Ir o contido principal
  • USC

Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia

O vindeiro 11 de febreiro celébrase o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia. A Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou este día co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e nenas, e ademáis para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres.

Este Día é un recordatorio de que as mulleres e as nenas desempeñan un papel fundamental nas comunidades de ciencia e tecnoloxía e que a súa participación debe fortalecerse. A celebración está dirixida pola UNESCO e ONU-Mujeres, en colaboración con institucións e socios da sociedade civil que promoven o acceso e a participación de mulleres e nenas na ciencia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.02.2022.