Posta a punto da produción e inoculación de ‘Ustilago maydis’ en millo corvo para a obtención de ‘Huitlacoche’
Autoría
X.V.S.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria

Data da defensa
15.02.2024 13:00
15.02.2024 13:00
Resumo
Cando U.maydis, un fungo fitopatóxeno, é quen de infectar plantas de millo e provocar a produción de tumores hipertróficos, de cores branquecinos exteriormente e negros no interior, aparece o fungo comestible, coñecido como ‘huitlacoche’. Un alimento con demanda á alza, tanto en mercados nacionais como internacionais, propio de cociñas de luxo. A produción de huitlacoche está suxeita a múltiples variables, como pode ser á relación establecida co seu hospedeiro (Zea maydis) tanto a nivel xenético como fisiolóxico, as variacións das condicións ambientais nas datas máis favorables de infección, así como a situación das mesmas no propio calendario de cultivo do millo. Este traballo busca determinar a influencia que as variables teñen sobre o proceso de infección e produción de bugallas. Por un lado, elaborarase unha pauta de produción estandarizada de micelio de U.maydis, de dúas cepas compatibles (C2V7), en medio líquido en base a extracto de malta (ML2). Por outra banda establecerase un protocolo de inoculación en campo, determinando a concentración, método de inoculación e elección do estadío fisiolóxico das espigas, xunto coas datas nas que realizar as labores en campo. Os datos obtidos reflexan a importancia da climatoloxía e o estadío fisiolóxico, por enriba das concentracións ou tipo de inóculo a usar, o que resulta de gran axuda de cara á organización dunha breve ventá de días, para futuras accións en campo. Os factores de maior importancia serán as condicións de humidade, precipitación e temperatura do propio día de inoculación, e o posterior, asegurando un mínimo de precipitación, a temperaturas moderadamente altas, pero sen que a humidade supere o 75-77%. Só se presentaron 13 espigas positivas das 160 inoculadas, presentando unha efectividade do 8,12% das inoculacións totais, polo que os datos recollidos non son determinantes; mais semella que o estadío fisiolóxico das espigas ‘B’ (R1-R2) e un inóculo de concentración 2x106 basidiosporas/mL, son máis favorables de cara á produción de bugallas. Os resultados, aínda que preliminares, permiten eliminar gran parte das variables coas que contaba o proceso de escala da produción de huitlacoche en millo tradicional galego, como é o millo Meiro.

Dirección
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Titoría)
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
LOMBARDERO DIAZ, MARIA JOSEFA (Secretario/a)
RUIZ NOGUEIRAS, BENIGNO (Vogal)

Patóxenos transmitidos por semente en Phaseolus vulgaris L. cvs Faba Galaica e Faba do Marisco: nivel de transmisión e influencia na calidade da semente
Autoría
L.G.P.L.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
L.G.P.L.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Data da defensa
15.02.2024 12:00
15.02.2024 12:00
Resumo
Phaseolus vulgaris L. (faba) é unha planta herba anual leguminosa, cultivada pola súa semente. A comarca da Mariña (Lugo), destácase pola calidade da súa produción de fabas da variedade Faba Galaica (FG), que desde 2008 é un produto coa Indicación Xeográfica Protexida 'Faba de Lourenzá'. A Faba do marisco (FM), outra variedade común en Galicia, destaca polas súas calidades organolépticas extraordinarias. Este cultivo está afectado por distintas enfermidades importantes causadas por patóxenos transmitidos pola semente, entre eles o virus común do mosaico do feixón (BCMV) e as bacterias Pseudomonas syringae pv. phaseolicola (Psph) e Xanthomonas axonopodis pv. phaseoli (Xaph). Neste traballo estudáronse aspectos determinantes da presenza e transmisión de patóxenos á semente, así como a optimización de técnicas para unha detección precoz nos lotes de sementes. Analizouse un lote de sementes de FG, agrupados en 8 datas de infección da planta nai mediante a técnica DIP-ELISA para detectar prevalencia dos patóxenos en cada grupo. Comparouse a sensibilidade de DIP-ELISA ao analizar BCMV na raíz e na folla. Analizouse a taxa de xerminación e prevalencia de BCMV en sementes categoría A e deformes de FG, e de 12 lotes de sementes de FM de diferentes anos e procedencia. Realizouse un seguimento epidemiolóxico de BCMV en dous cultivos de FM e un cultivo de FG asociado a un cultivo de millo, e comparouse este último cun cultivo comercial de Faba Galaica en Lourenzá. O nivel de transmisión de BCMV a semente en FG foi do 24,3%, e a prevalencia de bacterias foi do 5,6%. Non se atopou relación significativa entre a data de infección da planta nai e a transmisión de BCMV. Ás sementes técnica DIP-ELISA detecta BCMV na raíz cunha exactitude do 92%. As sementes deformes non presentan maior prevalencia de virus, pero teñen menor taxa de xerminación; a FM presentou unha prevalencia de BCMV nas sementes do 3,2%, e unha taxa de xerminación do 97% en sementes do último ano, e do 4% en sementes máis vellas. A FM alcanza unha menor prevalencia de BCMV que FG ao final do ciclo. As medidas de prevención de BCMV, como o uso de plantas libres de virus, o distanciamento das zonas de produción profesional e a asociación cun cultivo de millo, demostran ser eficaces na prevención da infección, especialmente cando se aplican de maneira conxunta.

Deseño de unha industria de elaboración de 20000 litros ao mes de cervexa artesanal no polígono industrial de Friol (Lugo)
Autoría
T.R.L.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
T.R.L.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Data da defensa
16.09.2024 13:00
16.09.2024 13:00
Resumo
O proxecto realizouse coa finalidade de acondicionar unha nave previamente edificada para a produción de cervexa artesanal no polígono industrial de Friol (Lugo). O promotor é o propietario da nave, a cal ten unhas dimensións interiores de 40,50 metros de longo, 20,40 metros de ancho e 12 metros de alto. A nave atópase en bo estado polo que so foi preciso acondicionala coas instalacións e elementos requiridos nunha industria alimentaria deste tipo, principalmente: instalación eléctrica, de fontanería, protección contra incendios, muiño de malta, sala de cocción, tanques de fermentación primaria e maduración, envasadora e outros equipos auxiliares. Realizouse de xeito completo a instalación de electricidade mentres que a instalación de fontanería foi aproveitada en certa medida. Nesta industria elabóranse 20000 litros ao mes de cervexa artesá a partir de auga, malta de cebada, lúpulo e lévedos. Despois é envasada, etiquetada e posteriormente lévase a cabo a súa expedición. Os detalles do proceso produtivo, os equipos empregados e os cálculos realizados recóllense nos anexos da memoria. O presuposto do proxecto ascende ó importe de 1.606.435,95 €. O proxecto queda apoiado por un Estudo Económico que determina que é financeiramente viable, xa que indica que se recupera o invertido e ademais obtéñense ganancias.

GOMEZ FERNANDEZ, JULIO (Titoría)
GOMEZ FERNANDEZ, JULIO (Titoría)
Tribunal
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
Cazón Díaz, Patricia (Secretario/a)
MAGIDE AMEIJIDE, JOSE MANUEL (Vogal)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
Cazón Díaz, Patricia (Secretario/a)
MAGIDE AMEIJIDE, JOSE MANUEL (Vogal)
TFG: Hidrolavadora de verdura.
Autoría
C.P.L.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
C.P.L.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Data da defensa
14.02.2024 18:30
14.02.2024 18:30
Resumo
Os obxectivos deste proxecto consisten no deseño dunha máquina para o lavado de verduras que axude e faga mais levadeira a tarefa de limpeza das mesmas para a súa futura comercialización. A máquina mencionada constará dos seguintes subconxuntos ou grupos de compoñentes: - Estrutura: ten a misión de servir como soporte a maioría dos restantes elementos e subconxuntos que forman a máquina. Contará cos seguintes elementos: o Pes. o Estrutura superior. o Estrutura inferior. o Eles auxiliares. o Chapa inferior. - Bañeira: ten a misión de albergar un volume de líquido (auga) destinado a eliminar o lixo da verdura. o Corpo bañeira. o Tapa lateral 1. o Tapa lateral 2. o Boca. o Base perforada. - Bombo: ten a misión de forzar o mergullo da verdura na auga para que se produza a súa limpeza completa e que ningunha parte se escape a esa limpeza. O mesmo tempo favorecerá o seu movemento a saída da verdura pola boca da bañeira e paso a cinta transportadora. o Bombo xiratorio. o Eixo lado motor. o Eixo lado oposto. o Ancoraxe bombo-motor. o Varas roscadas. o Motor o Asas. o Pezas auxiliares. - Recirculación: ten a misión de forzar a recirculación da auga que sae pola boca da bañeira, recolléndoa, tratándoa e facendo que séa de novo impulsada polas tobeiras de cara a limpeza, descompactación e movemento da verdura a tratar. o Recolledor. o Depósitos. o Tapas depósitos. o Orelletas. o Bomba. o Motor. o Repartidores. o Pezas auxiliares. - Cinta transportadora: ten a misión de recoller a verdura que sae da bañeira para ser examinada e clasificada.

Torres Labandeira, Manuel Luis (Titoría)
Torres Labandeira, Manuel Luis (Titoría)
Tribunal
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
Arbones Maciñeira, Enrique Rafael (Secretario/a)
MAGIDE AMEIJIDE, JOSE MANUEL (Vogal)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
Arbones Maciñeira, Enrique Rafael (Secretario/a)
MAGIDE AMEIJIDE, JOSE MANUEL (Vogal)
Mapeo rexional de variables climática en Galicia a partir de datos puntuais
Autoría
S.H.F.D.M.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
S.H.F.D.M.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Data da defensa
16.09.2024 12:00
16.09.2024 12:00
Resumo
Debido aos moitos factores que inflúen no clima en Galicia, este presenta unha alta variabilidade espacial e temporal, o que afecta directamente a moitas actividades económicas e sociais. Tendo isto en conta, é de gran importancia ter a man redes de observación climática que cubran a maior parte do territorio, e no caso de non telas, contar con ferramentas que permitan predicir parámetros climáticos. As principais ferramentas utilizadas para a estimación de parámetros en localizacións non medidas son os modelos climáticos e a interpolación de datos das estacións climáticas, sendo o krigeado un dos métodos de interpolación máis usado. É moi importante a avaliación dos modelos numéricos para establecer que ben estiman os parámetros e asegurar que resulten nunha serie de datos homoxénea. Para isto, no presente estudo fíxose unha comparación de datos puntuais da rede de estacións meteorolóxicas de Meteogalicia con datos extraídos das bases de datos de SIMPA, AEMET e ERA 5 e con datos resultado da interpolación mediante métodos geoestadísticos. Os parámetros climáticos dos cales se utilizaron datos para o estudo son: temperatura media, precipitación e evapotranspiración potencial. Para extraer os datos de SIMPA, ERA5 e AEMET e tamén para interpolar datos puntais de Meteogalicia, traballouse co contorno de programación estatística de R. Despois de extraer os datos ou de interpolarlos, comparáronse cos datos medidos na rede de estacións climatolóxicas de Meteogalicia mediante o índice de Nash-Sutcliffe. Cos resultados deste estudo búscase concluír cal base de datos é máis efectiva para estimar cada un dos parámetros estudados. De maneira xeral, as predicións baseadas en interpolación (AEMET e krigeado) son presentáronas unha mellor bondade de axuste, sendo que SIMPA presentou tamén bos resultados para algúns parámetros. Os parámetros en xeral con mellores resultados de estimación foron temperatura media, seguida de precipitación e por último evapotranspiración potencial.

DAFONTE DAFONTE, JORGE (Titoría)
VALCARCEL ARMESTO, MONTSERRAT Cotitoría
DAFONTE DAFONTE, JORGE (Titoría)
VALCARCEL ARMESTO, MONTSERRAT Cotitoría
Tribunal
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
Neira Seijo, Xan Xosé (Secretario/a)
MUÑOZ FERREIRO, MARIA DE LAS NIEVES (Vogal)

Proxecto dunha explotación gandeira de vacún de leite de 64 cabezas en lactación no concello de Zas (A Coruña)
Autoría
S.C.R.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
S.C.R.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Data da defensa
08.07.2024 10:30
08.07.2024 10:30
Resumo
O obxectivo deste proxecto é o deseño dunha explotación de vacún de leite para 64 cabezas en ordeño (coas respectivas oscilacións que haxa ao longo do proceso de explotación), na que se inclúe o deseño de todos os recintos pertinentes para levar a cabo a recría na propia granxa. O promotor dispón dunha ampla finca onde desexa emprazar o proxecto, que será unha nave de formigón de 80,80 m x 40,00 m, co cal non existirán pilares no medio da explotación. Este deseño plantéxase porque os pilares que se atopan na fosa de purín poden dificultar o labor de remexido do mesmo ou da extracción da area. Os pilares na zona dos animais tamén poden dificultar labores como a distribución do material dos cubículos co camión. Os recintos serán dimensionados atendendo á idade do animal (superficie mínima) e ao número de animais esperados en cada lote.
O obxectivo deste proxecto é o deseño dunha explotación de vacún de leite para 64 cabezas en ordeño (coas respectivas oscilacións que haxa ao longo do proceso de explotación), na que se inclúe o deseño de todos os recintos pertinentes para levar a cabo a recría na propia granxa. O promotor dispón dunha ampla finca onde desexa emprazar o proxecto, que será unha nave de formigón de 80,80 m x 40,00 m, co cal non existirán pilares no medio da explotación. Este deseño plantéxase porque os pilares que se atopan na fosa de purín poden dificultar o labor de remexido do mesmo ou da extracción da area. Os pilares na zona dos animais tamén poden dificultar labores como a distribución do material dos cubículos co camión. Os recintos serán dimensionados atendendo á idade do animal (superficie mínima) e ao número de animais esperados en cada lote.
Dirección
Torres Labandeira, Manuel Luis (Titoría)
Torres Labandeira, Manuel Luis (Titoría)
Tribunal
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
Fernández Rodríguez, María Elena (Secretario/a)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Vogal)

Sistema de clasificación de niveis de ansiedade mediante aplicación de técnicas de IA sobre datos biométricos
Autoría
M.F.H.
Grao en Robótica
M.F.H.
Grao en Robótica
Data da defensa
15.02.2024 09:00
15.02.2024 09:00
Resumo
No mundo no que vivimos, actualmente se está a recoñecer cada vez máis o padecemento de condicións como son a ansiedade e a depresión, íntimamente ligadas, amedrentadas tras a pandemia da Covid-19. Un grupo especialmente vulnerable é aquel das persoas da terceira idade, que no noso país sofren cada vez máis de soidade, nunha sociedade que descoida os servizos de atención a estas persoas. Existen métodos clínicos de avaliación que nos permiten detectar o estado cognitivo do paciente. Non obstante, requírese a administración destas probas de maneira manual, e non resultan doadas para levar a cabo un monitoreo frecuente e actualizado da saúde mental do paciente. Ademais, os resultados acadados a miúdo poden estar sesgados, froito da subxectividade ligada á natureza das preguntas de avaliación. Vémonos motivados a levar a cabo un estudo sobre a viabilidade do emprego de biosinais recollidas do individuo para predecir o seu estado cognitivo mediante o deseño dun modelo de intelixencia artificial. Analizamos o panorama actual dos métodos de diagnóstico e daqueles indicadores fisiolóxicos que se ven relacionados coas condicións psicolóxicas a tratar. Unha vez enmarcadas as compoñentes do problema, construimos o noso modelo de aprendizaxe, analizamos os seus resultados e trasladamos o aprendido cara unha aplicación práctica para o uso cotián.

VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Titoría)
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Titoría)
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON (Presidente/a)
GARCIA LORENZO, OSCAR (Secretario/a)
CORRALES RAMON, JUAN ANTONIO (Vogal)

Estudo do crecemento e competencia e plantacións de chopo para produción de madeira e madeira-biomasa
Autoría
D.F.A.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
D.F.A.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
Data da defensa
11.07.2024 09:00
11.07.2024 09:00
Resumo
Neste traballo avaliouse o crecemento e a competencia en plantacións de chopo orientadas á produción de madeira de calidade para desenrolo. O obxectivo principal é establecer uns precedentes de crecemento en chans ácidos e analizar o seu desenvolvemento. Analízanse un total de 6 paarcelas, todas elas plantadas co clon “Raspalje” (Populus x interamericana) para a produción de madeira ainda que na parcela 2 hai algúns pes do clon “AF2” (Populus x euramericana). Na parcela 3 existe unha plantación mixta de madeira-biomasa na que se examina a produción de madeira de calidade e de biomasa con fins enerxéticos. En todas as parcelas se realizaron dous inventarios dasométricos cunha etapa vexetativa de diferenza, o primeiro deles foi a finais de 2020 e o segundo en xaneiro de 2022 agás na parcela 4 que foi en decembro de 2021. Para a parcela 3 realizouse outro en 2024. Calculáronse variables de árbore individual e de masa que foron usados para obter o índice de competencia. Os resultados indican boa adaptación do clon “Raspalje” a chans ácidos, sendo determinante a textura de terreo e o espaciamento. As parcelas1 e 2 amosan bo crecemento aínda que comeza a haber sinais de competencia. A parcela 3 é a que mellores resultados prognostica, rozando a clase de calidade II. Os crecementos de biomasa indican o gran potencial de “Raspalje” e “Trichobel”, destacando este último. As parcelas 4 e 6 son demasiado novas para estimar o seu crecemento aínda que se prevé que sexa moderado. A parcela 5 non se estableceu axeitadamente e dáse por fracasada.

RODRÍGUEZ SOALLEIRO, ROQUE (Titoría)
EIMIL FRAGA, CRISTINA Cotitoría
RODRÍGUEZ SOALLEIRO, ROQUE (Titoría)
EIMIL FRAGA, CRISTINA Cotitoría
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
ALVAREZ GONZALEZ, JUAN GABRIEL (Secretario/a)
DIEGUEZ ARANDA, ULISES (Vogal)

Establecemento in vitro de accesións das árbores senlleiras Castiñeiro de Ramil (Concello de Triacastela) e Castiñeiro do Val da Fonte (Concello de Folgoso do Courel)
Autoría
H.R.D.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
H.R.D.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
Data da defensa
12.09.2024 13:30
12.09.2024 13:30
Resumo
O presente Traballo Fin de Grao ten como obxectivo principal o establecemento in vitro de explantos nodais das árbores monumentais ‘Val da Fonte’ e ‘Ramil’, incluídas no “Catálogo de Árbores e Formación Senlleiras”. No exemplar enxertado ‘Val da Fonte’ recolléronse segmentos de rama da base (clon VF-BS) e da copa (clon VF-CR), leváronse ao laboratorio e foron sometidos a ‘forzado’ para obter brotes axilares que se utilizaron como fonte de explantos, que foron introducidos e multiplicados in vitro, rexistrándose a evolución da taxa de multiplicación nos primeiros subcultivos. Co material da base, realizouse un experimento de enraizamento in vitro onde se comparou a porcentaxe de enraizamento segundo o método de indución. No exemplar ‘Ramil’ levouse a cabo un ensaio de multiplicación in vitro sobre material establecido previamente, comparando o efecto da temperatura de cor da luz LED (4000 K vs. 5500 K). Así mesmo, realizáronse experimentos de enraizamento in vitro, analizando o efecto do método de indución e da temperatura de cor da luz. Tamén se levaron a cabo ensaios preliminares de microenxerto e illamento de meristemas que poderían servir para mellorar a capacidade organoxénica dos explantos do clon ‘Ramil’. O subcultivo continuo in vitro dos materiais do exemplar ‘Val da Fonte’ permitiu obter un número relativamente elevado de explantos en VF-BS, e sensiblemente menor en VF-CR, pero suficiente para establecer as accesións. No clon ‘Ramil’ non houbo diferenzas significativas na taxa de multiplicación (1,6-1,7) en función do tipo de luz. En canto á porcentaxe de enraizamento in vitro, VF-BS presentou un valor moderadamente elevado (30-40%), mentres que no clon ‘Ramil’ o enraizamento non supera o 17 %. Estes resultados permitiron establecer accesións in vitro, e sentan a base para a rexeneración de propágulos vexetativos enraizados, destas árbores senlleiras.

FERNÁNDEZ LORENZO, JUAN LUIS (Titoría)
RIGUEIRO RODRÍGUEZ, ANTONIO Cotitoría
FERNÁNDEZ LORENZO, JUAN LUIS (Titoría)
RIGUEIRO RODRÍGUEZ, ANTONIO Cotitoría
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
IGLESIAS DIAZ, MARIA ISABEL (Secretario/a)
González Hernández, María del Pilar (Vogal)

Proxecto de establecemento dun sistema silvopastoral no monte público de Rascalobos (Traba de Laxe, A Coruña)
Autoría
A.A.F.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
A.A.F.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
Data da defensa
12.09.2024 12:00
12.09.2024 12:00
Resumo
Neste proxecto búscase poñer en valor os produtos que o monte pode producir mediante o correcto manexo e xestión dun sistema silvopastoral. Ao mesmo tempo estaríase previndo o risco de incendios ao diminuír a carga de combustible, que, debido á dificultade de acceso con maquinaria a certas zonas do monte, aumenta considerablemente. O promotor deste proxecto é a asociación cabalar e cultural Abrindo o Rejo que, mediante a concesión que mantén dende o ano 1963 o Concello de Laxe e a Consellería do Medio Rural, busca unha xestión conxunta coa administración pública para manter niveis baixos de combustible e alimentar o seu gando de xeito sostible. Para levar a cabo o proxecto zonificarase en parcelas segundo a ocupación do solo ou das características botánicas actuais, co fin de estudar e establecer as posibles actuacións e tratamentos necesarios para introducir os animais en réxime de pastoreo continuo, nun monte pechado perimetralmente. Tras estudar a palatabilidade da vexetación e traballar sobre a zona con diversas actuacións e infraestruturas, o gando elixido e posteriormente introducido serán cabalos mestizos (pura raza galega x hispanobretón). A carga gandeira establecerase a prol de atopar un equilibrio entre a produción cabalar e a produción madeireira.

González Hernández, María del Pilar (Titoría)
González Hernández, María del Pilar (Titoría)
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
MOSQUERA LOSADA, MARÍA ROSA (Secretario/a)
RIGUEIRO RODRÍGUEZ, ANTONIO (Vogal)

TFG Mención en Construcións Civís: Pasarela peonil sobre a Avenida Infanta Elena a altura do CC. As Termas (Lugo)
Autoría
J.P.G.
Grao en Enxeñaría Civil (2ªed)
J.P.G.
Grao en Enxeñaría Civil (2ªed)
Data da defensa
13.09.2024 13:00
13.09.2024 13:00
Resumo
O presente documento ten por obxecto estudar a viabilidade e deseño da construción dunha pasarela peonil na avenida Infanta Elena a altura do cc. As Termas (Lugo), unha estrutura metálica construída principalmente en aceiro que permitirá o paso dos peóns entre as dúas zonas comerciais sen interferir na circulación viaria. Para iso teranse en conta todalas operacións necesarias para completar os traballos de execución da estrutura. Esta actuación repercutirá directamente na seguridade viaria na rúa Infanta Elena, que na actualidade é un dos principais accesos á cidade de Lugo desde a autovía A-6 e a N-VI. Outro impacto directo desta actuación será o incremento da circulación de peóns entre os distintos espazos comerciais da zona. Esta actuación formaría parte dun conxunto de actuacións para unificar os espazos comerciais da zona, dando novos usos ao medio e tratando de reducir o uso de vehículos de combustión á hora de desprazarse. Neste documento abordaranse tecnicamente os distintos apartados necesarios para definir o proceso construtivo axeitado dentro do marco legal, aportando solucións óptimas para resolver as necesidades construtivas.

NUÑEZ TEMES, CARLOS (Titoría)
GUAITA FERNANDEZ, MANUEL Cotitoría
NUÑEZ TEMES, CARLOS (Titoría)
GUAITA FERNANDEZ, MANUEL Cotitoría
Tribunal
LOPEZ MOREIRA, IVAN (Coordinador)
LOPEZ MOREIRA, IVAN (Presidente/a)
Torres Labandeira, Manuel Luis (Secretario/a)
GARCIA GARRIDO, GABRIEL (Vogal)

Caracterización e emprego de asfalto reciclado (RA) na fabricación de mesturas bituminosas: evolución tecnolóxica e caso de estudo
Autoría
A.D.G.
Grao en Enxeñaría Civil (2ªed)
A.D.G.
Grao en Enxeñaría Civil (2ªed)
Data da defensa
11.07.2024 19:00
11.07.2024 19:00
Resumo
Na actualidade, as iniciativas que perseguen a sostibilidade, a protección do medio ambiente, a economía circular, a axeitada xestión dos residuos, etc., están a cobrar cada vez máis forza en todos os ámbitos da sociedade en xeral e, particularmente, no sector das infraestruturas viarias. Este sector caracterizouse, desde os seus inicios, por un elevado consumo enerxético e unha grande necesidade de recursos naturais, o cal fai que sexa especialmente interesante o estudo de diversas técnicas de reutilización, reciclaxe, etc. que permitan convertilo nun sector máis eficiente e máis respectuoso co medio ambiente. Neste sentido, o presente estudo busca profundizar na utilización de asfalto recuperado (RA), coñecido en España como fresado, na fabricación de mesturas bituminosas. O obxectivo principal é coñecer a situación actual do emprego desde tipo de materiais, así como a súa evolución dende a realización das primeiras experiencias e a publicación das primeiras normativas técnicas que regulan o seu uso, tanto a nivel nacional coma internacional. Por outra banda, describiranse as propiedades deste material, xunto cos ensaios que permiten levar a cabo unha caracterización axeitada das mesmas, algúns dos cales serán postos en práctica no laboratorio para un caso de estudo concreto, permitindo evaluar a viabilidade do uso do RA dunha determinada procedencia na elaboración de novas mesturas.

CASTRO PONTE, ALBERTE (Titoría)
NUÑEZ TEMES, CARLOS Cotitoría
CASTRO PONTE, ALBERTE (Titoría)
NUÑEZ TEMES, CARLOS Cotitoría
Tribunal
LOPEZ MOREIRA, IVAN (Coordinador)
LOPEZ MOREIRA, IVAN (Presidente/a)
FUENTES FAILDE, PABLO (Secretario/a)
FERREIRO OTERO, DARIO (Vogal)
LOPEZ MOREIRA, IVAN (Coordinador)
LOPEZ MOREIRA, IVAN (Presidente/a)
FUENTES FAILDE, PABLO (Secretario/a)
FERREIRO OTERO, DARIO (Vogal)
Novas instalacións naúticas na
Autoría
R.B.F.
Grao en Enxeñaría Civil (2ªed)
R.B.F.
Grao en Enxeñaría Civil (2ªed)
Data da defensa
16.09.2024 09:00
16.09.2024 09:00
Resumo
Neste traballo de fin de grao decídese proxectar unha nova área recreativa e a reordenación da ensenada da Vilavella, mediante a construcción dun novo peirao cuxa estructura consta dun muro de carga vertical executado mediante bloques de formigonado in-situ e encofrado a tres caras dando como resultado unha nova explanada de aproximadamente 2000m2 destinada a uso recreativo. A finalidade do proxecto é a creación dunhas novas instalacións náuticas para a concesión e explotación dunha nova lámina de auga onde poder executar a instalación duns novos pantaláns flotantes dando así a posibilidade de ofertar novas prazas de amarre para embarcacións menores de recreo que desde hai anos son reclamadas polos usuarios dos deportes náuticos da zona, tanto por usuarios locais de Ribadeo como da parte occidental Asturiana. Pola súa vez, neste proxecto recóllese a execución dun pantalán de uso exclusivo para os deportes de remo e piragüismo, ofrecendo así un servizo tanto aos clubs locais como a particulares amantes destas disciplinas deportivas. Para todo isto será necesario o dragaxe dunha canle de acceso duns 350m de lonxitude por 50m de largo, que será executado á cota -1,25m respecto ó cero do Porto de Ribadeo. O peche da nova explanada executarase cara a lado mar mediante un dique de escollera duns 25m de lonxitude. Tamén será necesario o encauzamento da recollida de pluviais da N-642 que teñen a súa saída actual directamente á ensenada mediante unha canalización aberta. Como resultado final do proxecto, preténdese dar uns novos servizos reclamados durante moito tempo polos usuarios tanto ao concello de Ribadeo como ás diferentes administracións como son a Deputación de Lugo ou Xunta de Galicia, e que mediante a concesión da nova lámina de auga dispoñible para a instalación dos pantaláns de uso náutico se poida amortizar este investimento por parte da Administración pública que decida levalo a cabo

LOPEZ MOREIRA, IVAN (Titoría)
CARBALLO SANCHEZ, RODRIGO Cotitoría
LOPEZ MOREIRA, IVAN (Titoría)
CARBALLO SANCHEZ, RODRIGO Cotitoría
Tribunal
LOPEZ MOREIRA, IVAN (Coordinador)
CASTRO PONTE, ALBERTE (Presidente/a)
NUÑEZ TEMES, CARLOS (Secretario/a)
COTA MASCUÑANA, DAVID (Vogal)
LOPEZ MOREIRA, IVAN (Coordinador)
CASTRO PONTE, ALBERTE (Presidente/a)
NUÑEZ TEMES, CARLOS (Secretario/a)
COTA MASCUÑANA, DAVID (Vogal)
Análise de estratexias enfocadas ao uso de modelos compartibles no contexto do aprendizaxe federado para robótica
Autoría
N.F.C.
Grao en Robótica
N.F.C.
Grao en Robótica
Data da defensa
12.07.2024 10:00
12.07.2024 10:00
Resumo
A Aprendizaxe Federada (AF) é unha técnica de aprendizaxe automático que permite obter un modelo global nun servidor central, mantendo os datos e o proceso de adestramento nos dispositivos locais (clientes), asegurándonos así en todo momento da privacidade dos datos dos usuarios. A súa aplicación na robótica pode ter un gran potencial, pero a súa vez presenta unha serie de restricións, como poder ser a heteroxeneidade sensorial existente entre os robots, afectando tanto ás entradas como ás saídas dos modelos que fai que a súa aplicación neste campo sexa complexa. Para tratar de abordar este problema, impleméntanse e analízanse os resultados obtidos por tres diferentes estratexias, Aprendizaxe por Transferencia, extracción de características con Random Forest e o uso de embeddings para axudar a mellorar a aprendizaxe durante o adestramento de redes neuronais. Para as estratexias mencionadas trabállase cun robot Turtlebot e un robot Waffle. Ademais, inclúese a descripción e resultados obtidos tras aplicar unha nova estratexia de AF sobre os datos recollidos co robot Turtlebot.

IGLESIAS RODRIGUEZ, ROBERTO (Titoría)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER Cotitoría
IGLESIAS RODRIGUEZ, ROBERTO (Titoría)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER Cotitoría
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON (Presidente/a)
PARDO SECO, FERNANDO RAFAEL (Secretario/a)
VAZQUEZ ALVAREZ, ALVARO (Vogal)

Automatización dunha vivenda bioclimática
Autoría
D.C.L.
Grao en Robótica
D.C.L.
Grao en Robótica
Data da defensa
08.07.2024 10:00
08.07.2024 10:00
Resumo
Cos avances tecnolóxicos actuais, cada vez é máis habitual a presenza de dispositivos intelixentes nos fogares na procura de mellorar a calidade de vida das persoas, aumentar o benestar ou xestionar eficientemente os recursos enerxéticos. Neste traballo fin de grao, exponse como se levou a cabo a implementación dun sistema domótico adaptado ás características dunha vivenda bioclimática, a través dunha arquitectura descentralizada que emprega tres PLCs (Programmable Logic Controller). O traballo centrase, especialmente, na programación dos controladores, dende os que se xestiona a iluminación, a climatización, a auga quente sanitaria, etc., e na comunicación destes cunha interface gráfica da vivenda e cos dispositivos de campo necesarios para o control.

FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON (Titoría)
PARDO SECO, FERNANDO RAFAEL Cotitoría
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON (Titoría)
PARDO SECO, FERNANDO RAFAEL Cotitoría
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
IGLESIAS RODRIGUEZ, ROBERTO (Presidente/a)
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Secretario/a)
BOULLON MAGAN, MARCOS (Vogal)

Control reactivo en drones basado en visión monocular
Autoría
A.R.T.
Grao en Robótica
A.R.T.
Grao en Robótica
Data da defensa
16.09.2024 10:00
16.09.2024 10:00
Resumo
Este Traballo Fin de Grao estuda a viabilidade da visión monocular para proporcionar información de profundidade en drons destinados a operar en ambientes interiores. En espazos pequenos e pechados é habitual utilizar dispositivos de pequeno tamaño para realizar a inspección de infraestruturas, a vixilancia en espazos pechados ou a navegación autónoma dos mesmos. Nestes casos, unha das ferramentas máis investigadas para obter información sobre as dimensións do medio é a visión monocular. Este proxecto céntrase na análise dunha das redes neuronais máis establecidas para a estimación de profundidade monocular, MiDaS, particularmente na súa versión 3.1, que se basea en modelos Transformers. Compáranse varios \textit{backbones} para identificar o que ofrece o mellor equilibrio entre precisión e tempo de procesamento na tarefa de estimación da profundidade monocular co dron DJI Tello. O modelo seleccionado utilízase para xerar mapas de profundidade relativa a partir de imaxes bidimensionais capturadas pola cámara do dron. A continuación, esta información convértese en métricas absolutas mediante un método de regresión lineal. O estudo avalía se a información de profundidade absoluta prevista é o suficientemente robusta como para ser usada en algoritmos de control reactivo en drons, probando o sistema a bordo do DJI Tello en varios ambientes interiores.

COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Presidente/a)
CORRALES RAMON, JUAN ANTONIO (Secretario/a)
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON (Vogal)

Automatización da alimentación e apilado dunha liña productiva de molduras e friso
Autoría
I.T.O.
Grao en Robótica
I.T.O.
Grao en Robótica
Data da defensa
12.09.2024 10:00
12.09.2024 10:00
Resumo
Neste traballo veremos a creación do deseño dunha célula robótica para a alimentación e apilado con un brazo robot industrial. Trataranse temas como a elección do propio brazo máis a súa pinza, a creación de cintas transportadoras de cadeas e rodillos, a distribución dos compoñentes da célula e o máis importante os elementos de seguridade utilizados.
Neste traballo veremos a creación do deseño dunha célula robótica para a alimentación e apilado con un brazo robot industrial. Trataranse temas como a elección do propio brazo máis a súa pinza, a creación de cintas transportadoras de cadeas e rodillos, a distribución dos compoñentes da célula e o máis importante os elementos de seguridade utilizados.
Dirección
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Titoría)
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Titoría)
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
IGLESIAS RODRIGUEZ, ROBERTO (Presidente/a)
BOULLON MAGAN, MARCOS (Secretario/a)
PIÑEIRO GUILLEN, ANGEL (Vogal)

Clasificación de obxectos mediante embeddings.
Autoría
X.C.B.
Grao en Robótica
X.C.B.
Grao en Robótica
Data da defensa
08.07.2024 10:00
08.07.2024 10:00
Resumo
O presente proxecto implementa un algoritmo clasificador de imaxes adaptado ás necesidades dun sistema automatizado dunha empresa de innovación. Desenvólvese un sistema capaz de etiquetar obxectos usando uns poucos exemplos de cada clase de obxecto e sen requirir o re-adestramento do modelo. Mediante o uso de redes neuronais pre-adestradas extráense vectores de características das imaxes os cales se comparan con exemplos preintroducidos no algoritmo para asignar a clase. Este traballo proporcionou unha ruta a seguir para incluír a solución no produto da empresa e que esta sexa fiable, precisa e rápida.

PARDO SECO, FERNANDO RAFAEL (Titoría)
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON Cotitoría
PARDO SECO, FERNANDO RAFAEL (Titoría)
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON Cotitoría
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
IGLESIAS RODRIGUEZ, ROBERTO (Presidente/a)
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Secretario/a)
BOULLON MAGAN, MARCOS (Vogal)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
IGLESIAS RODRIGUEZ, ROBERTO (Presidente/a)
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Secretario/a)
BOULLON MAGAN, MARCOS (Vogal)
Desarrollo dun prototipo para un axente conversacional intelixente autónomo que permita estudar a soidade nas persoas maiores aplicando técnicas de intelixencia artificial
Autoría
E.B.C.
Grao en Robótica
E.B.C.
Grao en Robótica
Data da defensa
08.07.2024 16:30
08.07.2024 16:30
Resumo
Este traballo de fin de grao céntrase na creación dunha plataforma para detectar o sentimento de soidade, en concreto, nos usuarios maiores. Isto farase mediante unha conversación, polo que se empregará un axente conversacional intelixente que debe ter a capacidade de analizar a voz e dar unha resposta lóxica en relación ás intencións do usuario. Para detectar a soidade, farase un estudo das distintas probas existentes e elixirase a máis adecuada para esta tarefa. A proba escollida dixitalizarase e configurarase no axente para que se poida realizar A implantación do axente farase nunha aplicación web e nun robot Pepper. A aplicación web buscará desenvolver unha plataforma accesible desde calquera dispositivo táctil con navegador e conexión a internet. Coa implementación en Pepper, buscarase un ambiente máis agradable e dinámico para a interacción con este axente. Ao remate deste traballo, analizaranse os resultados operativos do axente e concluiranse as posibles melloras para aplicarlle.

CORRALES RAMON, JUAN ANTONIO (Presidente/a)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
GARCIA LORENZO, OSCAR (Vogal)

Uso de SLAM colaborativo con robots terrestres en interiores
Autoría
A.C.M.
Grao en Robótica
A.C.M.
Grao en Robótica
Data da defensa
16.09.2024 10:00
16.09.2024 10:00
Resumo
Este traballo de fin de grao aborda a preparación e implementación de CSLAM (Collaborative Simultaneous Localization And Mapping) en dous robots economicamente asequibles, un jetbot e un xgo mini, adquiridos pola empresa ITG, co fin de ter unha base sólida na que realizar probas de exploración sen ter que usar robots preparados con custos elevados. O traballo empeza coa parte de simulación de cada robot por separado realizando a tarefa de SLAM, isto co fin de ter unha referencia para a futura implementación nos robots reais. A continuación, centrámonos na adaptación de ambos robots para que cada un poida facer SLAM, ao ser robots máis económicos, de base, non contan con todas as capacidades necesarias para a tarefa de SLAM. Unha vez os robots conten cos medios necesarios implementamos en cada un Lidar SLAM e iniciamos as probas de SLAM con robots reais, durante estas probas buscamos axustar parámetros para lograr unha boa construción do mapa xerado con cada robot de forma individual. Por último, simulamos a tarefa de CSLAM, novamente para ter unha referencia e implementamos CSLAM nos robots reais, fusionando as dúas saídas producidas polos robots e nas probas buscamos a creación dun mapa conxunto o máis preciso posible.

Análise computacional das estruturas vasculares hepáticas
Autoría
L.N.C.
Grao en Robótica
L.N.C.
Grao en Robótica
Data da defensa
08.07.2024 10:00
08.07.2024 10:00
Resumo
A dispoñibilidade de representacións abstractas e precisas de estruturas vasculares hepáticas xurde como unha necesidade á hora de poder clasificar e contextualizar deteccións automatizadas de tumores en fígados. Ademais, a correcta identificación e caracterización destas estruturas vasculares poden facilitar a planificación de intervencións médicas e o seguimento de tratamentos. Este traballo céntrase na avaliación de algoritmos de esqueletonización aplicado ao xa mencionado problema de representar estruturas vasculares en fígados. % linkar Para realizar unha correcta análise do problema foi preciso desenvolver unha técnica axustada ás necesidades que presentaba este problema.

COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Titoría)
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON Cotitoría
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Titoría)
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON Cotitoría
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
IGLESIAS RODRIGUEZ, ROBERTO (Presidente/a)
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Secretario/a)
BOULLON MAGAN, MARCOS (Vogal)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
IGLESIAS RODRIGUEZ, ROBERTO (Presidente/a)
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Secretario/a)
BOULLON MAGAN, MARCOS (Vogal)
Análisis de estratexias de Visual SLAM no dron DJI Tello
Autoría
J.D.L.F.R.
Grao en Robótica
J.D.L.F.R.
Grao en Robótica
Data da defensa
12.07.2024 10:00
12.07.2024 10:00
Resumo
Coa crecente popularidade dos drons tanto en aplicacións comerciais como recrea- tivas, houbo un gran interese en mellorar as súas capacidades de navegación autónoma. Polo tanto, o propósito deste traballo é estudar/analizar varios algoritmos de SLAM visual aplicados ao dron DJI Tello, que serven como ferramenta con moito potencial para esta práctica, permitindo que o dron xere un mapa da contorna mentres se localiza en tempo real. Este traballo proponse analizar estes algoritmos e identificar aqueles que optimicen o seu rendemento en termos de robustez, precisión e eficiencia. Ademais, discutiranse as limitacións e os retos técnicos asociados á implementación de SLAM visual en drons de baixo custo como o DJI Tello e suxeriranse posibles melloras e futuras direccións de investigación para avanzar nesta área.

GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON (Presidente/a)
PARDO SECO, FERNANDO RAFAEL (Secretario/a)
VAZQUEZ ALVAREZ, ALVARO (Vogal)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON (Presidente/a)
PARDO SECO, FERNANDO RAFAEL (Secretario/a)
VAZQUEZ ALVAREZ, ALVARO (Vogal)
Deseño e posta en marcha de un sistema CIP automático.
Autoría
M.E.C.
Grao en Robótica
M.E.C.
Grao en Robótica
Data da defensa
12.09.2024 10:00
12.09.2024 10:00
Resumo
Neste traballo levase a cabo a programación dun sistema CIP, ou Clean-In-Place, para a limpeza interna de tanques e tubeiras na industria de produtos lácteos. O sistema programouse en linguaxe Ladder e permite seleccionar e aplicar distintos tipos de limpezas, por medio dunha interface de usuario. Esta ofrece a capacidade de axustar os distintos parámetros chave, como temperaturas, concentracións de deterxentes e tempos de lavado, o que permitirá a optimización dos procesos de limpeza. Ademais, validase a funcionalidade do programa por medio de simulacións do sistema, comprobando que as transicións deste cúmpranse correctamente. Finalmente, inclúense posibles melloras ou ampliacións para este traballo.
Neste traballo levase a cabo a programación dun sistema CIP, ou Clean-In-Place, para a limpeza interna de tanques e tubeiras na industria de produtos lácteos. O sistema programouse en linguaxe Ladder e permite seleccionar e aplicar distintos tipos de limpezas, por medio dunha interface de usuario. Esta ofrece a capacidade de axustar os distintos parámetros chave, como temperaturas, concentracións de deterxentes e tempos de lavado, o que permitirá a optimización dos procesos de limpeza. Ademais, validase a funcionalidade do programa por medio de simulacións do sistema, comprobando que as transicións deste cúmpranse correctamente. Finalmente, inclúense posibles melloras ou ampliacións para este traballo.
Dirección
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON (Titoría)
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON (Titoría)
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
IGLESIAS RODRIGUEZ, ROBERTO (Presidente/a)
BOULLON MAGAN, MARCOS (Secretario/a)
PIÑEIRO GUILLEN, ANGEL (Vogal)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
IGLESIAS RODRIGUEZ, ROBERTO (Presidente/a)
BOULLON MAGAN, MARCOS (Secretario/a)
PIÑEIRO GUILLEN, ANGEL (Vogal)
Estudo mediante microsimulación do tráfico da Ronda da Muralla (Lugo) no tramo entre Porta de Bispo Odoario e Porta de San Fernando
Autoría
M.M.V.
Grao en Enxeñaría Civil
M.M.V.
Grao en Enxeñaría Civil
Data da defensa
14.02.2024 17:00
14.02.2024 17:00
Resumo
A Ronda da Muralla é unha vía perimetral que rodea o monumento histórico coñecido como Muralla Romana de Lugo, patrimonio da humanidade desde o ano 2000, e funciona como unha gran rotonda que conecta a zona norte e sur da cidade de Lugo. Nos últimos anos, realizaronse actuacións ao longo de toda a Ronda co obxectivo de reducir o tráfico motorizado para cumprir dous obxectivos xerais: protexer a muralla e favorecer aos peóns. No caso da Muralla, búscase dignificar e destacar o monumento para potenciar o seu valor histórico e protexelo de ruídos, vibracións e contaminación. En canto aos peóns, preténdese aumentar o protagonismo destes gañando espazo público para lograr unha cidade máis sa e sostible. O seguinte estudo técnico procura analizar distintas alternativas para a reordenación do tráfico na Ronda da Muralla (Lugo) no treito entre a Porta de Bispo Odoario e a Porta de San Fernando, co obxectivo de comprobar se é viable liberar o tráfico actual de cara a unha futura peonilización total ou parcial da Ronda. Para iso, analizaranse as características do treito e realizarase un conteo manual tanto do propio treito como de todas as posibles alternativas que poidan captar o tráfico actual, seguido dun análise de microsimulación mediante o programa informático AIMSUN e compararase o estado actual coas alternativas.

COTA MASCUÑANA, DAVID (Titoría)
FUENTES FAILDE, PABLO Cotitoría
COTA MASCUÑANA, DAVID (Titoría)
FUENTES FAILDE, PABLO Cotitoría
Tribunal
LOPEZ MOREIRA, IVAN (Coordinador)
LOPEZ MOREIRA, IVAN (Presidente/a)
NUÑEZ TEMES, CARLOS (Secretario/a)
CASTRO PONTE, ALBERTE (Vogal)
LOPEZ MOREIRA, IVAN (Coordinador)
LOPEZ MOREIRA, IVAN (Presidente/a)
NUÑEZ TEMES, CARLOS (Secretario/a)
CASTRO PONTE, ALBERTE (Vogal)
Agricultura 4.0: desenvolvemento dun nodo sensor IoT para a automatización do sistema de irrigación da EPSE
Autoría
B.M.L.
Grao en Robótica
B.M.L.
Grao en Robótica
Data da defensa
15.02.2024 09:00
15.02.2024 09:00
Resumo
O aumento de frecuencia de fenómenos climáticos extremos, como as secas que afectaron aos cultivos do país nos últimos anos, é un dos maiores desafíos que afronta o sector agrícola na actualidade. Neste contexto, xorde a necesidade de mellorar a eficiencia do consumo de auga adaptándoo ás demandas específicas de cada cultivo. Por todo isto, este Traballo Fin de Grao ten como finalidade o desenvolvemento dun nodo sensor IoT de baixo consumo ca capacidade de medir variables ambientais e transmitilas a un servidor remoto empregando diferentes tecnoloxías de comunicación inalámbrica. A recolección destes datos permitirá adaptar o sistema de irrigación ás condicións climáticas reducindo o consumo innecesario de auga. Para acadar este obxectivo, estudaranse as características e necesidades enerxéticas dos compoñentes electrónicos utilizados.

COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE Cotitoría
PARDO SECO, FERNANDO RAFAEL (Titoría)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE Cotitoría
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON (Presidente/a)
GARCIA LORENZO, OSCAR (Secretario/a)
CORRALES RAMON, JUAN ANTONIO (Vogal)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON (Presidente/a)
GARCIA LORENZO, OSCAR (Secretario/a)
CORRALES RAMON, JUAN ANTONIO (Vogal)
Aprendizaxe por reforzo offline para a resolución de tarefas robóticas
Autoría
S.P.L.
Grao en Robótica
S.P.L.
Grao en Robótica
Data da defensa
15.02.2024 09:00
15.02.2024 09:00
Resumo
A aprendizaxe por reforzo offline propón aprender políticas utilizando conxuntos de datos recollidos nunha interacción (segura) co entorno físico. Estes algoritmos fixeron posible aprender políticas útiles a partir de datos que despois poden ser implementadas no mundo real, onde as interaccións online poden ser custosas ou perigosas, como na robótica. Con todo, estes axentes offline están limitados polo distributional shift, un problema inherente ao emprego de conxuntos de datos estáticos para o seu adestramento. Neste traballo de fin de grado exponse un método que pretende mitigar o impacto dese problema, mediante a implementación dun modelo do entorno composto por un ensemble de redes neuronais. Con este modelo faise posible evitar, mediante o cálculo da incerteza asociada a cada estado, que os axentes saian da distribución dos datos que compoñen o dataset de adestramento, evitando que chegar a situacións potencialmente perigosas.

Automatización de procesos industriais
Autoría
J.B.L.L.
Grao en Robótica
J.B.L.L.
Grao en Robótica
Data da defensa
08.07.2024 10:00
08.07.2024 10:00
Resumo
En Robótica existen dous campos claramente diferenciados entre sí: a robótica de servizos e a robótica automatizada ou industrial. A primeira, céntrase máis en tareas onde a presencia humana é máis común e aumenta a seguridade e comodidade das persoas. Tamén englóbanse outras tareas que poidan afectar de maneira máis ou menos directa a unha persoa ou un grupo de individuos. Está en constante desenvolvemento e evolución. A segunda, é unha robótica máis centrada na utilización de recursos ou bens para producir produtos novos ou servizos xenéricos ou máis específicos, pero a interación cos seres humanos, incluso o entorno, é menor. A diferenza principal respecto a súa aplicación é a súa estandarización porque ten bases máis sólidas e resulta máis fácil de integrar. Co aumento da poboación, os cambios dos estilos de vida, as melloras económicas e sociais, as estruturas das cidades e o sistema de mercado a necesidade de consumo incrementouse esporádicamente. Para facilitar a produción naceron os sistemas automatizados ou a Automatización, capaces de proporcionar en tempo e eficacia os produtos e servizos necesarios. Os obxectivos deste traballo son: dar a coñecer como funciona o sector industrial, ensinar os materiais que se empregan, como é a programación dentro do sector mediante o Grafcet e a Guía Gemma xunto o HMI e mostrar diferentes aplicacións útiles dentro da produción e tratamento de recursos, servizos ou produtos.

Deseño e implementación dun sistema domótico aplicado ao coidado e monitorización de plantas mediante sensores, actuadores e redes IoT.
Autoría
V.D.L.
Grao en Robótica
V.D.L.
Grao en Robótica
Data da defensa
12.09.2024 10:00
12.09.2024 10:00
Resumo
O traballo de fin de grado describe o deseño e implementación dun sistema domótico enfocado ao coidado e monitorización de plantas. Este sistema integra sensores, actuadores e redes IoT. O proxecto engloba dende a escolla do hardware ate a programación do software de control, realizando probas e avaliacións de todo o sistema. Adicionalmente, faise unha revisión sobre os antecedentes e investigacións previas xunto a un resumo da situación actual do campo no que se engloba, aportando unha nova integración ao campo de varias tecnoloxías existentes. Resáltase a importancia na precisión das medicións e a eficiencia enerxética dos dispositivos sensores. Faise uso do Bluetooth Low Energy e Wifi para a comunicación entre os dispositivos e a base de datos relacional, onde se almacenan os datos. Os beneficios deste proxecto inclúen a mellora da saúde das plantas, a conveniencia para o usuario e a sostibilidade. Finalmente, abórdanse os desafíos e consideración para crear unha interface de usuario amigable interactiva co sistema.
O traballo de fin de grado describe o deseño e implementación dun sistema domótico enfocado ao coidado e monitorización de plantas. Este sistema integra sensores, actuadores e redes IoT. O proxecto engloba dende a escolla do hardware ate a programación do software de control, realizando probas e avaliacións de todo o sistema. Adicionalmente, faise unha revisión sobre os antecedentes e investigacións previas xunto a un resumo da situación actual do campo no que se engloba, aportando unha nova integración ao campo de varias tecnoloxías existentes. Resáltase a importancia na precisión das medicións e a eficiencia enerxética dos dispositivos sensores. Faise uso do Bluetooth Low Energy e Wifi para a comunicación entre os dispositivos e a base de datos relacional, onde se almacenan os datos. Os beneficios deste proxecto inclúen a mellora da saúde das plantas, a conveniencia para o usuario e a sostibilidade. Finalmente, abórdanse os desafíos e consideración para crear unha interface de usuario amigable interactiva co sistema.
Dirección
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Titoría)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Titoría)
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
IGLESIAS RODRIGUEZ, ROBERTO (Presidente/a)
BOULLON MAGAN, MARCOS (Secretario/a)
PIÑEIRO GUILLEN, ANGEL (Vogal)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
IGLESIAS RODRIGUEZ, ROBERTO (Presidente/a)
BOULLON MAGAN, MARCOS (Secretario/a)
PIÑEIRO GUILLEN, ANGEL (Vogal)
Automatización do proceso de desapilado de material á entrada do proceso de recubremento por medio dun robot cartesiano de 2 graos de liberdade con efector final de baleiro
Autoría
T.M.S.G.
Grao en Robótica
T.M.S.G.
Grao en Robótica
Data da defensa
08.07.2024 16:30
08.07.2024 16:30
Resumo
Neste proxecto deseñase unha solución automatizada para a alimentación de molduras a unha liña de recubrimento. Este proceso actualmente é levado a cabo por operarios, que deben desapilar a man cada unha das pezas de material. Analizáronse diferentes alternativas hardware, buscando a máis adecuada para as necesidades presentadas. Os resultados desta análise foron o punto de partida para o deseño do sistema empregando ferramentas de Deseño Asistido por Ordenador (CAD, do inglés Computer-Aided Design) para crear modelos en dúas dimensións. Descríbese ademais cal será o funcionamento, acompañado con Gráficos Funcionais de Control de Etapas e Transicións (GRAFCET), que reflexan o fluxo do programa e servirán de guía para programar no PLC. A automatización consiste nun robot cartesiano de 2 grados de liberdade, cun plano aspirante como efector final, sendo a xeración de baleiro a base para que poida coller e transportar as molduras. A el súmanselle unha serie de cintas transportadoras, as primeiras para acercarlle o paquete e retirarlle a tapa a este unha vez é desapilado por completo. E as seguintes nas que estará centrada a tarefa de alimentación da liña, engadíndoo un volteado previo do material cando sexa preciso. Empregando o software de AutoCAD elaboráronse todos os planos necesarios para acoutar este sistema, dividíndose nun total de catro. Un para definir como quedará a liña unha vez implantada a solución, os cambios que será necesario acometer e os novos sistemas de seguridade necesarios. Logo tense o dimensional, onde se acoutan todas as medidas do sistema tomando como referencia a propia liña. Estes serán a guía para a fabricación mecánica do sistema. En relación, a este último están os que especifican todo o equipamento eléctrico, separando para maior claridade o robot do resto do sistema. Mediante os GRAFCET establécese de forma gráfica a secuencia das operacións e as condicións lóxicas para pasar entre elas de cada unha das zonas que compoñen o sistema. Conséguese así, unha descrición e definición funcional do sistema de control de cada unha delas. Prográmase e simulase virtualmente o sistema de seguridade, observando o seu modo de actuación ante calquera tipo de perigo, ben sexa o intento de acceso a un entorno perigoso ou a opresión dunha seta de emerxencia. Por último, presentase unha pequena estimación dos custos obra civil, equipamento mecánico e eléctrico, persoal necesario para determinadas tarefas e custo de tramitacións legais. Os resultados do proxecto reflexan que non sempre é un brazo robótico a mellor solución para automatizar un proceso, cando non é necesaria unha precisión excesiva e os movementos están bastante acoutados, un robot con menor número de grados de liberdade é a mellor opción.

Adquisición e procesado de nubes LIDAR orientado para o ámbito da robótica
Autoría
M.J.C.F.
Grao en Robótica
M.J.C.F.
Grao en Robótica
Data da defensa
12.07.2024 10:00
12.07.2024 10:00
Resumo
Neste traballo abórdase o proceso completo de toma, procesado, compresión, comparación e análise de nubes de puntos obtidas de dous sensores LiDAR distintos: o LS LiDAR e o Livox HAP. Explóranse diversos métodos de compresión para manexar eficientemente os grandes volumes de datos xerados, co obxectivo de minimizar o cómputo en sistemas a bordo de robots, que xeralmente teñen unha capacidade e consumo de enerxía limitados. Estes métodos inclúen downsampling, compresión xeométrica, filtros de mellora de calidade e compresión sen perdas como o método LASzip. Ademais, realízase unha comparación detallada dos resultados obtidos con cada sensor, avaliando a precisión e eficiencia dos métodos aplicados dependiendo das características da toma de datos. O obxectivo é proporcionar unha visión integral das técnicas de compresión e o seu impacto na calidade dos datos LiDAR, facilitando a súa aplicación en diversas áreas da robótica e a análise espacial.

GARCIA LORENZO, OSCAR (Titoría)
SOUTULLO SOBRAL, SAMUEL Cotitoría
GARCIA LORENZO, OSCAR (Titoría)
SOUTULLO SOBRAL, SAMUEL Cotitoría
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON (Presidente/a)
PARDO SECO, FERNANDO RAFAEL (Secretario/a)
VAZQUEZ ALVAREZ, ALVARO (Vogal)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON (Presidente/a)
PARDO SECO, FERNANDO RAFAEL (Secretario/a)
VAZQUEZ ALVAREZ, ALVARO (Vogal)
Arquitectura e despregadura eficiente para sistemas multi-VANT: Integración de enxame de VANTs nun entorno contedorizado
Autoría
B.M.A.
Grao en Robótica
B.M.A.
Grao en Robótica
Data da defensa
16.09.2024 10:00
16.09.2024 10:00
Resumo
ROS é o framework por excelencia no desenvolvemento da robótica. Debido a isto, foi adoptado por moitas industrias e creáronse numerosos proxectos que buscan expandir o alcance de ROS a novos ámbitos. Sen embargo, ROS conta cunha data de obsolescencia programada, e por ende, para todos aqueles módulos e paquetes que manteñen a industria. A obsolescencia de ROS débese a ROS 2, unha nova versión que busca resolver moitos dos problemas orixinais formulados mediante unha serie de cambios de arquitectura. Desafortunadamente, moitos dos módulos e paquetes pertencentes a ROS aínda non se encontran en ROS 2, facendo que o traspaso de versión sexa complexo para certas industrias, como a industria da robótica aérea, na que moitas das implementacións dependen do paquete MAVROS para xestionar a comunicación mediante o protocolo MAVLink cos VANTs. Esta industria depende en parte de aplicacións e ferramentas para o control de enxames de VANTs, moi utilizadas actualmente grazas o auxe da robótica para a inspección e recopilación de información para a industria 4.0 ou para usos en conflitos bélicos. Estas aplicacións requiren ferramentas que permitan o control dun número indeterminado de VANTs de maneira dinámica e posibiliten unha despregadura áxil dos mesmos. Este auxe vése ameazado pola inminente obsolescencia das bases software que empregan ditas ferramentas. Por isto último, proponse como solución a creación dunha ferramenta que aproveite a nova comunicación nativa de ROS 2 mediante DDS para conectar cos autopilotos dos VANTs. Esta ferramenta encargaríase da transmisión e tradución dos mensaxes entre o autopiloto de cada VANT e o programa de control formulado, simplificando a comunicación e permitindo un acceso máis sinxelo aos novos comandos de control. Dita ferramenta baséase nun orquestrador de contedores, que facilitará a creación e mantemento dos contedores nos que se encontren os VANTs, proporcionando robustez e axilidade a despregadura de ditos contedores. Grazas a este orquestrador, un único equipo físico coa ferramenta formulada podería actuar de controlador sobre unha serie de VANTs conectados mediante rede, facilitando o manexo de misións e a automatización das despregaduras.

Desenvolvemento dun xémelo dixital dunha instalación automatizada cun motor de videoxogos
Autoría
D.V.G.
Grao en Robótica
D.V.G.
Grao en Robótica
Data da defensa
08.07.2024 16:30
08.07.2024 16:30
Resumo
El trabajo aborda el desarrollo e implementación de un gemelo digital para una instalación automatizada, utilizando un motor de videojuegos como herramienta principal. La investigación se centra en la implementación de este gemelo digital empleando Unreal Engine 5 (UE5) y Touchdesigner, junto con la integración de TwinCAT 3 para el control de hardware.
El trabajo aborda el desarrollo e implementación de un gemelo digital para una instalación automatizada, utilizando un motor de videojuegos como herramienta principal. La investigación se centra en la implementación de este gemelo digital empleando Unreal Engine 5 (UE5) y Touchdesigner, junto con la integración de TwinCAT 3 para el control de hardware.
Dirección
PARDO SECO, FERNANDO RAFAEL (Titoría)
PARDO SECO, FERNANDO RAFAEL (Titoría)
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
CORRALES RAMON, JUAN ANTONIO (Presidente/a)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
GARCIA LORENZO, OSCAR (Vogal)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
CORRALES RAMON, JUAN ANTONIO (Presidente/a)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
GARCIA LORENZO, OSCAR (Vogal)
PROXECTO DE QUEIXERIA PARA ELABORACION DE QUEIXOS D.O.P ARZUA-ULLOA, CON UNHA CAPACIDADE DE ELABORACION DE 2000L/DIA DE LEITE, EN ORDES (A CORUÑA)
Autoría
E.M.L.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
E.M.L.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Data da defensa
16.09.2024 11:00
16.09.2024 11:00
Resumo
O proxecto realizase coa finalidade de transformar o leite dunha granxa familiar nun produto de valor engadido como é o queixo Arzúa-Ulloa con D.O.P. A Industria localizarase na parroquía de Lesta (Ordes) nunha parcela anexa a granxa propiedade do promotor, contará cunha transformación diaria de 2000 L e con 4 traballadores. A nave contará cunhas dimensións de 40x20 m, cunha estructura de formada por pilares, vigas peraltadas, correas e teito a duas augas. Realizaranse de xeito completo os cálculos constructivos, diseño e dimensionado da instalación de vapor, combustible, aire comprimido, instalación frigorífica, electricidade, instalación de protección contra incendios, instalación e saneamento e fontanería. Os detalles do proceso produtivo, maquinaria empregada e cálculos pertinentes recolleranse nos anexos á memoria. A totalidade do proxecto foi presupostada en 762.165,50€ cunha duración das obras de 54 días.
O proxecto realizase coa finalidade de transformar o leite dunha granxa familiar nun produto de valor engadido como é o queixo Arzúa-Ulloa con D.O.P. A Industria localizarase na parroquía de Lesta (Ordes) nunha parcela anexa a granxa propiedade do promotor, contará cunha transformación diaria de 2000 L e con 4 traballadores. A nave contará cunhas dimensións de 40x20 m, cunha estructura de formada por pilares, vigas peraltadas, correas e teito a duas augas. Realizaranse de xeito completo os cálculos constructivos, diseño e dimensionado da instalación de vapor, combustible, aire comprimido, instalación frigorífica, electricidade, instalación de protección contra incendios, instalación e saneamento e fontanería. Os detalles do proceso produtivo, maquinaria empregada e cálculos pertinentes recolleranse nos anexos á memoria. A totalidade do proxecto foi presupostada en 762.165,50€ cunha duración das obras de 54 días.
Dirección
GOMEZ FERNANDEZ, JULIO (Titoría)
GOMEZ FERNANDEZ, JULIO (Titoría)
Tribunal
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
Arbones Maciñeira, Enrique Rafael (Secretario/a)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Vogal)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
Arbones Maciñeira, Enrique Rafael (Secretario/a)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Vogal)
Nave de cebo para 80 tenreiros en Lesta, Ordes, A coruña
Autoría
C.M.L.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
C.M.L.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Data da defensa
08.07.2024 12:30
08.07.2024 12:30
Resumo
O presente proxecto Nave de cebo para 80 tenereiros en A coruña, Ordes, Lesta ten como obxectivo dimensionar e deseñar tendo en conta as normativas vixentes, todas aquelas infraestructuras precisas para levar a cabo a actividade. A ubicación da nave vai ser na Parroquia de Lesta, no Concello de Ordes, provincia de A coruña, nunha parcela propiedade do promotor. A nave vai ter unhas medidas de 42 x 21 m, con unha estructura de formigón formada por pilares, vigas peraltadas, correas e teito. No presente proxecto vanse a realizar os cálculos constructivos, deseño e dimensionamento das instalacións de saneamento, fontanería e electricidade, ademais cos estudios precisos de seguridad e saúde e xestión de residuos. O presuposto desta nave ascende a : 436601,93 A finalidade que se busca é ter un medio de vida que poida reportar mensualmente uns beneficios e que ao mesmo tempo o promotor poida ter unha certa calidade de vida, facendo o traballo na nave o mais sinxelo e co menor esforzo posible.

VAZQUEZ GONZALEZ, IBAN (Titoría)
VAZQUEZ GONZALEZ, IBAN (Titoría)
Tribunal
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
Iglesias Becerra, Antonio (Secretario/a)
BARRASA RIOJA, MARTIN (Vogal)

Proxecto de unha nave de recría de 100 novillas de raza frisona en A Baña (A Coruña)
Autoría
A.A.G.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
A.A.G.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Data da defensa
08.07.2024 09:30
08.07.2024 09:30
Resumo
O presente proxecto, ten como obxectivo dimensionar, deseñar e avaliar, conforme ás normativas vixentes, todas as infraestruturas necesarias para levar a cabo a recría de 100 novillas. A explotación situarase na aldea de Bafaduira, na parroquia de San Xoán da Riba, Concello de A Baña, provincia de A Coruña, nunha parcela de uso agrario propiedade do promotor. As construcións proxectadas son unha nave de 50 m x 20 m, con estrutura de formigón prefabricado a base de piares, vigas peraltadas e correas. A cuberta será de panel sandwich e os alicerces realizados “in situ”. Elaborarase neste proxecto os cálculos construtivos, deseño e dimensionamento das instalacións de saneamento, fontanería e electricidade, xunto co pertinente estudo básico de seguridade e saúde, control de calidade e xestión de residuos que lle corresponden. Realizouse un orzamento detallado de todos os seus custos de execución que ascende a 302.279,64 €. Tamén se fixo unha avaliación económico-financeira e estímase que a obra dure un total de 61 días laborais. Os principais obxectivos deste proxecto son obter unhas novillas de calidade, o benestar dos animais e conseguir realizar as tarefas diarias da forma máis cómoda posible, combinando modernas técnicas de explotación cun adecuado manexo e sanidade controlada, sen que isto supoña excesivos gastos.

BARRASA RIOJA, MARTIN (Titoría)
BARRASA RIOJA, MARTIN (Titoría)
Tribunal
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
Fernández Rodríguez, María Elena (Secretario/a)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Vogal)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
Fernández Rodríguez, María Elena (Secretario/a)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Vogal)
Avaliación sanitaria e seguemento técnico de pragas nun viñedo multivarietal de uso docente no Campus Terra (USC) en Lugo
Autoría
X.B.C.B.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
X.B.C.B.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Data da defensa
10.07.2024 11:15
10.07.2024 11:15
Resumo
Os obxectivos deste estudo técnico son realizar unha avaliación sanitaria das coleccións de variedades de vide no Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela e realizar un seguemento da evolución das principais pragas e patóxenos da vide detectados. Durante 5 meses recolléronse datos de condicións ambientais (Estación Campus Lugo) e fenoloxía (BBCH (Lorenz et al., 1994)) e realizáronse observacións/mostraxes semanais que serviron para diagnosticar patóxenos, identificar pragas e facer curvas de desenvolvemento das enfermidades clave (mildeu, Plasmopara vitícola e oídio, Erysiphe necátor) e curvas de voo das principais pragas (polilla do racimo, Lobesia botrana (Den. Y Schiff., Lepidoptera, Tortricidae) e mosquito verde, Empoasca vitis (Göthe, Hemiptera, Cicadellidae)) así como diversos mapas con avaliación da importancia doutros axentes nocivos presentes. A pesar de atoparse na parcela un 33,33% das pragas e patóxenos incluídos na Guía de Xestión Integrada de Pragas da Viña do MAPA, a principal ameaza son o mildeu e o oídio, dous patóxenos que, de non ser tratados, porían en risco a supervivencia das plantas. Tamén son unha ameaza os fungos da madeira (“xesca”), nos que están implicados varios fungos mortais por falta de tratamentos eficaces. Atopáronse outros axentes nocivos con danos menores como a excoriose (Phomosis viticola), o black-rot (Guignardia bidwellii) ou varios ácaros, e patóxenos de etioloxía vírica como os virus de entrenós curtos (Grapevine fanleaf virus, GFLV) e os virus asociados ao enrolamento da vide (GLRaV), que xa estaban presentes no material vexetal empregado na plantación. O estudo inclúe unha guía ilustrada para a detección e identificación das pragas atopadas no cultivo e recomendacións para a prevención, tratamento e mantemento correcto das coleccións de variedades de vide do Campus Terra.

GARCÍA BERRIOS, JULIÁN JESÚS (Vogal)

Proyecto para la construcción de una planta de fabricación de masa madre, con producción de 5000kg/día, en Santiago de Compostela (A Coruña)
Autoría
M.P.M.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
M.P.M.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Data da defensa
14.02.2024 18:00
14.02.2024 18:00
Resumo
El objetivo de este proyecto es obtener un beneficio económico mediante la construcción de una nave industrial en el polígono Costa Vella en Santiago de Compostela (A Coruña) en la cual se implementará una planta de producción de masa madre para panadería y repostería. Esta parcela está situada en una buena localización con respecto a los principales núcleos de población más importantes, que permite optar a una mejor distribución y venta del producto elaborado. Se elaborarán tres tipos de masa madre: una de harina de trigo, otra de harina de centeno y por último masa madre 100% integral. Tendrá una producción de 5.000Kg/día alternándose cada tipo de masa siguiendo las necesidades de producción. El promotor de este proyecto es el propietario de una empresa familiar dedicada a la elaboración y distribución de harinas, que pretende ampliar su negocio invirtiendo en un producto que está cada vez más en auge. Los detalles del proceso productivo, de la ingeniería de diseño y de la ingeniería de las instalaciones se recogen en los anejos de la memoria y en los planos. El proyecto fue presupuestado en la cantidad De 551.581,17€ y las obras tendrán una duración de 134 días, las cuales serán realizadas teniendo en cuenta el Estudio Básico de Seguridad y Salud.
El objetivo de este proyecto es obtener un beneficio económico mediante la construcción de una nave industrial en el polígono Costa Vella en Santiago de Compostela (A Coruña) en la cual se implementará una planta de producción de masa madre para panadería y repostería. Esta parcela está situada en una buena localización con respecto a los principales núcleos de población más importantes, que permite optar a una mejor distribución y venta del producto elaborado. Se elaborarán tres tipos de masa madre: una de harina de trigo, otra de harina de centeno y por último masa madre 100% integral. Tendrá una producción de 5.000Kg/día alternándose cada tipo de masa siguiendo las necesidades de producción. El promotor de este proyecto es el propietario de una empresa familiar dedicada a la elaboración y distribución de harinas, que pretende ampliar su negocio invirtiendo en un producto que está cada vez más en auge. Los detalles del proceso productivo, de la ingeniería de diseño y de la ingeniería de las instalaciones se recogen en los anejos de la memoria y en los planos. El proyecto fue presupuestado en la cantidad De 551.581,17€ y las obras tendrán una duración de 134 días, las cuales serán realizadas teniendo en cuenta el Estudio Básico de Seguridad y Salud.
Dirección
GOMEZ FERNANDEZ, JULIO (Titoría)
GOMEZ FERNANDEZ, JULIO (Titoría)
Tribunal
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
Arbones Maciñeira, Enrique Rafael (Secretario/a)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Vogal)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
Arbones Maciñeira, Enrique Rafael (Secretario/a)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Vogal)
TFG: Mención Explotacións Agropecuarias; Nave de engorde e esterqueira para 250 becerros en Seoane de Arriba, Viana do Bolo (Ourense)
Autoría
J.E.C.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
J.E.C.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Data da defensa
10.07.2024 09:30
10.07.2024 09:30
Resumo
O presente proxecto Nave de engorde e esterqueira para 250 becerros en Seoane de Arriba, Viana do Bolo (Ourense), ten como principal obxectivo dimensionar, deseñar e avaliar, conforme a todas as normativas vixentes, aquelas infraestruturas necesarias para poder levar a cabo a actividade do cebo de tenreiros, así como o posterior almacenamento dos seus residuos. As instalacións a construír situaranse nas cercanías da aldea de Seoane de Arriba , na parroquia de Solveira, situada no concello de Viana do Bolo, provincia de Ourense, concretamente nunha parcela de uso agrario que é propiedade do promotor. As construcións proxectadas son unha nave de 78,35 x 13,35 m, con estrutura de pórticos empotrados de formigón armado, un patio exterior anexo á nave cunhas medidas de 8,10 m x 72,2 m, e unha esterqueira para o almacenamento de residuos de 18 m x 8 m x 2,5 m de altura, cunha capacidade neta de 360 m3 aproximadamente, será cuberto cunha estrutura prefabricada formada por piares, vigas cargadeiro e correas. No presente proxecto elabóranse todos os cálculos construtivos, de deseño e dimensionado das instalacións de saneamento, fontanería e de electricidade ademais de levar adxuntos os seus pertencentes estudos de seguridade e saúde e xestión de residuos correspondentes. Os becerros cos que se traballará estarán serán comercializados baixo o amparo da Denominación de Orixe Ternera Gallega, e a súa alimentación basarase principalmente en palla e concentrado. Utilizarase o sistema todo dentro todo fora e os animais permanecerán na explotación dos 3 aos 10 meses de vida, tempo que durará o proceso de cebo. O presuposto de execución por contrata ascende a cantidade de 436.025,94 € e estímase que a obra dure un total de 41 días laborais. A finalidade de dito proxecto é conseguir unha granxa rendible, que sexa competitiva na produción de tenreiros para o seu posterior sacrificio, combinando técnicas tradicionais e modernas. Todo isto sen esquecer a importancia de levar a cabo un bo manexo e coidado dos animais buscando en todo momento as mellores condicións sanitarias posibles tanto para os animais como para o persoal da granxa, economizando os gastos na medida do posible.

Fernández Rodríguez, María Elena (Titoría)
Fernández Rodríguez, María Elena (Titoría)
Tribunal
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
PEREIRA GONZALEZ, JOSE MANUEL (Secretario/a)
Torres Labandeira, Manuel Luis (Vogal)

Caracterización nutricional de pans elaborados con fariñas autóctonas seguindo as especificacións da IXP Pan Galego
Autoría
J.C.C.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
J.C.C.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Data da defensa
13.09.2024 09:00
13.09.2024 09:00
Resumo
Os procesos globalizadores fomentaron a introdución de cultivos de variedades superprodutivas, en detrimento das variedades tradicionais locais. En Galicia, para poñer en valor e promover a recuperación destas variedades autóctonas de trigo e o proceso de elaboración tradicional de pan, xurdiu a IXP Pan Galego, que ampara aos pans de Galicia como produto tradicional e de calidade. Actualmente hai 2 variedades recoñecidas como variedades de trigo galego, que son ‘Caaveiro’ e ‘Callobre’. O prego de condicións da IXP Pan Galego establece que deben supor ao menos o 25% da proporción total de fariña empregada na elaboración dos pans amparados pola IXP. O obxectivo deste traballo é levar a cabo a caracterización nutricional de pans elaborados seguindo as especificacións da IXP. Para iso, analizáronse tanto macronutrientes como micronutrientes. Analizáronse en total 8 tipos de pans, coa finalidade de estudar a influenza da variedade autóctona de trigo para obter a fariña (‘Caaveiro’ e ‘Callobre’), os métodos de cultivo empregados no cultivo do trigo (ecolóxico e convencional) e a proporción de fariña autóctona empregada na formulación da masa (100 e 25%), de maneira que para o análise dos resultados se tiveron en conta 3 factores (variedade, cultivo e proporción) e as súas interaccións. O método de cultivo foi o factor menos significativo, afectando só ao contido en maltosa, Na, Fe e Cu dos pans analizados. A variedade resultou significativa na cantidade de humidade, proteína, frutosa, sacarosa, maltosa, amilosa, amilopectina, Mg, P, K, Mn dos pans. Comprobouse que o factor que mais inflúe sobre as características nutricionais dos pans foi a proporción de fariña autóctona empregada, xa que afectou ao contido en humidade, proteína, graxa, glícidos, frutosa, amilosa, amilopectina, Mg, P, K, Mn, Fe, Cu e Zn dos pans.

COBOS GARCIA, ANGEL (Titoría)
Romero Rodríguez, Mª Ángeles Cotitoría
COBOS GARCIA, ANGEL (Titoría)
Romero Rodríguez, Mª Ángeles Cotitoría
Tribunal
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
PRADO RODRIGUEZ, MARTA (Secretario/a)
VAZQUEZ GONZALEZ, IBAN (Vogal)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
PRADO RODRIGUEZ, MARTA (Secretario/a)
VAZQUEZ GONZALEZ, IBAN (Vogal)
Estudo de custos de produción da carne de vacún en Galicia: Anualidades 2022-2023. Granxas amparadas baixo o selo da IXP Ternera Gallega Suprema
Autoría
A.S.A.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
A.S.A.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Data da defensa
13.09.2024 10:00
13.09.2024 10:00
Resumo
O sector da produción de carne de vacún ten unha especial relevancia en Galicia. Ademais da importancia económica dentro da produción agraria, é clave noutros aspectos como o moldeado e preservación do territorio ou a fixación de poboación no rural. Pese a isto, o sector está a vivir unha situación crítica que pode ameazar a súa continuidade pola falta de relevo xeracional que leva ao peche das explotacións sen ningún tipo de continuidade. A profesionalización, modernización, dixitalización e, en especial, unha remuneración xusta ao produtor polo seu traballo realizado son aspectos clave pare reverter esta situación e lograr a supervivencia do sector e, en xeral, do futuro do agro galego. Unha análise e coñecemento dos custos de produción redundaría nunha mellora da profesionalización do sector, aumentando os seus marxes de beneficio, eficiencia e reducido o seu impacto sobre o medio ambiente. Por outra banda a lei da Cadea Alimentaria subliña a importancia de que os prezos pagados aos produtores sexan superiores aos custos efectivos de produción para garantir un equilibrio na cadea de valor que protexa ao elo máis débil, que é o produtor, evitando así que estes operen a perdas. Así, contar cun estudo no que se analicen e xustifiquen os custos de produción dunha mostra significativa do sector serviría como punto de partida para unha negociación entre produtores e industria, garantindo así o cumprimento da Lei da Cadea Alimentaria. O presente estudo técnico ten como obxectivo analizar os custos de produción das granxas de vacún de carne en Galicia, centrándose nas que venden amparadas baixo o selo da IXP Ternera Gallega Suprema para os anos 2022 e 2023. Os resultados amosan que a diferenza entre unha explotación viable economicamente que xera unha renda digna ao gandeiro e unha que non o é radica principalmente na xestión que esta fai dos seus gastos, polo que o control dos custes de produción en base ao coñecemento dos mesmos é garantía de continuidade e viabilidade.

VALDES PAÇOS, BERNARDO (Secretario/a)
Fernández Rodríguez, María Elena (Vogal)

Proxecto dunha queixería artesanal en muxía (coruña), cunha producción de 85 quesos diarios.
Autoría
M.P.T.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
M.P.T.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Data da defensa
16.09.2024 10:00
16.09.2024 10:00
Resumo
O presente proxecto ten por obxecto o deseño e construción dunha queixería artesanal, en Muxía (Coruña), dita queixería terá unha superficie de 288m2, sendo a súa lonxitude de 24m y a luz de 12m. A cuberta será plana(sin parapentos), con unha pendente do 5%; formada por catro pórticos, a separación entre eles será de 6m e terá 5m de altura. Realizándose a estructura con formigón prefabricado. Na nosa industria vamos a definir dúas variedades de queixo: Queixos frescos elaborados a partir de leite de vacas de raza Frisona que produciremos e venderemos todo o ano. Queixos madurados por mofos superficiais, tamén elaborados a partir de leite de vacas frisonas que produciremos e venderemos todo o ano. Con estes produtos cubriremos un amplo mercado e cubriremos un amplo abanico de prezos. O abastecemento de leite será unicamente co leite das vacas frisonas, da explotación familiar. O motivo polo cal se escolleu esta raza, débese, a que son animais cuns altos rendementos leiteiros, podendo rondar a súa produción media diaria en 35 litros ao día. A producción de leite será duns 600 litros por día. A estimación é de 7 litros de leite por queixo, quedándonos así unha produción de 85 queixos ao día. En total, 31025 queixos ao ano, dos cales, 16425 serán queixos frescos e 14600 madurados por mofos superficiais. En total, as dimensións da nave industrial son de 12 x 24m, téndose realizado a estrutura con formigón prefabricado.
O presente proxecto ten por obxecto o deseño e construción dunha queixería artesanal, en Muxía (Coruña), dita queixería terá unha superficie de 288m2, sendo a súa lonxitude de 24m y a luz de 12m. A cuberta será plana(sin parapentos), con unha pendente do 5%; formada por catro pórticos, a separación entre eles será de 6m e terá 5m de altura. Realizándose a estructura con formigón prefabricado. Na nosa industria vamos a definir dúas variedades de queixo: Queixos frescos elaborados a partir de leite de vacas de raza Frisona que produciremos e venderemos todo o ano. Queixos madurados por mofos superficiais, tamén elaborados a partir de leite de vacas frisonas que produciremos e venderemos todo o ano. Con estes produtos cubriremos un amplo mercado e cubriremos un amplo abanico de prezos. O abastecemento de leite será unicamente co leite das vacas frisonas, da explotación familiar. O motivo polo cal se escolleu esta raza, débese, a que son animais cuns altos rendementos leiteiros, podendo rondar a súa produción media diaria en 35 litros ao día. A producción de leite será duns 600 litros por día. A estimación é de 7 litros de leite por queixo, quedándonos así unha produción de 85 queixos ao día. En total, 31025 queixos ao ano, dos cales, 16425 serán queixos frescos e 14600 madurados por mofos superficiais. En total, as dimensións da nave industrial son de 12 x 24m, téndose realizado a estrutura con formigón prefabricado.
Dirección
GOMEZ FERNANDEZ, JULIO (Titoría)
GOMEZ FERNANDEZ, JULIO (Titoría)
Tribunal
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
Arbones Maciñeira, Enrique Rafael (Secretario/a)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Vogal)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
Arbones Maciñeira, Enrique Rafael (Secretario/a)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Vogal)
Nova rede de Saneamento de Carregal - Tomiño
Autoría
P.O.R.
Dobre Grao en Enxeñaría Civil e en Enxeñaría en Xeomática e Topografía
P.O.R.
Dobre Grao en Enxeñaría Civil e en Enxeñaría en Xeomática e Topografía
Data da defensa
14.02.2024 16:00
14.02.2024 16:00
Resumo
O presente proxecto ten como finalidade o diseño e dimensionamento da rede de saneamento do núcleo urbano de Carregal, no concello de Tomiño, co obxetivo de proporcionar estes servizos á poboación. Na actualidade Carregal non dispón de rede de saneamento, senon que utilizan fosas sépticas privadas para a recollida das augas residuais. Neste traballo crearase unha rede de saneamento utilizando conducciones por gravidade e impulsións localizadas En definitiva, na redacción de dito proxecto expondranse as características xerais e específicas da obra civil, así como os aspectos funcionáis, formais, constructivos e económicos necesarios para unha correcta execución do proxecto.
O presente proxecto ten como finalidade o diseño e dimensionamento da rede de saneamento do núcleo urbano de Carregal, no concello de Tomiño, co obxetivo de proporcionar estes servizos á poboación. Na actualidade Carregal non dispón de rede de saneamento, senon que utilizan fosas sépticas privadas para a recollida das augas residuais. Neste traballo crearase unha rede de saneamento utilizando conducciones por gravidade e impulsións localizadas En definitiva, na redacción de dito proxecto expondranse as características xerais e específicas da obra civil, así como os aspectos funcionáis, formais, constructivos e económicos necesarios para unha correcta execución do proxecto.
Dirección
LOPEZ MOREIRA, IVAN (Titoría)
CARBALLO SANCHEZ, RODRIGO Cotitoría
LOPEZ MOREIRA, IVAN (Titoría)
CARBALLO SANCHEZ, RODRIGO Cotitoría
Tribunal
LOPEZ MOREIRA, IVAN (Coordinador)
NUÑEZ TEMES, CARLOS (Presidente/a)
TEIJEIRO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Secretario/a)
DAFONTE DAFONTE, JORGE (Vogal)

Emprego de sistemas de información xeográfica para a aplicación da lei de Montes de Galicia e lei de Prevención e Defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Autoría
P.O.R.
Dobre Grao en Enxeñaría Civil e en Enxeñaría en Xeomática e Topografía
P.O.R.
Dobre Grao en Enxeñaría Civil e en Enxeñaría en Xeomática e Topografía
Data da defensa
12.09.2024 11:00
12.09.2024 11:00
Resumo
O presente traballo céntrase no uso de tecnoloxía LiDAR para a aplicación efectiva da Lei de Montes e a Lei de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais de Galicia. A tecnoloxía LiDAR (Lixeiro Detection and Ranging) proporciona datos tridimensionales precisos do terreo e a vexetación, o que é crucial para unha caracterización detallada da contorna forestal. Estes datos permiten ás autoridades competentes avaliar e xestionar de maneira eficiente as áreas forestais, asegurando o cumprimento das normativas vixentes. O traballo inclúe a adquisición e procesamiento de datos LiDAR para xerar modelos dixitais do terreo (MDT) e modelo dixital de superficie (MDS) para obter un modelo dixital de vexetación (MDV). Posteriormente, aplicarase unha metodoloxía para así obter exclusivamente o dosel forestal. Estes modelos compararanse coas fajas de xestión e protección e comprobarase o grao de cumprimento das leis. Ademais, o traballo constará dunha análise detallada dos datos obtidos para cada provincia de Galicia. Esta análise permitirá identificar as particularidades de cada territorio e avaliar o estado e a eficacia das medidas de prevención e xestión de incendios forestais implementadas, facilitando a adaptación de estratexias específicas para cada provincia. En resumo, a integración da tecnoloxía LiDAR na xestión forestal de Galicia non só mellora a precisión e eficacia das accións de prevención e control de incendios, senón que tamén optimiza os recursos dispoñibles, reducindo custos e tempos asociados coa recompilación manual de datos, e promovendo unha xestión máis eficiente e sustentable dos recursos forestais.

Iniesto Alba, María José (Titoría)
Iniesto Alba, María José (Titoría)
Tribunal
DIAZ VARELA, EMILIO RAFAEL (Coordinador)
DIAZ VARELA, EMILIO RAFAEL (Presidente/a)
SANTÉ RIVEIRA, INÉS (Secretario/a)
MIRANDA BARROS, DAVID (Vogal)

11.07.2024 12:00

Proxecto de ordenacion do monte Vacadas, no lugar de Armedelo, concello de Rois, A Coruña
Autoría
S.C.V.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
S.C.V.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
12.09.2024 12:45
12.09.2024 12:45
Resumo
O presente proxecto fin de Grado de Enxeñeria de Forestal constituirá a ordenación forestal do monte de Vacadas, situado no lugar de Armedelo, termo municipal de Rois, provincia da Coruña. Os límites do monte son claras non existindo superficies en conflito. Conta cunha superficie total de 50,8659 ha, segregadas da seguinte forma: superficie ocupada por torre dunha liña eléctrica que atravesa o monte, 0,0009 ha; superficie de servidume da liña eléctrica e dos cursos de auga, 0,4763ha; superficie forestal 50,3887 ha. A superficie de ordenación forestal é 50,8650 ha. Tras un estudio do estado legal, natural, forestal e económico do monte, subdividirase dita superficie en catro Cuarteis, segundo os obxectivos da ordenación: un de produción de Pinus radiata, un de produción de Eucalyptus nitens, un de produción de madeira de calidade de especies de frondosas autóctonas e un destinado ás infraestruturas de defensa contra incendios forestais. Ademais, deste obxectivo principal produtor, tamén se contemplan outros secundarios, o cinexético, protector e social, que permita o desenvolvemento multifuncional do montes nos seus valores económicos, sociais e ambientais. Nos cuarteis programaranse, durante o período 2024- 2034, un plan de cortas de rexeneración segundo os datos obtidos a partir do inventario forestal in situ, e unha serie de tratamentos silvícolas en función da dispoñibilidade económica do promotor, segundo os ingresos esperados. Ademais, con estes, contémplase unha serie de melloras do conxunto do monte, como as incluídas no plan de repoboacións, de tratamento dos restos de corta, de prevención e defensa contra incendios, de mantemento de infraestruturas, etc. Finalmente, facendo balance económico dos investimentos e rendementos esperados da actividade no período de vixencia do presente Plan especial a inversión sería rendible, xa que os ingresos son maiores en comparación cos gastos.

Rojo Alboreca, Alberto (Titoría)
Rojo Alboreca, Alberto (Titoría)
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
DIEGUEZ ARANDA, ULISES (Secretario/a)
ALVAREZ GONZALEZ, JUAN GABRIEL (Vogal)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
DIEGUEZ ARANDA, ULISES (Secretario/a)
ALVAREZ GONZALEZ, JUAN GABRIEL (Vogal)
Estudo comparativo dos custes da certificación FSC da xestión forestal sostible en España no 2024.
Autoría
A.V.L.L.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
A.V.L.L.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
11.07.2024 11:00
11.07.2024 11:00
Resumo
Este estudo consistiu na actualización dos custes da certificación FSC (Forest Stewardship Council) da xestión forestal sostible en España, ao non existir ningún novo estudo dende 2016 e ao producirse un aumento importante do IPC dende entón. Para levar a cabo o estudo, realizouse unha enquisa aos titulares dos certificados a través da oficina de FSC España para obter a información sobre os custes das diferentes fases da certificación, e procedeuse á súa análise e interpretación en función das modalidades de acceso: individual, grupos mixtos, grupos tipo SLIMF, grupos vinculados á produción corchera e administración públicas. Ao realizar a comparación cos anteriores estudos, de 2012 e de 2016, observouse unha tendencia cara os grupos mixtos e administracións públicas. Os resultados tamén indicaron unha lixeira subida dos custes no caso dos grupos mixtos, unha diminución no caso da produción corchera e un aumento importante no caso das administracións públicas, polo que non se pode establecer un patrón xeral. Con respecto ás porcentaxes de cada tipo de custe no total, aumentou de xeito significativo a porcentaxe do custe de elaboración dos plans ou instrumentos de xestión (53,6%), mentras que o resto dos custes diminuíu. Ademais, tamén se analizou a acollida da certificación dos servizos ecosistémicos e dos produtos forestais non madeirables, pero o escaso número de respostas á enquisa non permitiron obter resultados representativos.

Vila Lameiro, Pablo (Secretario/a)
GARCÍA ARIAS, ANA ISABEL (Vogal)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
Vila Lameiro, Pablo (Secretario/a)
GARCÍA ARIAS, ANA ISABEL (Vogal)
Proxecto de deseño dunha piscifactoría de rodaballo (SCOPHTHALMUS MAXIMUS) no porto de Burela (LUGO) para 250 toneladas
Autoría
I.M.S.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
I.M.S.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
08.07.2024 11:30
08.07.2024 11:30
Resumo
O presente proxecto ‘Deseño dunha piscifactoría de rodaballo (Scophthalmus maximus) no Porto de Burela (Lugo), ten por obxectivo deseñar, dimensionar e avaliar, tendo en conta as normativas vixentes, as infraestruturas necesarias para levar cabo o cebo desta especie, acadando un obxectivo de produción de 250 toneladas anuais. O obxecto do proxecto é o incremento de produción por parte da empresa promotora, Stolt Sea Farm S.A., que xa dispón de numerosas piscifactorías ó longo do litoral galego. O emprazamento da planta terá lugar no Porto de Burela , para a que será necesario solicitar, por parte do promotor, unha concesión para a ocupación do Dominio Público Portuario, así como, os permisos para a captación e vertido de auga no mar. A parcela conta cunha superficie de 2 ha, nas cales se distribuirán os tanques de engorde en exterior, xunto con todo o sistema de subministro de auga e todas as instalacións requiridas. Ademais, proxéctase unha nave auxiliar, de 15 x 30 metros, para prestar os servizos necesarios para a a parte produtiva. Elabóranse neste documento os cálculos construtivos, deseño e dimensionamento das instalacións de electricidade, fontanería, saneamento, circuíto de auga salgada. O presuposto de execución por contrata ascende á cantidade de 4.391.898,06 € e inclúese no documento a xestión de residuos da obra e o correspondente estudo de seguridade e saúde

BARRASA RIOJA, MARTIN (Secretario/a)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Vogal)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
BARRASA RIOJA, MARTIN (Secretario/a)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Vogal)
Estudo dos efectos dos distintos sistemas de xestión de prados, sobre as propiedades do solo, e das características e producción dos pastos no NW de Asturias..
Autoría
A.O.C.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
A.O.C.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
10.07.2024 12:15
10.07.2024 12:15
Resumo
Os sistemas de cría de gando vacún mediante pastoreo extensivo adoitan combinar o aproveitamento directo da herba (herbácea ou arbustiva) por dente e a reserva de parte da primeira como forraxe almacenada (ensilado ou feo), minimizando así os insumos á explotación e a emisión de gases de efecto invernadoiro (Zorita, 1995). Porén, aínda que este tipo de gandería fomenta a produción local favorecendo o funcionamento dos mercados locais e constitúe unha importante vía para manter a poboación no rural (García et al., 2009), require unha superficie produtiva cada vez máis extensa que garanta a rendibilidade das explotacións, cuxo incremento se adoita facer a conta das terras forestais ou agrícolas. Non obstante, o nivel de coñecemento de como os procesos de transformación de terreos forestais ou agrícolas para a produción de pastos herbáceos, así como o tipo de xestión gandeira (convencional ou ecolóxica certificada), inflúen en determinados compoñentes do medio (características dos solos e composición do pasto) é insuficiente. O obxectivo deste traballo é estudar as respostas do medio edáfico e as características botánicas, produtivas e de calidade dos pastos herbáceos en diferentes modelos de produción de gando vacún de raza local (sistema convencional vs. ecolóxico) nun territorio desfavorecido e de media montaña no NO de Asturias (concellos de Illano, Pesoz e San Martín de Oscos). Como resultados máis destacados faise referencia á nula diferenza entre os sistemas ecolóxico e convencional en termos xerais, por mor do manexo, extensivo en ambos casos. O medio é o factor máis influinte.

LOPEZ MOSQUERA, MARIA ELVIRA (Titoría)
RODRIGUEZ GUITIAN, MANUEL ANTONIO Cotitoría
BARREIRO BUJÁN, ANA ISABEL Cotitoría
LOPEZ MOSQUERA, MARIA ELVIRA (Titoría)
RODRIGUEZ GUITIAN, MANUEL ANTONIO Cotitoría
BARREIRO BUJÁN, ANA ISABEL Cotitoría
Tribunal
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
González Hernández, María del Pilar (Secretario/a)
ALVAREZ RODRIGUEZ, ESPERANZA (Vogal)

Proxecto de ordenación do monte veciñal en man común de Bazal (parroquia de Vilaspasantes, concello de Cervantes, provincia de Lugo)
Autoría
A.F.L.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
A.F.L.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
11.07.2024 13:00
11.07.2024 13:00
Resumo
Este documento serve como Traballo de Fin de Grao para o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, con mención en Explotacións Forestais. Trátase dun proxecto de ordenación para o monte veciñal en man común de Bazal (Cervantes, Lugo, Galicia). A superficie é de 133,69 ha. Primeiramente, defínese a situación administrativa e legal do monte, destacando o consorcio de xestión que aínda rexe o seu goberno. Expóñense as normativas que se aplican sobre el, sendo unha das máis limitantes o Plan Director da Rede Natura 2000. Logo, descríbese a estación forestal, reparando na orografía, na climatoloxía, na xeoloxía, na edafoloxía e na bioloxía que nel se desenvolve. Trátase dun monte enmarcado na área de media montaña da comarca de Os Ancares, caracterizado por ter uns cumes romos e unhas ladeiras de pendente pronunciada. Os solos aséntanse sobre lousas e cuarcitas fundamentalmente. O clima favorece o crecemento da foresta, mais existe un período de seca de dous meses no verán, compensados polas abundantes precipitacións durante o resto do ano. A continentalidade non é acusada. Estratifícase o monte en áreas homoxéneas en función da especie dominante, idade, forma fundamental de masa e fracción de cabida cuberta. Faise inventario dos estratos cuxa función principal é a produción de madeira, ocupados por masas de Pinus sylvestris, Pseudotsuga menziesii e Pinus radiata. Defínese a súa estrutura, calcúlanse as súas existencias e áchase o valor do erro de medición cometido. No plan xeral establécese como método de ordenación o de ordenación por rodais; divídese o monte en rodais, que serán as unidades últimas de xestión, de cortas e de inventario. Os usos principais son a produción de pastos, o madeireiro e o protector. Durante o plan especial levaranse a cabo as cortas de rexeneración oportunas, os traballos de mellora programados e unha serie de cambios de uso ós que se someterán diferentes áreas do monte. Finalmente, faise un balance económico entre os ingresos previstos e os gastos, obtendo uns beneficios estimados de 11725,46 €.

DIEGUEZ ARANDA, ULISES (Titoría)
DIEGUEZ ARANDA, ULISES (Titoría)
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
Rojo Alboreca, Alberto (Secretario/a)
Riesco Muñoz, Guillermo (Vogal)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
Rojo Alboreca, Alberto (Secretario/a)
Riesco Muñoz, Guillermo (Vogal)
Estudo das propiedades mecánicas e organolépticas da madeira madura de Eucalyptus globulus labill. para o seu uso en tonalería
Autoría
H.R.R.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
H.R.R.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
12.09.2024 13:30
12.09.2024 13:30
Resumo
O último Inventario Forestal Nacional, realizado en 2011, identificou o eucalipto como a formación arbórea predominante en Galicia. Esta tendencia mantívose ata 2022, como se demostra en datos recentes do Inventario Forestal Continuo de Galicia, que reflicten un aumento do 64,82% na superficie ocupada por eucaliptos. Estímase que entre 1,5 e 2 millóns de toneladas de madeira permanecen sen ser aproveitadas anualmente en Galicia, cunha proxección de ata 5 millóns de toneladas. Este fenómeno atribúese á maduración excesiva da madeira, que conduce á súa duraminización, facéndoa pouco axeitada para a industria da celulosa. É por iso polo que esta investigación ten como obxectivo a análise das propiedades mecánicas e químicas de madeira madura de Eucalyptus globulus Labill. procedente de San Tirso de Abres. Os resultados do estudo dendrométrico indican que a madeira obxecto de estudo presenta gran medio, unha resistencia á flexión estática media de 1201,19 kg/cm2 ao 12% de humidade e un módulo de elasticidade de 86897,32 kg/cm2. Quimicamente, presenta un rendemento medio do extracto do 5,142% e un contido medio de fenois totais, proantocianidinas e elagitaninos de 11,982, 1 e 0,376 mg/g respectivamente. Esta investigación resalta a necesidade de contar con datos actualizados para comprender plenamente as potencialidades do eucalipto e os resultados poñen de manifesto o seu valor para aplicacións industriais innovadoras, tendo posibilidades como un recurso de especial interese no desenvolvemento de produtos relacionados coa industria toneleira e o envellecemento de bebidas espirituosas.

Vila Lameiro, Pablo (Titoría)
CONDE FERNANDEZ, ADRIANA Cotitoría
Vila Lameiro, Pablo (Titoría)
CONDE FERNANDEZ, ADRIANA Cotitoría
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
Riesco Muñoz, Guillermo (Secretario/a)
ALVAREZ RODRIGUEZ, ESPERANZA (Vogal)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
Riesco Muñoz, Guillermo (Secretario/a)
ALVAREZ RODRIGUEZ, ESPERANZA (Vogal)
Agricultura de Precisión con Millo Forraxeiro en Galicia: análise da variabilidade temporal
Autoría
C.I.L.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
C.I.L.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
13.09.2024 11:00
13.09.2024 11:00
Resumo
A Agricultura de Precisión con millo forraxeiro (Zea mays L.) optimiza recursos como sementes, fertilizantes e produtos fitosanitarios. As colleitadoras autopropulsadas de forraxe equipadas con monitores de rendemento rexistran datos de produción que poden ser utilizados para obter mapas de rendemento. Neste traballo, analizáronse 730 arquivos con datos de rendemento de millo forraxeiro rexistrados por unha empresa de servizos do noroeste de España durante cinco campañas (2019-2023). Os arquivos de datos obtivéronse en 100 campos diferentes e limpáronse co software SMS Advanced para eliminar erros. O primeiro obxectivo do estudo foi analizar a variabilidade espacial intra-parcelaria e desenvolver un protocolo de delimitación de zonas de manexo. A creación de mapas con zonas de manexo permite realizar prescricións para aplicacións a dose variable (ADV). O protocolo proposto permitiu elaborar mapas con zonas de manexo delimitadas no 70% dos campos analizados. Un segundo obxectivo foi a análise da variabilidade temporal inter-parcelaria dos datos de rendemento. Utilizáronse as seguintes variables: rendemento de materia seca, rendemento de materia verde, humidade do cultivo, ciclo FAO, precipitacións, integral térmica, superficie do campo, pendente media do campo, índice de humidade topográfica do campo (TWI), e dose de semente de millo. Realizouse unha Análise de Compoñentes Principais (PCA) de todas as variables. Cando se analizaron os datos individuais, observáronse dúas poboacións, unha correspondente ao ano 2019 e outra aos anos de 2020 a 2023. Isto probablemente foi causado porque o ano 2019 rexistrou as precipitacións máis baixas no verán. A análise de clústeres foi realizada co método K-Means e o método PAM, usando o criterio de amplitude de Silhouette. O modelo Random Forest (RF) foi utilizado para estimar a produción de millo forraxeiro. Tanto os métodos de análise de clústeres como o modelo RF non proporcionaron resultados válidos para a explicación da variabilidade temporal inter-parcelaria

Bueno Lema, Javier (Titoría)
Bueno Lema, Javier (Titoría)
Tribunal
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
DUGO PATON, MAXIMO ANTONIO (Secretario/a)
DAFONTE DAFONTE, JORGE (Vogal)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
DUGO PATON, MAXIMO ANTONIO (Secretario/a)
DAFONTE DAFONTE, JORGE (Vogal)
Caracterización do xurro de vacún para definir posibles vías de revalorización enerxética e fertilizante
Autoría
V.M.V.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
V.M.V.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
13.09.2024 13:00
13.09.2024 13:00
Resumo
O sistema intensivo de produción gandeira leva asociado unha crecente automatización das explotacións e unha maior produción de esterco que, na súa maioría, atópase diluído debido á utilización de grandes cantidades de auga na limpeza dos aloxamentos. Por elo, prodúcese unha gran cantidade de xurro, e as explotacións non sempre contan co terreo suficiente como para aplicalo de maneira adecuada. Ademais da cantidade producida, hai que engadir o problema da almacenaxe, que ha de ser suficiente e adecuado, e dos sistemas de transporte e distribución sobre as terras de labor, que poden producir, contaminación das augas, ben por unha vertedura directa ou incontrolada, ben por un uso agrícola abusivo. Hoxe en día, está a xurdir lexislación que condicionará a aplicación directa do xurro ao campo (un dos destinos máis frecuentes actualmente) polo que é imperante atopar vías de revalorización deste produto alternativas ás prácticas habituais que resolvan tamén o problema da contaminación que poden xerar malas prácticas de xestión de xurro. Neste traballo tómanse mostras de xurro e a auga e alimento do gando de distintas explotacións de vacún leiteiro, analízase a súa composición e procésanse os datos para tratar de analizar así a viabilidade de distintas vías de revalorización do xurro, a saber: gasificación, pirólisis, combustión, separación sólido-líquido e dixestión. A análise da composición inclúe propiedades físico-químicas, así como a análise das mostras mediante ICP-MS e nun analizador elemental LECO TruSpec, para así coñecer as proporcións dos elementos minerais que conforman as mostras. O procesado de datos consiste en completar os datos obtidos cun banco de datos de anos anteriores, consultar a lexislación vixente en canto aos distintos compoñentes dos materiais analizados e os rangos permitidos, e unha análise quimiométrica para observar relacións e influencias entre as variables analizadas en función de características das explotacións como o tipo de cama do gando ou o tipo de fosa. Finalmente, contrastaranse os anteriores datos cunha revisión bibliográfica dos métodos de revalorización para tratar de obter datos útiles das diferentes alternativas.

HERRERO LATORRE, CARLOS (Titoría)
MERINO GARCÍA, AGUSTÍN Cotitoría
OMIL IGNACIO, BEATRIZ Cotitoría
HERRERO LATORRE, CARLOS (Titoría)
MERINO GARCÍA, AGUSTÍN Cotitoría
OMIL IGNACIO, BEATRIZ Cotitoría
Tribunal
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
LÓPEZ FABAL, ADOLFO (Secretario/a)
BARROS PENA, NIEVES (Vogal)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
LÓPEZ FABAL, ADOLFO (Secretario/a)
BARROS PENA, NIEVES (Vogal)
Estudo da potencialidade do patrimonio forestal xestionado por Ametlam S.L. no concello de a Veiga (Ourense) para o desenvolvemento de proxectos tipo A e tipo B de absorción de dióxido de carbono.
Autoría
I.S.C.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
I.S.C.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
13.09.2024 16:45
13.09.2024 16:45
Resumo
A estimación do carbono fixado por os bosques ten gran relevancia por a súa contribución a mitigación do cambio climático. Para iso, e como resposta a redución de emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) créase o Rexistro da pegada de carbono, compensación e proxectos de absorción de dióxido de carbono, según o Real Decreto 163/2014. O principal obxectivo do presente traballo é valorar a potencialidade do municipio de A Veiga (Ourense) para a implementación de proxectos de absorción de carbono. Preténdese a forestación destas zonas de actuación con Pinus sylvestris y Betula pubescens. Con una calidade de estación para cada proxecto en base a datos de inventario da empresa Ametlam S.L. de parcelas próximas, coas mesmas condicións fisiográficas. É importante coñecer os efectos que presentan as intervencións silvícolas sobre os reservorios de carbono, para iso establécense diferentes modelos silvícolas. Para Betula pubescens escollese o único modelo silvícola dispoñible da Xunta de Galicia, BC1, e para Pinus sylvestris empregase o modelo silvícola PS1 da Xunta de Galicia e un modelo PSA creado por a empresa Ametlam S.L. ao ser xestores de masas, expertos en obra forestal. Ante a falta de información con respecto a idoneidade da metodoloxía de cálculo actual para as absorcións, proponse unha análise da calculadora de absorcións de CO2 do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) en base a modelos dinámicos de crecemento forestal. A ferramenta de absorcións do Ministerio non se adapta a réximes de claras como os modelos dinámicos de crecemento forestal, obtendo valores totalmente diferentes entre ambas metodoloxías. Os proxectos de absorción de carbono son unha nova oportunidade para intentar compensar monetariamente aos propietarios privados pola externalidade positiva que supón o desenvolvemento de forestacións. A contabilización da venta de créditos de carbono permite obter valores de rendibilidades positivas para as alternativas silvícolas propostas.

Rodríguez García, Hugo Cotitoría
DIEGUEZ ARANDA, ULISES (Titoría)
Rodríguez García, Hugo Cotitoría
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
ALVAREZ GONZALEZ, JUAN GABRIEL (Secretario/a)
Rojo Alboreca, Alberto (Vogal)

Proxecto Técnico sobre Caniles para 32 Cans con una Camada cada Tres Anos e Local Intermedio de Faenado para 3.500kg de Carne y Ano en O Saviñao (Lugo).
Autoría
J.M.E.S.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
J.M.E.S.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
12.09.2024 16:00
12.09.2024 16:00
Resumo
O obxectivo deste proxecto é deseñar e executar as obras que abarcarán 505 m2, que á súa vez están formadas por dúas infraestruturas que ocupan unha superficie baixo cuberta de 258 m2, desenvolveranse baixo un núcleo zoolóxico que se adicará a tenza de cans de caza conxuntamente para prestar un servizo ao grupo de 23 membros pertencentes ao coto de caza de O Saviñao. (Número de asociación: 1991-00000837-3 e rexistro: 06/05/1991), facilitando a xestión en canto a atención, superficie e tempo. As instalacións correspondentes deseñaranse con vistas a manter un total de 32 cans e a obtención dunha camada de cachorros cada tres anos para substituír individuos. Pola outra banda, a segunda infraestrutura estará destinada a cumprir diferentes funcións, almacén, servizo, criadeiro, sala de descanso e local intermedio de faenado, este último co fin de realizar unha xestión adecuada das pezas obtidas mediante o exercicio cinexético que permita a súa transformación. para o seu posterior almacenamento, consumo directo ou destino de restauración; Ambas infraestruturas estarán divididas por un corredor exterior pavimentado de cinco metros de ancho. En canto ao proxecto, detallaranse os resultados necesarios para dimensionar as infraestruturas e instalacións seguindo o marco lexislativo para poder realizar as actividades propostas no proceso produtivo acompañados dos seus correspondentes planos, prego de condicións xerais e específicas dos elementos específicos. medicions e orzamento. Por último, presentaranse unha serie de estudos sobre xestión de residuos da construción, un estudo de seguridade e saúde, un estudo térmico, un estudo de impacto ambiental e un calendario de mantemento xunto coa súa valoración económica.

PEREZ CRUZADO, CESAR (Titoría)
MAREY PEREZ, MANUEL FRANCISCO Cotitoría
RODRIGUEZ RUIZ, JOEL Cotitoría
PEREZ CRUZADO, CESAR (Titoría)
MAREY PEREZ, MANUEL FRANCISCO Cotitoría
RODRIGUEZ RUIZ, JOEL Cotitoría
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
Riesco Muñoz, Guillermo (Secretario/a)
CARNERO LOPEZ, MATIAS (Vogal)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
Riesco Muñoz, Guillermo (Secretario/a)
CARNERO LOPEZ, MATIAS (Vogal)
Proxecto de ordenación do Monte Veciñal en Man Común de Rubiás, sito na parroquia de Rubiás, concello de Lugo (Lugo).
Autoría
R.T.P.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
R.T.P.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
13.09.2024 12:00
13.09.2024 12:00
Resumo
O presente documento servirá de traballo fin de grao para a Titulación do Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, na mención de Explotacións Forestais. Neste documento desenvolverase o proxecto de ordenación do Monte Veciñal en Man Común de Rubiás. O monte obxecto de ordenación conta con unha superficie a ordenar de 69,94 ha, unha vez desbotada a superficie cun uso que se escapa a xestión forestal. O monte destaca por dividirse en tres zonas claramente separadas, onde as especies forestais con maior presenza son Pinus radiata e Eucalyptus nitens. Proponse unha división do monte en dous cuarteis, definindo para cada un destes os seus obxectivos concretos e a súa planificación, sendo o método de ordenación por Rodais (Cantóns) o escollido en ambos. O proxecto de ordenación recolle as labores forestais a realizar durante os 10 anos de vixencia do Plan Especial (2024-2033), obtendo un balance positivo de 511.753,59 €.
O presente documento servirá de traballo fin de grao para a Titulación do Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, na mención de Explotacións Forestais. Neste documento desenvolverase o proxecto de ordenación do Monte Veciñal en Man Común de Rubiás. O monte obxecto de ordenación conta con unha superficie a ordenar de 69,94 ha, unha vez desbotada a superficie cun uso que se escapa a xestión forestal. O monte destaca por dividirse en tres zonas claramente separadas, onde as especies forestais con maior presenza son Pinus radiata e Eucalyptus nitens. Proponse unha división do monte en dous cuarteis, definindo para cada un destes os seus obxectivos concretos e a súa planificación, sendo o método de ordenación por Rodais (Cantóns) o escollido en ambos. O proxecto de ordenación recolle as labores forestais a realizar durante os 10 anos de vixencia do Plan Especial (2024-2033), obtendo un balance positivo de 511.753,59 €.
Dirección
Rojo Alboreca, Alberto (Titoría)
Rojo Alboreca, Alberto (Titoría)
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
DIEGUEZ ARANDA, ULISES (Secretario/a)
ALVAREZ GONZALEZ, JUAN GABRIEL (Vogal)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
DIEGUEZ ARANDA, ULISES (Secretario/a)
ALVAREZ GONZALEZ, JUAN GABRIEL (Vogal)
Proyecto de construción dunha nave para a ampliación dunha explotación leiteira en San Roque
Autoría
M.C.R.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
M.C.R.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
15.02.2024 11:00
15.02.2024 11:00
Resumo
Melloraranse as instalacións da explotación, que actualmente ten espazo para 40 vacas e 20 novillas en antigas instalacións nas que o traballo é moi laborioso e a produción dos animais é inferior ao seu máximo potencial. Para mellorar esta explotación construirase un almacén para albergar 65 vacas de muxido e 15 secas, para as que haberá 80 cm de comedero por vaca sen ningún tipo de trabadiza para que poidan comer máis cómodamente, ademais de 10 metros cadrados de cama.quente por vaca para que a cama se poida manter en boas condicións e máis de 8 cm de bebedoiro por vaca segundo o recomendado polo protocolo de Calidade do Benestar para a avaliación do benestar animal; para o illamento e tratamento do gando e unha zona de parto e neonatal xuntos para facilitar a asistencia nun momento tan importante para o ciclo produtivo. Ademais, do lado das vacas en produción, terán un robot de muxido máis cómodo para as vacas e menos laborioso para os gandeiros. A explotación contará ademais con boas instalacións de oficinas e vestiarios para o confort dos traballadores.
Melloraranse as instalacións da explotación, que actualmente ten espazo para 40 vacas e 20 novillas en antigas instalacións nas que o traballo é moi laborioso e a produción dos animais é inferior ao seu máximo potencial. Para mellorar esta explotación construirase un almacén para albergar 65 vacas de muxido e 15 secas, para as que haberá 80 cm de comedero por vaca sen ningún tipo de trabadiza para que poidan comer máis cómodamente, ademais de 10 metros cadrados de cama.quente por vaca para que a cama se poida manter en boas condicións e máis de 8 cm de bebedoiro por vaca segundo o recomendado polo protocolo de Calidade do Benestar para a avaliación do benestar animal; para o illamento e tratamento do gando e unha zona de parto e neonatal xuntos para facilitar a asistencia nun momento tan importante para o ciclo produtivo. Ademais, do lado das vacas en produción, terán un robot de muxido máis cómodo para as vacas e menos laborioso para os gandeiros. A explotación contará ademais con boas instalacións de oficinas e vestiarios para o confort dos traballadores.
Dirección
Fernández Rodríguez, María Elena (Titoría)
Fernández Rodríguez, María Elena (Titoría)
Tribunal
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
PEREIRA GONZALEZ, JOSE MANUEL (Secretario/a)
Torres Labandeira, Manuel Luis (Vogal)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
PEREIRA GONZALEZ, JOSE MANUEL (Secretario/a)
Torres Labandeira, Manuel Luis (Vogal)
Proyecto de construción dunha nave para a ampliación dunha explotación leiteira en San Roque
Autoría
M.C.R.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
M.C.R.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
10.07.2024 10:30
10.07.2024 10:30
Resumo
Melloraranse as instalacións da explotación, que actualmente ten espazo para 40 vacas e 20 novillas en antigas instalacións nas que o traballo é moi laborioso e a produción dos animais é inferior ao seu máximo potencial. Para mellorar esta explotación construirase un almacén para albergar 65 vacas de muxido e 15 secas, para as que haberá 80 cm de comedero por vaca sen ningún tipo de trabadiza para que poidan comer máis cómodamente, ademais de 10 metros cadrados de cama.quente por vaca para que a cama se poida manter en boas condicións e máis de 8 cm de bebedoiro por vaca segundo o recomendado polo protocolo de Calidade do Benestar para a avaliación do benestar animal; para o illamento e tratamento do gando e unha zona de parto e neonatal xuntos para facilitar a asistencia nun momento tan importante para o ciclo produtivo. Ademais, do lado das vacas en produción, terán un robot de muxido máis cómodo para as vacas e menos laborioso para os gandeiros. A explotación contará ademais con boas instalacións de oficinas e vestiarios para o confort dos traballadores.
Melloraranse as instalacións da explotación, que actualmente ten espazo para 40 vacas e 20 novillas en antigas instalacións nas que o traballo é moi laborioso e a produción dos animais é inferior ao seu máximo potencial. Para mellorar esta explotación construirase un almacén para albergar 65 vacas de muxido e 15 secas, para as que haberá 80 cm de comedero por vaca sen ningún tipo de trabadiza para que poidan comer máis cómodamente, ademais de 10 metros cadrados de cama.quente por vaca para que a cama se poida manter en boas condicións e máis de 8 cm de bebedoiro por vaca segundo o recomendado polo protocolo de Calidade do Benestar para a avaliación do benestar animal; para o illamento e tratamento do gando e unha zona de parto e neonatal xuntos para facilitar a asistencia nun momento tan importante para o ciclo produtivo. Ademais, do lado das vacas en produción, terán un robot de muxido máis cómodo para as vacas e menos laborioso para os gandeiros. A explotación contará ademais con boas instalacións de oficinas e vestiarios para o confort dos traballadores.
Dirección
Fernández Rodríguez, María Elena (Titoría)
Fernández Rodríguez, María Elena (Titoría)
Tribunal
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
PEREIRA GONZALEZ, JOSE MANUEL (Secretario/a)
Torres Labandeira, Manuel Luis (Vogal)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
PEREIRA GONZALEZ, JOSE MANUEL (Secretario/a)
Torres Labandeira, Manuel Luis (Vogal)
Avaliación do comportamento do lume potencial en catro rodais de piñeiros do Monte de San Nicolau, nas parroquias de Mesos e Galegos, do concello de Frades.
Autoría
L.G.T.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
L.G.T.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
Data da defensa
11.07.2024 10:00
11.07.2024 10:00
Resumo
Este Traballo Fin de Grao consiste no estudo do comportamento do lume potencial nun monte de piñeiros situado nas parroquias de Mesos e Galegos, do concello de Frades, na provincia da Coruña. Realizouse unha estratificación da zona de traballo e un posterior inventario para recoller datos de variables necesarias para a caracterización do combustible de superficie e do combustible do dosel de copas. En base aos datos das variables, determinouse que teselas poderían desenvolver lume de copas, e nese caso, en cales delas o lume se podería propagar polo dosel de copas. Por outra banda, naquelas teselas nas que o lume potencial sería un lume de superficie, estimouse a súa velocidade de propagación e calculouse a intensidade lineal, para poder clasificar o incendio en función da dificultade de control do mesmo. Este estudo aplicouse en tres escenarios diferenciados polas condicións de queima, de leves a extremas. Segundo os resultados obtidos, os latizais da área de estudo son máis susceptibles a desenvolver lume de copas que os fustais, e esa probabilidade aumenta nos escenarios máis severos, especialmente no caso dos latizais baixos. En canto á fase de propagación, na maior parte dos casos, os lumes potenciais serían lumes pasivos, excepto para o escenario máis favorable á propagación, no que se podería desenvolver un lume de copas activo en todas as teselas nas que previamente se tivera iniciado. Finalmente, determinouse que para o primeiro escenario, a dificultade de control do incendio sería de moderada a moi difícil na maioría de teselas, mentres que nos escenarios restantes, sería extremada ou practicamente imposible.

RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Titoría)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Titoría)
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
LOMBARDERO DIAZ, MARIA JOSEFA (Presidente/a)
RODRÍGUEZ SOALLEIRO, ROQUE (Secretario/a)
González Hernández, María del Pilar (Vogal)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
LOMBARDERO DIAZ, MARIA JOSEFA (Presidente/a)
RODRÍGUEZ SOALLEIRO, ROQUE (Secretario/a)
González Hernández, María del Pilar (Vogal)
Capacidade de propagación sexual e condición de aclimatación de vitroplantas de Centaurea ultreiae, unha especie endémica protexida
Autoría
M.S.K.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
M.S.K.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
Data da defensa
13.09.2024 16:00
13.09.2024 16:00
Resumo
Centaurea ultreiae é unha especie endémica e en perigo de extinción, que habita un afloramento de rochas ultrabásicas na área do Monte do Castelo (A Coruña). C. ultreiae florece na primavera, formando capítulos amarelos ou rosados, e produce froitos a comezos do verán. Este traballo pretende avaliar as condicións óptimas de xerminación, así como describir un protocolo de análise da viabilidade que sexa específico para a especie. Por outra banda, preténdese optimizar o proceso de aclimatación, para permitir a realización de reintroducións ou reforzos poboacionais a partir de plantas producidas mediante micropropagación. Este traballo enmárcase no “Plan y programa de refuerzo de las poblaciones de la especie Centaurea ultreiae dentro del ámbito de ocupación del Proyecto del Parque Eólico de Bustelo”, que afecta á área de ocupación da especie. As probas de viabilidade que proporcionan os resultados máis consistentes foron realizadas mediante tinguidura con tetrazolio 0,1%, obténdose porcentaxes de viabilidade arredor do 75% en sementes que levaban conservadas 1 ano e do 60% en sementes que levaban conservadas 2 anos, confirmando o carácter ortodoxo das sementes. En ambos casos, houbo unha proporción importante de sementes que estaban en mal estado, como ocorre noutras especies do xénero. As sementes de C. ultreiae parecen presentar letargo. A realización de tratamentos de choque térmico en estufa proporciona as taxas de xerminación in vivo máis elevadas, superando o 80%. Por outra banda, a aplicación de GA3 (2 mg·l-1) non resulta eficaz na estimulación da xerminación in vitro. A aclimatación das vitroplantas sobre un substrato de turba e perlita (1:1) resulta nunha supervivencia do 96,4% aos 60 días.

Couso Viana, Ana Cotitoría
FERNÁNDEZ LORENZO, JUAN LUIS (Titoría)
Couso Viana, Ana Cotitoría
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
RIGUEIRO RODRÍGUEZ, ANTONIO (Secretario/a)
Lamosa Quinteiro, Santiago (Vogal)

Estudo técnico para o inventario e control das especies arboradas do entorno da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo.
Autoría
I.L.L.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
I.L.L.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
Data da defensa
12.09.2024 17:30
12.09.2024 17:30
Resumo
O traballo ten como obxectivo fundamental a creación dunha base de datos xeorreferenciada para o arborado urbano da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo, no que se podan identificar e clasificar con diferentes parámetros dendrométricos dunha gran parte das especies presentes na escola. Por outra banda, tamén se busca que sexa un modelo de referencia para poder realizar valoracións ornamentais do arborado que nos rodea, para que quede clara a importancia do arborado urbano ornamental e os beneficios que traslada tanto as cidades como a cidadanía. É necesario crear lugares máis sostibles que reduzan os impactos da sociedade moderna. E dentro de este estudio específico do arborado urbano, tamén se aplican métodos de avaliación de risco para achegar unha puntuación a aquelas arbores que máis o precisen.

IGLESIAS DIAZ, MARIA ISABEL (Titoría)
IGLESIAS DIAZ, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
RIGUEIRO RODRÍGUEZ, ANTONIO (Secretario/a)
LOMBARDERO DIAZ, MARIA JOSEFA (Vogal)

Establecemento en condicións in vitro dunha accesión da árbore monumental “Ciprés mediterráneo da Capela do Salvador” (Concello de Samos)
Autoría
M.G.V.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
M.G.V.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
Data da defensa
12.09.2024 16:45
12.09.2024 16:45
Resumo
O presente TFG ten dous obxectivos: establecer unha accesión in vitro (clon ‘Capela’) constituída por explantos nodais do Ciprés da Capela do Salvador (Cupressus sempervirens L.), incluido no Catálogo de árbores e formacións senlleiras de Galicia e avaliar a capacidade de enraizamento dos propágulos, para valorar a posible rexeneración de plantas completas do xenotipo. A metodoloxía céntrase na obtención de explantos e o seu posterior establecemento in vitro. Para iso, comparáronse varios tratamentos de desinfección dos explantos, previamente ao establecemento. Posteriormente, observouse a progresión do número de explantos ao longo de varios subcultivos e estudouse o efecto do medio de cultivo e a fonte de luz durante a multiplicación in vitro. Máis adiante, realizouse unha proba preliminar de enraizamento in vitro ensaiándose dous tipos de indución auxínica. Paralelamente, establecéronse 4 liñas clonales xuvenís a partir de sementes, avaliando as súas taxas de multiplicación e enraizamento. Os explantos do clon ‘Capela’ multiplicáronse con éxito sobre un medio MS suplementado con 0,2 mg/l de BAP (6-bencilaminopurina). O medio WPM pode utilizarse alternativamente. Non se observaron diferenzas significativas entre o uso de luces LED de 4000 K e 6500 K. Polo momento non foi posible enraizar os propágulos multiplicados. As liñas clonales de material xuvenil multiplicáronse con éxito nun medio MS + 0,1 mg/l BAP, obténdose unha porcentaxe de enraizamento do 31-37% sobre o clon XUV1. Estes resultados indican que é posible establecer unha accesión in vitro de explantos nodais do ciprés Da Capela do Salvador. Sería necesario perseverar nos ensaios de enraizamento, utilizando o microinxerto sobre material xuvenil para mellorar a capacidade de enraizamento dos explantos adultos.

Vázquez Ruiz de Ocenda, Rosa Ana (Vogal)

Caracterización dos tipos de hábitats do Anexo I da DC 92/43/CEE nos arquipélagos do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia e análise de cambios producidos no tempo
Autoría
H.L.C.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
H.L.C.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
Data da defensa
11.07.2024 16:00
11.07.2024 16:00
Resumo
Neste Traballo elabórase unha caracterización dos tipos de hábitats do Anexo I da DC 92/43/CEE nos arquipélagos do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e unha análise de cambios producidos en 64 anos. Primeiramente realízase unha revisión da cartografía que figura no Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) do Parque Nacional, feita sobre a ortoimaxe SIXPAC do ano 2002-2003. Sobre os datos obtidos superpóñense as cartografías elaboradas nos períodos 2014, 2020 e as imaxes do voo americano dos anos 1956-1957 para avaliar as alteracións e cambios producidos nas teselas e tipos de hábitat correspondentes. A metodoloxía seguida consistiu no uso de técnicas de fotointerpretación e cartografía da vexetación para analizar os cambios no territorio a partir do emprego de imaxes de alta resolución. A análise dos cambios das unidades ambientais/hábitats adecuouse aos criterios fixados pola Directiva Hábitat (DC 92/43/CEE), para a valoración dos parámetros estruturais que inciden sobre o estado de conservación. Para poder homologar a clasificación de tipos de cambio desenvolvidos no presente traballo ás empregadas para o resto da Rede Natura 2000, establécese a equivalencia coas tipoloxías de presións e ameazas empregada nos Formularios Normalizados de Datos dos espazos de dita Rede en aplicación do artigo 17 da Directiva. Estas tipoloxías atópanse relacionadas na Reference List on Threats, Pressures and Activities, actualizada periodicamente pola Axencia Ambiental Europea. Avaliados os cambios, chegouse á conclusión de que a Unidade Ambiental que presenta unha maior superficie de cambio correspóndese coas matogueiras e medios rochosos debido á perda de superficie propiciada polas plantacións forestais efectuadas nos arquipélagos. Constátase tamén os efectos da dinámica costeira actual debido aos procesos de cambio climático e aumento do nivel do mar, producíndose un incremento das superficies de augas mariñas en detrimento da redución de superficies de praias e ecosistemas dunares.

RAMIL REGO, PABLO (Titoría)
RAMIL REGO, PABLO (Titoría)
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
DIAZ VARELA, EMILIO RAFAEL (Secretario/a)
REAL RODRIGUEZ, CARLOS (Vogal)

Caracterización do parque toneleiro das Denominacións de Orixe de viño en Galicia: Casos de estudo D.O. Valdeorras e D.O. Monterrei
Autoría
L.F.B.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
L.F.B.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
Data da defensa
15.02.2024 10:00
15.02.2024 10:00
Resumo
A madeira de frondosas, concretamente a de carballo, está intimamente ligada á produción de viños de alta calidade. En Galicia conflúen ambos os sectores, tanto o forestal como o vinícola. Este estudo ten como propósito caracterizar os parques toneleiros de dúas distiguidas Denominacións de Orixe de viño galegas, Monterrei e Valdeorras. Levarase a cabo un estudo do tipo de madeiras empregadas nas barricas nas que se envellecen os seus viños, así como a súa procedencia, tanto da materia prima como das empresas proveedoras das mesmas. Ademais do anterior, a análise esténdese a outros aspectos relevantes tales como a duración das barricas e a súa taxa de reposición anual, observando que unha parte significativa do parque toneleiro é de curta duración, o que repercute directamente na inversión económica que fan as adegas en cada temporada. De forma complementaria, avalíanse as preferencias e percepcións dos consumidores de viño mediante unha análise estatística. Obsérvase unha falta de coñecemento xeneralizado por parte da poboación sobre os procesos de envellecemento dos caldos, pero a pesar disto, é evidente unha apreciación notable entre os consumidores habituais por viños envellecidos en madeira, concretamente de carballo francés e americano. No caso da madeira de procedencia galega, ainda que non é común o seu emprego en tonelería en ningunha das DO obxecto de estudo, isto non exclúe que os responsables das bodegas vexan como alternativa optar por madeira de carballo desta procedencia no caso de existir a posibilidade, valorando ademais, o mantemento e a rexeneración dos montes de frondosas autóctonas, cerrando así o ciclo de produción e xeración de valor dentro da nosa comunidade autónoma.

DIAZ-MAROTO HIDALGO, IGNACIO JAVIER (Secretario/a)
Riesco Muñoz, Guillermo (Vogal)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
DIAZ-MAROTO HIDALGO, IGNACIO JAVIER (Secretario/a)
Riesco Muñoz, Guillermo (Vogal)
Proxecto de iluminación da área recreativa Profesor Río Barxa de Meira_Traballo fin de grao (Industrias Forestais)
Autoría
P.R.E.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
P.R.E.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
Data da defensa
11.07.2024 12:00
11.07.2024 12:00
Resumo
A área recreativa “Profesor Río Barxa de Meira” é un espazo comunitario significativo que serve como un lugar central para as actividades comunitarias. Actualmente, a iluminación é insuficiente e incumpre as normativas de eficiencia enerxética. A falta de iluminación tamén restrinxe a organización de eventos vespertinos e nocturnos. A Lei Reguladora das Bases de Réxime Local atribúe ao Concello a responsabilidade de proporcionar iluminación pública. Por iso, o Concello de Meira encarga este proxecto co gallo de mellorar a iluminación da área recreativa. O proxecto busca deseñar e implementar un sistema de iluminación eficiente e sostible, cubrindo todas as zonas da área recreativa con tecnoloxía LED. Os LEDs ofrecen alta eficiencia enerxética, maior durabilidade e menor mantemento, reducindo así o consumo e as emisións de CO2. Ademais, melloran a calidade da iluminación, con mellor reprodución cromática e menor contaminación lumínica. O uso de LEDs é unha decisión estratéxica que proporcionará beneficios económicos, ambientais e de calidade de vida para os usuarios a curto e longo prazo. Instalaranse un total de 255 luminarias de tecnoloxía LED, empregando dous tipos de luminarias distintas para a instalación proxectada: SCHEREDER CALLA LED de 18,3W e SCHEREDER AXIA 2.1. de 9 W. As novas luminarias cumprirán co especificado no regulamento de eficiencia enerxética en instalacións de iluminación exterior.

GONZALEZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Titoría)
GONZALEZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Titoría)
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Secretario/a)
MAREY PEREZ, MANUEL FRANCISCO (Vogal)