Crise galega do granulado plástico e controversia sociocientífica: unha proposta de intervención educativa para a alfabetización en ciencias
Autoría
F.P.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)

Data da defensa
17.02.2025 16:00
17.02.2025 16:00
Resumo
O 8 de decembro do 2023, o buque CSAV Toconao perdeu 26,25 toneladas de granulado plástico fronte a Viana do Castelo (Portugal), moitas das cales chegaron ás praias galegas desencadeando unha alerta ecolóxica que foi motivo de controversia a propósito da súa magnitude e impacto. As controversias sociocientíficas constitúen unha oportunidade idónea para a aprendizaxe das ciencias mediante a argumentación, situándoas no contexto cotián do alumnado. A argumentación é unha práctica científica e social que contribúe á sistematización do pensamento e á adquisición de habilidades de comunicación. No presente traballo, deseñouse unha proposta de intervención educativa baseada en datos reais composta de tres actividades: avaliación da dimensión do impacto ambiental, análise de discursos de distintos axentes sociais implicados e deseño de estratexias de prevención. Prevese que isto contribúa ao desenvolvemento do pensamento crítico do alumnado, a desenvolver competencias relacionadas coa resolución de problemas e a promover actitudes favorables á sustentabilidade ambiental.

Dirección
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Titoría)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Titoría)
Tribunal
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Secretario/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Vogal)

Proposta didáctica para o ensino da Física e Química en 4º curso da ESO mediante metodoloxías activas: indagación e gamificación
Autoría
P.Q.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
P.Q.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
17.02.2025 17:00
17.02.2025 17:00
Resumo
O emprego de metodoloxías activas de aprendizaxe é algo fundamental á hora de afrontar as necesidades de mellorar a ensinanza do enlace químico. Estes contidos, esenciais para comprender a reactividade química e as propiedades dos materiais, adoitan explicarse con métodos memorísticos e teóricos. A proposta didáctica inclúe unha actividade de indagación no laboratorio onde os estudantes investigan as propiedades de diferentes sustancias para identificar os enlaces químicos que estas presentan, e un xogo didáctico no que deben relacionar elementos químicos e explicar o tipo de enlace que os une. Estas metodoloxías fomentan a participación activa, o pensamento crítico e o traballo colaborativo. Os resultados obtidos durante a súa implementación mostran que os estudantes lograron relacionar os conceptos teóricos cos fenómenos reais, mellorando a súa comprensión e motivación pola química. En definitiva, o traballo destaca a importancia das metodoloxías innovadoras para promover competencias científicas e habilidades prácticas na educación secundaria obrigatoria.

ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Titoría)
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Presidente/a)
ARTO BLANCO, MONICA (Secretario/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Vogal)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Presidente/a)
ARTO BLANCO, MONICA (Secretario/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Vogal)
Revisión sistemática da competencia dixital docente na educación secundaria
Autoría
R.A.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)

17.02.2025 13:00
17.02.2025 13:00
Resumo
Debido ao rápido desenvolvemento das tecnoloxías da información e a comunicación no ámbito educativo, os docentes requiren dunha formación e capacitación de competencias dixitais que favorezan ao proceso de ensino e aprendizaxe e, por conseguinte, contribúan á mellora da calidade do sistema educativo. Este Traballo Fin de Máster baséase nunha investigación documental centrada na competencia dixital do profesorado español en educación secundaria. Optouse pola revisión sistemática de artigos publicados nos últimos cinco anos na bases de datos de Web of Science. A partir dos criterios de inclusión conformouse unha mostra de 14 publicacións que foron analizadas segundo a temática principal contida. Os resultados obtidos apuntan a catro temáticas predominantes nas investigacións recentes: nivel de competencia, marco curricular, inclusión tecnolóxica e recomendacións. Establécese un nivel medio de competencia dos e das docentes, sendo a idade e o xénero factores condicionantes. Así mesmo, a formación continua, xunto co establecemento de certificacións regradas son recomendacións prioritarias nos estudos sobre competencia dixital docente.

ARTO BLANCO, MONICA (Titoría)
ARTO BLANCO, MONICA (Titoría)
Tribunal
BARREIRA CERQUEIRAS, EVA MARIA (Presidente/a)
DIAZ BALADO, ALICIA (Secretario/a)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Vogal)

Prevención de Riscos Laborais no Sector Docente
Autoría
J.S.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
J.S.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario (Campus Lugo)
Data da defensa
17.02.2025 12:00
17.02.2025 12:00
Resumo
No presente traballo se leva a cabo unha investigación bibliográfica acerca dos riscos laborais e as medidas de prevención a por en práctica no sector docente. En primeiro lugar, abórdase a normativa estatal, autonómica e sectorial que regula a prevención de riscos laborais, e se definen unha serie de conceptos fundamentais. No traballo se dividen os riscos laborais na docencia en riscos psicosociais, riscos ergonómicos e riscos derivados das condicións de seguridade e saúde. Finalmente, en cada grupo se identifican os principais riscos, así como os factores de risco, os síntomas asociados e as estratexias de prevención.

GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
Tribunal
BARREIRA CERQUEIRAS, EVA MARIA (Presidente/a)
ARTO BLANCO, MONICA (Secretario/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Vogal)
BARREIRA CERQUEIRAS, EVA MARIA (Presidente/a)
ARTO BLANCO, MONICA (Secretario/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Vogal)
Proposta para revitalizar o método gramática e tradución no proceso de aprendizaxe do español para o alumnado alemán de secundaria
Autoría
L.S.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)

18.02.2025 12:00
18.02.2025 12:00
Resumo
Este traballo propón revitalizar o método de gramática e tradución, un enfoque tradicional de ensino de linguas, integrándoo como complemento no enfoque comunicativo, amplamente adoptado no século XXI. A proposta céntrase na aprendizaxe do español por parte de estudantes alemáns de secundaria, mediante o deseño dunha unidade didáctica que combina ambos métodos. Esta unidade busca demostrar que o uso estratéxico da gramática e da tradución, integrado en actividades comunicativas, potencia a comprensión estrutural do idioma e mellora a precisión no seu uso, sen sacrificar a fluidez e espontaneidade propias do enfoque comunicativo.

SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Titoría)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Titoría)
Tribunal
VARELA ZAPATA, JESUS (Presidente/a)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Secretario/a)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Vogal)
VARELA ZAPATA, JESUS (Presidente/a)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Secretario/a)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Vogal)
Historia da Educación Ambiental en España
Autoría
C.F.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
C.F.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
17.02.2025 16:00
17.02.2025 16:00
Resumo
No presente Traballo de Fin de Máster lévase a cabo unha revisión bibliográfica dos principais documentos existentes ligados á cuestión da Educación Ambiental, como son os artigos de expertos, os escritos dos Cumios Climáticos e as Leis Educativas, coa fin de amosar unha perspectiva ordeada sobre o seu nacemento, evolución e situación actual en España. Esta análise pretende ilustrar cómo se trata a materia nas aulas e valorar as melloras que se poderían aplicar na súa ensinanza dende o punto de vista dun profesor de Educación Secundaria e Bacharelato.

SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Presidente/a)
ARTO BLANCO, MONICA (Secretario/a)
FERREIRO NUÑEZ, XESUS (Vogal)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Presidente/a)
ARTO BLANCO, MONICA (Secretario/a)
FERREIRO NUÑEZ, XESUS (Vogal)
O poder do xogo: impacto da gamificación e a Aprendizaxe Baseada en Xogos na adquisición do inglés como lingua estranxeira
Autoría
C.S.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
C.S.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas: Linguas Estranxeiras (Campus Lugo)
Data da defensa
18.02.2025 13:00
18.02.2025 13:00
Resumo
Este traballo presenta unha revisión bibliográfica sobre a gamificación e a Aprendizaxe Baseada En Xogos (ABX) no ámbito educativo, con especial énfase na súa aplicación na ensinanza do inglés. Explóranse as teorías da aprendizaxe que fundamentan estas ferramentas, a súa evolución histórica e as tendencias actuais na investigación. Así mesmo, analízanse os beneficios, desafíos e limitacións da gamificación e a ABX na aula de inglés, destacando casos de éxito na mellora da motivación, o compromiso e a aprendizaxe significativa. Finalmente, abórdanse as implicacións pedagóxicas para os docentes, enfatizando a necesidade dunha formación continua para maximizar o potencial destas estratexias. Este traballo conclúe que, pese aos retos, representan unha ferramenta poderosa para transformar a educación e atender á diversidade na aula.

GONZALEZ REY, MARIA ISABEL (Titoría)
GONZALEZ REY, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
VARELA ZAPATA, JESUS (Presidente/a)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Secretario/a)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Vogal)
VARELA ZAPATA, JESUS (Presidente/a)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Secretario/a)
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Vogal)