O TFM consistirá na elaboración dun traballo de carácter profesional no que se integren as competencias adquiridas no título, polo que se pode facer como TFM calquera traballo que poida realizar un profesional no ámbito laboral. Atendendo ao formato do documento e aos obxectivos fixados, hai tres tipos de traballos: Proxecto de Enxeñaría, Estudo Técnico e Traballo de Investigación.
Como norma xeral, nos másteres habilitantes o TFM é de 12 ECTS. No Máster en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados é 9 ECTS; no Máster en Arquitectura da Paisaxe ten 9 ECTS; no Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio é de 9 ECTS e no Máster en Direcciónn de Proxectos contabiliza 15 ECTS.
Para poder formalizar a matrícula do TFM unicamente se pode ter pendente para finalizar os estudos un máximo de 75 créditos, excluídos os correspondentes ao TFG.
|
---|