Ir o contido principal

A Universidade de Valladolid concede o Doutoramento Honoris Causa ao Profesor Emérito Juan Lema

Juan Lema Rodicio
Juan Lema Rodicio
Os membros do Consello do Goberno da Universidade de Valladolid nomearon a Juan Lema Rodicio como Doutor Honoris Causa a proposta da Escola de Enxeñarías Industriais.

O Profesor Juan Manuel Lema Rodicio orientou as súas actividades, tanto en investigación e innovación como na formación de científicos, cara a protección do medio ambiente e recuperación de recursos baixo o concepto da economía circular, no campo da Enxeñaría Química e Ambiental. As súas liñas de investigación mantiveron sempre un dobre obxectivo: Avanzar no coñecemento de novos conceptos e desenvolver (e aplicar), baseándose neles, novos procesos orientados á solución de problemas ambientais ou á obtención de productos químicos, primando sempre a acción formadora.

Despois do seu Doutorado na Universidade de Santiago de Compostela, o profesor Lema incorporouse á Universidade Autónoma de Barcelona, onde poñe en marcha unha líña de traballo sobre o tratamento biolóxico de augas residuais e residuos con recuperación de enerxía, iniciativa pioneira en España, desenvolvendo, a escala laboratorio e piloto industrial, solucións novedosas para minimizar impactos e recuperar recursos. Realizou estancias postdoctorais no INRA de Lille (Francia) (1979, 1983) e no INSA de Toulouse (Francia) (1980, 1983) onde se familiarizou cos procesos biotecnolóxicos de tratamento de augas residuaiss por dixestión anaerobia e de fermentación.

Incorporouse, como Catedrático de Enxeñaría Química, á Universidade de Santiago de Compostela, en 1984 onde fundou o grupo de Biotecnoloxía ambiental, vixente ata o momento, onde realizou dende entonces toda a súa investigación, mantendo as dúas líñas que desenolveu na UAB: Procesos biotecnolóxicos para a eliminación de residuos ou para producción de produtos químicos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.10.2021.