O estudantado elixe este xoves representantes no Claustro Universitario da USC
A votación efectúase electronicamente entre as 09.00 e as 18.00 horas e a proclamación definitiva das persoas electas será o mércores 20 de marzo
A votación efectúase electronicamente entre as 09.00 e as 18.00 horas e a proclamación definitiva das persoas electas será o mércores 20 de marzo
A exposición pode visitarse na planta baixa do edificio, onde poderemos atopar leccións maxistrais e unha escolma de libros escritos polo profesorado das diferentes áreas de coñecemento
O foro desenvólvese ata o 15 de marzo e a súa organización corre a cargo do CiTIUS da USC
O director do CiTIUS Senén Barro abre este mércores 13 un foro sobre Intelixencia Artificial que serve de preámbulo á Asemblea Xeral que se desenvolve este xoves 14
A iniciativa promovida desde a Comisión de Normalización Lingüística do centro gratificará cun total de 550 euros para as dúas mellores tarefas académicas e os dous TFG escritos en galego que teñan unha maior calidade lingüística. O prazo de presentación de candidaturas remata o 30 de setembro
A convocatoria impulsada pola Vicerreitoría de Estudantes e Cultura recibiu un total de 47 propostas de actividades, 22 máis que o ano pasado, das cales 32 recibirán financiamento para dinamizar a vida das facultades e das escolas universitarias
Só hai dous representantes galegos neste grupo de especialistas
Os grupos clonais pandémicos de ‘E. coli’ B2-CC131 e B2-ST1193 provocan a metade das infeccións de tracto urinario multirresistentes, segundo publica en ‘Frontiers in Cellular and Infection Microbiology’ o equipo do Campus Terra da USC liderado por Azucena Mora. O estudo busca axilizar a vixilancia etiolóxica hospitalaria e comunitaria destas doenzas, ademais de facilitar o deseño de vacinas para erradicar a diseminación destes clons de alto risco resistentes ás fluoroquinolonas
Nesta proposta analízanse as eivas da comunicación científica en acceso aberto e propóñense unha serie de principios para avanzar cara un modelo máis equitativo e sostible. As achegas poderán realizarse ata o vindeiro 30 de abril.
As xornadas ‘Apoderamento lingüístico’ examinan na Facultade de Ciencias da Educación contidos e metodoloxías que faciliten a toma de consciencia sobre as posibilidades das accións educativas
O proxecto CIBER-ECO analiza se é posible predicir con modelos baseados en intelixencia artificial o impacto potencial de ameazas baseadas nas novas tecnoloxías
As persoas interesadas en participar na xornada técnica que se desenvolverá o 19 de marzo na sede luguesa do LNSV poden formalizar a súa inscrición de balde a través do enderezo de correo electrónico bzn-lnsv@mapa.es
Unha reunión científica sobre o estudo do comportamento e a conduta dos animais promovida polo Grupo Universitario de Etoloxía Clínica Aplicada da Facultade de Veterinaria da USC e no que participan como relatores catro diplomados europeos en Benestar Animal e Medicina do Comportamento cita 160 persoas no Campus Terra
Celebrarase o luns 18 impartido por persoal da Unidade de Atención Psicolóxica da USC. A inscrición poderá realizarse ata o vindeiro xoves 14
As aves son o tema que protagoniza este ano o certame da Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC
A persoa que obteña mellor valoración na titorización poderá obter un premio de 1.500 euros que outorga o Consello Social