Ir o contido principal

Actualidade

Campus Terra, unha fonte de solucións innovadoras para o sector agroalimentario

Investigadores integrados no grupo Análise Sensorial, Valoración Nutricional e Desenvolvemento de Novos Alimentos (Labtecali) da USC, que acaba de ser recoñecido como de referencia competitiva pola Xunta de Galicia, achegan a empresas e produtores do sector agroalimentario alternativas de I+D+i apropiadas para mellorar a rendibilidade e optimizar o éxito da súa actividade

Ler máis

Veterinaria estende a súa pegada á India

O grupo de Investigación en Sanidade Animal de Galicia (Invesaga) do Campus Terra da USC achega formación especializada no ámbito da sanidade animal para mellorar a capacitación de futuros profesionais da India, en virtude dun convenio entre a USC e a Universidade Sher-E-Kashmir of Agricultural Sciences and Technology de Jammu

Ler máis

Pisos esvaradíos, cubículos e corredores reducidos, eivas de benestar animal nas granxas luguesas de vacún de leite

A tese de doutoramento desenvolvida no Campus Terra da USC pola veterinaria Sonia Verdes Gil baixo a dirección de Pedro García Herradón e Luis Quintela conclúe que as superficies incómodas e as dimensións reducidas de cubículos e corredores afectan á saúde e á hixiene dos animais e diminúen a rendibilidade das explotacións na provincia de Lugo

Ler máis

Ovos e colesterol, un mito matizado pola ciencia

Gema Manuela Puertas Hernando constatou que a interacción das lipoproteínas da xema coas proteínas da clara impiden a correcta separación dos compoñentes do ovo e, polo tanto, evita a transmisión de colesterol ás persoas que consuman estes alimentos

Ler máis