Ir o contido principal

Ranking dos mellores másteres 2021/2022 según El Mundo

O Máster en Enxeñaría Ambiental revalida a 1ª posición no Ranking El Mundo

Máster Enxeñaría Ambiental
Máster Enxeñaría Ambiental
Para elaboralo contouse coa opinión e axuda de máis de 800 expertos, docentes, estudantes, ex alumnos e responsables das empresas que colaboran nas titulacións.

O diario El Mundo publicou o ranking de mellores másteres 2021/2022, onde reúne 250 programas de máster de distintas universidades e escolas de negocios en 50 especialidades. En cada categoría están incluídos as cinco mellores universidades que imparten os mellores másteres, e ademáis inclúe unha guía completa de MBA coas mellores escolas de negocios que os ofrecen.

Para elaboralo analizouse 25 criterios de selección, divididos segundo a demanda do máster, os recursos humanos, plano de estudos, resultados e medios materiais.

O Máster en Enxeñaría Ambiental impartido na ETSE ocupa a primeira posición na rama de Medioambiente do ranking dende 2015.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.06.2021.