con diferente grado de aceptación por parte do alumnado. Os resultados mostraron que a maioría do alumnado presentaba unha motivación intrínseca elevada orientada cara actividade física e experimentaron un desfrute xeneralizado durante a intervención, especialmente cas actividades lúdicas e dinámicas. Sen embargo, o traballo non mediu de forma efectiva o rendemento académico nin comparou suficientemente os niveles de motivación antes e despois da intervención. A conclusión principal é que as cuñas motrices melloran o clima de aula, a actitude do alumnado e a súa disposición cara á aprendizaxe. Non obstante, é necesario destacar que se necesitaría unha mostra máis ampla, unha intervención máis prolongada e unha formación académica máis sólida. Isto sería necesario para extraer conclusións xeneralizables sobre o seu impacto no rendemento académico.

Fomento do inglés no alumnado de Educación Infantil que vive nunha sociedade que sinte rexeitamento polo idioma
Autoría
A.E.L.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
A.E.L.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
08.07.2025 16:00
08.07.2025 16:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo analizar as causas do rexeitamento cara á aprendizaxe do inglés por parte da poboación española, así como propoñer recursos que fomenten a súa adquisición na etapa de Educación Infantil. A investigación baséase nunha análise bibliográfica realizada a partir de artigos, capítulos de libros e informes mediante Google Académico. Os resultados indican que as razóns máis relevantes son os conflitos históricos entre España e Inglaterra, a actitude dalgúns docentes durante o proceso educativo, a implicación insuficiente na súa formación, os prexuízos e as dificultades de comprensión .Entre os recursos lúdicos que se poden implementar destacan os xogos, as marionetas, as cancións e as tarxetas ilustrativas, que axudan a crear un ambiente cómodo e propicio para a aprendizaxe. Finalmente, conclúese que é necesario mellorar a formación do profesorado nas TIC, prestar máis atención ás actitudes cara ao alumnado, implementar propostas innovadoras e superar os prexuízos existentes.

Anderson McGuire, JoDee (Titoría)
Anderson McGuire, JoDee (Titoría)
Tribunal
Anderson McGuire, JoDee (Titor do alumno)

A Ensinanza Interdisciplinar aplicada á Educación Física: unha proposta de innovación educativa
Autoría
L.L.O.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
L.L.O.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
09.07.2025 16:00
09.07.2025 16:00
Resumo
A consideración establecida sobre a área de Educación Física foi cambiando co avance social e educativo dos últimos anos, adquirindo cada vez máis relevancia dentro da educación formal, grazas aos múltiples beneficios que a súa natureza proporciona á aprendizaxe e ao desenvolvemento estudantil. Paralelamente aos avances da área, o ámbito educativo foi prescindindo dos enfoques tradicionais coa intención de promover unha educación activa e significativa, de aí a importancia da interdisciplinariedade como un dos seus principios básicos. Todos os seus beneficios para a aprendizaxe de conceptos variados, a cooperación e a xeración de situacións memorables é transferible á Educación Física en relación con outras áreas. Coa intención de aplicar e maximizar as potencialidades desta relación, deseñouse unha proposta interdisciplinar para o alumnado de quinto de Educación Primaria dende a que mergullarse na vinculación de áreas como Ciencias Sociais, Matemáticas e Educación Física, para lograr unha aprendizaxe globalizada, competencial e diversa.

NAVARRO PATON, RUBEN (Presidente/a)
LÓPEZ CARRETERO, LAURA (Secretario/a)
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Vogal)
NAVARRO PATON, RUBEN (Presidente/a)
LÓPEZ CARRETERO, LAURA (Secretario/a)
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Vogal)
Educar na morte na etapa de infantil: deseño dunha proposta didáctica a partir da literatura infantil e da pedagoxía da morte
Autoría
L.L.O.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
L.L.O.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
07.07.2025 17:00
07.07.2025 17:00
Resumo
O canon literario da Literatura Infantil e Xuvenil (LIX) viuse involucrado nun proceso de cambio e evolución paulatina acorde ás necesidades e intereses sociais. A reticencia á cal o tema da morte se enfrontou en anos previos segue a afectar ás perspectivas sociais e educativas actuais, onde o loito e as perdas de persoas continúan a ser un tabú aínda que haxa avances na súa superación. O simbolismo das obras da LIX e a organización de contidos na súa representación contribúen a naturalizar o tema da morte entre a infancia. A revisión de fontes bibliográficas variadas coloca á Pedagoxía da Morte como estratexia de aproximación especialmente axeitada, dende a que se presentan técnicas, finalidades e estratexias que benefician a comprensión e desmitificación do concepto que tanta contrariedade tivo que soportar. A partir destas referencias, este Traballo de Fin de Grao presenta unha proposta educativa para traballar a morte na etapa de Educación Infantil a partir da LIX. Mediante a utilización consciente de recursos literarios, técnicas e metodoloxías diversas, promóvese a comprensión, naturalización e desenvolvemento de competencias emocionais que permitan a superación dos loitos e o entendemento dos procesos persoais desenvoltos a raíz deste na primeira infancia.

MARTINEZ TEJERO, CRISTINA (Titoría)
MARTINEZ TEJERO, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
IGLESIAS FORNEIRO, MARIA LINA (Presidente/a)
FANDIÑO PASCUAL, RICARDO (Secretario/a)
LOPEZ CASTRO, LETICIA (Vogal)

Raíces e Brotes Construíndo Pontes: unha proposta educativa interxeracional para o alumnado de Educación Primaria
Autoría
C.M.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
C.M.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
27.06.2025 09:00
27.06.2025 09:00
Resumo
A sociedade actual está atravesando importantes cambios demográficos, entre os cales destaca o progresivo envellecemento da poboación. Este fenómeno, presente en moitos lugares do mundo, é especialmente evidente en Galicia, onde o número de persoas maiores supera cada vez máis ao da poboación máis nova. Isto dá lugar a unha realidade social na que conviven xeracións moi diversas en idade, o que se pode interpretar como unha oportunidade para fomentar a interacción e o intercambio de experiencias entre elas. Neste contexto, a aprendizaxe interxeracional preséntase como unha ferramenta clave para favorecer a transmisión de saberes e valores, a cohesión social e a valoración das diferentes etapas vitais. Galicia ofrece un escenario especialmente adecuado para desenvolver programas interxeracionais que favorezan este proceso bidireccional mediante o achegamento entre nenos/as, mozos/as e persoas maiores. Deste xeito, rómpense estereotipos e promóvese unha convivencia enriquecedora para todos e todas. A conciencia desta realidade, xunto coa vontade de contribuír á construción dunha sociedade máis cohesionada e de aproveitar o potencial educativo destas interaccións, é o que motiva o deseño dunha proposta educativa baseada na aprendizaxe interxeracional, na que se busca lograr unha aprendizaxe significativa para ambas partes. Con “Raíces e Brotes Construíndo Pontes” preténdese crear espazos de encontro entre xeracións que favorezan a aprendizaxe compartida e a construción de vínculos afectivos, mediante o desenvolvemento dun programa interxeracional. Esta proposta busca fomentar unha educación humana, integradora e contextualizada, conectada coa realidade social contemporánea, que constrúa pontes entre os diferentes contextos vitais.

Mouriz Corbelle, Romina (Titor do alumno)

O desenvolvemento emocional na infancia a través de contos ilustrados e metodoloxías activas
Autoría
N.M.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
N.M.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
07.07.2025 16:00
07.07.2025 16:00
Resumo
As emocións son un elemento presente ao longo de todo o proceso evolutivo das crianzas e inflúen enormemente no seu desenvolvemento. Da necesidade de ofrecerlles aos nenos e nenas as ferramentas, estratexias e competencias necesarias para o coñecemento, identificación, expresión e xestión das súas emocións, nace a disciplina da educación emocional, eixe vertebrador do presente TFG. Se o obxectivo primordial é integrar a educación das emocións nos distintos ámbitos da vida escolar da infancia, escoller recursos próximos ao alumnado que sirvan como elemento motivador non debe quedar nun segundo plano. Deste requisito nace a elección dos contos ilustrados ou libros-álbum como material para o traballo dos estados emocionais, non só por ser unha clara fonte de pracer e lecer para as crianzas, senón tamén polo enorme potencial que supoñen nas aulas. Para levar a cabo unha correcta fusión conto-emoción con tarefas e actividades enriquecedoras tómanse como referencia as metodoloxías activas da educación, que axudan a facer do proceso de ensino-aprendizaxe unha experiencia lúdica, atractiva e vistosa sen esquecer o carácter didáctico. O núcleo deste TFG é a creación dunha Proposta Didáctica titulada Emocións a bordo! na que por medio de catro contos ilustrados trato de mergullar o alumnado nunha viaxe na que coñecerán a tristeza, o medo, o enfado e a ledicia dende a expresión corporal, plástica, artística, musical, literaria, oral e escrita.

As emocións na aula mediante a literatura infantil galega e metodoloxías activas
Autoría
N.M.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
N.M.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
09.07.2025 11:00
09.07.2025 11:00
Resumo
A educación emocional nace da necesidade de dotar ao alumnado de ferramentas, recursos e destrezas para coñecer, identificar, xestionar e expresar os distintos estados emocionais que experimentarán a medida que medran. A función que este ámbito exerce no proceso de ensino-aprendizaxe dos nenos/as, fai que se sitúe como o eixe principal do presente TFG. A importancia da educación das emocións na vida escolar e a necesidade de ofrecer recursos motivadores, próximos e atractivos leváronme a escoller a literatura infantil galega (máis concretamente os contos ilustrados ou libros-álbum) como material base para o traballo dos estados emocionais. Ademais, o propósito de desenvolver tarefas e actividades onde o alumno/a sexa o protagonista e goce do proceso de aprendizaxe favorece o emprego das metodoloxías activas, que enriquecen enormemente este transcurso. O núcleo deste TFG é a creación dunha Proposta Didáctica titulada Emocións e contos: Escape Room literario na que por medio de catro contos ilustrados trato de mergullar o alumnado nunha Proposta na que coñecerán a tristeza, o medo, o enfado e a ledicia co traballo da lingua galega e a gamificación.

Enríquez Martínez, Iván (Presidente/a)
GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO (Secretario/a)
CALDEIRO PEDREIRA, Mª CARMEN (Vogal)

Imaxinando un museo. Obradoiros creativos en Educación Infantil
Autoría
S.L.M.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
S.L.M.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
18.06.2025 10:30
18.06.2025 10:30
Resumo
Este Traballo Fin de Grao (FDP) ten como temática 'Imaxinando un museo: Obradoiros creativos en Educación Infantil'. Desenvólvese mediante a metodoloxía IBA (Investigación baseada na arte) proposta por Eisner, quen defende que a arte pode ser un xeito de investigar e comprender a experiencia humana na educación e na sociedade. Co obxectivo de incidir no proceso creativo na infancia a través da observación, a experimentación, a autonomía, que favorece a imaxinación, con materiais e técnicas diversas, ademais da ampliación de referencias artísticas como: Bruno Munari, Reggio Emilia, Ricardo Dalessi e Victor D'Amico a través de obradoiros de: esculturas de barro, mural colectivo con carbón, frottage creativo con grafito, tecidos co la, tecidos que crean tecidos, esculturas humanas con teas, tintas e auga: o que nos queren contar as tintas, buscando figuras en papel rasgado. Estes obradoiros permiten a formulación de hipóteses, o ensaio e erro, a investigación, o desenvolvemento, o descubrimento, a análise, a observación, a elaboración, a creación e a experimentación, todo iso sen buscar un só resultado, co fin de lograr un aprendizaxe significativa para o neno. Imaxinar un Museo propón a posta en marcha dunha metodoloxía continua, co obxectivo de crear un foco nos procesos creativos dos nenos, non sobre técnicas illadas ou ocasionais. E apostar por mellorar a educación infantil dende o primeiro momento.

Forest Schools: Unha revisión bibliográfica da literatura científica en Scopus
Autoría
P.M.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
P.M.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
08.07.2025 12:00
08.07.2025 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao do Grao en Mestre de Educación Primaria Da Universidade de Santiago de Compostela ten como fin a realización dunha revisión sistemática (scoping review), sobre o estado da cuestión do modelo pedagóxico Forest Schools na primeira infancia, para isto utilizouse a base de datos Scopus. Ademais, á hora de realizar este análise e garantir uns resultados fiables, utilizouse o método SALSA, que pauta unha maneira rigorosa de proceder, na búsquea, avaliación, síntese e análise da información obtida na plataforma. Mediante unha serie de obxectivos marcados, fóronse sacando unha serie de conclusións que marcan as tendencias de estudo sobre o estado da cuestión das Forest Schools na primeira infancia. Os resultados da revisión amosan un aumento significativo no numero de publicacións sobre o tema ao longo dos anos, sobre todo en países como Australia e Inglaterra, o que fai entrever un crecente interese por este modelo educativo dado o seu carácter pedagóxico, centrado na exploración autónoma do alumno e na conciencia medioambiental do mesmo, convértese nun modelo moi interesante, dada a crise climática que atravesa o planeta.

Simular para comunicar: speaking a través do Role-play
Autoría
A.M.E.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.M.E.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
19.06.2025 11:00
19.06.2025 11:00
Resumo
Este traballo de Fin de Grao ten como obxectivo demostrar que, a través de metodoloxías activas como o role-play, se pode favorecer o desenvolvemento da expresión oral na lingua inglesa. Para iso, analízanse as diferentes causas que dificultan unha expresión oral eficaz, así como os diversos compoñentes que a integran. Ademais, explícanse os beneficios de empregar o role-play como ferramenta didáctica, o que permite deseñar finalmente unha proposta de intervención didáctica. Esta proposta, dirixida ao alumnado de 5º de Educación Primaria, está composta por unha serie de actividades baseadas na improvisación. Por último, preséntanse os resultados e as conclusións obtidas.

A música e o baile tradicionais nas aulas de educación primaria
Autoría
M.M.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
M.M.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
26.06.2025 13:30
26.06.2025 13:30
Resumo
No presente traballo trata de establecerse a situación actual do baile e a música tradicionais nas escolas de educación primaria, revisando en primeiro lugar a literatura existente sobre a materia e, tamén, a normativa educativa. En principio, dado que o modo de difusión da tradición oral, é a transmisión de saberes de xeración en xeración, non sería preciso implantar estes contidos na escola, mais o cambio da sociedade galega durante o século XX, fixo practicamente obrigatorio a necesidade de introducilos nas aulas para asegurar e preservar no tempo o patrimonio inmaterial e cultural de Galicia. Porén, na segunda parte deste documento preséntanse unha serie de materiais clasificados co fin de facilitar ao profesorado a posta en práctica de tarefas que impliquen a música e o baile tradicionais de Galicia dentro das aulas de Educación Primaria.

Razóns de práctica, non práctica e nunca ter practicado actividades físicas e deportivas no alumnado de Educación Primaria.
Autoría
N.M.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
N.M.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
18.06.2025 12:00
18.06.2025 12:00
Resumo
A práctica de actividades físicas e deportivas reporta beneficios significativos para os humanos, mellorando a súa saúde física e mental. Polo tanto, é de grande interese establecer estes hábitos desde unha idade temperá para que os nenos as integren nos seus estilos de vida dun xeito continuo e significativo. Este estudo investiga as razóns para practicar, non practicar e nunca practicar AFD entre nenos de 6 a 12 anos. Todo isto realizouse cunha mostra de 280 estudantes de dous centros educativos diferentes situados na cidade de Lugo. Tamén se analizou a importancia ou influencia dos factores de idade e xénero nos diferentes motivos, o que permitiu extraer relacións e conclusións máis contextualizadas e amplas. Os resultados do estudo amosan que o principal motivo para realizar actividades físicas e deportivas está relacionado coa diversión e o gozo (83%) tanto en nenos como en nenas, mentres que para non realizar e nunca ter practicado este tipo de actividades, o principal motivo coincide coa falta de tempo. Conclúese que as principais razóns para practicar, non practicar e nunca ter practicado actividades físicas e deportivas dependen principalmente da visión e da importancia que os nenos e nenas atribúen ao deporte e á actividade física. Esta visión constrúese a través da experiencia co deporte e foméntase a través de actores clave como a familia e a escola.

A educación rural: identidade profesional e transformación educativa dende unha mirada narrativa na comarca de Santiago de Compostela.
Autoría
L.N.B.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
L.N.B.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
07.07.2025 18:00
07.07.2025 18:00
Resumo
A escola rural, invisibilizada e silenciada durante tanto tempo, pasou por numerosas transformacións condicionadas por cambios sociais, políticos e educativos. A súa documentación, análise e reflexión crítica permítenos coñecer o pasado e entender o presente desta, recoñecendo avances significativos e grandes perdas que se foron dando ao longo dos anos. Nesta liña, o seguinte traballo pretende estudar a evolución da educación rural nos arredores de Santiago de Compostela a través das historias de vida de mestras e mestres que exerceron ou continúan exercendo a docencia nestes lugares, procurando así preservar a memoria educativa, poñer en valor o labor docente e explorar o impacto da súa figura na comunidade. Para iso, lévanse a cabo cinco entrevistas semiestruturadas nas que se abordan cuestións como as motivacións e referentes iniciais do profesorado, a súa formación e traxectoria profesional, as condición e recursos das escolas que foron percorrendo, o desenvolvemento das metodoloxías docentes, as relacións entre profesorado, alumnado, familias e contorna na aula e fóra dela que tanto marcaron a estas escolas, a reflexión sobre a existencia dunha identidade docente rural e o estudo desde una perspectiva crítica da evolución histórica da educación rural, coa intención de que as súas voces e a nosa historia non queden no esquecemento.

Importancia do feedback en Educación Física na etapa de Educación Primaria: revisión da literatura
Autoría
L.N.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
L.N.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
26.06.2025 19:30
26.06.2025 19:30
Resumo
O feedback ou retroalimentación é un elemento fundamental no proceso de ensino-aprendizaxe. A pesar de que sempre formou parte da práctica educativa, os estudos relacionados propiamente con este concepto comezáronse a realizar de modo relativamente recente. Como resultado, certas investigacións afirman que o seu potencial e beneficios como ferramenta educativa seguen sendo descoñecidos por unha gran parte do profesorado en formación. Tras unha profunda revisión e consulta en diferentes plataformas dixitais, abórdase no presente documento a influencia do feedback no ámbito educativo, concretamente na área de Educación Física, na etapa de Educación Primaria. Ponse en manifesto a súa relevancia a través da conexión intrínseca que presenta con diversos procesos mentais involucrados na práctica educativa e motriz. Ademais, menciónanse ferramentas para o seu uso e emprego na aula, co fin de mellorar a práctica docente, así como favorecer a formación integral e benestar do alumnado.

Estilos de vida saudables. Alimentación e exercicio físico na Educación Primaria
Autoría
M.N.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
M.N.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
21.02.2025 10:15
21.02.2025 10:15
Resumo
Na actualidade o incremento da obesidade na educación primaria estase a ver afectado por dous factores importantes como son, a mala alimentación ou os malos hábitos e a falta de actividade física entendida como calquera movemento do corpo producido polos músculos esqueléticos que conleva un gasto enerxético por encima do nivel de repouso. Este aumento podémolo observar mediante diferentes estudos que organizan toda a información recollida nestas idades como pode ser o Informe Aladino 2019. A través deste estudo, neste documento, veremos a importancia dunha boa alimentación e da actividade física para lograr así un bo estado de saúde e diminuír os efectos negativos dunha mala alimentación e dunha pobre práctica deportiva na vida dos nenos e nenas, para así tratar de levar a cabo unha proposta de mellora para o futuro.

Nais “influencers” e a transmisión de pautas de crianza a través das redes sociais TikTok e Instagram.
Autoría
A.N.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
A.N.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
20.06.2025 16:45
20.06.2025 16:45
Resumo
As redes sociais (RRSS) están cada vez máis presentes no noso día a día e poden implicar tanto beneficios como prexuízos. Os consellos e opinións sobre a crianza infantil que se reciben e que se poden chegar a reproducir tras a súa visualización nas RRSS poden non ser beneficiosos, é por iso que no presente traballo se analizou o contido das mensaxes sobre a crianza que trasladan ao público, maioritariamente feminino, unha selección de nais “influencers”. Pretendeuse comprobar ata que punto esas mensaxes, ideas e consellos están fundamentados cientificamente. Os resultados obtidos indican que, da selección de nais “influencers”, dúas delas seguen métodos e correntes de crianza baseadas na evidencia científica, mentres que as outras dúas non o fan de forma habitual. Desde a perspectiva dunha futura docente, esta investigación resulta especialmente relevante, dado o impacto crecente das RRSS e das “influencers” na sociedade actual, e a súa posible influencia no comportamento e desenvolvemento do futuro alumnado.

Debuxar unha historia: unha proposta interdisciplinar de debuxo e aprendizaxe de competencias comunicativas nunha lingua estranxeira coa infancia
Autoría
H.N.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
H.N.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao presenta unha proposta didáctica interdisciplinar centrada na creación de álbums ilustrados como ferramenta para fomentar o desenvolvemento de competencias comunicativas en lingua estranxeira, concretamente o inglés, en alumnado de Educación Primaria. Partindo dun enfoque baseado na narrativa e o debuxo, deseñáronse unha serie de talleres prácticos nos que os estudantes elaboraron historias ilustradas a partir de lendas da mitoloxía galega. Con este TFG búscase a transmisión da cultura galega nun idioma estranxeiro para poder expandir este cultura fóra dos límites da nosa Comunidade Autónoma. A través de actividades secuenciadas, o alumnado investigou, redactou e traduciu os relatos, desenvolveu técnicas artísticas diversas e colaborou na produción de álbums ilustrados. Esta experiencia integrou contidos curriculares de lingua, plástica e identidade cultural, fomentando á súa vez a creatividade, o traballo en equipo e o respecto pola diversidade lingüística. Os resultados reflicten un alto nivel de implicación por parte do alumnado, así como unha mellora na expresión escrita e oral en lingua estranxeira. Conclúese que a interdisciplinariedade entre arte e lingua son unha estratexia eficaz para o ensino de idiomas e a educación intercultural.

Influíu a COVID-19 no desenvolvemento social das crianzas?
Autoría
L.O.I.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
L.O.I.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
27.06.2025 10:30
27.06.2025 10:30
Resumo
O principal obxectivo deste Traballo de Fin de Grao (TFG) é indagar se a COVID-19 influíu nas crianzas do segundo ciclo de Educación Infantil, é dicir, de 3 a 6 anos de idade. Para tal fin, realizouse unha enquisa ao profesorado desta mesma etapa cunha unha traxectoria laboral mínima e ininterrompida de cinco anos previos á pandemia. En base aos datos obtidos, descubriuse que este virus afectou realmente ao desenvolvemento social das nenas e nenos, así como outros aspectos que se manifestaron ao longo da investigación.
O principal obxectivo deste Traballo de Fin de Grao (TFG) é indagar se a COVID-19 influíu nas crianzas do segundo ciclo de Educación Infantil, é dicir, de 3 a 6 anos de idade. Para tal fin, realizouse unha enquisa ao profesorado desta mesma etapa cunha unha traxectoria laboral mínima e ininterrompida de cinco anos previos á pandemia. En base aos datos obtidos, descubriuse que este virus afectou realmente ao desenvolvemento social das nenas e nenos, así como outros aspectos que se manifestaron ao longo da investigación.
Dirección
Moure Rodríguez, Lucía (Titoría)
Moure Rodríguez, Lucía (Titoría)
Tribunal
Moure Rodríguez, Lucía (Titor do alumno)
Moure Rodríguez, Lucía (Titor do alumno)
A neuroeducación como fundamento para o deseño dunha proposta de intervención nos procesos neuropsicolóxicos do Trastorno do Espectro Autista (TEA)
Autoría
I.O.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
I.O.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
07.07.2025 10:00
07.07.2025 10:00
Resumo
O Trastorno do Espectro Autista (TEA) é un trastorno do neurodesenvolvemento que presenta unha prevalencia cada vez maior entre a poboación infantil e caracterízase por alteracións persistentes na cognición e na comunicación social, así como pola presenza de patróns restritivos e repetitivos de comportamento. Aínda que esta definición permite establecer uns criterios diagnósticos nucleares para a súa identificación, non consegue reflectir a complexidade e heteroxeneidade do trastorno. En consecuencia, non recolle de forma explícita as alteracións cognitivas que tamén afectan de xeito significativo ao desenvolvemento da vida diaria dos individuos afectados, especialmente aqueles procesos neuropsicolóxicos relacionados co desenvolvemento cognitivo e coas funcións executivas. Tendo en conta esta realidade, o presente informe aborda o TEA desde unha perspectiva teórica, co obxectivo de analizar o perfil cognitivo asociado ao trastorno e establecer pautas para o deseño axeitado dunha intervención psicoeducativa nos procesos neuropsicolóxicos de atención, percepción e memoria, desde unha perspectiva fundamentada nas achegas da neuroeducación. Así mesmo, o informe culmina co deseño dunha proposta psicoeducativa adaptada ás características psicoevolutivas dun neno de cinco anos. Dita proposta inclúe unha metodoloxía de traballo estruturada, a formulación de obxectivos, o deseño de actividades, así como unha avaliación do alumno e unha valoración da eficacia da intervención proposta.

“Efectos dunha situación de aprendizaxe en educación física sobre os hábitos saudables en alumnado de Educación Primaria.”
Autoría
D.P.N.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
D.P.N.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
18.06.2025 11:00
18.06.2025 11:00
Resumo
A obesidade infantil é un dos problemas máis importantes da infancia na actualidade, polo que resulta fundamental fomentar hábitos saudables desde idades temperás. Este traballo ten como obxectivo coñecer os hábitos de alimentación e actividade física do alumnado de 3º curso de Educación Primaria do CEIP Nº1 de Melide, así como avaliar a eficacia dunha intervención didáctica para melloralos. A mostra estivo composta por 18 alumnos e alumnas (11 nenos e 7 nenas), aos que se lles aplicou un cuestionario inicial formado por 27 ítems, elaborado especificamente para este estudo. A partir da análise dos datos obtidos, deseñouse e implementouse unha Unidade Didáctica centrada na promoción dunha alimentación equilibrada e da práctica regular de actividade física, mediante propostas lúdicas e contextualizadas. Os resultados mostraron unha mellora significativa nos hábitos saudables do alumnado tras a intervención. En concreto, o número de alumnos e alumnas con hábitos saudables adecuados pasou de 4 (22,22% da clase) a 10 (55,56%), o que supón un incremento notable da porcentaxe de nenos e nenas que adoptan comportamentos beneficiosos para a súa saúde. En conclusión, este estudo pon de manifesto o potencial da escola como espazo privilexiado para a educación para a saúde, así como a eficacia das intervencións didácticas ben planificadas na mellora dos hábitos de vida do alumnado de Educación Primaria.

Proposta de intervención de mellora das Habilidades Motrices Básicas e Específicas na etapa de Educación Primaria.
Autoría
L.A.P.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
L.A.P.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
30.06.2025 11:30
30.06.2025 11:30
Resumo
Neste traballo buscamos a realización dunha análise acerca das habilidades motrices básicas e específicas dentro duns ambientes de aprendizaxe para, posteriormente, deseñar unha Unidade Didáctica que interveña nos parámetros concretos para observar a melloría despois de impartila. Partimos desde o punto basee das habilidades motrices, coñecendo a súa definición achegada pola gran cantidade de autores que tratan este tema en cuestión, a súa clasificación e como se atopa nos termos de educación que nos rexen. Analizaremos a importancia que teñen as habilidades motrices no desenvolvemento dos seres humanos (e do alumnado neste caso) tanto para a vida cotiá como para a vida educativa. Finalmente, realizarase un estudo case- experimental con posterior intervención a través dunha Unidade Didáctica de mellora para o alumnado de 6º de Educación Primaria, que englobe os aspectos tratados anteriormente.

Detección e prevención do trastorno de conducta na aula de Educación Infantil: un estudo transversal
Autoría
A.D.P.L.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
A.D.P.L.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
07.07.2025 11:00
07.07.2025 11:00
Resumo
O trastorno de conducta é unha das patoloxías con maior incidencia na poboación infantil, influíndo de maneira determinante na vida da persoa afectada e nos distintos ámbitos da mesma. Estes ámbitos poden actuar como factores de risco ou factores protectores para o desenvolvemento deste trastorno, o que está determinado polas actuacións que se leven a cabo. Entre eles, un dos máis relevantes é o centro escolar e, en consecuencia, os profesionais da educación, que manteñen un contacto ocasional co alumnado que presenta esta patoloxía. En consecuencia, o profesorado, xunto coa familia, desempeña un papel chave tanto na prevención como na intervención temperá do trastorno de conducta. O presente Traballo de Fin de Grao ten como finalidade analizar os coñecementos, a formación e as experiencias do profesorado de Educación Infantil en relación cos trastornos de conducta e o seu tratamento. Para acadalo, lévase a cabo un estudo transversal que inclúe un cuestionario dirixido ao corpo docente da Comunidade Autónoma de Galicia con experiencia na etapa de Educación Infantil, así como unha revisión bibliográfica na que se recompila información sobre este trastorno e o seu tratamento. No referente á investigación realizada mediante a enquisa, a mostra amosa certas carencias no coñecemento do trastorno de conducta e nas técnicas de modificación destes comportamentos. A maiores, identifícanse dificultades para o tratamento do alumnado con esta patoloxía, complicacións que o propio profesorado atribúe á falta de formación específica.

A Resolución de Problemas como eixo vertebrador no desenvolvemento do Pensamento Computacional e na aprendizaxe da Robótica Educativa en Educación Primaria
Autoría
A.D.P.L.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
A.D.P.L.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
09.07.2025 10:00
09.07.2025 10:00
Resumo
Dado que resulta imprescindible desenvolver habilidades asociadas ao Pensamento Computacional (PC), á Resolución de Problemas (RP) e á Robótica Educativa (RE) para favorecer unha adaptación axeitada ás necesidades da sociedade actual, faise necesaria unha educación que responda a estas novas demandas. En consecuencia, diversas investigacións formulan recomendacións sobre como integrar estas competencias de maneira efectiva na práctica educativa. A pesar disto, as propostas existentes son escasas e, na súa maioría, presentan enfoques que dificultan o desenvolvemento adecuado destas habilidades. Por este motivo, para levar a cabo unha implementación axeitada, resulta fundamental estudar en profundidade os conceptos que a sustentan e atender ás achegas dos diferentes autores e autoras. O presente Traballo de Fin de Grao ten como finalidade deseñar e poñer en práctica unha proposta fundamentada que permita reflexionar sobre o emprego da Resolución de Problemas, como guía para desenvolver coñecementos e habilidades relativos ao Pensamento Computacional e á Robótica Educativa. Para acadar este obxectivo, lévase a cabo un estudo experimental que inclúe a implementación dunha proposta dirixida ao alumnado de 6º curso de Educación Primaria. Así mesmo, incorpórase unha revisión bibliográfica que sustenta o deseño desta intervención, composta por tres actividades cun fío condutor común: a simulación do comportamento de elementos robotizados presentes na vida cotiá, mediante o emprego do mBot 1. Ao longo da implementación xurdiron diversas dificultades derivadas de limitacións técnicas e do enfoque pedagóxico habitual da aula. Porén, puidéronse acadar os obxectivos establecidos en relación ao desenvolvemento das capacidades asociadas ao PC, RP e RE.

LOIS PRADOS, CRISTINA (Titoría)
LOIS PRADOS, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Presidente/a)
RIVEIRO RODRIGUEZ, TANIA (Secretario/a)
Rodríguez Vivero, Dolores (Vogal)

Música e movemento como recursos para o desenvolvemento da percepción rítmica a través dunha proposta didáctica “Que o ritmo no pare” no alumnado de Educación Infantil.
Autoría
L.P.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
L.P.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
01.07.2025 17:00
01.07.2025 17:00
Resumo
O presente traballo de Fin de Grado ten como finalidade deseñar unha intervención educativa centrada en mellorar a percepción rítmica do alumnado de Educación Infantil mediante dous conceptos clave: a música e o movemento. Desde un enfoque comprensivo, analízase a importancia do ritmo como elemento común a expresión musical e corporal, salientando o seu forte impacto no desenvolvemento físico, cognitivo e emocional dos nenos e nenas. A través dun marco teórico que recolle achegas dos pedagogos musicais como Dalcroze e Orff, así como fundamentos neuroeducativos e curriculares, argumentase a relevancia de traballar o ritmo desde a primeira infancia. A proposta didáctica elaborada para unha aula de 5 anos do CEIP Jorge Juan de Perlío inclúe oito actividades lúdicas e participativas, que combinan expresión e percusión corporal, uso de instrumentos musicais, expresión creativa e xogos rítmicos, co obxectivo de mellorar a coordinación, a conciencia corporal e a creatividade do alumnado. Aínda que a proposta finalmente non puido levarse a cabo por falta de tempo, a análise realizada confirma que incorporar o ritmo na aula mediante a música e o movemento representa unha estratexia educativa clave, con múltiples beneficios para un desenvolvemento integral do alumnado. Cómpre destacar a importancia de dar maior protagonismo a estas ferramentas na práctica docente, recoñecendo o seu potencial para enriquecer o proceso da aprendizaxe

Educación musical e perspectiva de xénero: un estudo exploratorio sobre a percepción do alumnado en Primaria
Autoría
L.P.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
L.P.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
09.07.2025 17:00
09.07.2025 17:00
Resumo
A educación musical confórmase a partir das transformacións sociais que implican un pensamento sobre a propia manifestación sonora e as súas repercusións na perspectiva de xénero dentro da expresión artística. Neste sentido, e fronte este novo paradigma social, resulta necesario comprender o modo en que se perciben estes procesos de transformación no ámbito escolar e de que maneira impactan no desenvolvemento educativo dos e as estudantes. O presente estudo ten como obxectivo principal describir o pensamento e a valoración do alumnado con relación á experiencia sonora desde a perspectiva de xénero. Para iso, procédese a realizar unha revisión bibliográfica do contexto sociocultural actual, así como a súa representación no deseño e organización escolar da área musical. Igualmente, o estudo exploratorio realizado desenvólvese a partir da perspectiva interpretativa e desde un enfoque metodolóxico cuantitativo. Por tanto, para a indagación e a análise das diferentes realidades sociais, desenvólvese e aplica un cuestionario como instrumento principal para a recollida de datos. Finalmente, e a partir dos datos obtidos, preténdese resaltar a importancia da educación artística como motor de cambio e axente democratizador da sociedade, así como contribuír, mediante a identificación de patróns, tendencias e posibles áreas de mellora a nivel educativo, á implementación da perspectiva de xénero nas aulas, non como un engadido, senón como un elemento transversal e imprescindible.

Proxecto de investigación sobre a luz e as sombras nunha aula de Educación Infantil
Autoría
L.P.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
L.P.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
07.07.2025 17:00
07.07.2025 17:00
Resumo
Este traballo recolle un proxecto de investigación educativa sobre a luz e as sombras, desenvolvido na aula de cinco anos dun colexio rural de Malpica de Bergantiños, o CEIP Milladoiro. As propostas, baseadas na metodoloxía da aprendizaxe por proxectos, deséñanse en función dos intereses e preguntas formuladas polo alumnado, promovendo a exploración, a experimentación e a reflexión colectivas. A luz abórdase como obxecto de estudo, pero tamén como medio de aprendizaxe e medio de expresión, facilitando que os nenos e nenas formulen hipóteses, observen relacións de causa-efecto e desenvolvan a súa creatividade. A metodoloxía fomenta a participación activa do alumnado e segue os principios do enfoque pedagóxico de Reggio Emilia. Ademais, o proxecto vincúlase co currículo de Galicia, integrando as competencias clave e favorecendo a conexión coa contorna natural próxima do alumnado. Esta proposta estrutúrase a partir das fases definidas na metodoloxía da aprendizaxe por proxectos, cuxo deseño se constrúe segundo as observacións e documentacións recollidas durante o proceso de investigación.

IGLESIAS FORNEIRO, MARIA LINA (Titoría)
IGLESIAS FORNEIRO, MARIA LINA (Titoría)
Tribunal
MECIAS CALVO, MARCOS (Presidente/a)
AGRAFOJO NIETO, MARIA HELENA (Secretario/a)
MARTINEZ QUINTANAR, MIGUEL ANGEL (Vogal)
MECIAS CALVO, MARCOS (Presidente/a)
AGRAFOJO NIETO, MARIA HELENA (Secretario/a)
MARTINEZ QUINTANAR, MIGUEL ANGEL (Vogal)
O Síndrome de Williams e a adquisición da linguaxe
Autoría
I.P.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
I.P.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
05.02.2025 11:00
05.02.2025 11:00
Resumo
No presente Traballo Fin de Grao (TFG) estudamos a historia e complexidade do Síndrome de Williams, que é un trastorno xenético raro do que se ven afectadas 1 de cada 20.000 personas, combinando habilidades lingüísticas coa discapacidade cognitiva. A través dunha revisión bibliográfica explórase a relación existente entre o Síndrome de Williams e a adquisición da linguaxe, destacando que as persoas con este síndrome, polo xeral, poseen un gran vocabulario, pero enfrontan problemas a nivel pragmático na comunicación e na comprensión. Para desenvolver estas habilidades diséñase un programa de intervención que inclúe actividades estruturadas coma xogos de rol e prácticas de conversación, de cara a mellorar a comprensión da linguaxe, uso desta e mellora da comunicación a nivel social, potenciando as súas habilidades innnatas.

Enríquez Martínez, Iván (Titoría)
Enríquez Martínez, Iván (Titoría)
Tribunal
Enríquez Martínez, Iván (Titor do alumno)

A coeducación a través do xogo e do xoguete.
Autoría
L.P.T.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
L.P.T.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
07.07.2025 10:00
07.07.2025 10:00
Resumo
O obxectivo deste proxecto é profundar na coeducación, analizando como se transmite na etapa de Educación Infantil mediante recursos concretos, os xogos e os xoguetes, co fin de educar en igualdade, sen estar condicionados/as por estereotipos e roles de xénero e sexo sexistas impostos pola sociedade. Para iso, indágase no concepto de coeduación, coñecendo a súa evolución, así como a análise de leis e plans educativos. Complétase cunha proposta práctica de actividades coeducativas nun centro escolar, dirixida ó alumnado de 3-6 anos, centrada no xogo e o xoguete, e finalízase coa presentación dos resultados obtidos tras a súa posta en práctica.

LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Titoría)
LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Titoría)
Tribunal
ARES VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
MARINO FERNANDEZ, ANA (Secretario/a)
MARTINEZ TEJERO, CRISTINA (Vogal)
ARES VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
MARINO FERNANDEZ, ANA (Secretario/a)
MARTINEZ TEJERO, CRISTINA (Vogal)
A educación moral na actualidade: reflexión teórica e proposta didáctica para Educación Primaria.
Autoría
L.P.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
L.P.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
23.06.2025 19:30
23.06.2025 19:30
Resumo
Este traballo analiza a importancia da educación moral no contexto escolar actual, destacando o seu papel na formación integral dos alumnos e alumnas. A través dunha revisión teórica abórdanse os principais enfoques filosóficos e pedagóxicos que fundamentan a educación en valores. O traballo expón tamén os desafíos que dificultan a súa presenza nos centros escolares, como a falta de formación docente, a escasa presenza no currículo ou a influencia do entorno social. Ademais proponse unha unidade didáctica baseada en metodoloxías activas e reflexivas. O obxectivo é ofrecer ferramentas para fomentar o pensamento crítico, a empatía e a responsabilidade. Deféndese que a educación moral debe ser un eixe transversal na escuela para construír unha sociedade máis xusta e consciente.

MARTINEZ QUINTANAR, MIGUEL ANGEL (Titoría)
MARTINEZ QUINTANAR, MIGUEL ANGEL (Titoría)
Tribunal
MARTINEZ QUINTANAR, MIGUEL ANGEL (Titor do alumno)

Evolución da educación primaria en España. Continuidades e rupturas desde 1939 até 2025.
Autoría
E.P.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
E.P.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
27.06.2025 19:00
27.06.2025 19:00
Resumo
O presente traballo aborda unha investigación das continuidades e rupturas na educación primaria española desde 1939 até 2025. Neste marco temporal, analízanse os principais cambios metodolóxicos, lexislativos, ideolóxicos e estruturais do sistema educativo. O obxectivo é identificar os factores que influíron na transformación da educación primaria en tres grandes períodos: o franquismo, a transición democrática e a hexemonía neoliberal. Para iso utilizouse unha metodoloxía de investigación documental con perspectiva histórico-crítica. Analizáronse fontes primarias e secundarias mediante unha lectura sistemática, comparación e categorización por etapas. Entre os principais resultados, destácase que o modelo educativo franquista caracterizouse polo seu autoritarismo, confesionalidade e centralización. A transición democrática introduciu cambios cara a un sistema máis participativo, laico e descentralizado, aínda que con herdanzas do pasado. A partir dos anos noventa, o avance do modelo neoliberal impuxo unha lóxica de mercado na educación, acentuando as desigualdades e orientando os contidos cara á competitividade e a eficiencia. O sistema educativo español estivo condicionado historicamente pola ideoloxía dominante en cada período. A tensión entre equidade e intereses do mercado continúa afectando os obxectivos democráticos e inclusivos da educación primaria.

Proposta educativa: construción de obxectos e instrumentos sonoros na segunda etapa de Educación Infantil.
Autoría
L.P.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
L.P.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
27.06.2025 10:00
27.06.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao presenta unha proposta educativa centrada na creación e uso de instrumentos sonoros construídos a partir de obxectos cotiáns, coñecidos como cotidiáfonos, no segundo ciclo de Educación Infantil. A proposta enmárcase no uso da música como ferramenta pedagóxica e forma de expresión, integrando os cotidiáfonos en actividades vinculadas a narrativas e melodías ou cancións co obxectivo principal de traballar o pulso e o ritmo de maneira lúdica, vivencial e significativa. Ao longo do proxecto desenvólvense distintas actividades deseñadas especificamente para que o alumnado explore, constrúa e utilice estes instrumentos en contextos musicais dentro da aula, favorecendo o desenvolvemento de habilidades auditivas, motrices, cognitivas e sociais. O marco teórico apóiase nas achegas de autoras e autores como Akoschky, Frega, Willems, Gardner e Malaguzzi, así como no enfoque Reggio Emilia. A proposta busca fomentar a creatividade, a conciencia ambiental e a aprendizaxe activa a través do uso de materiais reciclados, cotiáns e accesibles, promovendo unha educación musical inclusiva, sensorial e sostible. Este TFG conclúe destacando o valor didáctico dos cotidiáfonos como recurso transversal e motivador que enriquece o proceso de ensino-aprendizaxe en Educación Infantil mediante o xogo, a participación activa e a experimentación sonora.

Primeiros auxilios na Educación Primaria
Autoría
J.P.N.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
J.P.N.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
25.06.2025 17:00
25.06.2025 17:00
Resumo
Este traballo ten como obxectivo principal destacar a importancia do ensino dos primeiros auxilios na etapa de Educación Primaria, propoñendo unha intervención educativa que promove a súa integración de forma transversal, activa e significativa na aula. A partir dunha fundamentación teórica, xustifícase a necesidade de formar ao alumnado desde idades temperás en coñecementos, habilidades e actitudes que lles permitan actuar ante situacións de emerxencia. O traballo expón unha proposta didáctica dirixida a alumnos de 4.º de Primaria, composta por 9 sesións estruturadas baixo dous enfoques metodolóxicos complementarios: o Estilo Actitudinal e a Aprendizaxe por Proxectos. Esta proposta busca non só transmitir contidos teóricos, senón fomentar a autonomía, a cooperación, a reflexión crítica e a interiorización de hábitos saudables. Ademais, destácase o papel crave do profesorado neste proceso, sinalando a necesidade dunha formación específica e continua que garanta un ensino eficaz e seguro dos primeiros auxilios. Trátase tamén por un enfoque interdisciplinar que vincule esta temática con outras áreas do currículo, como Ciencias, Linguas, etc… En definitiva, o traballo expón que ensinar primeiros auxilios na escola non só salva vidas, senón que tamén contribúe á formación de futuros cidadáns responsables, empáticos e preparados para afrontar a realidade.

O valor pedagóxico do medio natural na Educación Física durante a etapa de Educación Primaria
Autoría
A.P.Q.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.P.Q.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
26.06.2025 18:00
26.06.2025 18:00
Resumo
O medio natural é un recurso cada vez máis valorado no ámbito educativo especialmente polo crecente interese na realización de actividades de ocio ao aire libre. Non obstante, seguen existindo moitas barreiras e un coñecemento limitado de como implementalo dunha maneira adecuada nas distintas etapas educativas. No presente documento, comézase explicando en que consisten realmente as actividades físicas no medio natural, detallando a súa importancia e a necesidade de implementalas na formación do alumnado de Educación Primaria. Xustificando esta proposta a través dos múltiples beneficios en ámbitos moi diversos, e preséntanse varias clasificacións que facilitan a comprensión dos diferentes tipos de actividades existentes. Ademais, describirase a formación necesaria dun/unha docente para poder levar a cabo estas actividades dun xeito adecuado, así como os posibles riscos asociados ao seu desenvolvemento. Estes expóñense dunha maneira específica e ofrécense diversas estratexias para afrontalos e xestionalos. Finalmente, menciónanse varias ferramentas para poder avaliar estas actividades dunha forma apropiada aos sistemas de avaliación actuais.

Hábitos de vida saudable no alumnado de Educación Primaria: alimentación e actividade física.
Autoría
A.Q.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.Q.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
18.06.2025 12:30
18.06.2025 12:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao consiste en coñecer os hábitos de vida saudables, en canto á alimentación e actividade física, do alumnado de dous centros educativos de educación primaria. Na investigación teórica previa á realización dos cuestionarios, trátanse diversos temas e conceptos como pode ser o concepto de saúde, a actividade física, a alimentación, riscos por inactividade física, dieta equilibrada, entre moitos outros que tamén se mencionan grazas á información aportada por diferentes autores e páxinas web. Consiste nunha investigación de tipo cuantitativo, descritivo de corte transversal na que se elaborou unha enquisa que cubriu o alumnado de 2º a 6º curso de educación primaria do colexio CEIP O Areal, de Camariñas; e de 5º e 6º curso de educación primaria do colexio CEIP Plurilingüe San Vicenzo, de Vimianzo, onde os resultados obtidos foron máis positivos do que inicialmente se agardaba, analizando os mesmos grazas ao programa Excel e establecendo comparacións entre centros posteriormente, así como discutindo os resultados en relación con outros estudos similares. Finalmente, achéganse unhas conclusións para pechar así dita investigación nas que se indica o logro dos obxectivos en base aos resultados obtidos, deixando clara a importancia da adquisición e mantemento duns bos hábitos saudables.

Perspectiva de xénero na educación física en educación primaria
Autoría
P.Q.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
P.Q.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
26.06.2025 12:00
26.06.2025 12:00
Resumo
Este traballo fin de grao consiste nunha actualización, crítica e reflexión bibliográfica sobre as desigualdades de xénero producidas na aula de Educación Física en Educación Primaria. Este constata que as discriminacións por razón de xénero seguen ocorrendo en pleno século XXI pese aos avances da sociedade. En primeiro lugar, establécese unha delimitación conceptual e un marco legal. A continuación, preténdese reflexionar sobre o papel da muller no deporte ao longo da historia e analizar os estereotipos de xénero que se producen en concreto nesta materia. Desta maneira, estúdanse a participación, a motivación, o desempeño, os distintos intereses, a importancia da aparencia física e o tratamento do alumnado dependendo do xénero, á vez que se analizan as propias interaccións entre o alumnado. Ademais disto, incídese na importancia do rol do profesorado como transmisor de estereotipos centrándose na fenda de xénero existente, os tipos de actitudes adoptadas, os indicadores do sexismo nas prácticas docentes e a relevancia da formación do profesorado. Finalmente, ofrécese un manual de boas prácticas encamiñado a garantir unha verdadeira igualdade de oportunidades centrándose: na linguaxe empregada, na selección dos contidos, nos tipos de agrupamentos, no uso e distribución dos materiais e o espazo, no estilo de ensinanza adoptado e na importancia da intervención educativa.

Debuxar narrando: unha proposta de banda deseñada para primaria
Autoría
S.Q.F.
Curso Ponte do Grao en Mestre de Educación Primaria (2ªed) [L]
S.Q.F.
Curso Ponte do Grao en Mestre de Educación Primaria (2ªed) [L]
Data da defensa
18.06.2025 10:00
18.06.2025 10:00
Resumo
A educación actual busca diversificar os seus métodos e recursos para captar a atención dos estudantes e facilitar o seu proceso de aprendizaxe. Neste contexto, as bandas deseñadas, mediante o seu soporte visual e narrativo, considéranse unha ferramenta eficaz para motivar aos alumnos, especialmente na etapa de educación primaria. Este cambio nos métodos de ensino destaca o seu uso como unha alternativa efectiva, permitindo a experimentar coa creación de contidos e o fomento da creatividade e do imaxinario. A combinación de imaxes e texto resulta un recurso atractivo que favorece a comprensión, estimula a creatividade e desperta o interese por aprender, todo desde unha perspectiva lúdica e motivadora.
A educación actual busca diversificar os seus métodos e recursos para captar a atención dos estudantes e facilitar o seu proceso de aprendizaxe. Neste contexto, as bandas deseñadas, mediante o seu soporte visual e narrativo, considéranse unha ferramenta eficaz para motivar aos alumnos, especialmente na etapa de educación primaria. Este cambio nos métodos de ensino destaca o seu uso como unha alternativa efectiva, permitindo a experimentar coa creación de contidos e o fomento da creatividade e do imaxinario. A combinación de imaxes e texto resulta un recurso atractivo que favorece a comprensión, estimula a creatividade e desperta o interese por aprender, todo desde unha perspectiva lúdica e motivadora.
Dirección
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Titoría)
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Titoría)
Tribunal
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Titor do alumno)
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Titor do alumno)
O Trastorno Espectro Autista: concepto e traballo da comunicación emocional na educación primaria.
Autoría
C.R.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
C.R.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
03.07.2025 13:00
03.07.2025 13:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo principal mellorar a comunicación emocional do alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA) na etapa de educación primaria mediante unha proposta de intervención educativa inclusiva e específica. Para iso, realizouse unha revisión bibliográfica sobre a evolución do concepto de autismo, a súa sintomatoloxía, o marco normativo e as necesidades educativas do alumnado con TEA, complementada co deseño dunha secuencia didáctica interdisciplinar adaptada a unha aula de educación especial. A proposta inclúe seis actividades centradas no recoñecemento, expresión e xestión das emocións, utilizando recursos sensoriais, contos, pictogramas, lingua de signos e materiais audiovisuais, todo iso en consonancia co currículo vixente. Aínda que non foi aplicada na práctica, espérase que os resultados melloren de forma significativa a autonomía emocional, a interacción social e a inclusión escolar do alumnado. En conclusión, o traballo destaca a importancia da educación emocional como ferramenta clave para a inclusión do alumnado con TEA e subliña a necesidade de formación docente e coordinación multidisciplinar para unha intervención eficaz.

SANTAMARIA QUEIRUGA, OLAYA (Titoría)
SANTAMARIA QUEIRUGA, OLAYA (Titoría)
Tribunal
SANTAMARIA QUEIRUGA, OLAYA (Titor do alumno)

A construcción da identidade docente en Educación Infantil e Primaria: Unha análise bibliométrica en Scopus.
Autoría
P.R.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
P.R.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
18.06.2025 12:00
18.06.2025 12:00
Resumo
Este proxecto de investigación, derivado dunha análise bibliométrica en Scopus, aborda o tema da construción da identidade docente en Educación Infantil e Primaria, así como os conceptos e factores que constrúen ou interveñen na construción da identidade profesional. Para levar a cabo este estudo, procedeuse a realizar unha lectura crítica de textos fundamentais sobre os procesos identitarios, a súa definición e a súa construción. Empregando unha metodoloxía cualitativa levouse a cabo un modelo teórico-reflexivo sobre a construción dos perfís identitarios profesionais docentes, os diferentes enfoques que os definen e os elementos que os compoñen. Así pois, realizouse unha táboa síntese documental que aborda os elementos clave dos artigos analizados na análise bibliométrica. Tras estudar a síntese documental, os resultados amosan que a construción da identidade docente é un proceso complexo derivado da interrelación entre elementos persoais, educativos, sociais e contextuais. Nela, identifícase ao docente como un elemento esencial no proceso de ensinanza-aprendizaxe e examínase como os candidatos a profesores foxan a súa identidade baseándose en experiencias biográficas, formación académica e condicións sociais, resaltando a relevancia do prácticum como un escenario esencial para fusionar teoría e práctica.

SARCEDA GORGOSO, CARMEN (Titoría)
SARCEDA GORGOSO, CARMEN (Titoría)
Tribunal
SARCEDA GORGOSO, CARMEN (Titor do alumno)

O armario de Carmela. Deseño dun recurso literario para combater estereotipos cara á vellez na infancia
Autoría
L.R.A.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
L.R.A.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
07.07.2025 11:00
07.07.2025 11:00
Resumo
A paulatina incorporación da muller ao mercado laboral continúa a xerar, en pleno século XXI, diversas dificultades no eido da conciliación da vida familiar e profesional e fai necesario involucrar os avós e avoas na crianza dos seus netos/as. Consecuentemente, as relacións entre a nenez e vellez comezaron a ser obxecto de estudo coa finalidade de fomentar a creación de vínculos positivos, para o cal se traballou dende distintas áreas, entre as que se atopa a educación literaria. O obxectivo do presente TFG é deseñar un recurso de corte literario para contribuír á desarticulación de estereotipos cara á vellez na infancia. Pártese da hipótese de que a presenza de temas outrora considerados tabú na literatura infantil trouxo consigo unha masiva asociación da figura do avó/a coa morte, deixando pouco espazo a unha representación máis rocambolesca e menos dramática que podería ofrecer novos camiños para a achega da nenez á velleira. A fin de corroborar esta conxectura e de establecer un punto de partida para o proceso creativo, estúdase o paradigma social da vellez e a súa representación na Literatura Infantil e Xuvenil. A maiores, deséñase unha Situación de Aprendizaxe dirixida ao alumnado de Educación Infantil artellada a partir da obra deseñada. As conclusións reafirman a importancia de transmitir imaxes positivas dos maiores á infancia e achegan outras prospeccións de futuro.

GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO (Titoría)
GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO (Titoría)
Tribunal
ARES VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
MARINO FERNANDEZ, ANA (Secretario/a)
MARTINEZ TEJERO, CRISTINA (Vogal)
ARES VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
MARINO FERNANDEZ, ANA (Secretario/a)
MARTINEZ TEJERO, CRISTINA (Vogal)
O caso do Pazo Novoa. Reconstrución de escenas con TinkerCAD e maquetas 3D para desenvolver o sentido espacial
Autoría
L.R.A.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
L.R.A.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
09.07.2025 11:00
09.07.2025 11:00
Resumo
A revolución tecnolóxica está a producir novas ferramentas de urxente incorporación ao ámbito educativo. Neste contexto, os procesos de modelado e impresión 3D xorden como alternativa a unha ensinanza tradicional que se ve substituída pola combinación de teoría e práctica e que atopa no deseño e produción de prototipos unha vía idónea para desenvolver o sentido espacial. Así, o obxectivo principal do presente TFG é propoñer unha secuencia didáctica destinada ao 5º curso da Educación Primaria para fomentar a adquisición de habilidades de visualización e orientación a través de procesos de modelado e impresión 3D e do manexo de distintos soportes de representación. Con este propósito, profúndase nas características técnicas e nos beneficios educativos do modelado e da impresión 3D e revísanse as compoñentes do sentido espacial baixo a pretensión de xustificar a elección de TinkerCAD como ferramenta para promover o seu desenvolvemento. A secuencia didáctica deseñada xira arredor da resolución dun crime ficticio. Así, proponse crear unha maqueta da aula na que reconstruír os itinerarios dos personaxes mediante o establecemento de correspondencias entre o espazo real, planos e a propia maqueta. A fin de reflexionar sobre a súa efectividade implementouse unha adaptación nun contexto real, cuxos resultados reflectiron a positiva implicación do alumnado e permitiron detectar melloras no deseño. En síntese, avógase por continuar elaborando estas experiencias e estender o ámbito de aplicación a outras disciplinas.

Xogos coeducativos nunha aula de Educación Infantil
Autoría
L.R.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
L.R.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
09.07.2025 13:00
09.07.2025 13:00
Resumo
Este traballo ten o labor de analizar o papel da coeducación no ámbito escolar, concretamente nun aula de Educación Infantil con nenos de entre 3 e 6 anos, centrándose no uso de xogos coeducativos como a ferramenta principal para fomentar a igualdade de xénero e promover unha educación máis xusta e inclusiva. O que se pretende acadar coa realización destes xogos e a lectura de dous contos é un coñecemento máis detallado da igualdade, dos roles de xénero e os estereotipos que aínda seguen a estar presentes na actualidade e que teñen que desaparecer da sociedade. Para iso, é preciso ter coñecementos previos sobre o concepto de coeducación, a súa evolución ao largo da historia e como foi mellorando, as leis que estiveron vixentes anos atrás e como se recomenda traballar este tema dentro dun aula con nenos de idades tan temperás. Ao final expóñense os resultados máis relevantes da posta en práctica.

LOPEZ QUINTANS, JAVIER (Titor do alumno)

A contorna como terceiro educador; procesos creativos na natureza a partir do deseño dunha aula portátil
Autoría
C.R.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
C.R.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
27.06.2025 12:30
27.06.2025 12:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao céntrase en explorar o potencial da contorna natural como espazo educativo significativo na etapa de Educación Infantil, partindo do deseño e implementación dunha aula portátil para vehicular a observación e o estudo das aves. Enmarcado na pedagoxía da natureza e metodoloxías activas, o proxecto inspírase en referentes como John Dewey, promotor da aprendizaxe experiencial; na filosofía de Reggio Emilia, e nas achegas de Rosa Sensat, defensora dunha educación activa e en contacto coa natureza. A metodoloxía empregada foi de carácter práctico e flexible, baseada nunha abordaxe de Investigación Baseada nas Artes (IBA). Materializouse nun proxecto de oito actividades interconectadas, desenvolvidas entre os meses de marzo e maio, que buscaron unha inmersión progresiva do alumnado no mundo aviario mediante a creación artística con elementos naturais, a construción de materiais propios e a investigación guiada. A avaliación do proxecto, baseada nos parámetros de creatividade de Blanco e Cidrás (2022) revelou un impacto positivo no alumnado, manifestado unha maior curiosidade, movemento activo e unha observación máis detida do entorno, destacando a aula portátil como ferramenta versátil e motivadora. A experiencia subliña a relevancia de metodoloxías activas e a conexión auténtica coa natureza, abrindo portas a futuras investigacións.

Boas prácticas nos períodos de adaptación no cuarto curso de EI: unha proposta de intervención.
Autoría
L.R.D.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
L.R.D.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
24.06.2025 18:30
24.06.2025 18:30
Resumo
O período de adaptación constitúe unha etapa fundamental no ingreso escolar das crianzas. O inicio da escolarización supón un cambio complexo, xa que os nenos/as deben abandonar o ambiente familiar para integrarse nun contexto descoñecido, con persoas nas que non confían. Esta etapa está condicionada por diversos factores, entre os que destaca o apego, referido ao vínculo afectivo que o neno/a establece coa súa figura de referencia. O apego inflúe significativamente nas manifestacións da ansiedade por separación e, polo tanto, na forma na que se produce a adaptación. A ansiedade por separación é unha resposta propia de certas etapas do desenvolvemento, que se da cando as crianzas se separan das súas figuras de apego principais. Non obstante, cómpre distinguila do Trastorno de Ansiedade por Separación, o cal se manifesta cunha intensidade inapropiada ou excesiva, que interfire na súa vida cotiá. No presente traballo analizouse cal era esta influencia, determinándose que o tipo de apego influía nas manifestacións da ansiedade por separación, de forma que os apegos seguros contribuían a unha adaptación axeitada, mentres que os inseguros dificultaban este proceso. Ademais, evidenciouse a importancia do período de adaptación, destacando o papel docente e a necesidade dunha colaboración familia e escola. En base a isto, propóñense un conxunto de boas prácticas e unha programación para o período de adaptación de Educación Infantil de escolares de tres anos, co obxectivo de conseguir unha transición positiva e harmoniosa creando un clima de confianza e seguridade que facilite a súa integración ao entorno escolar.

Dificultades na linguaxe pragmática en nenos/as con TDAH: unha proposta de intervención
Autoría
L.R.D.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
L.R.D.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Resumo
O Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) é un trastorno do neurodesenvolvemento caracterizado por un patrón persistente de inatención, hiperactividade e impulsividade, que interfire no funcionamento social, académico, familiar e laboral. Máis aló dos seus síntomas principais, o TDAH provoca dificultades lingüísticas, impactando especialmente no nivel pragmático, é dicir, no uso da linguaxe nos contextos sociais. Estas deficiencias inclúen problemas para respectar as quendas de palabras, na capacidade de manter ou cambiar o tema de conversación e na comprensión e diferenciación entre significado literal e non literal. Ademais, teñen problemas para axustar a linguaxe ao contexto e interlocutor, así como limitacións na regulación, expresión e comprensión emocional. Tamén enfrontan dificultades na comprensión de regras sociais e para entender os efectos dos seus comportamentos e palabras nas demais persoas. Igualmente, as crianzas con TDAH adoitan presentar complicacións na produción e comprensión narrativa. Todas estas alteracións, derivadas do seu déficit nas función executivas, impactan en diferentes áreas, causando dificultades nas interaccións sociais e no rendemento académico, o que impacta negativamente na súa autoestima. Neste traballo, preséntase unha proposta de intervención encamiñada a paliar as dificultades pragmáticas dunha crianza con TDAH, de cara a mellorar a súa competencia comunicativa e, deste xeito, favorecer unha interacción mais eficaz e un maior benestar no contexto escolar e social.

AGRAFOJO NIETO, MARIA HELENA (Titor do alumno)

O impacto positivo dos animais no desenvolvemento das crianzas
Autoría
L.R.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
L.R.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
25.06.2025 15:00
25.06.2025 15:00
Resumo
O presente traballo de Fin de Grao (TFG) analiza os beneficios que aporta a interacción con animais no desenvolvemento integral das crianzas. Para isto, realízase unha revisión bibliográfica estudando os beneficios psicoemocionais e cognitivos que achega a convivencia e o contacto con animais, principalmente con animais de compañía no contexto terapéutico e educativo. Os resultados amosan que o contacto con animais favorece a regulación emocional, a empatía, a autoestima, a inclusión social, a actividade física e a aprendizaxe, especialmente en crianzas con necesidades educativas específicas (NEE). Tendo en mente as limitacións do presente estudio, resaltase a importancia de visibilizar e promover a integración dos animais no ámbito educativo e familiar para potenciar o benestar e o desenvolvemento integral da infancia.

MARCOS MARTINEZ, VERONICA (Titoría)
MARCOS MARTINEZ, VERONICA (Titoría)
Tribunal
MARCOS MARTINEZ, VERONICA (Titor do alumno)

Proposta de intervención educativa para a mellora de áreas específicas en nenos con TEA
Autoría
C.R.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
C.R.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
26.06.2025 11:00
26.06.2025 11:00
Resumo
No presente Traballo de Fin de Grao preséntase unha proposta de intervención educativa orientada á inclusión e o desenvolvemento integral do alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA), dentro da aula ordinaria de Educación Infantil. A través dun enfoque práctico e baseado na evidencia científica, o estudo busca ofrecer ferramentas e estratexias que faciliten a participación activa e o benestar deste alumnado, prestando especial atención a áreas como a comunicación, a interacción social, o desenvolvemento emocional, a autonomía e as habilidades da vida cotiá. O traballo estrutúrase en dous bloques principais: un marco teórico amplo que aborda os fundamentos conceptuais do TEA, a evolución do diagnóstico, o papel do docente #ante a diversidade e as metodoloxías inclusivas mais eficaces; e unha segunda parte aplicada, que detalla a proposta concreta de intervención na aula, esta inclúe obxectivos específicos, cronograma, actividades estruturadas, materiais adaptados e un plan de avaliación sistemático. O modelo metodolóxico adoptado baséase especialmente no método TEACCH e o uso de apoios visuais e tecnolóxicos. Esta proposta non só responde as necesidades do alumnado con TEA, senón que tamén promove unha contorna educativa mais accesible e respectuoso para todo o grupo clase, subliñando a importancia da formación docente, a colaboración interdisciplinaria e a implicación das familias como eixos fundamentais dunha escola inclusiva.

DOSIL DIAZ, CARLOS (Titoría)
MARTINEZ REGUEIRO, ROCIO Cotitoría
DOSIL DIAZ, CARLOS (Titoría)
MARTINEZ REGUEIRO, ROCIO Cotitoría
Tribunal
DOSIL DIAZ, CARLOS (Titor do alumno)
MARTINEZ REGUEIRO, ROCIO (Titor do alumno)

A coordinación motriz a través do baile tradicional galego: a súa importancia no desenvolvemento psicofísico integral do alumnado de educación primaria.
Autoría
A.M.R.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.M.R.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo coñecer o grao no que unha proposta sobre o baile tradicional galego pode mellorar a coordinación motriz do alumnado, así como a súa autoestima, autoconcepto, e ao memso tempo mellorar a percepción que o alumnado ten asociada ao baile tradicionala galego. No estudo participaron un total de 20 alumnas e alumnos de 4º e 5º de Educación Primaria do centro educativo CEIP Rogelio García Yáñez do sur de da provincia de Ourense. A recollida de datos levouse a cabo empregando un cuestionario (IAME editado pola editorial EOS) o cal se pasou antes e despois da posta en práctica da proposta de intervención de baile tradicional galego para recoller a información sobre a autoestima e o autoconcepto. Durante esta proposta empregouse a observación directa e activa dos participantes para obter información sobre a coordinación motriz do alumnado. Os resultados do estudo obtidos nos cuestionarios demostraron que a autoestima e o autoconcepto do alumnado tivo unha leve mellora. Pola súa banda, mediante as observacións, evidenciouse unha mellora sutil na coordinación dinámica xeral do alumnado e unha mellora maior na coordinación rítmico-espacial.

Novas Carapuchiñas para novos tempos: selección e análise de lecturas para o traballo da coeducación nas aulas de Educación Infantil
Autoría
M.R.S.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
M.R.S.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
07.07.2025 18:00
07.07.2025 18:00
Resumo
O conto da Carapuchiña Vermella é un dos clásicos da tradición oral que acompañou a multitude de xeracións e que segue vixente na actualidade, o que derivou na progresiva creación de numerosas reescrituras en diversos formatos. A través das novas versións recollidas en distintos tipos de obras, entre as que destacan os álbums ilustrados, os/as autores/as tratan de subverter os roles tradicionais e ofrecer modelos narrativos máis achegados aos valores actuais. Por este motivo, no presente Traballo de Fin de Grao (TFG) ofrécese unha selección de lecturas da Carapuchiña Vermella, acompañadas de cadansúa análise, co propósito de explorar as posibilidades de tratamento destas narrativas nas aulas aplicando a perspectiva de xénero. En canto á estrutura, comézase cun marco teórico que se centra na orixe e evolución do conto, amais de reflexionar sobre a importancia da eliminación de nesgos de xénero no tratamento da literatura nas aulas. O seguinte apartado afonda na análise do corpus literario mediante unha metodoloxía cualitativa. Neste senso, aplícase un modelo de análise, de elaboración propia, o cal establece varias categorías axustadas á mostra, que está composta por cinco álbums ilustrados. Algúns dos resultados obtidos amosan que, aínda que existan reescrituras que seguen unha liña similar á da obra de partida, todas elas rachan cos estereotipos establecidos na versión orixinal. Ademais, evidenciouse que existen elementos clave que vencellan todas estas narrativas, como acontece co protagonismo infantil, aínda que son moi variadas entre elas. As conclusións reafirman que as reescrituras da Carapuchiña Vermella son un recurso idóneo para o tratamento dos estereotipos de xénero dentro das aulas.

O poder do xogo: ABX e TIC na ensinanza da Lingua Galega en Educación Primaria
Autoría
M.R.S.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
M.R.S.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
09.07.2025 10:00
09.07.2025 10:00
Resumo
Nestes últimos anos, a influencia da tecnoloxía aumentou paulatinamente ata chegar a formar parte das nosas vidas en todos os ámbitos. Esta situación orixina no eido educativo unha demanda, posto que a comunidade educativa, xunto coas familias, é un dos principais axentes para formar as/ás futuros/as cidadáns, polo tanto, resulta esencial traballar en torno ás Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) dende a escola. Neste sentido, o obxectivo principal deste Traballo de Fin de Grao (TFG) é explorar a efectividade da aprendizaxe baseada en xogos (ABX) unida ás Tecnoloxías da Aprendizaxe e do Coñecemento (TAC). Para isto partirase dunha revisión teórica da literatura científica da que se extraerán os aspectos máis relevantes do tema. A continuación, realizaranse cuestionarios cun grupo de alumnado a fin de coñecer a súa percepción sobre as metodoloxías que normalmente emprega o profesorado nas aulas. A partir dos resultados obtidos elaborarase unha proposta de intervención para o ensino da lingua galega a partir de xogos tecnolóxicos. Despois, unha vez posta en práctica co mesmo alumnado mediranse os resultados mediante un segundo cuestionario que permita valorar o impacto dos recursos. Algúns dos resultados indican unha maior motivación na aprendizaxe, así como un desenvolvemento de competencias transversais como o traballo en equipo, a autonomía e a concentración. En conclusión, a ABX, acompañada de recursos TIC, consolídase como unha metodoloxía atractiva e eficaz para o paradigma educativo actual.

Xogos que ensinan: dinámicas lúdicas para mellorar a aprendizaxe do Inglés en contextos educativos.
Autoría
I.R.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
I.R.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
19.06.2025 12:30
19.06.2025 12:30
Resumo
A integración do xogo como ferramenta pedagóxica no ensino do Inglés espertou un crecente interese no ámbito educativo, especialmente na Educación Primaria. Este traballo procura afondar, dende unha perspectiva teórica e sustentada en diversas achegas académicas, na aprendizaxe baseada no xogo como estratexia didáctica para a adquisición dunha lingua estranxeira. Sobre esta base conceptual, deseñarei un proxecto de innovación educativa que propoñerá dez actividades específicas para cada curso de Educación Primaria. Estas dinámicas non só sitúan o xogo como alicerce do proceso de ensino-aprendizaxe, senón que tamén incorporan adaptacións que favorecen a súa flexibilidade e adecuación ás necesidades particulares do alumnado. Finalmente, preséntase unha reflexión crítica sobre a eficacia desta metodoloxía, avaliando o seu impacto na competencia lingüística do alumnado.

Análise dos recreos escolares para a práctica de actividade física. Unha revisión sistemática.
Autoría
M.S.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
M.S.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
18.06.2025 11:30
18.06.2025 11:30
Resumo
Na actualidade, o 80% dos estudantes de Educación Primaria non cumpre coas recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS, 2024). Cada vez desenvólvense hábitos máis sedentarios entre as novas xeracións, causantes de futuros/as cidadáns/as inactivos/as. A finalidade do estudo foi realizar unha revisión sistemática sobre os recreos activos, para dar a coñecer a influencia do contexto escolar á hora de fomentar a actividade física (AF), empregando para iso as clases de Educación Física e o recreo. Empregouse a declaración PRISMA, desenvolvendo unha procura nas bases de datos Google Académico, Dialnet, PubMed, Web of Science e SCOPUS, entre decembro de 2024 e maio de 2025, de publicacións dos últimos 6 anos, que abordan a temática. Un total de 12 artigos cumpriron con todos os criterios de inclusión. Os estudos demostraron unha perda de AF segundo aumenta a idade, xunto cuns maiores niveis en nenos que en nenas. Así, ao realizar intervencións de recreos activos ou de reorganización de espazos no recreo, obsérvanse aumentos na AF, a condición física, a autoestima ou a actividade física de moderada-vigorosa (AFMV). Adicionalmente, mellórase o clima de centro, existindo un maior número de pasos, beneficios e esforzos, fronte a un menor número de conflitos e unha redución do tempo sedentario, finalizando cunha secuencia lóxica de intervención nos recreos.

Os insectos que viven con nós: un proxecto de talleres de Educación Artística e Ciencias da Natureza
Autoría
L.S.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
L.S.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
19.06.2025 11:30
19.06.2025 11:30
Resumo
Neste traballo de fin de grao preséntase unha proposta educativa pola cal, a través de materiais e técnicas da Educación Artística, preténdense traballar as Ciencias da Natureza, concretamente os insectos da nosa contorna. Mediante a análise teórica baseada nos enfoques pedagóxicos de Kilpatrick, Reggio Emilia, Beatriz Trueba ou Freinet, destácase a importancia do papel do alumnado como centro da aprendizaxe, poñendo o foco no seu desenvolvemento integral e na creación dun imaxinario propio. Elaborouse así un proxecto de intervención dirixido ao alumnado de 1º de Educación Primaria, composto por tres talleres deseñados tendo en consideración a importancia da desvinculación dos estereotipos. Foméntase polo tanto a creatividade a partir da exploración, da interacción, da observación real e do facer, dando máis envergadura ao proceso que ao resultado. A posta en práctica do proxecto é documentado a partir de fotografías que permiten contemplar o vivido na aula durante os talleres e reflexionar sobre o proceso.

A pronunciación do inglés en aprendices hispanofalantes: análise de fonemas problemáticos e o seu impacto na comunicación oral.
Autoría
N.S.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
N.S.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
19.06.2025 10:15
19.06.2025 10:15
Resumo
Nun mundo cada vez máis globalizado, o ensino e aprendizaxe do inglés converteuse nunha materia obrigatoria no currículo educativo español desde idades moi temperás. A pronunciación, mentres tanto, segue estando igual de desatendida, o que implica que cada vez sexan mais as persoas que falan inglés, pero cunha pronunciación deficiente. Para combater con esa problemática, o presente Traballo de Fin de Grado céntrase nos fonemas que presentan máis complexidade entre os aprendices hispanofalantes, implementando unha proposta composta de actividades lúdicas e motivadoras para que o alumnado logre acadar unha pronunciación intelixible.

O sedentarismo nas aulas de educación primaria e o rexeitamento do alumnado cara á actividade física.
Autoría
A.S.N.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
A.S.N.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
18.06.2025 12:30
18.06.2025 12:30
Resumo
Na actualidade, o sedentarismo é un fenómeno presente na nosa vida cotiá con actividades coma ver a televisión ou xogar a videoxogos. Dende a infancia, este tipo de actividades provocan unha gran problemática cara o futuro de nenos e nenas na súa saúde física e mental. Estas prácticas relaciónanse coa implicación na actividade física, onde é moi habitual que moito alumnado presente rexeitamento dela debido a diversos factores. Os nenos e nenas en moitas ocasións rexeitan estas actividades segundo o xénero e a idade, segundo o tipo de deporte ou exercicio físico... Neste traballo de fin de grado coméntase a problemática actual en torno ao sedentarismo e a actividade física nos nenos e nenas, xunto aos diversos factores polos que se presentan este tipo de actividades e actitudes, para o que se xera unha proposta de intervención que procura a prevención deste tipo de hábitos.

Viaxeiros psicoastrais. Unha intervención educativa para a estimulación cognitiva
Autoría
L.S.H.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
L.S.H.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
23.06.2025 10:30
23.06.2025 10:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grado baséase nunha proposta de intervención educativa “Viaxeiros Psicoastrais”, dirixida cara a estimulación das funcións cognitivas dos nenos e nenas na etapa de Educación Primaria. Concretamente enfócase na atención, memoria e funcións executivas. A proposta busca unha mellora xeral do desenvolvemento cognitivo dos nenos e nenas en etapa escolar, para obter un mellor rendemento académico. A metodoloxía empregada é o Aprendizaxe Baseado en Proxectos, contando cun fío condutor que rexe as demais actividades deseñadas. A través do análise realizado, chegouse á conclusión de que a estimulación cognitiva ten unha gran relación co rendemento académico, o que fai que sexa fundamental a súa práctica.
O presente Traballo de Fin de Grado baséase nunha proposta de intervención educativa “Viaxeiros Psicoastrais”, dirixida cara a estimulación das funcións cognitivas dos nenos e nenas na etapa de Educación Primaria. Concretamente enfócase na atención, memoria e funcións executivas. A proposta busca unha mellora xeral do desenvolvemento cognitivo dos nenos e nenas en etapa escolar, para obter un mellor rendemento académico. A metodoloxía empregada é o Aprendizaxe Baseado en Proxectos, contando cun fío condutor que rexe as demais actividades deseñadas. A través do análise realizado, chegouse á conclusión de que a estimulación cognitiva ten unha gran relación co rendemento académico, o que fai que sexa fundamental a súa práctica.
Dirección
Campos Magdaleno, María (Titoría)
Campos Magdaleno, María (Titoría)
Tribunal
Campos Magdaleno, María (Titor do alumno)
Campos Magdaleno, María (Titor do alumno)
Proxecto de investigación sobre a luz no CEIP Plurilingüe Ponzos.
Autoría
N.S.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
N.S.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
07.07.2025 13:00
07.07.2025 13:00
Resumo
O “Proxecto de investigación sobre a luz no CEIP Plurilingüe Ponzos” desenvólvese nas aulas de 4º e 5º de E.I., co obxectivo de coñecer as características da luz. O proxecto parte da filosofía de Reggio Emilia e expón propostas que parten das preguntas e intereses do alumnado promovendo así a curiosidade, creatividade e experimentación. O proxecto estrutúrase en tres fases (inicio, desenvolvemento e conclusión) e consta de sete sesións que abordan os diferentes aspectos da luz: a diferenciación entre luz artificial e luz natural, as sombras, a clasificación dos materiais segundo estes permiten ou non pasar a luz, a descomposición da luz en cores, creación de luz artificial e realización de composicións artísticas con luz negra. En conclusión, preséntase unha forma de abordar o tema da luz achegando aos nenos e nenas ao coñecemento científico dunha maneira lúdica e experimental, fomentando a aprendizaxe significativa que argumentaba Ausubel e contribuíndo ao desenvolvemento persoal e cognitivo do alumnado.
O “Proxecto de investigación sobre a luz no CEIP Plurilingüe Ponzos” desenvólvese nas aulas de 4º e 5º de E.I., co obxectivo de coñecer as características da luz. O proxecto parte da filosofía de Reggio Emilia e expón propostas que parten das preguntas e intereses do alumnado promovendo así a curiosidade, creatividade e experimentación. O proxecto estrutúrase en tres fases (inicio, desenvolvemento e conclusión) e consta de sete sesións que abordan os diferentes aspectos da luz: a diferenciación entre luz artificial e luz natural, as sombras, a clasificación dos materiais segundo estes permiten ou non pasar a luz, a descomposición da luz en cores, creación de luz artificial e realización de composicións artísticas con luz negra. En conclusión, preséntase unha forma de abordar o tema da luz achegando aos nenos e nenas ao coñecemento científico dunha maneira lúdica e experimental, fomentando a aprendizaxe significativa que argumentaba Ausubel e contribuíndo ao desenvolvemento persoal e cognitivo do alumnado.
Dirección
IGLESIAS FORNEIRO, MARIA LINA (Titoría)
IGLESIAS FORNEIRO, MARIA LINA (Titoría)
Tribunal
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Presidente/a)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Secretario/a)
SOUTO SEIJO, ALBA MARIA (Vogal)
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Presidente/a)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Secretario/a)
SOUTO SEIJO, ALBA MARIA (Vogal)
Prácticas dos entornos turísticos aplicados á aula
Autoría
L.S.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
L.S.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
19.06.2025 12:00
19.06.2025 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao propón unha innovación educativa en Educación Infantil baseada no uso de contornos turísticos como espazos de aprendizaxe. A partir da miña propia experiencia persoal e profesional, deseñase unha proposta didáctica interdisciplinar que promove unha aprendizaxe activa, inclusiva e significativa mediante metodoloxías que conectan a aula co contorno. O proxecto busca replantexar o uso tradicional do espazo educativo, fomentando a curiosidade, a diversidade e o desenvolvemento integral do alumnado.

DOPICO GONZALEZ, MONTSERRAT (Titoría)
DOPICO GONZALEZ, MONTSERRAT (Titoría)
Tribunal
DOPICO GONZALEZ, MONTSERRAT (Titor do alumno)
DOPICO GONZALEZ, MONTSERRAT (Titor do alumno)
A Fraga de Sabarei: Infancia, natureza e educación consciente no ámbito rural para a primeira infancia.
Autoría
I.S.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
I.S.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
08.07.2025 10:00
08.07.2025 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao amosa a planificación da creación, desde os inicios do proxecto, de Escola Infantil A Fraga de Sabarei destinada a crianzas de 0 a 3 anos que se sostén sobre os piares metodolóxicos de Educación Rural e Respectuosa na Natureza. A proposta nace do desexo de crear unha escola conectada coa comunidade e o territorio, onde o coidado e o respecto sexan eixos centrais. A través dunha revisión teórica abórdanse as principais correntes pedagóxicas que inspiraron o proxecto como a Educación na Natureza, a Coeducación, a Educación Artística, a Crianza Respectuosa e a situación sociolingüística da lingua galega. Ditas bases sustentan unha proposta metodolóxica viva, vencellada á terra e á cultura local, loitando pola lingua galega baixo un proxecto de inmersión lingüística. Preséntase detalladamente o deseño integral da escola: a contextualización socioterritorial, o marco lexislativo, a organización dos espazos, medidas de atención á diversidade e recursos do centro entre outros. Ponse en valor o papel activo da comunidade como parte esencial do proxecto. A Fraga de Sabarei aspira a ser unha escola accesible e gratuíta, que acompañe unha infancia libre, activa e respectada. Esta proposta representa unha aposta firme por unha educación arraigada, transformadora e ao servizo das persoas. Finalmente exponse unha reflexión sobre o proceso de elaboración e futuros proxectos compatibles co centro, ademais da súa viabilidade de implementación.
O presente Traballo de Fin de Grao amosa a planificación da creación, desde os inicios do proxecto, de Escola Infantil A Fraga de Sabarei destinada a crianzas de 0 a 3 anos que se sostén sobre os piares metodolóxicos de Educación Rural e Respectuosa na Natureza. A proposta nace do desexo de crear unha escola conectada coa comunidade e o territorio, onde o coidado e o respecto sexan eixos centrais. A través dunha revisión teórica abórdanse as principais correntes pedagóxicas que inspiraron o proxecto como a Educación na Natureza, a Coeducación, a Educación Artística, a Crianza Respectuosa e a situación sociolingüística da lingua galega. Ditas bases sustentan unha proposta metodolóxica viva, vencellada á terra e á cultura local, loitando pola lingua galega baixo un proxecto de inmersión lingüística. Preséntase detalladamente o deseño integral da escola: a contextualización socioterritorial, o marco lexislativo, a organización dos espazos, medidas de atención á diversidade e recursos do centro entre outros. Ponse en valor o papel activo da comunidade como parte esencial do proxecto. A Fraga de Sabarei aspira a ser unha escola accesible e gratuíta, que acompañe unha infancia libre, activa e respectada. Esta proposta representa unha aposta firme por unha educación arraigada, transformadora e ao servizo das persoas. Finalmente exponse unha reflexión sobre o proceso de elaboración e futuros proxectos compatibles co centro, ademais da súa viabilidade de implementación.
Dirección
GARCIA ROMERO, DAVID (Titoría)
GARCIA ROMERO, DAVID (Titoría)
Tribunal
Lago Ballesteros, Joaquín (Presidente/a)
DOPICO GONZALEZ, MONTSERRAT (Secretario/a)
FREIRE PEREZ, ESTELLA LETICIA (Vogal)
Lago Ballesteros, Joaquín (Presidente/a)
DOPICO GONZALEZ, MONTSERRAT (Secretario/a)
FREIRE PEREZ, ESTELLA LETICIA (Vogal)
Patios dinámicos e inclusivos mediante o Datchball.
Autoría
S.S.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
S.S.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
19.06.2025 09:00
19.06.2025 09:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grado (TFG) ten como obxectivo analizar e poñer en práctica unha proposta baseada na dinamización do tempo de lecer mediante unha liga de Datchball, un deporte de cooperación oposición e con equipos obrigatoriamente mixtos. A intervención levouse a cabo con alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, co propósito de mudar as dinámicas actuais dos patios escolares, caracterizadas pola desigualdade de participación e a segregación de xénero. O traballo estrutúrase baixo un marco teórico que aborda o valor do xogo como ferramenta educativa, dos beneficios dos xogos de cooperación oposición e da importancia dos patios activos como espazo de inclusión. Mediante a observación e o emprego de dous cuestionarios recolléronse datos antes e despois da posta en práctica, o que permitiu avaliar o seu impacto. Os resultados mostran unha mellora na participación e o fomento do respecto, a cooperación e a inclusión de todo o alumnado. Por último, móstrase como a liga de Datchball non só enriqueceu o tempo de lecer, senón que fomentou valores fundamentais para a formación integral do alumnado.

Educar en valores: unha reflexión e unha proposta para un mundo actual.
Autoría
A.S.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
A.S.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
23.06.2025 19:00
23.06.2025 19:00
Resumo
Os valores son calidades inherentes ao ser humano que constitúen o carácter e a maneira de actuar de cadaquén. Serven como guía para a toma de decisións e poden variar en función do contexto histórico, social e cultural. A educación ten a responsabilidade de iniciar os nenos no desenvolvemento moral e na identificación e aprendizaxe de valores coma a igualdade, a xustiza, a xenerosidade ou a responsabilidade. Neste Traballo de Fin de Grao abórdase a importancia da educación en valores, algo que se está perdendo na sociedade actual. O obxectivo principal é reflexionar sobre o papel da escola como espazo de transmisión de valores. Nun contexto social cada vez máis complexo e cambiante a transmisión de valores constitúe unha base fundamental para o desenvolvemento integral das crianzas. Maniféstanse cada vez máis problemáticas coma a ausencia de autoridade e de límites ou a sobreprotección. O traballo conxunto das familias e da escola será fundamental para a interiorización destes valores desde idades temperás, incidindo no uso de metodoloxías activas e reflexivas que permitan o alumnado aplicar os valores na súa vida diaria a través de recursos coma o conto. A educación en valores será unha baza imprescindible para a creación dunha sociedade máis xusta e solidaria formada por adultos responsables e comprometidos capaces de valorar situacións e participar activamente en todos os ámbitos.

O desenvolvemento emocional e a Educación Física
Autoría
M.T.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
M.T.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
26.06.2025 12:45
26.06.2025 12:45
Resumo
Neste traballo analízanse as implicacións do desenvolvemento emocional, así como a súa relación coa educación física na etapa da Educación Primaria. A revisión bibliográfica realizada, permite afondar en distintos conceptos interconectados con este desenvolvemento, como a educación emocional, intelixencia emocional ou as distintas competencias que implican os termos anteriores. Por outra anda abordase tamén a relación específica entre o mencionado desenvolvemento emocional e a educación física, analizando a súa cabida no currículo, relación deste con elementos como o xogo ou as distintas habilidades que se traballan nesta área relacionadas co traballo emocional. A continuación, enúncianse distintas dificultades que obstaculizan o traballo emocional das aulas e coméntanse solucións a estas, propoñendo tamén metodoloxías e métodos de avaliación para levar o traballo emocional ás aulas de educación física. Posteriormente a isto enúncianse tamén métodos para analizar a eficacia das propostas emocionais. Este estudo parte dunha dobre motivación, persoal e académica, buscando en base a isto tanto o enriquecemento persoal coma profesional en canto ao ámbito de estudo. Este traballo, busca tamén reivindicar a educación humanizada, defendendo a dimensión emocional como parte fundamental da educación escolar e destaca o papel clave que ten a educación física no proceso.

A coeducación a través da biblioteca escolar.
Autoría
D.T.D.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
D.T.D.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
09.07.2025 13:30
09.07.2025 13:30
Resumo
Este traballo analiza o papel da biblioteca escolar como ferramenta para fomentar a coeducación e a igualdade de xénero na educación infantil. A través dun enfoque teórico e práctico, explórase a evolución histórica da coeducación en España, o seu marco lexislativo e a súa aplicación nas aulas. Destácase o valor da literatura infantil e da biblioteca escolar como espazo educativo clave para traballar a equidade desde idades temperás. A parte teórica aborda conceptos fundamentais da coeducación, afonda na súa implementación histórica e normativa, e analiza a importancia da biblioteca escolar como motor de aprendizaxe inclusiva. Na parte práctica, preséntase unha intervención educativa nun centro rural, na que se deseñan e aplican actividades coeducativas dirixidas ao alumnado de 4º de infantil. Estas actividades buscan promover a autoestima, a diversidade e o respecto mediante a exploración da linguaxe e dos contos infantís. Os resultados obtidos evidencian que o uso da biblioteca escolar e da literatura contribúe á creación dun ambiente escolar máis igualitario, reforzando valores de inclusión e respecto mutuo. Ademais, este traballo destaca a relevancia de empregar estratexias didácticas innovadoras que fomenten unha educación libre de prexuízos e estereotipos. Como futura mestra, comprométome a integrar a biblioteca como un recurso esencial no meu labor docente, aproveitando o seu potencial para transformar a educación e promover unha sociedade máis xusta e equitativa.

O videoxogo coma recurso didáctico para a educación primaria: “A Gran Proba das Verbas”
Autoría
S.T.M.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
S.T.M.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
09.07.2025 12:00
09.07.2025 12:00
Resumo
O presente traballo de fin de grao céntrase na aplicación dunha innovación pedagóxica que aproveita o potencial educativo dos videoxogos para desenvolver unha unidade didáctica dirixida a unha aula de primaria. A proposta, titulada A Gran Proba das Palabras, baséase nos coñecementos de programación e didáctica da docente, e fundamenta a súa relevancia en datos sobre o impacto dos videoxogos na infancia, así como en metodoloxías activas como a gamificación e a aprendizaxe baseada en xogos. Este proxecto piloto, composto por seis pantallas, integra elementos como narrativa, control de personaxes, exploración e combate, e está vinculado curricularmente ás áreas de Ciencias Sociais e Lingua Galega, conforme ao currículo oficial de Galicia. A intervención levouse a cabo cun grupo de cuarto de primaria, observándose un notable aumento na motivación e no interese do alumnado pola cultura e a lingua galega. Para a avaliación da proposta empregáronse dúas rúbricas: unha elaborada pola docente e outra de autoavaliación, tamén xestionada por ela. As conclusións do traballo salientan a necesidade de promover produtos culturais galegos e fomentar alternativas educativas audiovisuais inclusivas, co fin de favorecer a normalización lingüística e superar estereotipos de xénero.

Elaboración de soportes narrativos para a infancia: “Camiños en Branco”
Autoría
S.T.M.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
S.T.M.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
27.06.2025 11:00
27.06.2025 11:00
Resumo
Camiños en branco nace no eido da produción artística e parte dunha análise dos soportes narrativos dirixidos á infancia, facendo fincapé no valor de imaxinar e crear. O seu obxectivo é conformar unha proposta didáctica na que os nenos e nenas actúen coma axentes activos e creadores das súas propias historias e recursos expresivos. Altamente influenciada polos prelibri de Bruno Munari, o libro obxecto-imaxe de Katsuma Komagata e Warja Lavater, Eames de the House of Cards e o xogo de tarxetas ensambladas de Enzo Mari. A través do debuxo e do deseño previo dun soporte físico conformado por módulos de madeira encaixables, preténdese construír unha narrativa colectiva centrada nas artes plásticas e no traballo cooperativo. Dividida en tres sesións, promóvese a reflexión, a anticipación e a comprensión das rutinas diarias, así coma o desenvolvemento do pensamento simbólico. Conclúe cunha análise de resultados diferenciada entre as creacións finais e o proceso creativo. A xeito de conclusión, incídese na necesidade de traballar dende o imaxinario propio, afastándose de propostas infantilizadas e estereotipadas. Por último incide na importancia da educación artística nas aulas de educación infantil, e insiste en ampliar o bagaxe de vehículos narrativos, tanto na forma coma na voz emisora do discurso.

Dramatización e creatividade na aula de Educación Infantil.
Autoría
L.V.O.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
L.V.O.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
11.02.2025 14:30
11.02.2025 14:30
Resumo
O traballo de aula require de actividades que promovan a creatividade do alumnado. Dentro da aula de educación infantil, isto é aínda máis necesario se cabe, pois sentará no alumnado as bases llo seu desenvolvemento futuro. É por iso, que o obxectivo que perseguiremos será o de incluír a dramatización como unha ferramenta máis que permítanos facer ao alumnado consciente das súas fortalezas e reforzar algunha posible carencia. Estes exercicios inclúen un traballo emocional moi interesante onde podemos poñer en práctica situacións de recoñecemento de emocións propias e alleas. Neste sentido, é necesario lembrar que dentro da aula perseguiremos aprendizaxes significativas, que resulten amenos, buscando que o alumnado se mergulle dentro dos coñecementos propóñense. Ao momento de incluír estas actividades en aula, debemos estar atentos a posibles necesidades do alumnado e realizar tantas adaptacións como a situación de aula requira. A dramatización é unha oportunidade perfecta para observar o desempeño do alumnado de forma transversal. En definitiva, a aula de educación infantil debe ser unha xanela aberta ao mundo, onde o alumnado teña a oportunidade de coñecerse e relacionarse coa contorna.

Como afecta o contexto político e sociocultural á aprendizaxe da lingua inglesa: comparación entre España e Finlandia
Autoría
L.V.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
L.V.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
20.06.2025 13:00
20.06.2025 13:00
Resumo
Nas últimas décadas, por mor de varios acontecementos que deron paso ó mundo actual, a sociedade multilingüe e multicultural, xa existente, foi testigo dun gran intercambio de coñecementos entre países e evolucionou cara un contexto no que xorde a necesidade educativa de encontrar novos métodos de ensinanza que satisfagan o coñecemento e a aprendizaxe de novas linguas dunha forma efectiva. Por isto, quíxose realizar unha investigación sobre como se ensina a lingua inglesa nos países de España e Finlandia, analizando de que maneira inflúen os factores do contexto social, político e cultural; e verificando si realmente estos xustifican os resultados dunha mellor aprendizaxe da lingua.
Nas últimas décadas, por mor de varios acontecementos que deron paso ó mundo actual, a sociedade multilingüe e multicultural, xa existente, foi testigo dun gran intercambio de coñecementos entre países e evolucionou cara un contexto no que xorde a necesidade educativa de encontrar novos métodos de ensinanza que satisfagan o coñecemento e a aprendizaxe de novas linguas dunha forma efectiva. Por isto, quíxose realizar unha investigación sobre como se ensina a lingua inglesa nos países de España e Finlandia, analizando de que maneira inflúen os factores do contexto social, político e cultural; e verificando si realmente estos xustifican os resultados dunha mellor aprendizaxe da lingua.
Dirección
Anderson McGuire, JoDee (Titoría)
Anderson McGuire, JoDee (Titoría)
Tribunal
Anderson McGuire, JoDee (Titor do alumno)
Anderson McGuire, JoDee (Titor do alumno)
A Literatura Infantil e a súa potencialidade para tratar o tema tabú da morte nunha aula de Educación Infantil
Autoría
L.V.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
L.V.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
09.07.2025 14:00
09.07.2025 14:00
Resumo
A morte é un dos moitos temas tabú da nosa sociedade, falar deste tema resulta pesado, pois cando se menciona, tende a traer consigo sensacións negativas. Esa é unha das razóns polas que ten unha historia de evitación na Educación Infantil, mais non se debe permitir que a realidade siga sendo así, pois o coñecer a morte e ter formado conceptos relacionados con ela antes de vivir experiencias próximas a esta é altamente positivo para a infancia. Este traballo preséntase como unha investigación na que se recolle información nos campos da percepción e conceptos da morte para a infancia, da Pedagoxía da Morte e a visión da escola sobre esta, e de como a través da Literatura Infantil é posible achegar á infancia ao concepto de morte. Dita investigación servirá para xerar os cimentos dunha proposta didáctica consistente en acercar ao alumnado á morte a través de libros infantís.

Actividade física e saúde mental na Educación Primaria: Unha revisión bibliográfica e análise educativa no contexto galego
Autoría
E.V.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
E.V.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
09.07.2025 18:30
09.07.2025 18:30
Resumo
A saúde mental na infancia e adolescencia é un tema de crecente preocupación no ámbito educativo, debido ao aumento dos trastornos emocionais e do estado de ánimo nestas etapas. A actividade física preséntase como un factor protector fronte a estes trastornos, achegando beneficios fisiolóxicos, psicolóxicos e sociais. Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo analizar a relación entre a práctica de actividade física e a saúde mental no alumnado de Educación Primaria. Para iso, realizouse unha revisión bibliográfica de oito estudos científicos, ademais da análise dos plans de estudo do Grao en Mestre/a en Educación Primaria nas universidades galegas e do temario das oposicións á dita especialidade. Os resultados mostran que a actividade física mellora a autoestima, reduce os síntomas depresivos e favorece o benestar emocional. Con todo, evidéncianse carencias na formación universitaria e no temario das oposicións respecto á atención específica á saúde mental dende a Educación Física.

Onde nace a lingua: proposta didáctica de EI para romper prexuízos cara a lingua galega
Autoría
S.V.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
S.V.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
20.06.2025 11:00
20.06.2025 11:00
Resumo
A perda de falantes da lingua galega é un dos maiores problemas observados a día de hoxe na comunidade autónoma de Galicia para a súa lingua. Cada vez mais xente deixa de lado a lingua da comunidade e presenta menos competencias nesta mesma. Por isto, neste traballo preséntase unha proposta didáctica que busca romper cos prexuízos da lingua galega na educación infantil, promovendo a súa reivindicación dende a escola e tratando de que as futuras xeracións medren sen crear malas actitudes cara a lingua galega. Así, móstrase unha revisión teórica sobre temas como o bilingüismo e os prexuízos, relacionándoos ca lingua galega, que despois senta as bases dun proxecto para unha aula de educación infantil pensado para ser levado a cabo en Galicia. Deste xeito, a proposta, a través de actividades que mostran o valor da lingua, así como das diferencias dentro dela mesma, propón unha ferramenta útil para o profesorado que busque mellorar a competencia plurilingüe no alumnado, mencionada no Decreto 150/2022, mediante actividades que promovan o valor da lingua galega.

Sen barreiras ao son: proposta educativa ao alumnado con perda auditiva na Educacion Primaria
Autoría
S.V.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
S.V.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (L)
Data da defensa
27.06.2025 09:45
27.06.2025 09:45
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo promover a comprensión e a empatía cara o alumnado con perda auditiva nas aulas de Educación Primaria. Así, exponse unha proposta didáctica que se formula como unha ferramenta útil para o profesorado que valora a diversidade na aula e busca crear contextos máis inclusivos. Durante o transcurso deste traballo, preséntase unha revisión teórica que aborda temas como a inclusión e a súa evolución histórica, a perda auditiva ou os recursos que permiten unha mellor inclusión deste alumnado na vida cotiá, como son os sistemas aumentativos e alternativos de comunicación, tales como a lingua de signos, o uso de pictogramas ou a lectura labial. A continuación, móstrase a parte principal do traballo onde se explica unha proposta de inclusión que sigue unha metodoloxía baseada en proxectos, e busca concienciar ao alumnado de Primaria sobre as necesidades das persoas con perda auditiva. O proxecto pretende desenvolver as habilidades e estratexias necesarias, así como dar a coñecer as debilidades e fortalezas do alumnado con esta particularidade.

Impacto do uso do móbil nas prácticas de crianza e no desenvolvemento socioemocional na Educación Infantil
Autoría
M.V.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
M.V.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
20.06.2025 16:00
20.06.2025 16:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo analizar como inflúe o uso dos dispositivos móbiles na crianza dos nenos e nenas, especialmente no seu desenvolvemento socioemocional, durante a etapa de Educación Infantil. A partir da observación directa realizada durante o meu período de prácticas e dunha revisión teórica de estudos actuais, abórdase esta problemática desde unha dobre perspectiva: por unha banda, os efectos que pode ter o uso excesivo do móbil na vida familiar e, por outra, como repercute no comportamento, nas emocións e na forma de relacionarse dos máis pequenos/as da nosa sociedade. Para coñecer como se usan realmente os móbiles no fogar, realicei un cuestionario ás familias e observei o día a día na aula de Educación Infantil para saber como se manifestan determinados problemas de aprendizaxe e desenvolvemento na aula e se algúns poderían estar relacionados co uso do móbil que lles deixan as familias en situacións determinadas. As miñas observacións lévanme a afirmar que, aínda que as enquisas non reflicten por completo esa realidade, na Educación Infantil si se perciben cambios significativos no comportamento e no desenvolvemento de certas habilidades dos nenos e nenas. Estes cambios, en moitos casos, semellan estar relacionados co uso excesivo ou inadecuado do móbil ou da tableta na casa. Os resultados amosan que, aínda que moitas familias intentan facer un uso responsable, no día a día é habitual recorrer a estes dispositivos en momentos clave. Isto pode dificultar o desenvolvemento de habilidades como a autorregulación emocional, a atención ou a interacción social. Por todo isto, proponse unha intervención dirixida ás familias en forma de obradoiro, co fin de ofrecer información clara e recursos prácticos para promover un uso máis consciente do móbil e reforzar o vínculo afectivo cos fillos e fillas.

A influencia da Educación Física na configuración da autoestima e da autoconfianza na etapa de Educación Primaria
Autoría
I.V.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
I.V.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
09.07.2025 19:00
09.07.2025 19:00
Resumo
Na actualidade, a atención ao desenvolvemento emocional na infancia adquiriu unha especial relevancia dentro do ámbito educativo, pero persiste unha escaseza de estudos teóricos centrados especificamente na influencia da Educación Física sobre variables como a autoestima e a confianza. Esta carencia dificultará a aplicación consciente de prácticas educativas que aproveiten o potencial desta área para promover o benestar persoal do alumnado. Por iso, o obxectivo principal deste traballo é analizar como a Educación Física pode contribuír ao fortalecemento da autoestima e confianza en estudantes de Educación Primaria. Optouse por unha metodoloxía de revisión bibliográfica, baseada na análise da literatura científica, marcos teóricos e documentos institucionais que abordan o papel do entorno escolar, do profesorado e das prácticas pedagóxicas no desenvolvimento emocional do alumnado. Os resultados extraídos evidencian que, cando se aplican metodoloxías inclusivas, cooperativas e centradas no respecto á diversidade, a Educación Física actúa como un espazo favorecedor da autoestima e da seguridade persoal. A reflexión final pon de manifesto a necesidade de prestar maior atención a esta dimensión do desenvolvemento infantil desde a programación didáctica, co fin de consolidar prácticas que promovan un aprendizaxe significativo e emocionalmente saudable dentro da área de Educación Física.

Plurilingüismo en acción: integrando o enfoque comunicativo, o TIL e a AICLE nunha proposta didáctica sobre animais en Educación Primaria
Autoría
J.V.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
J.V.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
03.07.2025 17:00
03.07.2025 17:00
Resumo
Actualmente, o plurilingüismo configúrase como unha das consignas máis significativas na comprensión e atención dunha sociedade cada vez máis diversa, na que ser capaz de comunicarse axeitadamente en distintas lenguas, circunstancias e contextos resulta fundamental, ámbito no que a educación desempeña un papel esencial. Por esa razón, partindo dunha revisión bibliográfica que asenta as características fundamentais de diversas prácticas actuais no campo da educación plurilingüe, como o enfoque comunicativo, o tratamento integrado de linguas (TIL) e a aprendizaxe integrada de contenidos e linguas estranxeiras (AICLE), o principal propósito deste traballo consiste en elaborar unha proposta didáctica para a etapa de Educación Primaria que articule unha visión plurilingüe do proceso educativo a partir de ditos postulados teóricos que, de maneira conxunta, contribúen ao desenvolvemento da competencia lingüística e comunicativa en distintos idiomas. Para iso, establécese como punto de partida que o alumnado descubra o uso funcional da linguaxe, servíndose do mundo animal como eixo temático e dun escenario multingüe real no que conviven tres idiomas (inglés, galego e castelán): a comunidade autónoma de Galicia, de modo que a cultura próxima tamén se presenta como un elemento relevante na aprendizaxe lingüística. Este punto compleméntase cunha metodoloxía activa que converte ao alumnado en protagonista de situacións comunicativas reais. Conclúese, finalmente, cos beneficios de conectar os enfoques mencionados para potenciar a educación plurilingüe, así como coas barreiras que enfronta a súa verdadeira implementación.

Tocar o mundo. Unha proposta de talleres para traballar o sentido do tacto na escola.
Autoría
B.V.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
B.V.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
04.02.2025 10:00
04.02.2025 10:00
Resumo
No presente Traballo de Fin de Grao exploramos a importancia do sentido do tacto no ámbito da Educación Plástica dos nenos e nenas na etapa de Educación Primaria, resaltando o seu impacto no desenvolvemento integral dos estudantes. Mediante un análise teórico que se basa en enfoques pedagóxicos activos como Montessori e Reggio Emilia, destaca como a exploración sensorial táctil promove a creatividade, a independencia e a expresión individual. Elaborouse unha proposta didáctica estrucurada en cinco sesións, nas cales se empregan unha variedade de materiais e texturas co obxectivo de estimular a percepción táctil e propiciar un aprendizaxe profundo. A proposta diseñouse considerando a importancia da experimentación sensorial artística e para fortalecer o vínculo dos estudantes ca súa contorna. O estudo teórico promove que a educación experiencial a través da manipulación de diversos materiais na área plástica, pode incidir positivamente no desenvolvemento da motricidade fina, a autoconfianza e o interese pola expresión artística. Ademáis, plantease a necesidade de contar cos recursos adecuados e unha formación docente especializada para garantir unha implementación eficaz deste tipo de propostas. En resumo, o sentido do tacto é un recurso chave na Educación Plástica, que brinda múltiples vantaxes que trascenden no ámbito artístico e favorecen un aprendizaxe inclusivo e adaptado ás características do alumnado.

Evolución do concepto de Educación Ambiental e a súa aplicación na Educación Infantil: unha análise do currículum
Autoría
H.V.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
H.V.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
26.06.2025 15:00
26.06.2025 15:00
Resumo
Coa realización deste Traballo de Fin de Grao (TFG) preténdese explorar en profundidade o desenvolvemento e a aplicación da Educación Ambiental Sostible (EAS), desde os seus inicios no século XX ata a súa evolución no século XXI. Levarase a cabo unha revisión documental e bibliográfica en diversas fontes académicas, para determinar a orixe e a evolución do concepto de Educación Ambiental (EA). Esta análise permitirá comprender como mudou e se adaptou este campo ao longo do tempo, reflectindo as crecentes problemáticas ambientais e as necesidades educativas que atopamos, actualmente, nas aulas. A continuación, examinaranse as características e, coñecementos, valores, habilidades, enfoques educativos e obxectivos que deben guiar calquera proposta de EAS. Analizarase como estes elementos se integran e se reflicten no currículo actual de educación infantil, establecido no Decreto 150/2022, do 8 de setembro, que regula a ordenación e o currículo de educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Isto permitiranos avaliar a coherencia e a efectividade da normativa vixente, na promoción dunha educación respectuosa e comprometida co medio dende a primeira infancia. A estrutura empregada é a seguinte: introduciremos o tema para tratar no primeiro epígrafe do documento, para contextualizar e situar aos lectores. Presentaremos os obxectivos que se pretenden alcanzar , así como a metodoloxía empregada. Expoñeremos os resultados obtidos a partir da procura bibliográfica, ofrecendo un enfoque razoado e crítico .Finalizaremos cunhas conclusións, ademais dunha recompilación das referencias bibliográficas e webgrafías utilizadas.

Proposta artística de intervención educativa nas aulas de educación infantil
Autoría
M.V.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
M.V.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
19.06.2025 10:30
19.06.2025 10:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao plantexa unha proposta artística de intervención educativa, a cal pretende dar resposta á necesidade actual de achegar á infancia á súa contorna próxima e propoñer unha alternativa ao sistema reprodutivo que perpetúa a escola. Así mesmo, defende a importancia de valorar a cultura propia da infancia e revalorizar a educación artística para promover o desenvolvemento da creatividade e do imaxinario infantil. O plantexamento deste traballo está fundamentado na Investigación Baseada nas Artes, un tipo de investigación cualitativa que antepón a importancia do propio valor da educación fronte ás estatísticas. Procura analizar o valor da proposta desenvolta por medio da observación das súas propiedades e das posibilidades que ofrece. Non se pretende redactar unhas pautas estritas a seguir ou unha proposta que executar nas aulas, senón que con este traballo procurase demostrar que existen múltiples e diversas formas de levar a cabo a labor educativa na etapa de educación infantil. Non obstante, expónse aquí o deseño e planificación dunha proposta específica, sempre tendo en conta a importancia de adaptar a acción educativa ao contexto escolar en que se estea.

Contribución da Educación Infantil á normalización do galego. O caso do concello de Cervo.
Autoría
E.V.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
E.V.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
02.07.2025 12:00
02.07.2025 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao céntrase na contribución da Educación Infantil á normalización da lingua galega, tomando como punto de referencia a realidade sociolingüística do concello de Cervo. A día de hoxe a lingua galega conta cun estatus oficial, pero segue a perder falantes (especialmente entre as xeracións máis novas). Neste contexto, a escola é un axente clave para fomentar actitudes positivas cara ao galego. Este traballo conta con tres bloques principais: un marco teórico que analiza con que situación da lingua galega conta tanto Galicia coma o sistema educativo, facendo fincapé nos decretos, nos Proxectos Lingüísticos de Centro e no papel dos Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua; unha análise dos datos que se obtiveron a través dunha enquisa sociolingüística; e, por último, unha proposta didáctica centrada na inmersión lingüística e no uso natural do galego. A proposta está deseñada e planificada para ser un proxecto anual que se pode adaptar a calquera centro educativo de Galicia, malia que actualmente non é aplicable debido ás limitacións do marco lexislativo vixente. Por isto mesmo, preséntase a proposta como unha ferramenta de futuro. O obxectivo final é contribuír dende as primeiras etapas educativas á revitalización da lingua galega.

SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Titor do alumno)

Recursos visuais como ferramentas psicoemocionais para o alumnado con TEA na aula de Educación Primaria.
Autoría
P.V.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
P.V.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
30.06.2025 13:30
30.06.2025 13:30
Resumo
No contexto educativo actual, o incremento de estudantes con diagnóstico de Trastorno do Espectro Autista (TEA) nas aulas ordinarias supón un desafío que require a procura de recursos diversos para lograr unha educación verdadeiramente inclusiva. Neste sentido, o presente Traballo de Fin de Grao (TFG) analizará o uso de recursos visuais como ferramentas psicoemocionais na aula de Educación Primaria, con especial atención ao alumnado con TEA, que a miúdo presenta dificultades na expresión e comprensión das emocións, tanto propias como alleas. Este traballo ten como obxectivo promover no alumnado TEA unha correcta identificación e xestión das emocións mediante o uso de diversos recursos visuais adaptados, principalmente, no uso de pictogramas. Para iso, deseñarase unha intervención educativa baseada na visualización da película “Del Revés” (Inside Out), que actúa como recurso estimulador e estruturador do traballo emocional na aula. A metodoloxía empregada baséase nun enfoque cualitativo e didáctico, centrado na profundización do TEA, para posteriormente orientar o traballo cara ao deseño dunha proposta educativa enfocada en diferentes actividades visuais e comunicativas. É importante destacar que a proposta estará adaptada ás características e necesidades do alumnado con TEA co fin de mellorar os procesos de identificación emocional, a empatía e a autorregulación. Finalmente, en relación cos resultados esperados, aspírase a alcanzar unha mellora tanto na comprensión como na expresión emocional, así como un maior grao de cohesión e inclusión no grupo-clase

Proxecto de investigación sobre a luz no CEIP Plurilingüe Ponzos
Autoría
V.Z.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
V.Z.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
07.07.2025 13:00
07.07.2025 13:00
Resumo
O “Proxecto de investigación sobre a luz no CEIP Plurilingüe Ponzos” desenvólvese nas aulas de 4º e 5º de E.I., co obxectivo de coñecer as características da luz. O proxecto parte da filosofía de Reggio Emilia e expón propostas que parten das preguntas e intereses do alumnado promovendo así a curiosidade, creatividade e experimentación. O proxecto estrutúrase en tres fases (inicio, desenvolvemento e conclusión) e consta de sete sesións que abordan os diferentes aspectos da luz: a diferenciación entre luz artificial e luz natural, as sombras, a clasificación dos materiais segundo estes permiten ou non pasar a luz, a descomposición da luz en cores, creación de luz artificial e realización de composicións artísticas con luz negra. En conclusión, preséntase unha forma de abordar o tema da luz achegando aos nenos e nenas ao coñecemento científico dunha maneira lúdica e experimental, fomentando a aprendizaxe significativa que argumentaba Ausubel e contribuíndo ao desenvolvemento persoal e cognitivo do alumnado.
O “Proxecto de investigación sobre a luz no CEIP Plurilingüe Ponzos” desenvólvese nas aulas de 4º e 5º de E.I., co obxectivo de coñecer as características da luz. O proxecto parte da filosofía de Reggio Emilia e expón propostas que parten das preguntas e intereses do alumnado promovendo así a curiosidade, creatividade e experimentación. O proxecto estrutúrase en tres fases (inicio, desenvolvemento e conclusión) e consta de sete sesións que abordan os diferentes aspectos da luz: a diferenciación entre luz artificial e luz natural, as sombras, a clasificación dos materiais segundo estes permiten ou non pasar a luz, a descomposición da luz en cores, creación de luz artificial e realización de composicións artísticas con luz negra. En conclusión, preséntase unha forma de abordar o tema da luz achegando aos nenos e nenas ao coñecemento científico dunha maneira lúdica e experimental, fomentando a aprendizaxe significativa que argumentaba Ausubel e contribuíndo ao desenvolvemento persoal e cognitivo do alumnado.
Dirección
IGLESIAS FORNEIRO, MARIA LINA (Titoría)
IGLESIAS FORNEIRO, MARIA LINA (Titoría)
Tribunal
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Presidente/a)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Secretario/a)
SOUTO SEIJO, ALBA MARIA (Vogal)
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Presidente/a)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Secretario/a)
SOUTO SEIJO, ALBA MARIA (Vogal)
A sensorialidade nas aulas do 1º Ciclo de Educación Infantil
Autoría
M.Z.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
M.Z.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
19.06.2025 11:00
19.06.2025 11:00
Resumo
Con este traballo puiden levar cabo tres propostas de educación sensorial nas diferentes aulas do 1º Ciclo de Educación Infantil. A través de metodoloxías artísticas baseadas na manipulación e exploración do alumnado. Grazas ás propostas educativas onde se potencie a sensorialidade os infantes favorécese o seu desenvolvemento integral.
Con este traballo puiden levar cabo tres propostas de educación sensorial nas diferentes aulas do 1º Ciclo de Educación Infantil. A través de metodoloxías artísticas baseadas na manipulación e exploración do alumnado. Grazas ás propostas educativas onde se potencie a sensorialidade os infantes favorécese o seu desenvolvemento integral.
Dirección
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Titoría)
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Titoría)
Tribunal
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Titor do alumno)
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Titor do alumno)
Metodoloxía OAOA na Educación Primaria: Transformando a ensinanza da aritmética
Autoría
F.Z.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
F.Z.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
08.07.2025 10:00
08.07.2025 10:00
Resumo
A finais do século XX xurdiu a necesidade de renovación da didáctica das matemáticas en España, impulsada polo rexeitamento a métodos tradicionais centrados na memorización e repetición. Neste contexto nace o movemento OAOA (Outros Algoritmos para as Operacións Aritméticas), liderado por Antonio Martín e inspirados polas ideas de Constance Kamii, Jean Piaget entre outros. Co obxectivo de achegarnos ao movemento, comezamos revisando algúns dos textos que o fundamentan, o ensino baseado na autonomía do alumnado, o razoamento lóxico e o uso de materiais manipulativos, como as regletas de Cuisenarie, para fomentar unha comprensión significativa da aritmética. OAOA busca substituír os antigos algoritmos estándar (ATOA) por estratexias personalizadas de cálculo mental, adaptadas á diversidade da aula. Este primeiro achegamento e análise será complementado coa selección e análise de vídeo-artigos do movemento OAOA sobre posibles usos das regletas de Cuisenarie e o ensino das catro operacións aritméticas básicas.

LOIS PRADOS, CRISTINA (Titor do alumno)
LOIS PRADOS, CRISTINA (Titor do alumno)