Proxecto de construción dunha nave de 36x12 metros para o almacenamento de maquinaria agrícola en Setiglesias, Monterroso, Lugo.
Autoría
D.S.R.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria

Data da defensa
18.02.2025 10:00
18.02.2025 10:00
Resumo
O obxectivo deste proxecto é a construción dunha nave para o almacenamento de maquinaria agrícola, na que se inclúe unha zona de aparcamento de apeiros, un aseo, unha oficina , unha zona de reparacións de maquinaria e unha zona de lavado para a maquinaria, a maiores dun depósito para o combustible. O promotor dispón dunha finca onde desexa emprazar o proxecto, que será unha nave de metálica de 36 m x 12 m, co cal non existirán pilares no medio da nave. Este deseño plantéxase porque se os pilares se atoparan no medio da nave dificultarían o labor de estacionamento da maquinaria.

Dirección
Torres Labandeira, Manuel Luis (Titoría)

Tribunal
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
BARRASA RIOJA, MARTIN (Secretario/a)
CARNERO LOPEZ, MATIAS (Vogal)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
BARRASA RIOJA, MARTIN (Secretario/a)
CARNERO LOPEZ, MATIAS (Vogal)
Proxecto de construcción de unha bodega de 120.000l/ano de albariño con DO Rías Baixas en Ribadumia, Pontevdra
Autoría
D.A.C.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
D.A.C.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Data da defensa
18.02.2025 12:00
18.02.2025 12:00
Resumo
O presente proxecto; Adega de 120.000l/ano de albariño con DO Rías Báixas localizada en Ribadumia(Pontevedra), ten como principal obxectivo dimensionar, deseñar e avaliar, conforme a todas as normativas vixentes, as infraestruturas necesarias para levar a cabo a produción e almacenamento de viño de alta calidade, cumprindo cos estándares da Denominación de Orixe Rías Baixas. As instalacións situaranse nunha parcela propiedade do promotor, destinada ao uso agrícola, e localízase en Ribadumia, Pontevedra. O deseño inclúe unha nave principal de 40 x 20 m con estrutura de formigón armado e cuberta a dúas augas, dividida en áreas funcionais como a recepción de uva, fermentación, encubado, embotellado e almacén. Ademais, conta cunha zona de oficinas e un laboratorio enolóxico. Tamén se inclúen zonas auxiliares como vestiarios e unha pequena tenda para visitantes. No presente proxecto elabóranse todos os cálculos construtivos, de deseño e dimensionado das instalacións de saneamento, fontanería e de electricidade ademais de levar adxuntos os seus pertencentes estudos de seguridade e saúde e xestión de residuos correspondentes. O proceso produtivo baséase nunha produción anual de 120.000 litros de viño, empregando técnicas modernas de vinificación combinadas con métodos tradicionais para asegurar a máxima calidade. Inclue todas as etapas dende a recepción da uva ata o embotellado e expedición do viño. O orzamento de execución por contrata ascende a 815.174,82 €, e estímase que a obra dure un total de 104 días laborais. A finalidade do proxecto é establecer unha adega rendible e sostible, que combine innovación tecnolóxica e tradición, ofrecendo produtos de alta calidade baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas. Ademais, búscase fomentar o desenvolvemento económico da rexión e o crecemento da viticulcura e produción de viño das Rías Baixas.

LAMOSA QUINTEIRO, SANTIAGO (Titoría)
GOMEZ FERNANDEZ, JULIO Cotitoría
LAMOSA QUINTEIRO, SANTIAGO (Titoría)
GOMEZ FERNANDEZ, JULIO Cotitoría
Tribunal
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
Arbones Maciñeira, Enrique Rafael (Secretario/a)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Vogal)

Estudo Técnico para a mellora da sustentabilidade nunha plantación de lúpulo de 2,2 ha en Abegondo(A Coruña)
Autoría
M.J.M.R.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
M.J.M.R.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Data da defensa
19.02.2025 11:00
19.02.2025 11:00
Resumo
O estudo aborda a mellora da sustentabilidade nunha plantación de lúpulo (Humulus lupulus L.) da variedade Nugget, situada en Abegondo, provincia da Coruña (España), pola necesidade da súa produción para a industria cervexeira. O estudo analiza a interacción entre os factores climáticos, as características do solo e os sistemas de xestión agrícola, facendo fincapé na rega, a fertilización e a calidade da produción. Centrouse en dúas liñas de rega (sectores 1 e 2), onde se avaliaron parámetros clave como o contido de auga do solo, o contido de auga relativa das follas (RWC) e o índice de clorofila (ICC). Utilizáronse tecnoloxías modernas como sensores Teros 10 para medir a humidade do solo e fluorímetros portátiles para a clorofila. Ademais, realizouse o seguimento fenolóxico do cultivo mediante a escala BBCH. vixilancia de 6 plantas das liñas 5 e 10 (sector 1) e das liñas 20 e 25 (sector 2). Os resultados obtidos mostraron que o sistema de rego por goteo foi eficaz para manter a humidade do solo durante os meses críticos, aínda que se identificaron desigualdades na distribución da auga. Non obstante, a dose de auga non influíu significativamente en parámetros como a produtividade cunha relación MS/PF (0,242) e o peso fresco total dos conos florais por planta (2.708 kg no sector 1 e 2.494 kg no sector 2). A pesar de que as condicións meteorolóxicas desfavorables en 2023, como temperaturas elevadas e precipitacións irregulares, os conos florais alcanzaron unha calidade adecuada, con bos niveis de alfa-ácidos e niveis moderados de beta-ácidos. A análise de fertilización concluíu que as doses de nitróxeno aplicadas foron inferiores ás recomendadas rendementos limitados nalgunhas etapas do ciclo de cultivo. Isto demostra a capacidade de adaptación do cultivo, aínda que se subliña a importancia de axustar as estratexias de xestión para mitigar os efectos do estrés hídrico e nutricional.

CANCELA BARRIO, JAVIER JOSE (Titoría)
CANCELA BARRIO, JAVIER JOSE (Titoría)
Tribunal
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
Díaz Hernández, Mª Belén (Secretario/a)
Neira Seijo, Xan Xosé (Vogal)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
Díaz Hernández, Mª Belén (Secretario/a)
Neira Seijo, Xan Xosé (Vogal)
Proxecto de construcción dun almacén de forraxe de 1000 metros cadrados en Rodeiro (Pontevedra)
Autoría
J.M.D.F.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
J.M.D.F.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Data da defensa
18.02.2025 11:00
18.02.2025 11:00
Resumo
Este proxecto baséase na construción dunha nave de 1000 m2 que permita ao promotor almacenar a forraxe empregada na explotación leiteira da que posúe (120 animais en produción e 100 hectáreas de superficie agrícola). Esta nave proxéctase nunha finca de 2,6 hectáreas propiedade do promotor situada na parroquia de San Salvador (Rodeiro), na provincia de Pontevedra. Esta parcela ten acceso por estrada e subministración eléctrica. As dimensións do almacén son de 40x25 m e trátase dunha estrutura a dúas augas con correas, vigas e piares prefabricados de formigón. O almacén está totalmente aberto nun dos lados de 40 metros e pechado con paneis prefabricados de formigón nos tres restantes. A cimentación componse de zapatas e vigas de amarre feitas in situ. No tellado colócase panel sándwich. Realízanse instalacións de saneamento, protección contra incendios e electricidade, cuxos detalles e dimensións se describen nos anexos correspondentes. O orzamento de execución por contrata deste proxecto ascende a 341.060,90 € e estímase que as obras terán unha duración total de 31 días. No proxecto inclúese un Estudo Básico de Seguridade e Saúde e tamén un Estudo de Xestión de Residuos.
Este proxecto baséase na construción dunha nave de 1000 m2 que permita ao promotor almacenar a forraxe empregada na explotación leiteira da que posúe (120 animais en produción e 100 hectáreas de superficie agrícola). Esta nave proxéctase nunha finca de 2,6 hectáreas propiedade do promotor situada na parroquia de San Salvador (Rodeiro), na provincia de Pontevedra. Esta parcela ten acceso por estrada e subministración eléctrica. As dimensións do almacén son de 40x25 m e trátase dunha estrutura a dúas augas con correas, vigas e piares prefabricados de formigón. O almacén está totalmente aberto nun dos lados de 40 metros e pechado con paneis prefabricados de formigón nos tres restantes. A cimentación componse de zapatas e vigas de amarre feitas in situ. No tellado colócase panel sándwich. Realízanse instalacións de saneamento, protección contra incendios e electricidade, cuxos detalles e dimensións se describen nos anexos correspondentes. O orzamento de execución por contrata deste proxecto ascende a 341.060,90 € e estímase que as obras terán unha duración total de 31 días. No proxecto inclúese un Estudo Básico de Seguridade e Saúde e tamén un Estudo de Xestión de Residuos.
Dirección
Torres Labandeira, Manuel Luis (Titoría)
Torres Labandeira, Manuel Luis (Titoría)
Tribunal
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
BARRASA RIOJA, MARTIN (Secretario/a)
CARNERO LOPEZ, MATIAS (Vogal)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
BARRASA RIOJA, MARTIN (Secretario/a)
CARNERO LOPEZ, MATIAS (Vogal)
Proxecto de nave de 1200 m2 para almacenar maquinaria agrícola e forestal no lugar de Bazal, parroquia de Vilaspasantes, concello de Cervantes, provincia de Lugo
Autoría
A.F.L.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
A.F.L.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
18.02.2025 13:00
18.02.2025 13:00
Resumo
O presente proxecto ten como obxectivo o deseño e cálculo das obras e instalacións necesarias para a construción dunha nave para almacenamento de maquinaria agrícola para os promotores María del Carmen García Gómez e José Antonio Comuñas Digón, propietarios da empresa Comuñas y García SL, dedicada a servizos agrícolas e forestais, e a unha pequena gandaría de vacún de carne en réxime semiextensivo. A nave terá unha superficie de 1.185,60 m2 e unha planta rectangular de 49,40 mx24 m. Constará dunha zona principal de almacenamento de maquinaria, dividida nunha zona superior e outra inferior, separadas por un corredor amplo; unha oficina; unha sala de reunións; e dous vestiarios, un feminino e outro masculino. Deberá permitir o almacenamento da maquinaria e apeiros indicados polos promotores, establecéndose as súas dimensións en función destas necesidades. A nave contará con instalacións de fontanería, electricidade, saneamento, protección contra incendios e un depósito de gasóleo. Para a súa construción empregaranse estruturas prefabricadas de formigón: vigas pretensadas de 24 m de luz nos pórticos intermedios, vigas cargadoiro de 7 m de luz e vigas cartabón de 10 m de luz nos pórticos cabeceiros, piares de 0,4 mx0,4 m de sección, correas DT-45 e paneis alveolares de 14 cm de espesor. As zapatas e as vigas de atado executaranse na propia obra. O material da cuberta será panel sándwich de 50 mm de espesor, intercalado con paneis translúcidos de policarbonato. O orzamento de execución por contrato (OEC) ascende a 486.744,46 €. A execución da obra terá unha duración de 87 días. O proxecto inclúe un Estudo de Seguridade e Saúde e un Estudo de Xestión de Residuos.

Fernández Rodríguez, María Elena (Titoría)
Méndez Castro, Miguel Cotitoría
Fernández Rodríguez, María Elena (Titoría)
Méndez Castro, Miguel Cotitoría
Tribunal
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
DUGO PATON, MAXIMO ANTONIO (Secretario/a)
Torres Labandeira, Manuel Luis (Vogal)

Estudo técnico para a optimización da extracción de resina empregando o método de entalladura circular en Galicia na campaña 2024
Autoría
I.M.S.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
I.M.S.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
17.02.2025 16:00
17.02.2025 16:00
Resumo
O aproveitamento multifuncional dos montes permite diversificar os seus produtos, destacando os Produtos Forestais Non Madeireiros (PFNM) como unha alternativa sostible e rendible. Entre eles, a resina de piñeiro está a adquirir unha crecente relevancia pola súa demanda industrial e o seu potencial como substituto de produtos derivados do petróleo. En Galicia, onde tradicionalmente este recurso non se explotaba de maneira significativa, están a desenvolverse novas iniciativas para impulsar a súa extracción e optimizar os procesos produtivos, co fin de aproveitar mellor este recurso natural. Neste contexto, o presente TFG centra a súa atención na optimización da actividade resineira en masas de Pinus pinaster Ait., empregando o método de entalladura circular mecanizada, e analizando a súa eficiencia en condicións específicas do territorio galego. Este estudo tamén aborda tanto a produción de resina como o rendemento laboral dos resineiros. O traballo desenvolveuse en catro parcelas experimentais situadas en Culleredo, Baroña e Agolada, onde se aplicaron distintos tratamentos co fin de analizar a influencia de factores como a tipoloxía das bolsas e a periodicidade de renovación da entalladura sobre a produción de resina. Paralelamente, realizouse unha análise da evolución dos tempos de traballo en resineiros profesionais e noveles ao longo da campaña para as tarefas de resinado: desprazamento entre árbores, perforado de fustes, aplicación de pasta estimulante e colocación de bolsa. Os resultados evidencian que a mecanización do proceso permite unha maior estandarización en comparación coa técnica tradicional, o que reduce a variabilidade nos rendementos e facilita a planificación dos tempos e custos. A análise dos tempos de traballo demostra que, mentres os resineiros profesionais mantiveron un rendemento constante, os noveles melloraron a súa produtividade de forma progresiva, chegando a aumentar un 35% e superando a velocidade dos profesionais ao final da campaña. A introdución de novos aplicadores de pasta estimulante optimizou os tempos de execución, e a periodicidade de 21 días entre picas revelou unha maior eficiencia produtiva. Estes achados teñen implicacións importantes para a profesionalización do sector resineiro, proporcionando unha base sólida para a súa expansión sostible en Galicia.

MAREY PEREZ, MANUEL FRANCISCO (Titoría)
LOPEZ ALVAREZ, OSCAR Cotitoría
MAREY PEREZ, MANUEL FRANCISCO (Titoría)
LOPEZ ALVAREZ, OSCAR Cotitoría
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
Riesco Muñoz, Guillermo (Secretario/a)
CONDE FERNANDEZ, ADRIANA (Vogal)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
Riesco Muñoz, Guillermo (Secretario/a)
CONDE FERNANDEZ, ADRIANA (Vogal)
Revision das fichas dos tipos de habitat do grupo 9. Bosques do anexo I da DC 92/43/CEE existentes en Galicia
Autoría
A.S.M.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
A.S.M.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
17.02.2025 16:45
17.02.2025 16:45
Resumo
Dende, en 2008, Ramil Rego et al. (2008) publicaron o Manual de Hábitats de Galicia, publicáronse numerosos traballos relacionados cos bosques de Galicia. En particular, este Traballo Fin de Carreira céntrase na revisión das fichas descritivas dos hábitats arborados incluídas no Anexo I da DC 92/43/CEE, co obxectivo de contribuír a mellorar os traballos de avaliación, planificación e xestión que se relacionan con estes tipos de hábitats de interese comunitario no territorio galego. A área de estudo deste estudo céntrase no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, que alcanza unha superficie de 29.576,74 km2. En canto á metodoloxía, revisáronse a gran maioría das publicacións que se realizaron neste período e recompilouse esta información para cada tipo de monte presente en Galicia en forma de fichas, que se achegan no anexo I deste traballo. A actualización da información das fichas coa información xa presente na versión antiga do Manual de hábitats de Galicia, como a que se foi xerando neste período de tempo, permitiu determinar as características do hábitat xunto coas distribución xeográfica, e estado de conservación entre outros aspectos.

RODRIGUEZ GUITIAN, MANUEL ANTONIO (Titoría)
RAMIL REGO, PABLO Cotitoría
RODRIGUEZ GUITIAN, MANUEL ANTONIO (Titoría)
RAMIL REGO, PABLO Cotitoría
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
REAL RODRIGUEZ, CARLOS (Secretario/a)
DIAZ VARELA, RAMON ALBERTO (Vogal)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
REAL RODRIGUEZ, CARLOS (Secretario/a)
DIAZ VARELA, RAMON ALBERTO (Vogal)
Documento simple de xestión do monte Granxa no lugar de Sabuceda, parroquia de Cures, concello de Boiro (A Coruña)
Autoría
M.G.F.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
M.G.F.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
17.02.2025 09:30
17.02.2025 09:30
Resumo
Este documento simple de xestión é un Traballo de Fin de Grao de Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, que ten como finalidade responder ás necesidades da finca A Granxa, na parroquia de Cures, pertencente o concello de Boiro na provincia da Coruña. A superficie total de estudo é de 12,757 ha, nunha mesma finca, toda ela cuberta de mato. Con isto preténdese que o propietario teña a posibilidade de levar a cabo un mellor aproveitamento dos recursos da súa finca. Esta finca divídese en dous rodais diferentes: o rodal seco, no que se plantará Pinus pinaster; e o rodal húmido, no que se plantará Quercur robur. A partir desta división realízase a planificación da plantación, segundo os modelos silvícolas que se adxudicaron a cada rodal. O aproveitamento final destes rodais no caso do rodal seco, será de madeira de serra e chapa de alta calidade, e no caso do rodal húmido será de madeira de autoconsumo para o propietario. Este documento réxese segundo as diferentes normativas para a comunidade autónoma de Galicia e persegue a xestión sostible dos recursos, orientando as actuacións a un equilibrio entre o natural, o económico e o social.

Rojo Alboreca, Alberto (Titoría)
Rojo Alboreca, Alberto (Titoría)
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
DIEGUEZ ARANDA, ULISES (Secretario/a)
RODRÍGUEZ SOALLEIRO, ROQUE (Vogal)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
DIEGUEZ ARANDA, ULISES (Secretario/a)
RODRÍGUEZ SOALLEIRO, ROQUE (Vogal)
Proxecto de construción dunha nave de transición de porcino, con capacidade para 4.600 leitóns, en Mariz, Guitiriz (Lugo)
Autoría
A.F.M.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
A.F.M.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
19.02.2025 10:00
19.02.2025 10:00
Resumo
O obxectivo deste proxecto é construir unha nave con tódalas instalacións necesarias para levar a cabo a fase de transición ou o destete dos leitóns. Para dito fin, definiranse as obras e instalacións precisas para aloxar a 4.600 leitóns, facilitando o traballo o máximo posible e garantindo o benestar animal. Ademáis, instalaranse dúas cisternas flexibles anexas á nave para o almacenamento do xurro xerado na explotación, evitando así verteduras accidentais. A explotación localizarase na aldea de Mariz, no concello de Guitiriz, provincia de Lugo. A parcela é propiedade da promotora que conta con sinxelo acceso rodado, subministro de auga e subministro eléctrico. Debido á súa boa aptitude cárnica, cun bo rendemento de canle e un gran engraxamento da mesma, o cruzamento empregado será Landrace x Largue White. O ciclo de transición dos leitóns durará 6 semanas aproximadamente (35 días de transición máis os 7 días de baleiro sanitario), cun réxime todo dentro, todo fóra. Chegarán con 28 días e un peso vivo aproximado de 6 kg, e sairán con 63 días, pesando preto de 20 kg de peso vivo. Antes da execución das obras, teranse en conta os condicionantes legais, do promotor e do proxecto. No proxecto centrarémonos no deseño e nos cálculos construtivos da nave, así como das instalacións necesarias para a súa explotación (electricidade, saneamento, fontanería, zootécnica, calefacción, ventilación e refrixeración). No plano económico o proxecto inclúe un orzamento detallado dos custos de execución do mesmo. Estes custos de execución por contrata despois de impostos ascenden á cantidade de 1.658.626,13 €. Ademáis, tamén se inclúe unha análise económico financieiro, onde se chegou á conclusión da viabilidade do proxecto e un anexo de programación das obras do que se deduce que a execución das obras realizaranse en 100 días. Por último, realizaremos un Estudo de Seguridade e Saúde, onde se explican as normas básicas a seguir na realización da obra para previr posibles accidentes.

RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Titoría)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Titoría)
Tribunal
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Coordinador)
LOPEZ VILLAR, MARIA JOSE (Presidente/a)
Fernández Rodríguez, María Elena (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, MARIA DOLORES (Vogal)

Proxecto de ordenación do Monte Veciñal en Man Común Labradías e Pico de Montouto, parroquia de San Clodio, concello de Ribas de Sil (Lugo)
Autoría
A.L.S.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
A.L.S.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
Data da defensa
17.02.2025 10:15
17.02.2025 10:15
Resumo
Este documento serve como Traballo Fin de Grao para o Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, con mención en explotacións forestais. Trátase dun proxecto de ordenación, neste caso elaborado para o monte veciñal en man común “Labradías e Pico de Montouto” (Ribas de Sil, Lugo, Galicia), de 121,45 ha. Defínese a situación legal e administrativa do monte. Posteriormente faise unha descrición da estación forestal do mesmo, facendo fincapé na orografía do terreo, climatoloxía, xeoloxía, edafoloxía e bioloxía que teñen lugar nos seus límites. Trátase dun monte cunha configuración do terreo complexa, caracterizado polas fortes pendentes que presenta. Os solos son acedos, dominados por lousas e xistos. O clima é favorable á hora de que vexeten as especies forestais, máis hai que ter en conta que presenta dous meses de seca na época estival, xa que se sitúa nunha zona de transición ao clima mediterráneo. Realízase a estratificación do monte en áreas homoxéneas en base á especie dominante, idade e forma da masa. Faise un inventario dos recursos forestais naqueles estratos cuxa función principal é a produción de madeira, neste caso os poboados con masas de Pinus radiata, ademais de inventariar tamén un estrato poboado por unha masa de Castanea sativa que se quere comezar a xestionar para a produción de madeira e leñas. Calcúlanse as existencias e o erro de medición cometido no proceso de inventario. Escóllese para o plan xeral o método de ordenación por rodais. Divídese o monte en rodais, que serán unidades últimas a efectos de xestión, inventario e cortas. Planifícanse as actuacións do plan especial, destacando o cambio de uso da especie produtora principal, que pasará de ser Pinus radiata a ser Pinus pinaster. Por último faise un balance económico entre os ingresos e gastos previstos, obténdose uns beneficios estimados de 104.636,10 €.

DIEGUEZ ARANDA, ULISES (Vogal)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
Riesco Muñoz, Guillermo (Secretario/a)
DIEGUEZ ARANDA, ULISES (Vogal)
Estudo das propiedades físicas da madeira de Diospyros kaki Thunb.
Autoría
T.G.V.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
T.G.V.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
Data da defensa
17.02.2025 11:00
17.02.2025 11:00
Resumo
Diospyros kaki Thunb., tamén chamado kaki Loto do Xapón ou Palo-Santo, é unha especie pertencente á familia das Ebenáceas, cuxo xénero Diospyros é o máis importante desta familia dende o punto de vista madeireiro. A maioría das variedades de kaki son aproveitadas polos seus froitos. No tratamento para a obtención do froito se xeran unha serie de residuos aproveitables para biomasa, ademáis do aproveitamento final da madeira da corta de pés improductivos, mortos, que sofren algún tipo de doenza ou que son inapropiados para a producción de froito. Á madeira obtida se lle podría asignar un destino determinado dependendo das propiedades da mesma, que é tamén un potencial sumidoiro de carbono. Ademáis, están documentados usos desta madeira para a fabricación de mobles, instrumentos musicais, obxetos de decoración, palos de golf e outros. Existe unha gran información sobre o kaki en canto á producción de froito. En cambio, existe unha escasa información sobre as características da madeira desta especie. O obxetivo do presente traballo é ter coñecemento sobre as propiedades físicas da madeira desta especie, coa finalidade de darlle outro tipo de usos ademáis dos xa empregados ata o momento. A partir dos resultados obtidos sobre a mostra, na fase experimental e no proceso de datos posterior, pódese afirmar que se trata dunha madeira moi sensible a o ataque de fungos cromóxenos, máis lixeira que outras especies do xénero, dura, fácilmente deformable e propensa a sufrir fendas nos procesos de secado. Recoméndase polas súas características para o uso en mobiliario e carpintería de interiores.

Riesco Muñoz, Guillermo (Titoría)
Riesco Muñoz, Guillermo (Titoría)
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
Vila Lameiro, Pablo (Secretario/a)
Rojo Alboreca, Alberto (Vogal)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Presidente/a)
Vila Lameiro, Pablo (Secretario/a)
Rojo Alboreca, Alberto (Vogal)
Análise do desempeño do modelo hidrolóxico SIMPA nas concas hidrográficas de Galicia
Autoría
D.S.P.
Grao en Enxeñaría Civil (2ªed)
D.S.P.
Grao en Enxeñaría Civil (2ªed)
Data da defensa
20.02.2025 10:00
20.02.2025 10:00
Resumo
No contexto de cambio climático actual, a planificación e caracterización dos recursos hídricos adquire unha elevada importancia na xestión da auga. Para a súa planificación dispoñemos de ferramentas como o modelo SIMPA, capaces de simular os diferentes procesos hidrolóxicos. Polo tanto, este estudo pretende avaliar, para o territorio de Galicia, o axuste entre as aportacións observadas en estacións de aforo e as aportacións simuladas polo modelo SIMPA para poder, despois, calibrar manualmente aquelas estacións que presenten un peor axuste. A auga é un recurso sensible ao cambio climático. Polo tanto, a través de modelos climáticos capaces de calcular variables hidrolóxicas no futuro, preténdese cuantificar os recursos hídricos existentes no río Miño ao seu paso por Lugo dentro do período comprendido entre os anos 2070 e 2100. Os resultados deste estudo permitirán avaliar a fiabilidade do modelo SIMPA para a predición de caudais mensuais en Galicia e xerar información valiosa para a toma de decisións na xestión da auga, contribuíndo a garantir a seguridade hídrica nun contexto de crecente incerteza climática.

DAFONTE DAFONTE, JORGE (Titoría)
CUESTA GARCIA, TOMAS SERAFIN Cotitoría
DAFONTE DAFONTE, JORGE (Titoría)
CUESTA GARCIA, TOMAS SERAFIN Cotitoría
Tribunal
LOPEZ MOREIRA, IVAN (Coordinador)
LOPEZ MOREIRA, IVAN (Presidente/a)
CARBALLO SANCHEZ, RODRIGO (Secretario/a)
TEIJEIRO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Vogal)

Desenvolvemento dun prototipo para un axente conversacional intelixente autónomo que permita estudar a soidade nas persoas maiores aplicando técnicas de intelixencia artificial.
Autoría
B.R.F.
Grao en Robótica (2ªed)
B.R.F.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
19.02.2025 12:00
19.02.2025 12:00
Resumo
A soidade social é a sensación xerada polo illamento ou a falta de pertenza a un grupo, o que é independente da cantidade de interaccións sociais que unha persoa poida ter. Investigacións demostraron que a soidade presenta unha distribución en forma de U, onde os niveis máis altos acádanse na adolescencia e pasados os 80 anos. Unha serie de estudos expuxeron que a pandemia situou a existencia da soidade en persoas maiores no 28,6% e o illamento social no 31,2%, sendo uns valores cando menos alarmantes. Unha das razóns do crecemento da soidade social son os escasos servizos de saúde mental e terapeutas experimentados cos que contamos hoxe en día; tampouco axuda que sexan tratamentos que poden ser custosos ou as restricións xeográficas dalgunhas zonas illadas, que dificultan en gran medida o acceso a estes servizos. En contraposición, o uso de intelixencias artificiais como os asistentes virtuais para o estudo de técnicas que permitan detectar estes casos está en aumento e é un campo en constante crecemento, empregando procesamento de texto, imaxes ou audio. O incremento do uso e investigación deste tipo de ferramentas neste sector foi en gran medida posible grazas á expansión da tecnoloxía na actualidade, o que favorece a posibilidade de chegar a un maior número de posibles afectados, aínda que a día de hoxe o número de proxectos que abordan este ámbito segue sendo bastante limitado. Este proxecto propón o desenvolvemento dunha solución que permita realizar cribados masivos para detectar síntomas de soidade social. O proxecto consiste nun prototipo dun axente conversacional intelixente que sexa capaz de aplicar a escala de soidade social Este II interactuando co usuario mediante unha conversa fluída, aceptando variedade de respostas e xerando unha valoración final sobre os resultados do test. O proxecto desenvolveuse e probouse na ferramenta do entorno de AWS chamada Amazon Lex, ademais de contar cunha implementación en Facebook Messenger e Slack. Os resultados demostran que é unha ferramenta capaz de ofrecer apoio aos profesionais da saúde á hora de realizar un cribado sobre o estado de soidade nos usuarios.

VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Titoría)
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Titoría)
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Presidente/a)
FERNANDEZ PICHEL, MARCOS (Secretario/a)
VAZQUEZ ALVAREZ, ALVARO (Vogal)

Identificación de conflictos e planificación descentralizada multi-robot en entornos de almacén simulados
Autoría
J.L.F.
Grao en Robótica (2ªed)
J.L.F.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
19.02.2025 12:00
19.02.2025 12:00
Resumo
O problema da planificación multi-robot ten unha gran relevancia práctica no mundo actual debido a crecente necesidade da automatización de procesos empregando frotas de axentes autónomos móbiles. Debido a isto, aparecen solucións ao problema, centralizadas e descentralizadas, ofrecendo as últimas un mellor balance na escalabilidade e na calidade dos resultados. Impleméntase unha solución descentralizada, dividida nunha fase de planificación e nunha fase de execución e resolución de conflitos, que demostra ser escalable e robusta a cambios inesperados no medio de operación e fallas mecánicas no sistema de movemento dos robots.

RAÑO NOAL, IGNACIO (Titoría)