Ir o contido principal

Actualidade

'Troia-Mentoring', un pulo a prol da integración sociolaboral

O programa de capacitación en habilidades empresariais para persoas con síndrome de Down impulsado desde a Aula TIC-Pemes da USC bota a andar na Facultade de ADE con 8 persoas con discapacidade intelectual que, acompañados de voluntariado da USC, completarán estadías profesionais durante dous meses en empresas de Lugo tras recibir 30 horas de formación específica

Ler máis

A Cátedra Fundación Areces de Distribución Comercial premia un estudo de Adrián No sobre compra de produtos alimentarios en liña

O TFG ‘Factores que inflúen na experiencia de compra en liña de produtos alimentarios’, desenvolvido no Campus Terra da USC polo graduado en Administración e Dirección de Empresas baixo a titoría do profesor Fernando Losada, afonda nos motivos da compra dun perfil de consumidores “preocupados pola saúde” e “con interese” polo ecolóxico

Ler máis