Ir o contido principal

Déixaste levar? Ou prefires actuar? Lidera o cambio

Programa de Innovación AKADEMIA para alumnado da USC
Programa de Innovación AKADEMIA para alumnado da USC

PROGRAMA  AKADEMIA Edición 2025-2026

Curso de innovación en liña gratuíto para alumnado da USC

 

Cuestionarte é o primeiro paso para cambiar as cousas

 

Estás terminando a carreira e sentes que todo está por descubrir?

 

Se respondes ‘si’ á maioría das seguintes preguntas, inscríbete en AKADEMIA:

 

  • Tes a sensación de que non sabes cal é o seguinte paso na túa carreira?
  • Preguntácheste que papel xogará a innovación na túa vida?
  • Queres saber como a IA transformará o teu futuro?
  • Queres atopar unha maneira diferente de facer as cousas con xente que ten as mesmas inquedanzas ca ti?

 

O programa Akademia busca estudantado coma ti, persoas inquietas, proactivas, con capacidade e ganas de atopar solucións aos problemas que están por chegar, de sentar as bases do seu propio futuro profesional desde un punto de vista innovador e sostible.

 

AKADEMIA rétate a mirar máis alá e a entender o que ven. Non agardes a que outros decidan o teu futuro.

 

En Akademia atoparás

Innovación

para aprender a mirar, analizar e interpretar as tendencias do futuro

Inmersión

unha experiencia de crecemento para a túa vida profesional e persoal. Aprenderás a crear un algoritmo de intelixencia artificial desde cero

Interdisciplinariedade

porque conectarás con diversas áreas de coñecemento

 

Metodoloxía

  • Empeza desde cero
  • 9 sesións en liña de 1h 30 min.
  • Visita presencial a unha empresa
  • 90 prazas, 30 por convocatoria
  • Da man de expertos implicados en Innovación de diferentes sectores

 

3 convocatorias

Hai abertas 3 convocatorias diferentes para que poidas elixir o horario e día da semana que mellor se adapte a ti.

 

Convocatoria 1

Luns 16h-17h30

Duración: do 13 de outubro de 2025 ao 26 de xaneiro de 2026

Data límite de inscrición: 23 de setembro

 

Convocatoria 2

Mércores 12h30-14h00

Duración: do 15 de outubro de 2025 ao 28 de xaneiro de 2026

Data límite de inscrición: 30 de setembro

 

Convocatoria 3

Venres 12h-13h30

Duración: do 17 de outubro de 2025 ao 30 de xaneiro de 2026

Data límite de inscrición: 30 de setembro

 

As sesións

 

 

Sesións en liña

 

Convocatoria

luns

Convocatoria

mércores

Convocatoria

venres

Presentación e benvida mentes “in” +

13 de outubro

15 de outubro

17 de outubro

InnovAcción: Ideas do papel á realidade

20 de outubro

22 de outubro

24 de outubro

Por que a auga é a gran mentireira?

27 de outubro

29 de outubro

31 de outubro

De que falamos cando falamos de Telecomunicacións?

3 de novembro

5 de novembro

7 de novembro

Caso práctico: introdución

10 de novembro

12 de novembro

14 de novembro

A importancia de saber utilizar os datos

17 de novembro

19 de novembro

21 de novembro

Creando intelixencia artificial

24 de novembro

26 de novembro

28 de novembro

Qubits: Descifrando a revolución cuántica

1 de decembro

10 de decembro

12 de decembro

Defensa caso práctico

26 de xaneiro

28 de xaneiro

30 de xaneiro

 

Quero inscribirme

Sexa cal sexa a túa carreira, o programa Akademia é para ti!

Inscríbete aquí https://www.fundacionbankinter.org/programas/akademia/?_adin=01833301559

 

Para máis información, podes poñerte en contacto con UNINOVA en rosa.sanchez [at] uninova.gal (rosa[dot]sanchez[at]uninova[dot]gal) ou no teléfono 881 056 882.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.09.2025.