A Escola é consciente da importancia que ten a calidade no contexto universitario para poder garantir programas formativos que dean resposta ás demandas de excelencia no contexto universitario. Por iso, o principal obxectivo da súa política de calidade traballar para ser un centro formativo e investigador de referencia a nivel nacional e internacional nos ámbitos que Ile son propios, e para ser un modelo na xestión eficiente dos seus recursos, cunha oferta formativa de calidade en grao e posgrao nas que se empregan metodoloxias docentes que permitan o desenvolvemento das capacidades persoais e de aprendizaxe autónoma dos seus estudantes. Ademaís, está comprometida coa inserción laboral dos seus litulados e é receptiva á colaboración coa sociedade (colexios e asociacións profesionais, con empresas e institucións e, singularmente, cos seus titulados).
A Escola comprométese a empregar todos os recursos técnicos, económicos e humanos á súa disposición para garantir a calidade da súa oferta educativa e establece a súa política de calidade baixo estes principios:
Éticos
- Compromiso coa integridade, veracidade e responsabilidade.
- Compromiso coa igualdade de xénero.
- Respecto aos dereitos das persoas dentro da diferenza.
- Compromiso co medio ambiente e o desenvolvemento sostible.
- Compromiso coa sociedade galega e os seus sinais de identidade
- Transparencia na información e na xestión.
Profesionais
- Cultura da calidade e procura da excelencia.
- Colaboración, participación e traballo en equipo.
- Innovación e creatividade.
- Fomento da participación dos distintos colectivos interesados na misión do centro .
- Compromiso coa transferencia de coñecemento e tecnoloxía á sociedade.