Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Aula de Proxectos
Almudena Hospido Quintana
Enxeñaría Sen fronteiras (ESF) é unha asociación independente, sen ánimo de lucro, baseada no voluntariado transformador, que busca contribuír á construción colectiva dunha sociedade mundial xusta, crítica e solidaria mediante a cooperación para o desenvolvemento e o uso da tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano e o ben común. Dentro do seu programa ESF NA UNIVERSIDADE e no marco de colaboración asinado coa Aula Profesional da ETSE, ofrecen unha programación variada e rica aberta a todo o persoal do centro.

Criterios de selección: Orde de inscripción. Preferencia para o Estudantado do GrEQ.
Inscrición: enviar correo electrónica a aula.profesional [at] usc.es (aula[dot]profesional[at]usc[dot]es)
Nº máximo de estudantes: 50 persoas, 25 para o curso número 4
Sistema de avaliación: Control de asistencia + actividade asociada ao traballo persoal que se indicará en cada curso.