Ir o contido principal

Investigadores da ETSE entre o 2% dos máis citados e influentes do mundo

Departamento de Enxeñaría Química
Departamento de Enxeñaría Química
Esta clasificación elaborouna investigadores da Universidade de Stanford, a organización SciTech Strategies e a empresa Elsevier, e nela figuran investigadores do Departamento de Enxeñaría Química da USC.

Un total de 54 investigadores e investigadoras da USC sitúanse entre o 2% dos científicos máis citados e influentes do mundo en 22 campos científicos e 176 subcampos. Así o establece a base de datos elaborada por John P. A. Ioannidis da Universidade de Stanford, xunto con Kevin W. Boyack de SciTech Strategies e Jeroen Baas da empresa Elsevier. 

Forman parte desta listaxe por parte da USC os profesores e investigadores do Departamento de Enxeñaría Química Juan Lema, Alberto Arce, Gumersindo Feijoo, María Teresa Moreira, Marta Carballa e Ana Soto. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.10.2021.