A empresa EMERSON doa a ETSE unha válvula de control
A empresa EMERSON doou unha válvula de control ao Departamento de Enxeñaría Química para empregala por docentes e estudantes como apoio aos coñecementos de distintas materias relacionadas principalmente co Grao en Enxeñaría Química.
O Departamento de Enxeñaría Química quere agradecer moi especialmente a EMERSON dita doazón.