Poden realizar as prácticas os alumnos e alumnas nas titulacións de grao ou máster impartidas na EPS. No caso das titulacións de Grao a partir do 3.º curso.
As Prácticas Externas equivalen a unha materia optativa de 6 créditos (150 horas de traballo) nos Graos e nos Másteres son unha materia obrigatoria de 10 créditos (250 horas).
O/A alumno/a ten que ter asignada unha empresa receptora e un/ha titor/a académico/a (profesor/ada titulación na que estea matriculado/a). O/A titor/a académico/a noméase na comisión de título.
Hai tres modalidades de prácticas:
- O alumnado solicita algunha das empresas coas que a EPS ten convenio de colaboración.
- Nunha empresa cuxo convenio é xestionado coa intermediación do propio estudante.
- O alumnado solicita algunha das ofertas lanzadas polas empresas.