O máster en Enxeñaría Ambiental renova coma líder do Ranking El Mundo
Hoxe, 20 de xuño de 2024, renovamos o liderado do Máster en Enxeñaría Ambiental da USC no Ránking 250 Máster que elabora anualmente o xornal El Mundo (sección Medio Ambiente).
E con este van 10 anos consecutivos.
Unha vez máis, é importante destacar como principal fortaleza do Máster o seu cadro docente, totalmente interdisciplinario. Un profesorado que abarca 13 áreas de coñecemento que van dende a enxeñaría ata as ciencias sociais, e caracterízase por unha alta produtividade científica, coa maioría dos seus membros pertencendo ao Centro Singular CRETUS, así como polo seu equilibrio entre xéneros. Ademais, conta cunha ampla rede de colaboracións con empresas e centros de investigación.
Nese sentido, remarcar a implicación dun gran número de empresas que colaboran connosco, lideradas por aquelas que forman parte do noso Comité Externo.